{"id":6368,"date":"2015-11-17T08:04:00","date_gmt":"2015-11-17T07:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:55:05","modified_gmt":"2024-11-12T12:55:05","slug":"o-xacemento-de-louselas-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/11\/17\/o-xacemento-de-louselas-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"O XACEMENTO DE LOUSELAS DE RIBADEO, Artigo de Pancho Campos"},"content":{"rendered":"<p><em>Fai meses que levo pensando en escribir algo sobre o xacemento de Louselas, localizado na parroquia de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Vilasel%C3%A1n,_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sta. Mar\u00eda de Vilasel\u00e1n<\/a>, pero a\u00ednda que \u00e9 un tema para min apaixoante, \u00e9me dif\u00edcil desenrolar estas li\u00f1as posto que carezo dos co\u00f1ecementos acad\u00e9micos indispensables para resumir paso a paso de forma sinxela os feitos que somentes pretendo espallar entre os meus veci\u00f1os \u201cdaquela maneira\u201d para que sexan mellor entendidos e se lles empece a dar a gran relevancia patrimonial que te\u00f1en, e desc\u00falpenme os profesionais do asunto se meto a pata en algunha disquisici\u00f3n. Os datos que refiro son adquiridos da lectura da monograf\u00eda e da charla que nos deu na Casa das Letras o arque\u00f3logo <a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/gl\/eduardo-ramil-rego\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Eduardo Ramil Rego<\/a> do <a href=\"http:\/\/museovilalba.org\/galego\/index.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Museo de Prehistoria e Arqueolox\u00eda de Vilalba<\/a> (MUPAV), este pasado mes de Agosto donde presentou a Monograf\u00eda N\u00ba6, LOUSELAS (Ribadeo, Lugo) da que el \u00e9 coautor xunto con Jos\u00e9 Ramil Soneira (q.e.p.d)<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Louselas \u00e9 un xacemento arqueol\u00f3xico o aire libre que se identifica no Paleol\u00edtico inferior nos inicios do poboamento humano da rexi\u00f3n cant\u00e1brica. Ten, nada menos, que unha antig\u00fcedade de 480 000 anos, e o seu estudo presta especial atenci\u00f3n as ferramentas de pedra tallada que se atoparon, e a s\u00faa clasificaci\u00f3n morfotipol\u00f3xica dos \u00fatiles bifaciales.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Aqueles homes que habitaron Louselas, eran casi como \u201canimais carro\u00f1eiros\u201d pois com\u00edan as sobras que quedaban da caza doutros animais m\u00e1is veloces e poderosos ca eles, e comezaron a construir e utilizar ferramentas de pedra lascada para poder sobrevivir comendo a carne dos animais. As\u00ed, at\u00f3panse \u00fatiles chamados \u201cchoppers\u201d que son coitelas discoideas ou talladeiras; fendedores, usados para fender os \u00f3sos e chuparlles o tu\u00e9tano. Outras eran para raer e raspar a carne pegada as pieles e \u00f3s \u00f3sos, chamadas: raedeiras e raspadores.<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: right; margin-left: 1em; text-align: right;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><em><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj2tFm7_5QXlqERyx8VvV_0M6f9VncDJWeiClNtxcxHP7nyROscEbx1LOIED6f9I7AIx01mfUGOQWo0sdcx5w9V8xsumMtVr_ivkqcL5s3HipGcTDfP-16eI1c_D12Pes_6JpoWfA\/s2048\/1200px-Biface_Silex_Venerque_MHNT_PRE_.2009.0.194.1_Fond.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"160\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj2tFm7_5QXlqERyx8VvV_0M6f9VncDJWeiClNtxcxHP7nyROscEbx1LOIED6f9I7AIx01mfUGOQWo0sdcx5w9V8xsumMtVr_ivkqcL5s3HipGcTDfP-16eI1c_D12Pes_6JpoWfA\/s2048\/1200px-Biface_Silex_Venerque_MHNT_PRE_.2009.0.194.1_Fond.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/em><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><em><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Biface\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Biface<\/a>. Didier Descouens, CCby-sa 3.0<\/em><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em>&nbsp;Os artes\u00e1ns de Louselas utilizaban para confeccionar aquelas ferramentas, cuarzo filoniano leitoso e maiormente as cuarcitas de grao fino que atopaban na zona.<br \/>\nDentro da R\u00eda de Ribadeo os xe\u00f3logos e arque\u00f3logos tam\u00e9n atoparon espallados alg\u00fans mont\u00f3ns de n\u00f3dulos de silex, pero pronto souberon que eran materiais ex\u00f3genos \u201crecentes\u201d, non propios dos xacementos prehist\u00f3ricos da Galiza, e a este material amontoado co\u00f1ecese como \u201clastreiras\u201d debido a que son as pedras que os barcos procedentes de Inglaterra tra\u00edan como lastre, e as tiraban preto dos fondeadeiros, cando \u00edan a cargar madeira ou outros produtos de exportaci\u00f3n peninsular (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Isidoro_Asensio_Amor\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Isidoro Asensio Amor<\/a> e J.C Iglesias Vidal, 1989)<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;A cuesti\u00f3n de maior inter\u00e9s para a comprensi\u00f3n do xacemento de Louselas, foi o diacronismo ou relaci\u00f3n entre o feito da ocupaci\u00f3n humana e a orixe e dep\u00f3sitos da Rasa cant\u00e1brica. Estudos do noso veci\u00f1o Isidoro Asensio Amor, xunto con Hernandez Pacheco en 1963 e con H. Nonn en 1964, as\u00ed como, estudos de G. Mary en 1970 e 1975, demostran que hai dous niveles de cantos marinos na zona de Ribadeo, un a 100 metros e outro a 55-60 m que corresponden a cambios do nivel do mar durante o Pleistoceno que \u00e9 o per\u00edodo glacial cuaternario que sigue xeol\u00f3xicamente o Plioceno, un per\u00edodo de gran actividade volc\u00e1nica, e precede o Holoceno ou per\u00edodo recente da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Era_cuaternaria\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">era cuaternaria<\/a>.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Estes estudos do nivel do mar son moi importantes para a dataci\u00f3n do xacemento, debido a que fai 480 000 anos Louselas era un asentamento de hom\u00ednidos, e fai 200 000 anos, Louselas estaba completamente sumerxido a 38 metros por debaixo do nivel do mar. \u00bfComo se sabe que o xacemento de Louselas \u00e9 anterior a aquela desglaciaci\u00f3n que inundaba o lugar de asentamento?. Polas cuarcitas talladas atopadas no xacemento, pois presentan lustre exterior, e as aristas e nervaduras sufriron desgaste desigual, coloraci\u00f3ns ocres e viol\u00e1ceas de acusada ferruxe, caracter\u00edsticas que se producen en contextos de grandes cantidades de choiva combinados con per\u00edodos prolongados de inmersi\u00f3n marina.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Do xacemento de Louselas hai medio millar de evidencias l\u00edticas ou pedras talladas polo home, que deron lugar a un estudo pormenorizado das distintas fases do seu desenrolo operativo, esto \u00e9, adquisici\u00f3n e transformaci\u00f3n inicial das pedras, ata a fase da producci\u00f3n das ferramentas.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Pois ben, con toda esta magn\u00edfica historia da prehistoria, fixose a monograf\u00eda N\u00ba6 do MUPAV, que se basa na tesis doctoral de Eduardo Ramil Rego, defendida na Universidade de Santiago de Compostela en outubre de 2014 baixo o t\u00edtulo \u201cPrehistoria Antigua del Occidente Cant\u00e1brico. Las primeras Poblaciones\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>Quixera rematar cunhas reflexi\u00f3ns. Todos estes estudos l\u00edticos tan minuciosos e dif\u00edciles os fixeron persoas preparad\u00edsimas intelectualmente e na maior\u00eda dos casos non percibiron nin un triste c\u00e9ntimo de subenci\u00f3n nin para gastos, somentes os moveu o co\u00f1ecemento acad\u00e9mico e a pasi\u00f3n de descubrir verdadeiros tesouros da historia, dos que n\u00f3s temos a obriga de po\u00f1er en valor.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;En Ribadeo tivemos e temos a gran sorte de poder contar con grandes estudiosos da nosa xeograf\u00eda, orograf\u00eda, xeolox\u00eda, historia, toponimia, etc. etc. Entre aqueles, e entre outros o Inxe\u00f1eiro Schultz e Isidoro Asensio Amor, e hoxe en d\u00eda Laureano Busto, \u201cLa Dote en el siglo XIX\u201d; Chemi Lombardero sobre a \u201cSociedade de Ribadeo (1900-1936)\u201d e \u201cO Porto Comercial de Ribadeo\u201d, e por antonomasia Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodriguez D\u00edaz, historiador e latinista que publicou libros e monograf\u00edas como: \u201cSobre Os Castros de Ribadeo, \u201cO Mosteiro de Esperautano\u201d, a \u201cColexiata de Ribadeo\u201d, \u201cVilasel\u00e1n Aproximaci\u00f3n a Historia\u201d, \u201cTopon\u00edmia de Ribadeo\u201d entre outras decenas de artigos de prensa, nos que nos deu e da a co\u00f1ecer decenas de anecdotas e momentos relevantes da nosa historia.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Adem\u00e1is do asentamento do mosteiro de Esperautano, por investigar na Gra\u00f1a, e dos castros de Vilasel\u00e1n, de Pi\u00f1eira, de Arante, das Anzas, de Vilaosende e da Devesa, que est\u00e1n por terras do Concello de Ribadeo, cuxos restos o descuberto far\u00edan un percorrido tur\u00edstico espectacular xunto coa croa de Reinante, a fraga da Cova da Veneira e o castro de San Miguel de Reinante, a fraga de fentos e fervenza de Augas Santas do Santo Estebo do Ermo en San Cosme de Barreiros, as m\u00e1moas do Mondigo, de Comado, das Pallaregas, da Cadeira, etc. Hoxe en d\u00eda tam\u00e9n temos de actualidade, o pecio dun gale\u00f3n do s\u00e9culo XVI sepultado no fondo da R\u00eda de Ribadeo que foi descuberto en 2011 durante o dragado do canal de acceso a Figueir\u00faa ou muelle de Mirasol. Pois ben, os castros siguen abandoados a s\u00faa sorte como fai m\u00e1is de dous mil anos, e o pecio do Gale\u00f3n de Ribadeo est\u00e1 a punto de desaparecer debido a que est\u00e1 desenterrandose e enterr\u00e1ndose sucesivamente cos movimentos das augas das mareas e o rebufo das h\u00e9lices dos barcos, e dicen os buzos que: \u201cdesenterrar o pecio levar\u00eda poucos meses e a esa profundidade non necesitar\u00eda un gran presuposto\u201d. \u00a1E hai un mont\u00f3n de pecios na r\u00eda con cuxos restos far\u00edase un Museo Mar\u00edtimo de valor acad\u00e9mico e cultural incr\u00edble!<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;E eu me pergunto \u00bfComo \u00e9 posible que tendo un territorio tan sumamente plagado de historia terrestre e mar\u00edtima, non te\u00f1amos un triste recurso para po\u00f1elo en valor?<br \/>\nSabendo que en Madrid o que se considera Ministerio de Cultura \u00e9 un simple cartel guindado dunha parede, \u00bftam\u00e9n \u00e9 o mesmo a Conseller\u00eda de Cultura da Xunta de Galiza?, \u00bfun simple cartel guindado dunha porta sin m\u00e1is utilidade que o adorno? e \u00bfque pasa coas nosas instituci\u00f3ns provinciais, comarcais e das do propio concello? \u00bfNon hai maneira de elevar ning\u00fan recurso en prol do porvir da nosa sociedade? \u00bftemos que seguir emigrando para buscar traballo e despois ir de vacaci\u00f3ns a Stonehenge para ver pedras megal\u00edticas de data m\u00e1is recente cas nosas?<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fai meses que levo pensando en escribir algo sobre o xacemento de Louselas, localizado na parroquia de Sta. Mar\u00eda de Vilasel\u00e1n, pero a\u00ednda que \u00e9 un tema para min apaixoante, \u00e9me dif\u00edcil desenrolar estas li\u00f1as posto que carezo dos co\u00f1ecementos acad\u00e9micos indispensables para resumir paso a paso de forma sinxela os feitos que somentes pretendo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,20,46],"class_list":["post-6368","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-jose-ma-rodriguez","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6368","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6368"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6368\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6368"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6368"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6368"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}