{"id":6367,"date":"2015-11-20T00:12:00","date_gmt":"2015-11-19T23:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:55:03","modified_gmt":"2024-11-12T12:55:03","slug":"ben-continuo-co-mesmo-pensamento-que","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/11\/20\/ben-continuo-co-mesmo-pensamento-que\/","title":{"rendered":"O mesmo que os cans, artigo de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez"},"content":{"rendered":"<p>Ben, contin\u00fao co mesmo pensamento que encabezaba o artigo de hai uns d\u00edas &#8220;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/11\/vaia-espectaculo-artigo-de-jose-m.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Vaia espect\u00e1culo!<\/a>&#8220;, pero coa mesma crenza en que debo seguir publicando as contestaci\u00f3ns a un ataque que non entendo f\u00f3ra da oportunidade pol\u00edtica \u00f3 que considero \u00e9 unha conquista do noso pobo en com\u00fan, a\u00ednda que evidentemente, non se poidera conseguir a perfecci\u00f3n.<\/p>\n<p>&#8220;<em>O MESMO QUE OS CANS<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Cando un can ladra pola noite, todolos cans do entorno ladran o mesmo tempo con el: latrante uno latrant confesim omnes, di o refr\u00e1n.<\/em><\/p>\n<p><em>Sospeito que debe de haber elecci\u00f3ns pr\u00f3ximamente porque as hostes do PP, o mesmi\u00f1o cos cans, pux\u00e9ronse todas en p\u00e9 de guerra contra os promotores da nova residencia de Ribadeo. Empezaron os cans de palleiro do PP de Ribadeo, seguidos logo polos ladridos do gran mast\u00edn provincial, o Sr. Balseiro.  E, pra rematar a sinfon\u00eda canina, \u00faneselles agora \u00f3 presidente de Novas Xeraci\u00f3ns do PP de Lugo, o \u201calev\u00edn\u201d Daniel Vega. Sae a ouvear contra o alcalde o os demais promotores da residencia. A imaxe, xa rematada e esbelta, do edificio da nova residencia puxo nerviosos \u00f3s peperos, que non resisten a afronta que pra eles representa haber estado contra dos intereses do pobo de Ribadeo. <\/em><\/p>\n<p><em>As s\u00faas armas, as de sempre. A mentira. Acusar \u00f3 alcalde de non facer o seu traballo coa residencia. Pra que \u00e9 o edificio levantado da r\u00faa Paco Lanza, Sr. Vega?<\/em><\/p>\n<p><em>Afirma o Sr. Vega que a Xunta non s\u00f3 non pon obst\u00e1culos, sen\u00f3n que cre na necesidade dunha residencia pra maiores no noso concello. Al\u00e9grame co\u00f1ecer o cambio de actitude da Xunta. Pena non sabelo antes, pois, houb\u00e9ramos aforrado moito traballo. Pro tanto eu como todos os membros da Comisi\u00f3n pro Residencia somos testemu\u00f1as vivas da postura de rexeitamento \u00e1 residencia que manti\u00f1a a Conselleira de Benestar cando se lle expuxo en Santiago esta urxente necesidade. E si Vde. non o cre, non ten mais ca preguntarlle \u00f3 Sr. Val\u00edn, representante da aquel PP local que hoxe non hai.<\/em><\/p>\n<p><em>De onde saca Vde., Sr. Vega, que o alcalde pretende privatizar a residencia? Quen lle contou esa troula? Quen leva a batuta, pregunto, das privatizaci\u00f3ns dos servizos p\u00fablicos en Galicia e a\u00ednda en Espa\u00f1a? O PSOE, o BNG ou o PP?<\/em><\/p>\n<p><em>Pensa Vde. que a xente vai crer as s\u00faas mal\u00e9volas invenci\u00f3ns de que as prazas da residencia est\u00e1n destinadas \u00e1s rendas m\u00e1is altas?  Pro, de verdade, est\u00e1n tan nervisosos e carentes de argumentos pra imponer \u00e1 xente as s\u00faas mentiras difamadoras?<\/em><\/p>\n<p><em>Pode Vde. explicarlles \u00f3s ribadenses pra quen ser\u00edan as 40 prazas concertadas que Vde. pide? Pr\u00f3s veci\u00f1os de Ribadeo ou pra toda Galicia? Agardo a s\u00faa resposta.<\/em><\/p>\n<p><em>Acusa este \u201calev\u00edn\u201d do PP \u00f3 alcalde e  \u00e1 Comisi\u00f3n de rexeitar que a residencia fose pra todos, e querela so para uns privilexiados. P\u00f3dese ter tanta cara para contar tama\u00f1as mentiras e quedarse tan fresco? Pro non se quedaron aqu\u00ed as s\u00faas mentiras, sen\u00f3n que fixou o prezo d\u00e1s prazas futuras: 1.400 euros, nada menos. E avala esa mentira, disque con datos \u201cconstatables\u201d. Pode amosalos, Sr. Vega?<\/em><\/p>\n<p><em>Pro hai un punto \u00f3 final do seu panfleto no que coincido con Vde. e aplaudo o seu arrepentido cambio de postura. \u201cSi \u00e1 residencia con mai\u00fasculas, &#8211; di &#8211; si \u00e1 residencia para todos os nosos maiores e si \u00e1 residencia para Ribadeo\u201d. Menos mal que nisto, si, estamos de acordo, a\u00ednda que Vdes. nada fixesen pola residencia, salvo po\u00f1er trancas nas rodas.<\/em><\/p>\n<p><em>Pro si Vde. pensa, Sr. Vega, que o mellor cami\u00f1o pra conseguir algo pro pobo \u00e9 o engano e a mentira, al\u00e1 Vde. O noso cami\u00f1o foi outro: o do consenso e o da concordia entre todos. Antepo\u00f1er os intereses do pobo \u00f3s interes dos partidos. Un xesto de grandeza por parte dos outros portavoces que Vde., no seu servilismo \u00f3 partido, non poder\u00e1 entender.<\/em><\/p>\n<p><em>E si as mi\u00f1as \u201chomil\u00edas\u201d lle fan tanto dano, Sr. Vega, non ve\u00f1a escoitalas a esta igrexa, que eu non o invitei. Porque estas \u201chomil\u00edas\u201d so est\u00e1n dirixidas \u201c\u00e1s persoas de boa vontade\u201d.<\/em>&#8221;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgdwiOqROKuf8v2XSgxxanNroxv6o1OU3FShNnc8chE98VmYHsYWThUoSnqWLiVudDwwlfBl9vYKbqi7uqJSLGm1wuAajDE98QcUXq820VH2I7T-x0IbV824Q7OV2twumTacDu_CA\/s2048\/pre_residencia.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"474\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgdwiOqROKuf8v2XSgxxanNroxv6o1OU3FShNnc8chE98VmYHsYWThUoSnqWLiVudDwwlfBl9vYKbqi7uqJSLGm1wuAajDE98QcUXq820VH2I7T-x0IbV824Q7OV2twumTacDu_CA\/s2048\/pre_residencia.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Aspecto da zona no Google street view xusto \u00f3 comezo da preparaci\u00f3n para a residencia<\/td>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">&nbsp;<\/td>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">&nbsp;<\/td>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">&nbsp;<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ben, contin\u00fao co mesmo pensamento que encabezaba o artigo de hai uns d\u00edas &#8220;Vaia espect\u00e1culo!&#8220;, pero coa mesma crenza en que debo seguir publicando as contestaci\u00f3ns a un ataque que non entendo f\u00f3ra da oportunidade pol\u00edtica \u00f3 que considero \u00e9 unha conquista do noso pobo en com\u00fan, a\u00ednda que evidentemente, non se poidera conseguir a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,64],"class_list":["post-6367","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6367","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6367"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6367\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6367"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6367"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6367"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}