{"id":6335,"date":"2015-12-21T11:22:00","date_gmt":"2015-12-21T10:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:53:58","modified_gmt":"2024-11-12T12:53:58","slug":"20-d-o-dia-despois-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/12\/21\/20-d-o-dia-despois-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"20-D, o d\u00eda despois, en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>A estas horas xa hai no mercado interpretaci\u00f3ns para todos os gustos en relaci\u00f3n coas elecci\u00f3ns de onte. Ins\u00edstese no car\u00e1cter de ingobernabilidade ou do ascenso da &#8216;ultraesquerda&#8217; (non \u00e9 broma, sen\u00f3n algo escoitado nun medio &#8216;medio&#8217; que eu dir\u00eda, en troques, de ultradereita), ou, botando contas, de que se IU fora coaligado completamente a Podemos e as mareas diversas, ter\u00edan 15 deputados m\u00e1is en conxunto. En xeral non falan dos poderes f\u00e1cticos que levan actuando dende antes das elecci\u00f3ns e que a ben seguro contin\u00faan despois delas. E tam\u00e9n deixan nun segundo lugar a maior\u00eda absoluta que dificultar\u00e1 o pase polo Senado de segundo que novas leis.<\/p>\n<p>De xeito incomprensible para moita xente, a pesares de corrupci\u00f3n e retroceso socioecon\u00f3mico, o PP segue a ser a primeira forza, pero nin PP-C&#8217;s, nin PSOE-Podemos e Cia logra a maior\u00eda sen coaligarse cunha restra de formaci\u00f3ns m\u00e1is pequenas e separatistas-nacionalistas. Pode ser un bo momento para a Pol\u00edtica, se aparece en Espa\u00f1a. E unha oportunidade de experimentar e aprender a dialogar e formar consensos para a pl\u00e9iade de forzas de esquerda que en plan reinos de taifas perderon a maior\u00eda de deputados tendo a maior\u00eda de votos.<\/p>\n<p>Como se pode ver no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/12\/eleccions-xerais-2015-de-pronto-un.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">resume<\/a> que xa puxen onte, houbo menos abstenci\u00f3n, o que eu traducir\u00eda en m\u00e1is ilusi\u00f3n, nun &#8216;si podemos&#8217; no que invertiu Podemos e que repercutiu en C&#8217;s, pero dir\u00eda que tam\u00e9n noutras forzas para contrarestar ese impulso novedoso.<\/p>\n<p>O futuro? Como dixen, a estas horas non s\u00f3 os comentaristas se puxeron \u00e1 tarefa, sen\u00f3n os chamados poderes f\u00e1cticos&#8230;<\/p>\n<p>En Galicia chama a atenci\u00f3n, en relaci\u00f3n \u00f3 resto do estado, a desproporci\u00f3n de C&#8217;s en relaci\u00f3n \u00e1s tres forzas maioritarias, en Galicia e no estado. O implante clientelar e secular do PP ten abondo que ver niso, a\u00ednda que o feito de que \u00f3s dirixentes do partido revelaci\u00f3n non pareza que lles guste moito o noroeste peninsular, a tenor das s\u00faas declaraci\u00f3ns, ten algo que ver no tema.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n ten chamado a atenci\u00f3n a desaparici\u00f3n do BNG. N\u00f3s, a marca coa que se presentaba en coaligamento, non obt\u00e9n representaci\u00f3n. Era algo que dic\u00edan todas as enquisas, pero non deixa de ser sorprendente. Din que a soberbia da xente bloqueira tivo algo que ver, e que o purismo e separatismo (non pol\u00edtico, sen\u00f3n da sociedade), a captura de Galicia para preservala, ten formado un crisol que non chegou a formar figura por falta de masa cr\u00edtica. Non remato de comprendelo de todo, pero mentras que o anaco escindido de Anova procuraba influenciar a sociedade permeando os novos movementos, o BNG tomou m\u00e1is ben o cami\u00f1o contrario, de atacalos por vir ocupar un espazo que entend\u00edan que era deles. Os &#8216;novos movementos&#8217; pasaron do tema, centr\u00e1ronse no seu, e o resultado est\u00e1 \u00e1 vista. Que poidera ter algo de raz\u00f3n o BNG en que &#8216;ese espazo&#8217; xa o defend\u00edan eles quedou sen significado pola forma, non valendo para o caso un te\u00f3rico achegamento de nome \u00f3 pobo. Lembremos o de &#8216;BNG-Asembleas abertas&#8217; das municipais ou o que resultou confuso &#8216;N\u00f3s&#8217; destas elecci\u00f3ns, no que non se identificaba o BNG nin a idea de fondo.<\/p>\n<p>En Ribadeo, podemos observar que a\u00ednda que a participaci\u00f3n \u00e9 alta porcentualmente, contin\u00faa baixando pouco a pouco en relaci\u00f3n a outras votaci\u00f3ns estatais anteriores. [Por certo, a diminuci\u00f3n do n\u00famero de electores leva a preguntarse sobre o aumento do censo e o mantemento dos 17 concelleiros].<\/p>\n<p>Na t\u00e1boa resume agrupei partidos e\/ou coalici\u00f3ns que non sempre corresponden de xeito exacto para facer algo m\u00e1is intelixibles os datos. Ademais, puxen dous 0 a d\u00faas formaci\u00f3ns que non se presentaron nos comicios anteriores na circunscrici\u00f3n de Lugo para que apareceran de xeito n\u00eddio na gr\u00e1fica correspondente.<\/p>\n<p>Dito o anterior, o batacazo do BNG en Ribadeo \u00e9 s\u00f3 explicable pola aparici\u00f3n doutra forza compatible co nacionalismo galego, encadrada en Marea, o que causou unha desafecci\u00f3n a unha forza que se vota por consoancia de ideas, pero coa que non necesariamente se relaciona a nivel local co nivel estatal (algo parello pasa co PP). A ca\u00edda de PSOE e PP \u00e9 case a mesma en % dende as pasadas elecci\u00f3ns, pero o PSOE xa ti\u00f1a acumulado un 30% anterior&#8230; En resultado, en Marea suma case exactamente os votos que perde PSOE, BNG e os que se traspasan pola integraci\u00f3n nela de EU. Como colof\u00f3n, Ciudadanos non recolle todos os votos que perde o PP. Ribadeo non deixa de ter caracter\u00edsticas propias, pero int\u00e9grase no movemento xeral que se est\u00e1 a producir no estado, e en particular, en Galicia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgZFQjLSjfVy_uFzsYxmdsIq0Faq0kKF6mRFQbZkseIfMJdQlR9NGQW0tVIVoSDqyuFMQhq4qsPxo7gza6UpLrbxdf4K7rf-VsVIZK38YJYfERug-b_FP-kxorz-KaSIzeeloRMBg\/s2048\/T%25C3%25A1boa+2015.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgZFQjLSjfVy_uFzsYxmdsIq0Faq0kKF6mRFQbZkseIfMJdQlR9NGQW0tVIVoSDqyuFMQhq4qsPxo7gza6UpLrbxdf4K7rf-VsVIZK38YJYfERug-b_FP-kxorz-KaSIzeeloRMBg\/s2048\/T%25C3%25A1boa+2015.png\" width=\"382\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh7NpbP0iv4DtaGCzq9VHvSCYAWsTjPKhFa1bzHlis8K6jlYwhWFCPiSbACTnw1191gkXVZVLGWKykQjAiDZFV8VC2sDQDTecVCQEGYapMdBQsuKHdZnyiJxcJLMiYnXXdcB7Jb5g\/s2048\/Ribadeo+2008_2015.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"490\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh7NpbP0iv4DtaGCzq9VHvSCYAWsTjPKhFa1bzHlis8K6jlYwhWFCPiSbACTnw1191gkXVZVLGWKykQjAiDZFV8VC2sDQDTecVCQEGYapMdBQsuKHdZnyiJxcJLMiYnXXdcB7Jb5g\/s2048\/Ribadeo+2008_2015.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjPeJbGRm9lSw20mrYT2ya_rdIlpxPLNDKwcfkDYmVUaHXyb9j7zmnf3xR78cmufY-yJaGFNUcWpd-cA24MgS9ama6W94IdwfgSgLjTn8WiyUlzCoBLf04TsdTHBSXkLr1iSJQUdw\/s2048\/Ribadeo+Partidos+2015.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"364\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjPeJbGRm9lSw20mrYT2ya_rdIlpxPLNDKwcfkDYmVUaHXyb9j7zmnf3xR78cmufY-yJaGFNUcWpd-cA24MgS9ama6W94IdwfgSgLjTn8WiyUlzCoBLf04TsdTHBSXkLr1iSJQUdw\/s2048\/Ribadeo+Partidos+2015.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Quedan moitas cousas por analizar: a participaci\u00f3n dos emigrantes (a saber cando haber\u00e1 dispo\u00f1ibles datos) e a influencia da s\u00faa imposibilidade de aprticipar, o Senado coa maior\u00eda do PP&#8230; ou con outras miras, o cambio que dubido que haxa de lei electoral&#8230;<\/p>\n<p>*:<\/p>\n<p>A <a href=\"https:\/\/cavilacionesvarias.wordpress.com\/2015\/12\/21\/el-presidente-de-todos-los-espanoles\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">an\u00e1lise doutro ribadense<\/a>.<\/p>\n<p>Para a historia, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Elecci%C3%B3ns_xerais_de_Espa%C3%B1a_de_2015\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">na Galipedia<\/a>. <\/p>\n<p>Se queres <a href=\"http:\/\/resultadosgenerales2015.interior.es\/congreso\/#\/ES201512-CON-ES\/ES\/CA12\/27\/27051\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">mergullarte en m\u00e1is datos<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A estas horas xa hai no mercado interpretaci\u00f3ns para todos os gustos en relaci\u00f3n coas elecci\u00f3ns de onte. Ins\u00edstese no car\u00e1cter de ingobernabilidade ou do ascenso da &#8216;ultraesquerda&#8217; (non \u00e9 broma, sen\u00f3n algo escoitado nun medio &#8216;medio&#8217; que eu dir\u00eda, en troques, de ultradereita), ou, botando contas, de que se IU fora coaligado completamente a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[131],"class_list":["post-6335","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions-xerais-2015"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6335","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6335"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6335\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6335"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6335"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6335"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}