{"id":6362,"date":"2015-11-26T07:49:00","date_gmt":"2015-11-26T06:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:54:56","modified_gmt":"2024-11-12T12:54:56","slug":"residencia-co-informe-de-secretaria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/11\/26\/residencia-co-informe-de-secretaria\/","title":{"rendered":"Residencia: co informe de secretar\u00eda p\u00e1sase p\u00e1xina"},"content":{"rendered":"<p>En Ribadeo, a presentaci\u00f3n do informe de secretar\u00eda nunha longa xuntanza antonte, a situaci\u00f3n estimo que quedou despellada. A nota de prensa da alcald\u00eda (embaixo <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1943&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">copia<\/a>) non ten a contundencia do informe de Jos\u00e9 Antonio Carro Asorey, secretario municipal, que en oito p\u00e1xinas desgrana lexislaci\u00f3n, antecedentes e fundamentos xur\u00eddicos para chegar sen ningunha d\u00fabida a que a situaci\u00f3n actual non necesita rectificaci\u00f3n algunha por parte do concello. Informe que foi acompa\u00f1ado por un groso volume entregado \u00f3s presentes no que se glosou todo documento que pasou polo concello relativo \u00e1 residencia e \u00f3 seu financiamento. A contundencia da xuntanza queda f\u00f3ra de toda d\u00fabida.<\/p>\n<p>Outra cousa \u00e9 que a menos de un mes haxa elecci\u00f3ns e conve\u00f1a sa\u00edr nos papeis e armar confusi\u00f3n sobre o tema. A\u00ed est\u00e1 a prevista interpelaci\u00f3n hoxe de Balseiro no Parlamento Galego, onde \u00e9 probable que a verdade se retorza polos intereses anteditos. Neste sentido, estimo que non estar\u00eda mal que se colgara en internet os dous documentos referidos, informe e glosa documental, que \u00e9 unha historia da xesti\u00f3n realizada ata o momento: polas s\u00faas caracter\u00edsticas de termos xur\u00eddicos e tama\u00f1o, quiz\u00e1is pouca xente leer\u00eda nin unha parte considerable, pero ser\u00eda un feito estimable en canto a transparencia se refire, a\u00ednda que estimo fai falta un cambio de mentalidade para levar transparencia a documentos entre administraci\u00f3ns, algo que por outra parte, \u00e9 necesario.<\/p>\n<p>Deixo ademais outra visi\u00f3n, a de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez. Ambas son complementarias.<\/p>\n<p><em><strong>NOVO PACTO DE ESTADO POLA RESIDENCIA<\/strong><\/p>\n<p> Fugit irreparabile tempus. Foxe o irreparable tempo!. Pasaron xa<br \/>\nm\u00e1is de catro anos. A voz do pobo de Ribadeo era un\u00e1nime:<br \/>\n\u201cnecesitamos unha residencia\u201d. Pero converter en realidade o seu<br \/>\ndesexo estaba en mans dos pol\u00edticos. E o pobo convocou os seus<br \/>\npol\u00edticos. Convocounos a un pacto. Un por un. Est\u00e1s disposto a<br \/>\nloitar co pobo por unha residencia para o pobo, antepo\u00f1endo esta<br \/>\nnecesidade a l\u00f3ita partidista? A nobreza dos nosos representantes<br \/>\nimp\u00faxose. E a resposta foi inmediata, clara, sincera e un\u00e1nime: Si!<br \/>\nE os pol\u00edticos deron un paso adiante. Aparcaron todo protagonismo<br \/>\npartidista. Foi as\u00ed como naceu aquel Pacto de Estado en Ribadeo.<br \/>\nLoitar todos xuntos por este obxectivo. <\/p>\n<p> Pro, e os cartos? En mans dos pol\u00edticos. E empezaron as reuni\u00f3ns,<br \/>\nos estudos, os contactos. Convencer \u00e1s administraci\u00f3ns. E as\u00ed se<br \/>\nempezou a andar un dif\u00edcil cami\u00f1o. Todos xuntos. Os seus froitos:<br \/>\nUnha residencia na r\u00faa Paco Lanza.<\/p>\n<p> Pro houbo elecci\u00f3ns locais. Chegou xente nova. E o Pacto<br \/>\ntambaleouse. D\u00edas de divagaciones, acusaci\u00f3ns, desconcertos e<br \/>\nenredos. Empezou l\u00f3ita partidista. O futuro da residencia corre<br \/>\nperigo. E, mentres tanto, os nosos anci\u00e1ns seguen condenados \u00f3<br \/>\ndesterro. A voz dos veci\u00f1os segue clamando. Hai que retomar o<br \/>\ndi\u00e1logo e o consenso. Dar prioridade a esta grave carencia dos nosos<br \/>\nanci\u00e1ns. Apelar \u00e1 nobreza dos sentimentos. Retomar o Pacto de<br \/>\nEstado de Ribadeo. Primeiro a residencia. A pol\u00edtica partidista<br \/>\ndespois. Esta \u00e9 a voz dos veci\u00f1os e a petici\u00f3n dos anci\u00e1ns.<\/p>\n<p> Parece que xa se aclaran as cousas. At\u00edsbanse soluci\u00f3ns. O Pacto<br \/>\np\u00f3dese e d\u00e9bese restablecer. As augas poden volver \u00e1 s\u00faa canle.<br \/>\nTodos xuntos pola residencia. O pobo m\u00edranos. Piden que os nosos<br \/>\nanci\u00e1ns regresen do seu exilio forzoso. Que morran xunto \u00f3s seus.<br \/>\nQue este so\u00f1o conv\u00e9rtase por fin en realidade. Chegou a hora volver<br \/>\na dar cada quen un paso \u00f3 fronte. Logo xogaremos \u00e1 pol\u00edtica. E a<br \/>\nquen Deus lla dea, San Pedro lla bendiga. Pro primeiro os nosos<br \/>\nvellos.<br \/>\nJos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz <\/em><\/p>\n<p>Nota de prensa da alcald\u00eda:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Residencia de maiores<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">25\/11\/2015<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>Onte tivo lugar unha xuntanza da comisi\u00f3n pro<br \/>\nresidencia de maiores. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, f\u00edxolles entrega a<br \/>\ntodos os membros dun tomo con toda a tramitaci\u00f3n e o traballo realizado<br \/>\nao longo de tres anos, \u201cxa que hai moita xente que non estaba na<br \/>\nCorporaci\u00f3n Municipal anterior\u201d. Tam\u00e9n lles entregou un informe da<br \/>\nSecretar\u00eda Municipal que nas s\u00faas conclusi\u00f3ns subli\u00f1a que o Concello<br \/>\nconta con todas as autorizaci\u00f3ns pertinentes para a execuci\u00f3n e<br \/>\nconstruci\u00f3n do edificio e que a Xunta disp\u00f3n dun informe de viabilidade<br \/>\nda residencia enviado polo Concello hai meses e que ao finalizar as<br \/>\nobras ser\u00e1 cando se presente un novo, non antes. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>Su\u00e1rez Barcia contou que &#8220;onte celebramos unha xuntanza da comisi\u00f3n<br \/>\npro residencia, que est\u00e1 conformada por representantes de todos os<br \/>\ngrupos pol\u00edticos da Corporaci\u00f3n Municipal as\u00ed como tam\u00e9n os<br \/>\nrepresentantes das asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os. Quixen convocar esta reuni\u00f3n<br \/>\nda comisi\u00f3n para darlles a todos os representantes un tomo con toda a<br \/>\ntramitaci\u00f3n dos tres anos de traballo para que este so\u00f1o colectivo se<br \/>\nestea tornando en realidade, dado que alg\u00fans dos actuais representantes<br \/>\ndos grupos da Corporaci\u00f3n non formaban parte da anterior; polo tanto<br \/>\nigual ti\u00f1an informaci\u00f3n polos seus compa\u00f1eiros pero igual non dispo\u00f1\u00edan<br \/>\nde toda a informaci\u00f3n documental. D\u00e9moslles a todos un tomo completo,<br \/>\ncon toda a tramitaci\u00f3n mantida tanto coa Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo<br \/>\ncomo coa Xunta de Galicia. E ao mesmo tempo tam\u00e9n lles demos a todos un<br \/>\nprolixo informe da Secretar\u00eda Municipal, onde se clarifica e onde se pon<br \/>\n negro sobre branco toda a situaci\u00f3n legal tanto da construci\u00f3n da<br \/>\nresidencia como no relativo ao tema das posibles subvenci\u00f3ns tanto da<br \/>\nXunta de Galicia como da real da Deputaci\u00f3n de Lugo a d\u00eda de hoxe&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\n alcalde subli\u00f1ou: &#8220;no que ten que ver coas conclusi\u00f3ns deste informe de<br \/>\n Secretar\u00eda, din que en primeiro lugar o Concello de Ribadeo conta con<br \/>\ntodas as autorizaci\u00f3ns pertinentes para a execuci\u00f3n e a construci\u00f3n,<br \/>\nsegundo a autorizaci\u00f3n da Conseller\u00eda de Traballo de febreiro do ano<br \/>\n2014. Tam\u00e9n di que no tocante \u00e1 achega do informe de viabilidade da<br \/>\nresidencia, do que tanto se ten falado ultimamente, o Concello de<br \/>\nRibadeo xa aportou dito informe o 2 de maio de 2014; polo tanto, a xu\u00edzo<br \/>\n do t\u00e9cnico, ent\u00e9ndese cumprido este requisito, que si efectivamente no<br \/>\nmomento en que rematen as obras a propia Xunta disp\u00f3n na s\u00faa<br \/>\nautorizaci\u00f3n do ano 2014 que se deber\u00e1 emitir un novo informe, pero<br \/>\nsempre que rematen as obras. E, como di o secretario, non ten sentido<br \/>\nemitir tres veces o mesmo informe de viabilidade e non duplicidade. Polo<br \/>\n tanto non se pode facer unha vez para a firma do convenio, outra para a<br \/>\n posta en funcionamento e unha terceira para prestar o servizo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>E<br \/>\n engadiu: &#8220;di ademais, no tocante \u00e1 xesti\u00f3n, que unha vez rematada a<br \/>\nconstruci\u00f3n haber\u00e1 que estar ao disposto na lexislaci\u00f3n nese momento,<br \/>\nsendo aventurado pronunciarse ao respecto por parte do secretario debido<br \/>\n \u00e1 normativa cambiante nestes \u00faltimos meses e tendo en conta que o 1 de<br \/>\nxaneiro de 2016 entrar\u00e1 en vigor o disposto na disposici\u00f3n transitoria<br \/>\nda lei 27\/2013, que di que os servizos sociais pasan a ser competencia<br \/>\ndas comunidades aut\u00f3nomas. E que logo finalmente en todo caso desde o<br \/>\nano 2014, di o t\u00e9cnico municipal, temos recibido un borrador de convenio<br \/>\n para asinalo por parte da Xunta de Galicia, ao que no seu momento se<br \/>\nfixeron suxesti\u00f3ns e cambios, porque un convenio \u00e9 un acordo entre d\u00faas<br \/>\npartes e non \u00e9 un tr\u00e1gala, por suposto, e desde aquela, desde agosto de<br \/>\n2014, estamos esperando a que se nos conteste&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia<br \/>\nindicou hoxe que &#8220;en definitiva, o que pretendemos o goberno municipal e<br \/>\n entendo que todos os grupos, e o oxal\u00e1 poida referirme a todos outra<br \/>\nvez e conf\u00edo en que as\u00ed sexa, estamos traballando, e espero dicilo no<br \/>\nnome de todos, para unificar esforzos para rematar a residencia m\u00e1is al\u00f3<br \/>\n dos avatares pol\u00edticos e dos rifirrafes que \u00e1s veces aparecen nos<br \/>\nmedios de comunicaci\u00f3n. Pretendemos chegar a bo porto para que a<br \/>\nresidencia se remate, como as\u00ed vai ser, e para que se po\u00f1a en<br \/>\nfuncionamento, como as\u00ed vai ser. Pero ademais, s\u00e9 e posible e \u00e9<br \/>\nrecomendable e san, que o resto de administraci\u00f3ns con competencias na<br \/>\nmateria que a\u00ednda non puxeron no seu grao de area o poidan po\u00f1er. E \u00e9<br \/>\npolo que confiamos en que a Xunta de Galicia nestes vindeiros d\u00edas se<br \/>\ndecida a mover ficha. Esper\u00e1molo e desex\u00e1molo polo ben non do goberno<br \/>\nmunicipal sen\u00f3n dos veci\u00f1os e veci\u00f1as, que \u00e9 o que estivemos facendo<br \/>\nsempre entre todos nesta comisi\u00f3n<\/em>&#8220;.<\/p>\n<p>&#8220;<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Ribadeo, a presentaci\u00f3n do informe de secretar\u00eda nunha longa xuntanza antonte, a situaci\u00f3n estimo que quedou despellada. A nota de prensa da alcald\u00eda (embaixo copia) non ten a contundencia do informe de Jos\u00e9 Antonio Carro Asorey, secretario municipal, que en oito p\u00e1xinas desgrana lexislaci\u00f3n, antecedentes e fundamentos xur\u00eddicos para chegar sen ningunha d\u00fabida a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,64],"class_list":["post-6362","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6362","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6362"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6362\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6362"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6362"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6362"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}