{"id":6277,"date":"2016-02-10T12:05:00","date_gmt":"2016-02-10T11:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:52:02","modified_gmt":"2024-11-12T12:52:02","slug":"carnaval-te-quiero","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/02\/10\/carnaval-te-quiero\/","title":{"rendered":"&#8220;Carnaval, te quiero&#8221;"},"content":{"rendered":"<p>Hai anos titulei unha entrada como &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2005\/08\/algo-un-pouco-mis-longo-en-castellano.html\">en castellano, para que me entiendan<\/a>&#8216;. Coido que, lograra o artigo expresar ou non o que quer\u00eda, o t\u00edtulo era abondo autoexplicativo.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.attac.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/davos-world-economic-forum-global-risks-report-2016-riegos-globales-532x757-211x300.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.attac.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/davos-world-economic-forum-global-risks-report-2016-riegos-globales-532x757-211x300.png\" \/><\/a>En Ribadeo dase o caso de que unha das m\u00fasicas claves destas datas de antroido galego \u00e9 o &#8216;carnaval, te quiero&#8217;. Unha contradici\u00f3n moi t\u00edpica do antroido, cando \u00e9 asumida como tal. En caso contrario, coido que \u00e9 m\u00e1is integraci\u00f3n que contradici\u00f3n.<\/p>\n<p>Algo semellante me levou a po\u00f1er o t\u00edtulo deste artigo en clave de antroido, referido a outro antroido maior, \u00f3 ver un pequeno documento de <a href=\"http:\/\/www.attac.es\/\">attac<\/a>, &#8220;<a href=\"http:\/\/www.attac.es\/2016\/02\/09\/el-foro-de-davos-se-prepara-para-el-colapso-el-informe-global-de-riesgos-2016\/\">El Foro de Davos se prepara para el colapso: el \u00abInforme global de riesgos\u00bb 2016<\/a>&#8220;. Un artigo xugoso sobre o futuro de todos n\u00f3s.<\/p>\n<p>O futuro sempre \u00e9 complexo, e estamos indo cara \u00f3 &#8216;m\u00e1is dif\u00edcil a\u00ednda&#8217;. Mais ollado a traverso de ollos que miran o seu propio embigo e non se ven parte dun conxunto da humanidade, a cousa toma tintes teatrais, grotescos&#8230; (apl\u00edquese\/apl\u00edquense o\/os adxectivo\/s que se vexa\/n m\u00e1is convinte\/s) Certamente, quen non o vexa como antroido -o informe, a estrutura destino do informe, o que se pretende como noso futuro- est\u00e1 banalizando unha cousa tan seria como o antroido. E \u00e9 que o caldo de cultivo do <a href=\"http:\/\/www.weforum.org\/reports\/the-global-risks-report-2016\">informe &#8216;sobre riscos globais&#8217;<\/a> \u00e9 un baile que se pretende de mascari\u00f1as sendo unha mascarada. Un antroido que non ten conciencia de selo.<\/p>\n<p>O informe ten influencia? Xulga: encargado por xente con poder, dominio e cartos, para o seu propio consumo. E por que antroido? Pois&#8230; O informe trata dos riscos para o mundo? Non, trata de riscos globais para que as elites podan seguir disfrutando dun statu quo moi favorable. E as\u00ed, impide ver que boa parte da soluci\u00f3n \u00f3s problemas que se propo\u00f1en (que son de todos, non s\u00f3 de elites, por moito que os vexan con outros medios \u00f3pticos) est\u00e1 precisamente nese statu quo contra natura. Nunca mellor dito, contra a natureza en conxunto, non so contra o &#8216;99%&#8217; de iguais na humanidade que non consideran como iguais. Un exemplo: aparece no informe como un dos grandes riscos a inestabilidade social, e esqu\u00e9cese que a desigualdade \u00e9 a causa fundamental de inestabilidade. \u00c9 algo que \u00e9 mesmo visual: onde hai desigualdade, hai irregularidades superficiais e non se pode pretender que se deixamos algo nesa superficie irregular se quede tal cual sen facer un esforzo por mantelo as\u00ed&#8230; por suposto, empregando recursos de todos para ir contra moitos.<\/p>\n<p>Hai tempo, moito, que <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/El_gran_teatro_del_mundo\">o desenvolvemento social foi visto como teatro<\/a>. O teatro evoluciona. Hoxe pode verse como <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=w5FUwwfSUeo\">t\u00edteres<\/a>, coa aparencia de tales dos representantes sociales ou por actuar estes contra t\u00edteres, elev\u00e1ndoos \u00f3 seu igual, ou como <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Teatro_do_absurdo\">teatro do absurdo<\/a>. O antroido extendeuse a todo o ano, e sabemos que o antroido \u00e9 impredicible&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai anos titulei unha entrada como &#8216;en castellano, para que me entiendan&#8216;. Coido que, lograra o artigo expresar ou non o que quer\u00eda, o t\u00edtulo era abondo autoexplicativo. En Ribadeo dase o caso de que unha das m\u00fasicas claves destas datas de antroido galego \u00e9 o &#8216;carnaval, te quiero&#8217;. Unha contradici\u00f3n moi t\u00edpica do antroido, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[129,32,13],"class_list":["post-6277","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-entroido","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6277","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6277"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6277\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6277"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6277"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6277"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}