{"id":6373,"date":"2015-11-11T08:02:00","date_gmt":"2015-11-11T07:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:55:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:55:13","slug":"mana-xoves-pleno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/11\/11\/mana-xoves-pleno\/","title":{"rendered":"Ma\u00f1\u00e1 xoves, pleno"},"content":{"rendered":"<p>Por fin, un pleno anunciado na web do concello con m\u00e1is de 48 horas de antelaci\u00f3n. <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/procedementos\/doc\/1447150206Resolucion_convocatoria_Pleno_Ordinario_Novembro.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Colgado o anuncio \u00e1s 11 da ma\u00f1\u00e1 de onte<\/a>, martes, coido que bate a marcade antelaci\u00f3n de aviso de plenos na web do concello. Noraboa!<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhqzOcUrdaKvlGhl9A1fhzB-VTjqgHZUsjdwfMK628CLHxCe-fQ8kBkfKinjRevoR-tOi0mEaxUicHL3-oowWAq9pjf3UWHLUyyYpRi816d8JgcRRK8bhWfoKmZwmIT58ZEPywdyQ\/s2048\/1447150206Resolucion_convocatoria_Pleno_Ordinario_Novembro.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhqzOcUrdaKvlGhl9A1fhzB-VTjqgHZUsjdwfMK628CLHxCe-fQ8kBkfKinjRevoR-tOi0mEaxUicHL3-oowWAq9pjf3UWHLUyyYpRi816d8JgcRRK8bhWfoKmZwmIT58ZEPywdyQ\/s2048\/1447150206Resolucion_convocatoria_Pleno_Ordinario_Novembro.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Non deixa de ser novidade tampouco a hora: \u00e1s oito e media da noite t\u00e9\u00f1ense celebrado poucos plenos, que tradicionamente son \u00e1s oito.<\/p>\n<p>Certamente este pleno ten novidades. Por fin parece que se vai impulsar a sede electr\u00f3nica en https:\/\/ribadeo.sedeelectronica.gal (o de https, \u00e9 dicir, con sitio seguro, \u00e9 de supo\u00f1er, a\u00ednda que non aparece as\u00ed na nota de prensa). Non era sen hora, despois dun abandono da web s\u00f3 rachado por alg\u00fan que outro aviso e as &#8216;omnipresentes&#8217; novas da alcald\u00eda\/grupo de goberno (que non do concello).<\/p>\n<p>O perfil do contratante debera implicar tam\u00e9n unha mellora substancial para a transparencia do concello, \u00f3 dar aire \u00f3s procedementos de contrataci\u00f3n da entidade. Aqu\u00ed, dado que mal que ben, segundo palabras do alcalde, xa se usaba o perfil do contratante da Xunta, hai que expresar m\u00e1is reservas, pois a tentaci\u00f3n da opacidade est\u00e1 sempre presente, e os mecanismos administrativos \u00e1s veces parece que se fixeran para incumprilos ou non usalos.<\/p>\n<p>O tema seguinte a tratar de seguro levar\u00e1 \u00e1 sala alg\u00fans espectadores que non soen estar presentes. A ocupaci\u00f3n das terrazas foi tratada no blog en diversas ocasi\u00f3ns dende o xa o ano 2007 (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/11\/pleno-13-iii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/03\/primeiras-recomendacins-sobre-o-plan.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">2<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2009\/06\/ribadeo-okupa.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">3<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/09\/20110919-pleno-i.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">4<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2009\/01\/fro.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">5<\/a>, &#8230; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2015\/07\/botando-numeros-co-turismo.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">n<\/a>), mesmo a ra\u00edz de actuaci\u00f3ns de O Tes\u00f3n. Hai unha ordenanza, pero&#8230; parece que as contas de ocupaci\u00f3n non saen, poder\u00edamos dicir que pola picaresca dos locais tendendo a maximizar a concesi\u00f3n realizada. Sobrepasamentos semellantes de ordenanzas hai m\u00e1is, pero quiz\u00e1is este \u00e9 dos que ven recibindo m\u00e1is atenci\u00f3n. Tam\u00e9n se vai afrontar o aspecto das terrazas, o que se sup\u00f3n implicar\u00e1 unha mellora est\u00e9tica, en particular do ver\u00e1n ribadense.<\/p>\n<p>A convocatoria desco\u00f1ece o texto da moci\u00f3n do PP en favor da uni\u00f3n de Espa\u00f1a , &#8220;<em>para a defensa do Estado de dereito e da Cohesion de Espa\u00f1a<\/em>&#8220;, pero non ser\u00eda raro que houbera alg\u00fan tipo de discusi\u00f3n sobre un tema que m\u00e1is que legalidade estimo que debera implicar fortalecemento de relaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>A outra moci\u00f3n, do PSOE sobre a sanidade universal, non creo que te\u00f1a probelmas de ning\u00fan tipo, a\u00ednda que tam\u00e9n supo\u00f1o que o PP tentar\u00e1 a discusi\u00f3n para a defensa da postura do goberno central.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, m\u00e1is, ma\u00f1\u00e1 \u00e1 noite. An\u00edmaste?<\/p>\n<p>Embaixo, a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1929&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa do concello<\/a>:<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>TAM\u00c9N SE CREAR\u00c1 O PERFIL DO CONTRATANTE E A SEDE ELECTR\u00d3NICA<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Pleno, este xoves<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">10\/11\/2015<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>A modificaci\u00f3n da ordenanza reguladora das<br \/>\nterrazas hostaleiras ser\u00e1 un dos asuntos que se abordar\u00e1n no pleno<br \/>\nordinario do Concello ribadense convocado para o vindeiro xoves, 12 de<br \/>\nnovembro. O alcalde subli\u00f1ou que &#8220;sexa compatible o uso por parte dos<br \/>\nclientes das terrazas dos bares coa utilizaci\u00f3n da v\u00eda p\u00fablica por parte<br \/>\n dos viandantes&#8221;, cousa que \u00e1s veces se complica. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O rexedor explicou que &#8220;para este vindeiro pleno ordinario, que se<br \/>\nvai celebrar este xoves \u00e1s oito e media da tarde, hai varios asuntos<br \/>\nimportantes, alg\u00fans deles vinculados coas novas tecnolox\u00edas da<br \/>\ninformaci\u00f3n e da comunicaci\u00f3n, como \u00e9 a idea do Concello de crear a sede<br \/>\n electr\u00f3nica para permitir o exercicio do dereito que te\u00f1en os cidad\u00e1ns a<br \/>\n relacionarse coas administraci\u00f3ns p\u00fablicas a trav\u00e9s de medios<br \/>\nelectr\u00f3nicos. Esta sede electr\u00f3nica, baixo a url<br \/>\nribadeo.sedeelectronica.gal, vai ser accesible a todos os veci\u00f1os e<br \/>\nveci\u00f1as e a todos os cidad\u00e1ns, sexan ou non veci\u00f1os do concello, todos<br \/>\nos d\u00edas do ano durante as 24 horas do d\u00eda. Con isto poder\u00e1n facer<br \/>\ntramitaci\u00f3ns electr\u00f3nicas e de xesti\u00f3n que ata agora non era posible. S\u00f3<br \/>\n se pod\u00edan facer indo en persoa \u00e1 Casa do Concello, pero a partir de<br \/>\nagora, unha vez que se po\u00f1a isto en marcha nos pr\u00f3ximos d\u00edas, ser\u00e1 unha<br \/>\nrealidade&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Outro dos asuntos que se abordar\u00e1 na sesi\u00f3n plenaria<br \/>\ndeste xoves \u00e9 a creaci\u00f3n do perfil do contratante: &#8220;tam\u00e9n queremos crear<br \/>\n un novo perfil do contratante; \u00e9 dicir que o Concello de Ribadeo como<br \/>\n\u00f3rgano de contrataci\u00f3n quere asegurar a transparencia e o acceso p\u00fablico<br \/>\n na s\u00faa actividade contractual dun xeito claro para o cidad\u00e1n, de tal<br \/>\nmaneira que neste perfil do contratante municipal debe constar a<br \/>\ninformaci\u00f3n de anuncios de licitaci\u00f3n de obras ou servizos, de<br \/>\ncomposici\u00f3n das mesas de contrataci\u00f3n, de adxudicaci\u00f3ns, de<br \/>\nprocedementos de adxudicaci\u00f3n anulados, as\u00ed como calquera outro tipo de<br \/>\ninformaci\u00f3n xeral sobre a actividade contractual do Concello que se<br \/>\nconsidere pertinente. Nos \u00faltimos tempos xa hab\u00eda un perfil do<br \/>\ncontratante pero era prestado, da Xunta de Galicia, e \u00e9 necesario que<br \/>\nRibadeo te\u00f1a o seu propio&#8221;, seguiu a relatar Su\u00e1rez Barcia. <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\nalcalde de Ribadeo indicou que &#8220;tam\u00e9n levamos para a aprobaci\u00f3n inicial<br \/>\nunha modificaci\u00f3n da ordenanza reguladora da taxa de ocupaci\u00f3n de<br \/>\nterreos de uso p\u00fablico con elementos de finalidade lucrativa. \u00c9 o que<br \/>\nten que ver coas terrazas. \u00c9 unha ordenanza que nos \u00faltimos anos sufriu<br \/>\nalg\u00fans cambios para adaptala e agora \u00e9 necesario darlle unha volta a<br \/>\nmaiores, porque desde o goberno municipal e entendo que desde toda a<br \/>\nCorporaci\u00f3n pretendemos que haxa dinamismo, que haxa movemento econ\u00f3mico<br \/>\n a trav\u00e9s do sector da hostaler\u00eda, coas terrazas, e queremos favorecelo.<br \/>\n Pero a mesmo tempo desde o Concello temos que garantir que eses<br \/>\ndereitos non choquen coa libre circulaci\u00f3n dos viandantes e dos pe\u00f3ns,<br \/>\nque moitas veces practicamente parece que te\u00f1en que pedir permiso para<br \/>\npasar pola v\u00eda p\u00fablica&#8221;. Fernando Su\u00e1rez engadiu: &#8220;e iso \u00e9 algo ao que<br \/>\nquixemos darlle unha volti\u00f1a na redacci\u00f3n da ordenanza, para o que<br \/>\ntomamos como modelo exemplos de ordenanzas de cidades, como Lugo,<br \/>\nSantiago, Xix\u00f3n ou Avil\u00e9s, e quixemos engadir alg\u00fans articulados no<br \/>\nsentido de non limitar pero ao mesmo tempo indicarlle ao hostaleiro<br \/>\ninteresado que queira solicitar unha ocupaci\u00f3n de v\u00eda p\u00fablica que<br \/>\ndetermine como se vai utilizar dentro dese espazo: cantas mesas e<br \/>\ncadeiras se van po\u00f1er e como vai ser a forma. Porque moitas veces<br \/>\np\u00eddense uns determinados metros cadrados e ao final a\u00ed ac\u00e1banse metendo<br \/>\nun gran n\u00famero de mesas e cadeiras e despois os clientes acaban<br \/>\ncisc\u00e1ndoas por toda a v\u00eda p\u00fablica. E iso non pode ser&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor<br \/>\n ribadense considera que &#8220;hai algunhas circunstancias que fan necesario<br \/>\nrevisar, non para subir a taxa, nin moito menos, porque non se vai tocar<br \/>\n o aspecto econ\u00f3mico, sen\u00f3n para regular e ordenar para que sexa<br \/>\ncompatible o uso por parte dos clientes das terrazas dos bares, pero<br \/>\ntam\u00e9n a utilizaci\u00f3n da v\u00eda p\u00fablica por parte dos viandantes. E tam\u00e9n ten<br \/>\n algunha modificaci\u00f3n de cara a que as novas autorizaci\u00f3ns ter\u00e1n que<br \/>\npo\u00f1er uns elementos cunha certa est\u00e9tica, bastante homox\u00e9nea, non se van<br \/>\n utilizar as mesas ou as cadeiras de propaganda de casas comerciais<br \/>\nsen\u00f3n que, seguindo a estela de moitos outros concellos con cascos<br \/>\nhist\u00f3ricos e que queren ter a s\u00faa vila o m\u00e1is bonita posible, te\u00f1an unha<br \/>\n determinada est\u00e9tica. Ao mesmo tempo para aqueles que xa te\u00f1en<br \/>\nautorizado e que igual fixeron un investimento d\u00e1se un per\u00edodo de<br \/>\ncarencia de 5 anos sen que se lles esixa que cambien o seu mobiliario<br \/>\npara adaptalo con estas tonalidades e formas de madeira adecuadas para o<br \/>\n caso de Ribadeo&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por fin, un pleno anunciado na web do concello con m\u00e1is de 48 horas de antelaci\u00f3n. Colgado o anuncio \u00e1s 11 da ma\u00f1\u00e1 de onte, martes, coido que bate a marcade antelaci\u00f3n de aviso de plenos na web do concello. Noraboa! Non deixa de ser novidade tampouco a hora: \u00e1s oito e media da noite [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42,27,9],"class_list":["post-6373","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos","tag-sanidade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6373","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6373"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6373\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6373"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6373"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6373"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}