{"id":6361,"date":"2015-11-27T08:25:00","date_gmt":"2015-11-27T07:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:54:48","modified_gmt":"2024-11-12T12:54:48","slug":"antonte-houbo-unha-manifestacion-sen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/11\/27\/antonte-houbo-unha-manifestacion-sen\/","title":{"rendered":"Antonte houbo unha manifestaci\u00f3n. Sen imaxe"},"content":{"rendered":"<p>Antonte houbo unha manifestaci\u00f3n. En Ribadeo como noutros moitos lugares. A favor da igualdade. Pola dignidade. Rexeitando a violencia de sexo.<\/p>\n<p>Moitas fotos inundaron as redes. Eu non ti\u00f1a ningunha. Non fun. Cousa de traballo.<\/p>\n<p>Pola tarde, vin o concello cos sus balc\u00f3ns tapados, adoranda a fachada cunha pancarta morada. Non se v\u00eda ben o que tapaban as letras por riba da violencia. Tomei unha foto. Non saiu. Far\u00eda algo mal. Que? Te\u00f1o que preguntarmo ou tentar ama\u00f1alo?<\/p>\n<p>Non sei se hoxe segue a\u00ednda adornado o pazo de Ib\u00e1\u00f1ez. Comprobareino, e se segue, farei de novo a foto. En lembranza.<\/p>\n<p>Pasou o d\u00eda, pasou a romer\u00eda, din. Queda a testemu\u00f1a de M\u00aa Teresa Gonz\u00e1lez Pi\u00f1eiroa co seu premio no concurso de cartas &#8216;dillo a quen maltrata&#8217;. Sa\u00edu no Faro de Vigo como premiado. Non debo po\u00f1er a ligaz\u00f3n no blog: cousas das novas regras de internet. Queda aqu\u00ed:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Benquerida Liberdade:<\/em><\/p>\n<p><em>Escr\u00edboche porque hoxe estamos de aniversario. Lembras? Comezamos a relaci\u00f3n aquela fr\u00eda tarde do mes de xaneiro. Hab\u00eda tempo que me botaras o ollo pero eu, aterecida pola friaxe dun amor ciumento e posesivo que me roubara o ser, nin sequera reparara en ti. Que cega estaba! Como puiden malgastar tanto tempo da mi\u00f1a ef\u00edmera vida?<\/em><\/p>\n<p><em>O meu esp\u00edrito intr\u00e9pido de cativa alegre, so\u00f1adora e valente sucumbiu aos encantos dos pr\u00edncipes enso\u00f1ados, eses que rescatan princesas sumisas. A Pipi destemida despertou unha boa ma\u00f1\u00e1 transformada nunha abnegada Brancaneves que traballaba arreo para satisfacer os agradecidos est\u00f3magos de sete var\u00f3ns protagonistas dun conto patriarcal.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Nac\u00edn con madeira de l\u00edder, nac\u00edn arelando voar. Medrei correndo aventuras enriba da mi\u00f1a prezada bicicleta, esa que &#8220;nunca se estropea, Orbea&#8221;. Xoguei, xoguei ata do\u00e9renme as pernas. Inventei futuros imposibles. Negociei presentes conflitivos, eses que xorden un d\u00eda calquera no patio do colexio porque eu era a capit\u00e1 do equipo de bril\u00e9 e a delegada da clase.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Esa paix\u00f3n entregada que me fixo querer tolamente todo o que fac\u00eda e crer firmemente en todo canto l\u00eda contaminou paseni\u00f1amente o meu porvir. O status quo non se cuestiona, o &#8220;sempre se fixo&#8221; \u00e9 a lei. Eses contos da Carapuchi\u00f1a enganada polo lobo, da nai cabuxa que marcha ao mercado e deixa os cabuxi\u00f1os desatendidos, da Cincenta v\u00edtima dunha perversa madrastra? foron un veleno solapado. Eses contos mataron a mi\u00f1a Pipi.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Coa primavera hormonal agromaron os meus desexos. Quer\u00eda ser maior, quer\u00eda ser muller para amar e cantaba esas canci\u00f3ns rom\u00e1nticas de &#8220;sen ti non son ningu\u00e9n&#8221;, esas baladas de &#8220;es mi\u00f1a e s\u00f3 mi\u00f1a&#8221;. E busquei, busquei e busquei e fun quen de atopar &#8220;a mi\u00f1a media laranxa&#8221;. A Pipi xa marchara. A bicicleta pinchou.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Malviv\u00edn anos de inconsciencia. Loitei \u00e1 mi\u00f1a maneira coa vida coti\u00e1. Protex\u00edn coma fera leoa resignada as mi\u00f1as fillas das gadoupas verbais do seu pai. Xoguei o papel de muller perfecta, de esposa sumisa e de persoa feliz. Escollera eu esta vida? Non, non porque ti, Liberdade, non chegaras a entrar no meu pensamento. Mat\u00e1rante os contos, mat\u00e1rante as canci\u00f3ns, mat\u00e1rate a relixi\u00f3n, mat\u00e1rate o patriarcado!<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A min non me espertou un bico. A min espertoume unha labazada e d\u00faas e tres. A min espertoume o medo desas noites de insomnio. A min espertoume a imaxe deturpada que o espello me devolveu unha ma\u00f1\u00e1. A min espert\u00e1ronme as palabras das mi\u00f1as fillas: &#8220;Cando medre quero ser coma ti!&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Marchei. Lisquei. Sen nada, pero con toda a dignidade. Sangroume o coraz\u00f3n de tanta dor pero cami\u00f1ei firme cara ao final dese t\u00fanel alienante. Impulseime co alento das fillas, coa s\u00faas miradas de orgullo, co seu agradecemento diario. Grazas a elas te co\u00f1ec\u00edn, Liberdade.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Esta relaci\u00f3n que agora temos perdurar\u00e1 para sempre porque ti es o meu m\u00e1is prezado tesouro inmaterial. Por ti decido o que quero ser, quen quero ser, con quen quero estar e que quero facer.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Sen ti si que non son nada.<br \/>\n<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>E, despois de ler, volvo a pensar. Bonitas verbas, ogall\u00e1 non tiveran motivaci\u00f3n e por ese motivo quedaran sen escribir.<\/p>\n<p>Pasou a manifestaci\u00f3n, supr\u00edmese a pancarta e a seguir. A seguir? Pasou o d\u00eda, pasou a romer\u00eda? Ou a seguir loitando? Ti elixes. As r\u00faas estan vac\u00edas, xa non tes que facerte ver na manifestaci\u00f3n, nin tomar fotos e publicalas na rede. Xa es ti, sen m\u00e1is. Xa podes ser como queres ser. \u00c1s veces, ser non \u00e9 tan doado. Volve ler benquerida liberdade. Ti elixes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonte houbo unha manifestaci\u00f3n. En Ribadeo como noutros moitos lugares. A favor da igualdade. Pola dignidade. Rexeitando a violencia de sexo. Moitas fotos inundaron as redes. Eu non ti\u00f1a ningunha. Non fun. Cousa de traballo. Pola tarde, vin o concello cos sus balc\u00f3ns tapados, adoranda a fachada cunha pancarta morada. Non se v\u00eda ben o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,9],"class_list":["post-6361","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6361","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6361"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6361\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6361"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6361"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6361"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}