{"id":6318,"date":"2016-01-04T09:19:00","date_gmt":"2016-01-04T08:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:53:24","modified_gmt":"2024-11-12T12:53:24","slug":"proxectando-2016","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/01\/04\/proxectando-2016\/","title":{"rendered":"Proxectando 2016"},"content":{"rendered":"<p>Cando a\u00ednda non amenceu o primeiro d\u00eda h\u00e1bil de 2016 en moitos traballos, xa van baleiros varios contedores de vidro, unha conexi\u00f3n co pasado inmediato, sen necesidade dunha proxecci\u00f3n cara \u00f3 futuro. En Ribadeo como noutros lugares parece que se impo\u00f1en as cousas deixando obrar \u00e1s circunstancias, sen m\u00e1is. Proxectos, s\u00f3 \u00f3s que obrigan (PXOM), e consenso nos proxectos, a\u00ednda menos (a nivel partido e listo, ou foron valoradas e respostadas todas as alegaci\u00f3ns como \u00e9 debido?)<\/p>\n<p>A vida contin\u00faa, pero os humanos, que procuramos divisi\u00f3ns temporais para pretender dominar o tempo, temos e cada comezo de ano a oportunidade para un momento de proxecto, despois doutro de memoria, para tentar dese\u00f1ar ese futuro que ambicionamos.<\/p>\n<p>Non \u00e9 a primeira volta que deixo algunha reflexi\u00f3n chamando a ver <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/04\/o-ribadeo-que-queremos.html\">un futuro en conxunto<\/a>, e sigo sen estar de acordo con aquela parte da presentaci\u00f3n do alcalde na web do concello onde di &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/interior.php?txt=arbore_web1\"><em>Estou seguro de que todos queremos o mesmo<\/em><\/a>&#8216;. Non, non todos queremos o mesmo, \u00e9 evidente, dende a Residencia de anci\u00e1ns con esa incomprensible para min oposici\u00f3n de parte dun partido pol\u00edtico \u00e1 tam\u00e9n para min pouco comprensible cesi\u00f3n dunha emblem\u00e1tica illa p\u00fablica para hotel privado. Pero ser\u00eda desexable que acheg\u00e1ramos posturas, que fal\u00e1ramos, que estrutur\u00e1ramos un proxecto com\u00fan que se escamotea unha e outra vez. Co concello \u00e1 cabeza, mellor, pero tam\u00e9n estou seguro que se non se pon o concello \u00e1 cabeza, hase facer de calquera xeito, como xa se leva demostrado, coa macro nave de Mirasol, cun alcalde que non dic\u00eda nada, logo encabezou a manifestaci\u00f3n e \u00f3s 2 -dous- d\u00edas estaba apoiando a postura contraria en Santiago, ou coa reticencia inicial \u00e1 residencia, ou outros moitos casos nos que a unha xente cada vez m\u00e1is organizada polo ben com\u00fan comeza o seu cami\u00f1o de xeito independente, e logo xa se unir\u00e1 quen queira unirse, mesmo vendo a s\u00faa variaci\u00f3n de idea pola oportunidade do momento.<\/p>\n<p>Seguimos a ser veci\u00f1os e a necesitar dun futuro com\u00fan, e cada vez somos m\u00e1is e m\u00e1is conscientes diso, a\u00ednda que se moitas veces se procuren futuros individuais por riba doutros futuro individuais e comunitarios.<\/p>\n<p>Ben, comezamos un novo ano sen ter claro o Ribadeo que queremos (podemos dicir que &#8216;m\u00e1is rico&#8217;, &#8216;mellor&#8217;&#8230; pero iso non \u00e9 consensuar, sen\u00f3n dicir cousas obvias) e xa vai sendo hora de que vaiamos po\u00f1endo cousas en com\u00fan para falar sobre elas.<\/p>\n<p>Se non, cando chegue o momento, o que faremos ser\u00e1 discutir.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiFdyfORDz_R7HWVBXNoJdA9km-t_e9ueZjhldkfLJO82Sl_xr5QhBshpsnOoyaOpa72lrdKjwj3BKUb5haK-rkAY_qWJCHqAjveZqa_FsONx-RSOmhtTtFODED9_9ARcMLShY7Ng\/s2048\/IMG_20160102_174814_.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiFdyfORDz_R7HWVBXNoJdA9km-t_e9ueZjhldkfLJO82Sl_xr5QhBshpsnOoyaOpa72lrdKjwj3BKUb5haK-rkAY_qWJCHqAjveZqa_FsONx-RSOmhtTtFODED9_9ARcMLShY7Ng\/s2048\/IMG_20160102_174814_.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando a\u00ednda non amenceu o primeiro d\u00eda h\u00e1bil de 2016 en moitos traballos, xa van baleiros varios contedores de vidro, unha conexi\u00f3n co pasado inmediato, sen necesidade dunha proxecci\u00f3n cara \u00f3 futuro. En Ribadeo como noutros lugares parece que se impo\u00f1en as cousas deixando obrar \u00e1s circunstancias, sen m\u00e1is. Proxectos, s\u00f3 \u00f3s que obrigan (PXOM), [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-6318","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6318","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6318"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6318\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6318"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6318"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6318"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}