{"id":6328,"date":"2015-12-27T11:35:00","date_gmt":"2015-12-27T10:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:53:45","modified_gmt":"2024-11-12T12:53:45","slug":"o-hotel-na-illa-pancha-dia-de-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/12\/27\/o-hotel-na-illa-pancha-dia-de-hoxe\/","title":{"rendered":"O hotel na Illa Pancha, a d\u00eda de hoxe"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEggTrupZbFE8R0PFmQck8zQKH0PveE8F7I4qYNEJ9zbpmUOLpOeCJJazf0iG4-XZcY2FmKD3jCQW-5CpV2cJYQxcdn-2_d-7GrtfyfkLvOKNcvJ_AiMtSv7WsZTz4So9dK9V8Z9hg\/s2048\/Faro+Sargadelos.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEggTrupZbFE8R0PFmQck8zQKH0PveE8F7I4qYNEJ9zbpmUOLpOeCJJazf0iG4-XZcY2FmKD3jCQW-5CpV2cJYQxcdn-2_d-7GrtfyfkLvOKNcvJ_AiMtSv7WsZTz4So9dK9V8Z9hg\/s2048\/Faro+Sargadelos.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Faro de illa Pancha en cer\u00e1mica de Sargadelos<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Dous res\u00famenes de d\u00faas actividades mantidas estes d\u00edas sobre o hotel na illa Pancha:<\/p>\n<p><em>Resume xuntanza Alcalde \u2013 grupo polo noso faro (20151215)<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Resume curto:<\/em><br \/>\n <em>Xuntanza con alcalde, secretario, Rodil e arquitecto: &#8220;Todo o que vds.<br \/>\nven aqu\u00ed non vale para nada&#8221;, dixo o arquitecto ante a documentaci\u00f3n<br \/>\npresentada no concello por Eirobra. \u00c9 dicir, polo momento, a cousa est\u00e1<br \/>\nparada, a\u00ednda que pode seguir en calquera momento.<\/em><\/p>\n<p><em>A xuntanza<br \/>\ncomezou \u00e1 19:30, como estaba previsto e estendeuse algo m\u00e1is de media<br \/>\nhora (a xente do equipo de goberno tivo que espera un rati\u00f1o para<br \/>\nentrar, non moito, cousa de 15-20 min.)<\/em><\/p>\n<p><em> Comenzaron a falar eles,<br \/>\nexpo\u00f1endo a &#8216;historia&#8217; dos papeis no concello, primeiro o secretario e<br \/>\nlogo o arquitecto. Afirman que non enviaron ning\u00fan informe, que cando<br \/>\nEirobra presentou o papeleo para os permisos de construci\u00f3n detectaron<br \/>\nerros, e m\u00e1is a\u00ednda despois, co que lle foi requerida documentaci\u00f3n a<br \/>\nEirobra, descartando a actual. O requerimento foi cursado o 21 de<br \/>\nsetembro, co que caducar\u00eda o prazo de presentaci\u00f3n da nova documentaci\u00f3n<br \/>\n o 21 de decembro (a\u00ednda que eles mesmo falaron de que nestes casos eran<br \/>\n flexibles).<br \/>\n Polo que din, o que atopan non \u00e9 tanto que falten<br \/>\npapeis das administraci\u00f3ns (sentido no que \u00eda a nota do alcalde de hai<br \/>\ndous meses), sen\u00f3n que a cafeter\u00eda e o hotel est\u00e1n presentados como<br \/>\ncousas diferentes en diferentes documentos, e a documentaci\u00f3n est\u00e1<br \/>\nreferida \u00f3 plan anterior, do 1977, non o PXOM de 2014. Ser\u00eda algo que<br \/>\nnon debera presentar dificultade grave para Eirobra, pero que implica<br \/>\nrecomezar o proceso en canto chegue a documentaci\u00f3n. En caso de que non a<br \/>\n presente a tempo, ter\u00e1 que pagar de novo as taxas se quere recomezar o<br \/>\ntema.<br \/>\n Propuxemos que nos deran documentaci\u00f3n e co\u00f1ecer a postura<br \/>\ndo alcalde. O alcalde non se decantou, pero ma\u00f1\u00e1 (m\u00e9rcores 16) teremos a documentaci\u00f3n<br \/>\n (xa veremos que nos acaban dando, pero por pouco que nos dean e<br \/>\natrasada que estea, vai supo\u00f1er un paso grande) que iremos a buscar \u00f3<br \/>\nconcello [A documentaci\u00f3n foi recollida].<\/em><\/p>\n<p><em> Deixamos clara a nosa postura da illa Pancha como un<br \/>\nben p\u00fablico que debe seguir como comunitario, e aproveitado, pero non<br \/>\ncomo lugar de lucro dunha empresa, mentres o alcalde e os t\u00e9cnicos<br \/>\ninsist\u00edan en que eles eran as\u00e9pticos. Coido que tam\u00e9n lles quedaron<br \/>\nclaras cousas como que seguiremos, que cada vez nos ser\u00e1 m\u00e1is doado estar<br \/>\ncontrolando o que se vaia facendo, que temos clara a diferencia entre<br \/>\naplicaci\u00f3n das leis (que fan os t\u00e9cnicos) e o presionar sobre a mesma<br \/>\nnormativa a aplicar (que fan os pol\u00edticos, a\u00ednda que non se decanten<br \/>\noficialmente). Quedou tam\u00e9n claro, debido \u00e1 insistencia do alcalde no<br \/>\nvoto, que o haber elecci\u00f3ns o domingo tivo algo que ver para que se<br \/>\nfixera a xuntanza, e m\u00e1is a\u00ednda tivo que ver o que se fixera presi\u00f3n<br \/>\npouco a pouco, pero cada vez m\u00e1is, por parte do grupo, sa\u00edndo \u00e1 luz a<br \/>\nnosa postura, por moito que fora terxiversada.<\/em><\/p>\n<p><em> En conxunto,<br \/>\nsa\u00edmos con boa impresi\u00f3n da xuntanza, a\u00ednda que sabemos que se pode<br \/>\ntorcer en calquera momento. Agora o tempo corre \u00f3 noso favor.<\/em><\/p>\n<p><em>Resume xuntanza do grupo de 20151226<\/em><\/p>\n<p><em>A xuntanza, coma sempre no altillo do Cant\u00f3n Bar, comezou tam\u00e9n coma sempre \u00e1s 20:30, e estendeuse algo m\u00e1is dunha hora.<\/p>\n<p>F\u00edxose un repaso xeral da situaci\u00f3n, tendo en conta tanto a documentaci\u00f3n nas nosas mans (non moita, pero abonda para traballar m\u00e1is despois da xuntanza co alcalde), a xuntanza mantida por un de n\u00f3s con xente de Portos, a xuntanza co alcalde e as impresi\u00f3ns dos presentes en relaci\u00f3n \u00f3s \u00faltimos acontecementos.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>De cara \u00f3 per\u00edodo ata o s\u00e1bado 9 de xaneiro, que \u00e9 a pr\u00f3xima vez que se ver\u00e1 o grupo,  f\u00edxose unha escolla de acci\u00f3ns para desenvolver entre as propostas feitas, quedando en:&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>-Mover o muro do grupo de Facebook, que na \u00faltima tempada non se moveu pensando en que hai xente que informa dos nosos pasos f\u00f3ra do grupo. Chegamos \u00e1 conclusi\u00f3n de que a maior\u00eda das cousas \u00e9 bo que se difundan.<br \/>\n-Facer un escrito para a Direcci\u00f3n Xeral de Medio Ambiente e para Calidade Ambiental para procurar datos sobre o informe que cremos que \u00e9 preceptivo para facer calquera cousa na illa e que non temos constancia de que se emitira.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>-Xuntar documentaci\u00f3n para recorrer \u00f3 Valedor do Pobo.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>-Pedir por escrito \u00f3 concello as p\u00e1xinas 9 e 10 que non nos foron subministradas das condici\u00f3ns do contrato, as\u00ed como pedirlle por escrito que diga que non hai informe do concello, para contrastar co Ministerio de Fomento, que na s\u00faa nota de prensa afirma que si o hai.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>-Facer un modelo de escrito para pedir sinaturas, para presentalo na pr\u00f3xima xuntanza e po\u00f1er en marcha a recollida.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>-Redactar unha nota de prensa na que se indique a situaci\u00f3n actual, se remarque que o noso fin \u00e9 que a illa se respecte, que est\u00e1 nun espazo protexido, puntos que vemos que consideramos son ilegales, etc&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>-Entrar en contacto con Greenpeace.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>A m\u00e1is, claro est\u00e1, de enterarnos se foi presentada no Concello a documentaci\u00f3n requerida para continuar co procedemento de concesi\u00f3n de licenza ou mirar a nova lei de Costas&#8230;<\/em><\/p>\n<p>Ao que parece, a cousa seguir\u00e1 (hai moito que facer), pero o resultado xa non est\u00e1 tan claro como o estaba hai uns meses.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Faro de illa Pancha en cer\u00e1mica de Sargadelos Dous res\u00famenes de d\u00faas actividades mantidas estes d\u00edas sobre o hotel na illa Pancha: Resume xuntanza Alcalde \u2013 grupo polo noso faro (20151215) &nbsp;&nbsp; Resume curto: Xuntanza con alcalde, secretario, Rodil e arquitecto: &#8220;Todo o que vds. ven aqu\u00ed non vale para nada&#8221;, dixo o arquitecto ante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-6328","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6328","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6328"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6328\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6328"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6328"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6328"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}