{"id":6349,"date":"2015-12-09T08:08:00","date_gmt":"2015-12-09T07:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:54:29","modified_gmt":"2024-11-12T12:54:29","slug":"aproveitamos-so-o-16-da-auga-caida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/12\/09\/aproveitamos-so-o-16-da-auga-caida\/","title":{"rendered":"Aproveitamos s\u00f3 o 1,6% da auga ca\u00edda? Sempre nos quedar\u00e1 Par\u00eds?"},"content":{"rendered":"<p>Vista dende a nova Galicanarias de invernos suaves e secos, o cumio sobre o clima parece lonxe&#8230;<\/p>\n<p>Ribadeo aprox\u00edmase ao fin de ano cunha temperatura media alta abondo e pouca choiva, e d\u00edas de boa temperatura se estiveramos no outono. A\u00ednda as\u00ed, con datos da Pedro Murias, non creo que chegue a ser o ano m\u00e1is caloroso do s\u00e9culo, nin tampouco o m\u00e1is seco, a\u00ednda que a tendencia siga adiante neses dous sentidos.<\/p>\n<p>Voltando a Par\u00eds, as\u00ed as cousas, parece que no cumio pode lograrse un acordo que mante\u00f1a o m\u00e1ximo de temperatura media por baixo dos 1,5 \u00baC (superiores \u00e1 media actual), facendo concesi\u00f3ns a seguir queimando petr\u00f3leo. Non ser\u00eda mala nova, a\u00ednda que seguir\u00eda a supo\u00f1er o traslado de moitos mill\u00f3ns de persoas pola presi\u00f3n clim\u00e1tica (avance de desertos ou mergullamento de illas, entre outros).<\/p>\n<p>En Ribadeo, o certo \u00e9 que non sabemos moito desas cousas polo momento. As\u00ed, a seca deste ver\u00e1n en toda Galicia non chegou aqu\u00ed m\u00e1is que de xeito residual, e da importancia da auga, pola s\u00faa abundancia, en xeral pouco caso facemos.<\/p>\n<p>Polos datos recollidos na Pedro Murias, na zona este ano vai a quedar a cousa nuns 800 litros ca\u00eddos cada metro cadrado: 800 L\/m<sup>2<\/sup> , abondo m\u00e1is que os 600 L\/m<sup>2<\/sup> de 2004, a\u00ednda que moi por debaixo dos 1300 L\/m<sup>2<\/sup> de 2006.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiGMR2SSDNxKMaALS9k8M4r0viOl9UHOU3cXa-A8GniZfAD1XAxxQP4mYocq7BY8LEXDsmD0SnRcQaH_ZXshXS_60kkKob-B1gM1-NL3kSEDUqq0HYXZKJAi0TnxR1O3rJrWml6\/s2048\/Bubble+bursts.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"262\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiGMR2SSDNxKMaALS9k8M4r0viOl9UHOU3cXa-A8GniZfAD1XAxxQP4mYocq7BY8LEXDsmD0SnRcQaH_ZXshXS_60kkKob-B1gM1-NL3kSEDUqq0HYXZKJAi0TnxR1O3rJrWml6\/s2048\/Bubble+bursts.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>Iso quere dicir que, durante o ano, no concello de Ribadeo (108,9 km<sup>2<\/sup>) teranse recollido un total duns 90 000 000 000 L de choiva (doutro xeito, 90 mill\u00f3ns de toneladas de auga, ou unha piscina de 1 km de longo por outro de largo por 90 m de profundidade)<\/p>\n<p>O consumo a partir da rede de distribuci\u00f3n \u00e9 duns 1 500 000 000 L anuais (uns 3 000 000 de L diarios), o que dar\u00eda un aproveitamento de pouco m\u00e1is do 1,6%. Mais chegar a esa conclusi\u00f3n ser\u00eda err\u00f3neo, a pesar dos n\u00fameros. Primeiro, porque a auga que non ven polas tuber\u00edas non se &#8216;perde&#8217;, sen\u00f3n que alimenta un ciclo natural entre o que se atopa o facer medrar os cultivos (poucos se regan na zona, e a\u00ednda as\u00ed, ser\u00eda con auga non da tra\u00edda) ou facer que os peixes podan vivir. Segundo, porque a grande maior\u00eda da auga que trae a Ribadeo a ca\u00f1er\u00eda non \u00e9 recollida no mesmo Ribadeo, sen\u00f3n no veci\u00f1o concello de Trabada, o que invalida a porcentaxe ao referirse a cousas diferentes. Terceiro, porque aproveitar a auga que cae en Ribadeo \u00f3 100% ser\u00eda imposible, tanto porque implicar\u00eda un sistema de recollida e cada metro cdarado do territorio como porque deixar\u00edamos en consecuencia o territorio s\u00f3 adicado a iso&#8230; e poderiamos continuar numerando outras consideraci\u00f3ns, sen contar tampouco coa contaminaci\u00f3n da auga, importante pero ocultada na nosa terra polas implicaci\u00f3ns na produci\u00f3n gandeira.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, si, tam\u00e9n pode ir, vai connosco iso de aforrar auga a\u00ednda que vexamos que &#8216;chove moito&#8217; (cando chove) ou que &#8216;aproveitamos s\u00f3 o 1,6% da auga&#8217;.<\/p>\n<p>E mentres, en Par\u00eds seguen a discutir a partir dun papel previo m\u00e1is ou menos ama\u00f1ado pero que pode desama\u00f1arse en calquera momento: a diplomacia \u00e9 as\u00ed. Sempre nos quedar\u00e1 Par\u00eds, como din nunha c\u00e9lebre pel\u00edcula? Ou poder\u00e1 connosco o camio clim\u00e1tico, temperaturas e auga inclu\u00eddas?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vista dende a nova Galicanarias de invernos suaves e secos, o cumio sobre o clima parece lonxe&#8230; Ribadeo aprox\u00edmase ao fin de ano cunha temperatura media alta abondo e pouca choiva, e d\u00edas de boa temperatura se estiveramos no outono. A\u00ednda as\u00ed, con datos da Pedro Murias, non creo que chegue a ser o ano [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,52,9],"class_list":["post-6349","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-meteoroloxia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6349","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6349"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6349\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6349"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6349"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6349"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}