{"id":6310,"date":"2016-01-10T11:19:00","date_gmt":"2016-01-10T10:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:53:12","modified_gmt":"2024-11-12T12:53:12","slug":"5000-numeros-de-la-comarca_30","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/01\/10\/5000-numeros-de-la-comarca_30\/","title":{"rendered":"5000 n\u00fameros de La Comarca"},"content":{"rendered":"<p>Onte foi o n\u00famero 5000, sa\u00edu \u00e1 r\u00faa o especial e celebrouse a festa, con intervenci\u00f3ns diversas no cine-Teatro e pinchos despois. O cine, case cheo. A novidade, o novo formato a cor. M\u00e1is? As espectativas que xera o que a empresa editorial se preocupe pola imaxe do produto, m\u00e1is que as verbas que se podan dicir e que, nun momento as\u00ed, son m\u00e1is ou menos encami\u00f1adas \u00e1 loa.<br \/>\nE, tam\u00e9n polo momento, dicir que a comarca seguir\u00e1 en papel.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgxSvEYqnY1q-IIpFbCIMPiV4UCbGnOqa2Ftu26g0gQzkrWEZExZkPdz94WmU69RS1BEVJQWYT9dxBzogkWzByQikv4UFt98nHjI_4nhJ25MgYDefncNitOda0f2l5nwN0gCrwyA\/s2048\/invita+5000+comarca.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"296\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgxSvEYqnY1q-IIpFbCIMPiV4UCbGnOqa2Ftu26g0gQzkrWEZExZkPdz94WmU69RS1BEVJQWYT9dxBzogkWzByQikv4UFt98nHjI_4nhJ25MgYDefncNitOda0f2l5nwN0gCrwyA\/s2048\/invita+5000+comarca.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Invitaci\u00f3n para a ocasi\u00f3n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<em><strong>O Tes\u00f3n e a comarca, conectando burbullas<\/strong>&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>A modo de introduci\u00f3n, a estas letras quizais se lle poder\u00edan po\u00f1er de t\u00edtulo algo as\u00ed como \u2018O Tes\u00f3n como punto de apoio e A Comarca como nexo para a sociedade\u2019. Pero \u00e9 demasiado longo e abstracto. A idea de conectar burbullas, persoas, asociaci\u00f3ns, instituci\u00f3ns, empresas, \u00e9 mais manexable, gr\u00e1fica e realista, correspondendo co que se lle pide e fai a comarca e o que intenta a nosa asociaci\u00f3n.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Unha nota m\u00e1is antes de continuar, para entender o t\u00edtulo e algunha outra cousa: La Comarca del Eo foi, e e esperamos que ser\u00e1 moito tempo, para n\u00f3s, e diriamos que para unha parte importante da xente que a co\u00f1ece e escribe, le e fala dela, a comarca, algo que e com\u00fan, de andar pola casa, non un sinxelo nome propio por moito que lle corresponda. Ese \u00e9 o sentido da min\u00fascula: non un rebaixe, sen\u00f3n unha integraci\u00f3n natural na comunidade.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>5000 n\u00fameros quere dicir que o n\u00famero 1 da comarca viu a luz un dia al\u00f3 por 1919. Cando a comarca naceu, non exist\u00eda O Tes\u00f3n. Si exist\u00eda, dende tempo atr\u00e1s, o banco de area de aparici\u00f3n c\u00edclica na r\u00eda, pero non a asociaci\u00f3n que leva o seu nome, que esperar\u00eda a ter vida en 2003, cun nacemento que rematar\u00eda sendo referido pola comarca, a mesma publicaci\u00f3n que dar\u00eda cumprida conta das andanzas da asociaci\u00f3n \u00f3 longo da ducia longa de anos de historia. Unha historia que \u00e9 densa, pero manif\u00e9stase moi curta en relaci\u00f3n \u00f3 semanario.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Dende o nacemento de O Tes\u00f3n, a comarca foi un medio que puxo en contacto a asociaci\u00f3n e o pobo, o que era natural nunha canle na que se recolleu o pulso do pobo, a s\u00faa visi\u00f3n, queixas, opini\u00f3ns\u2026 a mais de novas, creatividade literaria e tam\u00e9n liortas. E se ben moitas veces o conxunto puido resultar escorado cara unha ou outra beira en competencia, tam\u00e9n a propia sociedade ribadense quedou escorada en moitas ocasi\u00f3ns na s\u00faa opini\u00f3n conxunta, fora compartida ou non por n\u00f3s, cando tocou a \u00e9poca.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O Tes\u00f3n tivo presencia no semanario de diversos xeitos. Por medio de comunicados e artigos propios (un exemplo, o 18 de xu\u00f1o de 2005, co artigo \u2018O Tes\u00f3n e o PXOM\u2019), ou de participantes na asociaci\u00f3n, nova de actividades, entrevistas a membros, referencias alleas\u2026 presencia mantida con tem\u00e1ticas diversas, dende a petici\u00f3n a\u00ednda inconclusa de participaci\u00f3n cidad\u00e1 \u00e1 impulsi\u00f3n das manifestaci\u00f3ns de temas xa resoltos da residencia de maiores ou contra a macronave en Mirasol, ou a recollida de sinaturas polo xulgado. Das alegaci\u00f3ns \u00f3 PXOM \u00e1s diversas xuntanzas da Mesa de Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os do concello. Da loita polo Hospital da Mari\u00f1a, o seu funcionamento e a s\u00faa independencia, \u00e1 esixencia de transparencia institucional. Da publicaci\u00f3n das Cartas da r\u00eda de Ribadeo \u00e1 feita sobre os Castros de Ribadeo ou a visi\u00f3n retrospectiva sobre o Ribadeo que queremos en \u2018Ribadeo no tempo, a trav\u00e9s da imaxes\u2019. Do impulso para recuperar As Grobas \u00f3s ciclos de charlas e cineforum sobre temas relacionados con Ribadeo e os ribadenses\u2026&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>A comarca non s\u00f3 ten axudado a transmitir informaci\u00f3n entre esas burbullas que \u00e1s veces son as asociaci\u00f3ns e esas outras que moitas outras son as persoas: tam\u00e9n axudou a organizar a informaci\u00f3n. E ten contribu\u00eddo a configurar a historia. Por exemplo, o que foi ata o de agora O Tes\u00f3n e como foi visto. Tam\u00e9n e certo, nun sentido pr\u00f3ximo \u00f3 anterior, que o interior da comarca ten marcado para n\u00f3s puntos na folla de ruta, no noso particular contemplar o futuro para que o futuro saia adiante e non represente un retroceso.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Os tempos cambian, hai unha tendencia a outro tipo de transmisi\u00f3n de ideas, de aviso de actividades, de an\u00e1lise de resultados. Pero o crisol que marca na s\u00faa historia a Comarca tam\u00e9n \u00e9 xa historia, e segue a ocupar un lugar destacado no presente de Ribadeo.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>E queda o futuro. Un futuro no que evidentemente haber\u00e1 cambios de diversos tipos, alg\u00fans que poden ser previsibles hoxe, outros que nos sorprender\u00edan sen que necesariamente no seu momento sexan sorprendentes. En calquera caso, dun ou outro xeito, esperamos seguir a colaborar nese futuro que pensamos mellor para Ribadeo e no que tanto a comarca como O Tes\u00f3n ter\u00e1n o seu oco.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Ribadeo, a finais de 2015<\/em><\/p>\n<p>Algunha nota: O artigo saiu con algunha pequena variaci\u00f3n en relaci\u00f3n \u00f3 enviado, xerada pola confusi\u00f3n La Comarca\/a comarca que se especificou. Ademais, orixinalmente aparec\u00eda 1920 en troques de 1919. A data precisa \u00e9 o 5 de outubro de 1919, pero debido a que houbo algunhas semanas que non se publicou (non sei as datas, posiblemente tras o golpe de estado do 1936. Tampouco aparece o par\u00e1grafo final, pero iso coido \u00e9 anecd\u00f3tico. Acompa\u00f1a \u00f3 artigo unha imaxe da Li\u00f1eira dende Ribadeo, na que en primeiro plano xurde o tes\u00f3n das Figueiras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte foi o n\u00famero 5000, sa\u00edu \u00e1 r\u00faa o especial e celebrouse a festa, con intervenci\u00f3ns diversas no cine-Teatro e pinchos despois. O cine, case cheo. A novidade, o novo formato a cor. M\u00e1is? As espectativas que xera o que a empresa editorial se preocupe pola imaxe do produto, m\u00e1is que as verbas que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,11,33,74],"class_list":["post-6310","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-historia","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6310","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6310"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6310\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6310"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6310"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6310"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}