{"id":6348,"date":"2015-12-10T07:39:00","date_gmt":"2015-12-10T06:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:54:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:54:27","slug":"portum-iulianum-porcillan-articulo-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/12\/10\/portum-iulianum-porcillan-articulo-de\/","title":{"rendered":"PORTUM IULIANUM. PORCILL\u00c1N, art\u00edculo de Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>O nome do porto de Porcill\u00e1n, \u00e9 de orixe romano, Portum Julianum, Porto Julianus posiblemente o porto daquela m\u00edtica cidade de poboaci\u00f3n celt\u00edbera citada como Iulia do Eo, na voz Rivadeo do pirmeiro Diccionario Espasa. De calquera maneira, este porto de orixe desco\u00f1ecido, \u00e9 moi, moi antigo: \u201csabido \u00e9 que os fenicios estableceron en moitos puntos do noso litoral pesquer\u00edas e salaz\u00f3ns de pescado entre os s\u00e9culos XX e XVI antes de Cristo, e explotaron os xacementos de esta\u00f1o e doutros minerais que abundaban no pais&#8221; (Ribadeo Antiguo, Paco Lanza, p\u00e1x.17).&nbsp;No s\u00e9culo XII (1164) era dono das parroquias de Vilasel\u00e1n, Pi\u00f1eira e Santiago de Vigo o Conde D.Rodrigo Velaz de Montenegro, cas vendeo por 1500 marabitinos de ouro a Fernando II (1157-1188) rei da Galiza e Le\u00f3n, e doce anos tam\u00e9n de Toledo durante a minor\u00eda de edade de Alfonso VIII (Escritura otorgada en Vilafranca o d\u00eda octavo das kalendas de agosto, era de 1220, ou 25-Xullo-1182 na era actual)<br \/>\nO rei, a s\u00faa vez, cedeulle as Terras de Ribadeo o bispo Rabinato e a s\u00faa igrexa mindoniense que estuvo en Ribadeo desde 1182 a 1218, primeiro con Rabinato, ata 1199, e logo co bispo D.Pelayo II de Cebeira (1199-1218). <\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhzr7kpK1NdsUrC81S-vWP9kxsiHqBHarIdFPmZM_aC0UwyWAkJy_bzkqQAt5LLswjzL75N4zrqO9Ba6agZYX8-pwejUSGyofVfDwVbB0fs6cCeUXmD07S9345RYHjRRl9vVr-O3g\/s2048\/Calex%25C3%25B3n+Bispo+Cebeira.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"563\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhzr7kpK1NdsUrC81S-vWP9kxsiHqBHarIdFPmZM_aC0UwyWAkJy_bzkqQAt5LLswjzL75N4zrqO9Ba6agZYX8-pwejUSGyofVfDwVbB0fs6cCeUXmD07S9345RYHjRRl9vVr-O3g\/s2048\/Calex%25C3%25B3n+Bispo+Cebeira.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Placa na r\u00faa adicada \u00f3 Bispo Cebeira<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Os bispos da di\u00f3cese de Ribadeo, disfrutaron de se\u00f1or\u00edo de abadengo, e comezaron en 1271 a percebir o dereito de portazgo por mandato do rei Alfonso X o Sabio. En sucesivos anos, f\u00f3ronselles concedendo outros dereitos, como o de facer salinas, cobrar o fondeo dentro da r\u00eda, a contribuci\u00f3n da luctuosa, o dereito sobre a pesca de baleas que perdurou ata o s\u00e9culo XVII, disfrutando tam\u00e9n de atribuci\u00f3ns de se\u00f1ores xurisdicionais, con facultades xudiciais, militares e lexislativas sobre as terras que lles pertenc\u00edan (Fortalezas de Lugo y su Provincia, Manuel V\u00e1zquez Seijas, Tomo II, 1959). N\u00f3tese que aquelas antigas pesquer\u00edas e salaz\u00f3ns, que vi\u00f1an desde os fenecios, o escribano do rei Fernando II mal trad\u00face como \u201csalinas\u201d (de sal) instalaci\u00f3ns que non se sabe que houbera en Ribadeo.<br \/>\nEn Porcill\u00e1n, polos anos 458 e 459 os h\u00e9rulos desembarcaron para saquear e queimar Rivadeo (Juan Ferreras, Historia de Espa\u00f1a hasta 1585) a\u00ednda que para Murgu\u00eda (Historia de Galicia, tomo III) non est\u00e1 probado que este feito ocurrira en Porcill\u00e1n e Cabanela que eran os barrios que formaban o Rivadeo portuario, pois poidera haber sido calquera porto da provincia de Mondo\u00f1edo. Sin embargo, Paco Lanza, no Ribadeo Antigo, sin contradicer a Murgu\u00eda, deixa expresa nota, de que no s\u00e9culo V, estes dous embarcadoiros quedaban fora do recinto amurallado e estaban a maior distancia da fortaleza.<\/p>\n<p>Sendo as\u00ed, parece ser que Murgu\u00eda non conta co desamparo defensivo que significaba estar fora dos recintos da muralla, condici\u00f3n que era sempre aporveitada para os asaltos da pirater\u00eda, pois Rivadeo no s\u00e9culo V non estaba formado soiamente pola poboaci\u00f3n de Porcill\u00e1n e Cabanela, sen\u00f3n tam\u00e9n pola poboaci\u00f3n que habitaba dentro das murallas defendidas pola torre das Cabanas en Cabanela, e pola fortaleza, que contaba con d\u00faas torres: unha pequena e outra principal, que mira por donde, tam\u00e9n se chamaba Xulia, e que nove s\u00e9culos m\u00e1is tarde dos asaltos dos h\u00e9rulos, ser\u00eda residencia dos Condes de Ribadeo, cando o rei Enrique II de Trast\u00e1mara concede en 20 de diciembre de 1369 o Condado de Ribadeo o capit\u00e1n franc\u00e9s Pierre de Villaines, \u201co Beque\u201d de Normand\u00eda.<\/p>\n<p>As acometidas comerciais e invasoras de romanos, h\u00e9rulos e vikingos \u00f3 porto de Ribadeo fanse evidentes nas pegadas topon\u00edmicas que deixaron. A\u00ednda que Gallaecia non se establece como provincia romana ata Diocleciano entre 284-288 d.C., dos romanos Porcill\u00e1n conserva o nome, Portum Iulianum, referido a Cayo Julio Cesar, o que gana a batalla de Mundo a Pompeyo no ano 45 a.C. Hai documentos que acreditan que todav\u00eda se chamaba Portus Iuliani no s\u00e9culo XII.<\/p>\n<p>Dos h\u00e9rulos, que eran pobos suevos que dominaron Ribadeo como se\u00f1ores, quedaron os toponimos de lugar donde quedaron a vivir: Vilasel\u00e1n (propiedade do se\u00f1or Selanus), Vilausende, Vilaframil, Vilandriz, Vilamariz, Vilago\u00edz, Requiande, Send\u00edn e Cinxe (Estudio sobre Topon\u00edmia de Ribadeo, Jos\u00e9 M\u00aa Rodriguez D\u00edaz, 2007, P\u00e1x.8). Os h\u00e9rulos, chamados nas cr\u00f3nicas antigas \u201cos piratas do B\u00e1ltico\u201d, eran individuos pertencentes \u00e1 confederaci\u00f3n dos pobos suevos que habitaban a Pomerania, e tomaron parte na invasi\u00f3n do imperio romano no s\u00e9culo V. Figuraban como parte das hostes de Odoacro que puxo fin o Imperio de Occidente, depo\u00f1endo a R\u00f3mulo Aug\u00fastulo no ano 476. A Pomerania extend\u00edase o largo do mar B\u00e1ltico, desde Stralsund o V\u00edstula, formando unha provincia de Prusia, hoxend\u00eda gran parte daquel territorio, pertence a Polonia.<\/p>\n<p>Os vikingos durante os s\u00e9culos VIII e X d.C. realizaron extraordinarias faza\u00f1as de exploraci\u00f3ns mar\u00edtimas, pero nas costas galegas nos anos 844, 850, 862 fixeron todo tipo de saqueos e destrucci\u00f3ns das poboaci\u00f3ns costeiras. No ano 968 o mando de Gunderedo, atacaron con 8000 homes, e en Fornelos, saliu o bispo de Compostela, Sisnando, para contelos, morrendo este na refrega. En 971 \u00e9 San Rosendo e as tropas do Conde Gonzalo S\u00e1nchez, quen se enfrenta a eles, matando na batalla a Gunderedo. A \u00faltima incursi\u00f3n as costas galegas data de 1016. Nestes s\u00e9culos a poboaci\u00f3n de Rivadeo pasou de Cabanela e Porcill\u00e1n para a Vilavella, posiblemente para que non se poidera ver desde o mar o fume das lareiras donde coci\u00f1aban os nosos ancestros, e non chamar atenci\u00f3n daqueles que se chamaban \u201creis do mar\u201d (vikingos), e que por estes lares tam\u00e9n eran co\u00f1ecidos como normandos, homes do norte ou os \u201cpiratas n\u00f3rdicos\u201d.<\/p>\n<p>Naqueles tempos, o porto de Rivadeo, non consist\u00eda nun porto con peiraos de atraque, tal como hoxe o vemos, sen\u00f3n que exist\u00edan catro principales embarcadoiros en praias de area, nomeadas de Norte a Sur: a Insula de Guimar\u00e1n (fai pouco, a\u00ednda estaba parte da Isleta), a rampa de Porcill\u00e1n, d\u00e1rsena e praia de Cabanela e o varadoiro de Figueir\u00faa. Nestas praias era donde se zabordaban lanchas de maior ou menor eslora, para o transbordo de persoas e mercador\u00edas, e incluso os propios barcos se varaban ou daban a banda para calafatealos. Hab\u00eda tam\u00e9n outras pequenas praias: como a das Arenas e a de Lino. Na de Figueir\u00faa, algo m\u00e1is grande foise facendo unha rampa de acceso para o desembarco e varada das lanchas, que en 1825 para reparala, utilizaron as pedras de canter\u00eda da inconclusa Colexiata de Santa Mar\u00eda (\u201cLa Colegiata Fantasma\u201d, Juan Carlos Paraje Manso,1981).<\/p>\n<p>Entre Cabanela e Porcill\u00e1n hab\u00eda pequenas cabanas donde viv\u00edan os pescadores desde tempo inmemorial, frente as que pod\u00edan tender e secar os aparellos de pesca e varar as embarcaci\u00f3ns para gardalas do temporal e carenalas.<\/p>\n<p>O paramento actual do peirao de Porcill\u00e1n foi iniciado en 1880 con un presuposto de 231.357 pts. e en 1883 a\u00ednda \u00eda a paso de tartaruga (Apuntes Sobre Ribadeo, Fernando M\u00e9ndez SanJulian, 1884). As pedras do paramento foron extra\u00eddas das propias rocas da R\u00eda de Ribadeo, talladas a cincel e martillo e sacadas con cu\u00f1as das rocas de Pena Furada transformada en canteira, e da costa preto do faro da illa Pancha. As pegadas da extracci\u00f3n dos bloques de pedra son hoxend\u00eda a\u00ednda evidentes nestas zonas, incluso se poden ver alg\u00fans puntos de amarre das barcazas, e un tinteiro excavado na roca, donde seguramente afincaba o couce do puntalillo dun guindaste c\u00f3 que se cargaban as pedras as barcazas, coas que se transportaban ata o peirao en construcci\u00f3n. (Notas propias, veci\u00f1os de Ribadeo).<br \/>\nA antiga rampa de Porcill\u00e1n dentro da d\u00e1rsena desapareceu cando foi reenchida en 1971, para facer o pirmeiro paseo mar\u00edtimo, cuxo recheo tam\u00e9n se levou por diante a d\u00e1rsena e praia de Cabanela, a das Arenas e a praia de Lino. A rampa de Figueir\u00faa, foi pouco a pouco desaparecendo o ir quedando enterrada c\u00f3s sucesivos recheos da d\u00e1rsena de Mirasol levados a cabo a partires dese ano 1971, e continuados ata os nosos d\u00edas.<\/p>\n<p>Canta historia e que tan pouco valor se lle da. Iberos, fenicios, celtas, romanos, suevos, e quen sabe cantos pobos m\u00e1is comerciaron no porto de Rivadeo, v\u00eda Porcill\u00e1n e Cabanela, \u00bfcantos vestixios arqueol\u00f3xicos poder\u00edamos atopar no leito da R\u00eda de Ribadeo, si explor\u00e1ramos entre 10 ou 12 metros de calado nas zonas de fondeo daquela \u00e9poca? \u00a1canta historia queda todav\u00eda por descubrir! \u00bfnon se poder\u00eda facer algunha cata en puntos estrat\u00e9xicos para descubrir toda esta riqueza hist\u00f3rica que posiblemente sexa \u00fanica na cornisa cant\u00e1brica, debido a importancia de porto natural, abrigado, practicable todo o ano e estrat\u00e9xico que foi para a navegaci\u00f3n costeira e de altura entre o Mediterr\u00e1neo e Europa, e viceversa? A qu\u00e9n corresponda: mirade esto \u00a1por favor!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O nome do porto de Porcill\u00e1n, \u00e9 de orixe romano, Portum Julianum, Porto Julianus posiblemente o porto daquela m\u00edtica cidade de poboaci\u00f3n celt\u00edbera citada como Iulia do Eo, na voz Rivadeo do pirmeiro Diccionario Espasa. De calquera maneira, este porto de orixe desco\u00f1ecido, \u00e9 moi, moi antigo: \u201csabido \u00e9 que os fenicios estableceron en moitos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11],"class_list":["post-6348","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6348","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6348"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6348\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6348"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6348"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6348"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}