{"id":6357,"date":"2015-12-02T07:35:00","date_gmt":"2015-12-02T06:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:54:42","modified_gmt":"2024-11-12T12:54:42","slug":"as-rutas-das-crestas-artigo-de-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/12\/02\/as-rutas-das-crestas-artigo-de-pancho\/","title":{"rendered":"As rutas das crestas, artigo de Pancho Campos"},"content":{"rendered":"<p>Existen desde \u00e9pocas moi remotas uns sendeiros, ou cami\u00f1os m\u00e1is ou menos anchos, por encima dos lombos das cordales ou cordilleiras monta\u00f1osas que se chaman \u201crutas das crestas ou das cristas\u201d, traducci\u00f3n do antiguo vocablo xerm\u00e1nico \u201chrycgweg\u201d que pasou o ingl\u00e9s como \u201cridgeway\u201d. A\u00ednda c\u00f3s romanos aproveitaron estas primitivas sendas por estares o terreo endurecido e compactado, fruto dos milleiros de pisadas que durante centos de anos fixo o andar dos homes e dos animais c\u00f3s acompa\u00f1aban, eles, para avanzar m\u00e1is r\u00e1pido coas lexi\u00f3ns e as s\u00faas comitivas acompa\u00f1antes, perfecion\u00e1ronlas ensanch\u00e1ndoas e sol\u00e1ndoas con pavimentado de pedra en grandes e medianas lastras concertadas. A <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/V%C3%ADa_romana\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">v\u00eda romana<\/a> facilitaba o paso das rodas dos carros e o andar a p\u00e9 dos pe\u00f3ns, as\u00ed mesmo, formaba parte dun elemento esencial da estratexia militar: asegurar dende a retaguardia o subministro r\u00e1pido de todo tipo de avituallamento de v\u00edveres e armamento que necesitaba o ex\u00e9rcito en campa\u00f1a.<\/p>\n<p>Constru\u00edron as\u00ed as \u201cvias romanas\u201d ou \u201cstrate\u201d que en galego chamamos \u201cestradas\u201d e ingl\u00e9s \u201cRoman roads\u201d e \u201cstreets\u201d. Hoxe en d\u00eda por aquelas vellas sendas de amplo horizonte ou metidas entre corredoiros rocosos, vense alg\u00fans excursionistas practicando sendeirismo, pero mesmo alg\u00fans outros suben \u00f3s pelados riscos das rochas e fan rutas deportivas de monta\u00f1ismo polas paixases semica\u00f3ticas de pedreiras e de bloques gran\u00edticos e de pizarra, e mesmo de grandes balocos de seixo rotos polo fen\u00f3meno da xelifracci\u00f3n, ou xeo-desxeo dos per\u00edodos glaciares que modelaron o noso contorno.<\/p>\n<p>O andar por deporte perm\u00edtenos sentir e palpar o duro, e seguramente triplicado esforzo, que era para aqueles outros primeiros homes transportar \u201cvida e facenda\u201d \u00e1s costas ou axudados por animais, somentes procurando sobrevivir. Eu quero pensar que aquelas xentes prehist\u00f3ricas de pobos e etnias, posibelmente desaparecidas, tam\u00e9n quixeran relacionarse entre s\u00ed e facerse part\u00edcipes das respectivas sabedor\u00edas culturais, menci\u00f1ais e riquezas de que dispu\u00f1an.<\/p>\n<p>Nas Terras de Ribadeo, Trabada e Barreiros, as cumes arredondadas das cordales monta\u00f1osas est\u00e1n cheas de vestixios destas sendas ancestrais e milenarias. Nuns sitios, onde mellor se ven, as rutas das crestas pasaron a formar parte dalg\u00fan tramo dos cami\u00f1os reais medievais, e noutros est\u00e1n desviados daqueles \u00bfpor mor de que tam\u00e9n houbo un cambio poboacional hacia asentamentos castrexos (s\u00e9culo VI a.C.) moito m\u00e1is recentes cos sendeiros?&#8230; Posiblemente, pois chama a atenci\u00f3n nestes recunchos de historia viva e esquecida, cas sendas estexan moi preto de asentamentos prehist\u00f3ricos como as <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/M%C3%A1moa\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">m\u00e1moas<\/a> de Comado, do Mondigo, das Pallaregas, da Cadeira, e quen sabe cantas m\u00e1is est\u00e1n enterradas e esquecidas, asentamentos funerarios ou santuarios donde aquelas xentes se paraban a pregar os seus deuses ou deixaban sinal dos seus mortos. Aparecen tam\u00e9n, pequenos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Menhir\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">menhires<\/a>, alg\u00fans chamados \u201cmarcos\u201d como o da Pena Verde que hoxend\u00eda sirve de lindeiro entre os concellos de Trabada, Ribadeo e Barreiros. \u00bfCantos se viron e ver\u00e1n destru\u00eddos pola ignorancia dos prantadores de eucalitos ou dos facedores de pistas?<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh0wk4YM_-m39MGdxvyF21SXkoCWnIyMIwRdeu9HcOReJMIVkBuH2go8bLy80jxLySVrh7kPg6ctLUvOpX8BO5kV5hKgLN54BUVwk5gX_mKzupMOweW7SgPhT7C38-AajwElIqcVw\/s2048\/marco+da+pena+verde.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh0wk4YM_-m39MGdxvyF21SXkoCWnIyMIwRdeu9HcOReJMIVkBuH2go8bLy80jxLySVrh7kPg6ctLUvOpX8BO5kV5hKgLN54BUVwk5gX_mKzupMOweW7SgPhT7C38-AajwElIqcVw\/s2048\/marco+da+pena+verde.jpg\" width=\"480\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">O marco da Pena Verde, no artigo &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/03\/curiosidades-vista-en-ribadeo-este-fin.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Curiosidades \u00e1 vista en Ribadeo este fin de semana<\/a>&#8216;<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>En f\u00edn. Pero \u00bfa donde se dirixian os sendeiros das crestas? Seguramente a ning\u00fan lugar concreto, diferencia a como hoxe nomeamos as estradas polo nome dunha poboaci\u00f3n a que nos levan, como por exemplo: estrada de Lugo, de A Coru\u00f1a, de Oviedo, de Santiago. M\u00e1is \u00e9 de crer, questes sendeiros das crestas ou cami\u00f1os altos, eran aqueles por onde andaban os homes transhumantes ollando o horizonte a porcura de caza e de pastos para o seu gando preto de pequenos arroxos e de boas fontes dauga para abeberar. Por outra banda, \u00f3 estar situados no alto, serv\u00edan de atalaia para distinguir outras xentes que se acercaban polo val ou polas ladeiras, e se semellaban hostiles, ou mesmo inimigos, d\u00e1balles tempo de agocharse con antelaci\u00f3n ou de prepararse para a defensa.<\/p>\n<p>\u00bfPorqu\u00e9 coa chegada dos romanos se esqueceu a linguaxe daqueles \u00edberos e logo dos celtas que habitaban estas terras? Quizais por que ti\u00f1a moi pouco en com\u00fan a vida duns e doutros, ou quizais porque os romanos que dominaron o territorio, xa ti\u00f1an na s\u00faa linguaxe, o lat\u00edn, todas as palabras que necesitaban para nomear as cousas, ou quizais por aversi\u00f3n duns e doutros. Pero sen d\u00fabida a proto-historia galega perdeu moitas das s\u00faas tradici\u00f3ns e costumes por haber esquecido a s\u00faa orixinal linguaxe e o seu culto primitivo. Os celtas aparecen no s\u00e9culo VII a.C. encambio as fontes da nosa linguaxe actual datan do s\u00e9culo II a.C. en diante, no s\u00e9culo V hai inscripci\u00f3ns gaulesas e no s\u00e9culo VIII textos longos de ga\u00e9lico&#8230;<\/p>\n<p>Canto m\u00e1is leo a nosa historia antiga, m\u00e1is pena sinto de n\u00f3s, os galegos. Cando escoito falar a alg\u00fans pol\u00edticos, con traballo eventual e a turnos, en contra da ense\u00f1anza da nosa lingua galega, s\u00edntome realmente a disgusto con todos eles, incluso noxo da pol\u00edtica institucionalizada nun sistema democr\u00e1tico no que, parece ser, que s\u00f3io se poden esixir dereitos, e os pol\u00edticos non te\u00f1en responsabilidades nin obrigas de ning\u00fan tipo, posto que non existe nada c\u00f3s faga saltar da poltrona de inmediato ante calquera falcatruada de mala praxis no cargo ou de esquencemento das s\u00faas obrigas, que para eles son m\u00e1is irrefutables c\u00f3s seus dereitos de cidad\u00e1ns, pois as s\u00faas obrigas comp\u00e9tennos a todos, non soio a eles como tipos individuais. A \u201cdedocracia\u201d sistematizada de<br \/>\ncandidatos, espero que nestas Elecci\u00f3ns Xerais desapareza, e se lles poida esixir \u00f3s candidatos votados un arduo esforzo para po\u00f1er en valor o noso patrimonio com\u00fan. \u00a1Queremos ser un pobo de acollida e non unha mina de emigrantes cualificados sin retorno! \u00a1Temos riqueza dabondo para quedarnos, nono esquezan os pol\u00edticos, s\u00f3 \u00e9 necesario traballar t\u00f3dolos d\u00edas&#8230; e para eso est\u00e1n vostedes, para buscar as fontes de esa riqueza na Nosa Terra, non en Dinamarca!<\/p>\n<p>Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Existen desde \u00e9pocas moi remotas uns sendeiros, ou cami\u00f1os m\u00e1is ou menos anchos, por encima dos lombos das cordales ou cordilleiras monta\u00f1osas que se chaman \u201crutas das crestas ou das cristas\u201d, traducci\u00f3n do antiguo vocablo xerm\u00e1nico \u201chrycgweg\u201d que pasou o ingl\u00e9s como \u201cridgeway\u201d. A\u00ednda c\u00f3s romanos aproveitaron estas primitivas sendas por estares o terreo endurecido [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6357","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6357","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6357"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6357\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6357"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6357"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6357"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}