{"id":6347,"date":"2015-12-11T08:14:00","date_gmt":"2015-12-11T07:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:54:26","modified_gmt":"2024-11-12T12:54:26","slug":"illa-pancha-novidades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/12\/11\/illa-pancha-novidades\/","title":{"rendered":"Illa Pancha: novidades"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;*Foto retirada: posta por erro e retirada por petici\u00f3n*<\/p>\n<p>O certo \u00e9 que esta tempada suc\u00e9dense as novidades sobre a illa Pancha. Algunhas, xa sabidas, outras, non tanto.<\/p>\n<p>A primeira quiz\u00e1 deba ser precisamente a falta de novidade sobre alg\u00fan tema: o concello segue sen responder desque puxen a anterior <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/11\/na-procura-de-informacion.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota sobre a illa Pancha con un documento de petici\u00f3n de informaci\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>A segunda, que despois de po\u00f1er os medios en diversas ocasi\u00f3ns sobre o apoio recibido para a conservaci\u00f3n da illa Pancha que hab\u00eda moita xente de f\u00f3ra (en diversas versi\u00f3ns), un estudo preliminar encabezado por Evaristo Lombardero desm\u00ednteo totalmente:<\/p>\n<p>&#8220;<em>ESTUDO DA VINCULACION CON RIBADEO DOS MEMBROS DO COLECTIVO \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n A d\u00eda 9 de decembro de 2015 o grupo \u201cPor Nuestro Faro\u201d ten 725 membros.<br \/>\n Dado que desco\u00f1ecemos con exactitude a procedencia destas persoas e a<br \/>\nsua vinculaci\u00f3n con Ribadeo fixemos o seguinte traballo:<\/em><\/p>\n<p><em> Intentamos identificar aos cen primeiros membros que aparecen na p\u00e1xina web do colectivo asigna<span class=\"text_exposed_show\">doos a un dos seguintes grupos:<\/span><\/em><\/p>\n<p class=\"text_exposed_show\"><em> 1.- Naceu en Ribadeo e vive en Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em> 2.- Naceu en Ribadeo e vive fora.<\/em><\/p>\n<p><em> 3.- Naceu fora e vive actualmente en Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em> 4.- Naceu fora e vive fora.<\/em><\/p>\n<p><em> Os resultados foron os seguintes:<\/em><\/p>\n<p><em> Grupo 1\u00ba: 60<\/em><\/p>\n<p><em> Grupo 2\u00ba: 18<\/em><\/p>\n<p><em> Grupo 3\u00ba: 13<\/em><\/p>\n<p><em> Grupo 4\u00ba: 7<\/em><\/p>\n<p><em> Non identificados: 2 (utilizan seud\u00f3nimos).<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n COMENTARIOS: Tendo en conta que estudamos ao 13,7 % do colectivo e que<br \/>\nos casos foron tomados correlativamente, sen exclusi\u00f3ns arbitrarias,<br \/>\nentendemos que os resultados poden ser significativos. A partir de aqu\u00ed o<br \/>\n 91 % dos membros ter\u00eda unha forte vinculaci\u00f3n con Ribadeo dado que ou<br \/>\nser\u00edan nados e residentes no concello, ou nados eb Ribadeo e residentes<br \/>\nfora ou nados fora e residentes na actualidade. Un sete por cento ser\u00edan<br \/>\n persoas nadas noutros pontos e na actualidade residentes noutro<br \/>\nconcello, alg\u00fans de Galicia, Espa\u00f1a ou do extranxeiro. Estas sete<br \/>\npersoas foron identificadas e todas te\u00f1en fortes vencellos con Ribadeo,<br \/>\nben por ter familia, por ter traballado en Ribadeo ou por outras causas.<br \/>\n Non atopamos ning\u00fan caso de persoas totalmente que alleas a Ribadeo e<br \/>\nque supostamente pertencesen a \u201cPor Nuestro Faro\u201d simplemente por<br \/>\nsimpat\u00eda, amizade ou outras causas. En dous casos foi imposible<br \/>\nidentificar ao membro por presentarse cun seud\u00f3nimo. Habida conta que<br \/>\ndebe respectarse o dereito \u00e1 intimidade non fixemos mais xesti\u00f3ns para<br \/>\nidentificar a estas persoas. En calquer caso o n\u00famero \u00e9 insignificante.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n CONCLUSION: A gran maior\u00eda dos membros de \u201cPor Nuestro Faro\u201d te\u00f1en<br \/>\nfortes v\u00ednculos con Ribadeo e en caso de existir algun membro sen<br \/>\nrelacions directas ser\u00eda unha cifra irrelevante.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>Coido que chega para ver o &#8216;ribadensismo&#8217; dos apoios.<\/p>\n<p>En terceiro lugar, unha nota que xa foi difundida e contestada, pero non comentada, a resposta da Unidad de atenci\u00f3n al Ciudadano.<\/p>\n<p>Direcci\u00f3n General para la Sostenibilidad de la Costa y del Mar.<\/p>\n<p>Ministerio de Agricultura, Alimentaci\u00f3n y Medio Ambiente&#8221;:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Buenos d\u00edas:<\/em><\/p>\n<p class=\"text_exposed_show\"><em><br \/>\n En contestaci\u00f3n a su solicitud de informaci\u00f3n relativa al proyecto de<br \/>\nReforma interior del antiguo faro de la Isla Pancha, en Ribadeo, para<br \/>\nuso hotelero, promovido por la autoridad Portuaria de Ferrol-San<br \/>\nCiprian, se informa lo siguiente:<\/em><\/p>\n<p><em> Con fecha 2 de marzo de 2015,<br \/>\nesta Direcci\u00f3n General, en respuesta  a una solicitud de Puertos del<br \/>\nEstado, inform\u00f3 lo siguiente:<\/em><\/p>\n<p><em> esta Direcci\u00f3n General no plantea<br \/>\nobjeci\u00f3n alguna a la solicitud para uso como alojamiento en el Faro de<br \/>\nIsla Pancha, situado en Ribadeo (Lugo), adscrito a la Autoridad<br \/>\nPortuaria de Ferrol-San Ciprian, dentro de los l\u00edmites fijados por la<br \/>\nmisma.<\/em><\/p>\n<p><em> El proyecto presentado por la Autoridad Portuaria e<br \/>\ninformado por esta Direcci\u00f3n General, que ven\u00eda acompa\u00f1ado de informe<br \/>\nfavorable de la Conseller\u00eda de Medio Ambiente, Territorio e<br \/>\nInfraestruturas de la Xunta de Galicia,  consiste en una reforma<br \/>\ninterior de la planta baja del edificio del faro, que actualmente consta<br \/>\n de sal\u00f3n-comedor, dos dormitorios, un ba\u00f1o y una cocina, para hacer dos<br \/>\n cocina-comedor, dos dormitorios y dos ba\u00f1os, sin alterar la estructura<br \/>\ndel edificio ni las fachadas, que mantienen las mismas ventanas y puerta<br \/>\n de acceso al edificio. En el proyecto no se plantea ninguna cafeter\u00eda,<br \/>\nni construcciones anexas al edificio actual y se conserva la fachada<br \/>\nactual sin modificaci\u00f3n alguna.<\/em><\/p>\n<p><em>  No obstante para una informaci\u00f3n<br \/>\n m\u00e1s detallada deber\u00edan dirigirse a la Autoridad Portuaria de Ferrol-San<br \/>\n Ciprian que es el titular del Faro de Isla Pancha y promotor de la<br \/>\nreforma que se propone.<\/em><\/p>\n<p><em> Un saludo<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>Comentado o anterior a traverso dos medios, a promotora di que a cafeter\u00eda anunciada non vai nel, sen\u00f3n nunha estrutura desmontable na zona de garaxes, con teito axardinado como terraza. Non entendo moi ben unha estrutura desmontable con teito axardinado. O mesmo que non cadra moi ben por exemplo, que, se a cafeter\u00eda vai na zona de garaxes, os coches dos posibles clientes dun hotel que se pretende de altas prestaci\u00f3ns vaian deixar os coches no exterior \u00f3 salitre da xerfa da illa.<\/p>\n<p>As\u00ed as cousas, a \u00faltima xuntanza polo momento do grupo celebrouse o luns sete de decembro. A m\u00e1is de programar a pr\u00f3xima xuntanza, houbo diversos temas tratados, pois est\u00e1 claro que a transparencia das instituci\u00f3ns fai que sexa necesario polo momento seguir pedindo informaci\u00f3n, \u00f3 tempo que se sigue todo o proceso e se programan acci\u00f3ns en diversos sentidos.<\/p>\n<p>Mentres, o grupo segue a medrar, os 18600 \u20ac anuais (1550 mensuais) e o prazo de dez anos deberan estar correndo dende a concesi\u00f3n xa hai varios meses, polo momento non hai apertura \u00e1 vista&#8230; e est\u00e1 cada vez m\u00e1is claro que o tema vai ter un seguemento polo grupo, sexa cal sexa o desenvolvemento que vaia tendo.<\/p>\n<p>Non sei se s\u00f3 con fins publicitarios, pero coido que a apertura estaba prevista para a ponte pasada, e polo que parece, a\u00ednda non hai permiso de obras, despois de petici\u00f3ns cursadas polo concello a algunhas instituci\u00f3ns, segundo <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/11\/cronica-informal-sobre-umha-xuntanza.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota xa mencionada aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>A informaci\u00f3n compl\u00e9tase con outras cousas. Por exemplo, unha p\u00e1xina en Facebook cun suposto hotel faro de isla Pancha aberta hai xa abondos meses e que non est\u00e1 recibindo demasiadas boas cualificaci\u00f3ns precisamente por partir dunha base falsa: non existe tal hotel, a\u00ednda que a primeira cualificaci\u00f3n do servizo fora de 5 estrelas o 25 de maio pasado.<\/p>\n<p>Algo que se <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Illa%20Pancha\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">leva desenvolvendo dende hai tempo<\/a> non parar\u00e1 de golpe. Nin se pretende. Mentres non se procure un destino de servizo comunitario para a illa Pancha, seguir\u00e1 a s\u00faa desatenci\u00f3n, a separaci\u00f3n cun pobo que ten \u00e1 beira e que ten nela un s\u00edmbolo pero \u00f3 que non se lle permite acceso, etc.<\/p>\n<p>Pero si estamos nun punto no que a orientaci\u00f3n do avance est\u00e1 a cambiar, dir\u00edase que xa cambiou. As\u00ed pois, entre as ideas alternativas para a illa haber\u00e1 que ir desbrozando o terreo e ver cal remata asentando.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;*Foto retirada: posta por erro e retirada por petici\u00f3n* O certo \u00e9 que esta tempada suc\u00e9dense as novidades sobre a illa Pancha. Algunhas, xa sabidas, outras, non tanto. A primeira quiz\u00e1 deba ser precisamente a falta de novidade sobre alg\u00fan tema: o concello segue sen responder desque puxen a anterior nota sobre a illa Pancha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-6347","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6347","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6347"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6347\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6347"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6347"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6347"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}