{"id":6258,"date":"2016-02-27T13:21:00","date_gmt":"2016-02-27T12:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:51:24","modified_gmt":"2024-11-12T12:51:24","slug":"velutina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/02\/27\/velutina\/","title":{"rendered":"Velutina!"},"content":{"rendered":"<p>Onte tivo lugar no sal\u00f3n de actos da casa do Mar de Ribadeo a presentaci\u00f3n dunha nova asociaci\u00f3n ribadense, os Abelleiros, e con dito motivo, unha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2011&amp;lg=gal\">charla sobre a avespa velutina e o seu combate<\/a>.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEitTs9fYi5n7VSe7J0IAkX6X694Iu64onjSnNDLgZgfHm26RfkKpUevuLWJ-fGew-ATi1ek8_e5245v7QWsRif9D0FzlPmq3e_jIv0JSPEW302n7cvgsXYZlaKgoFeWj5PoRTnPAA\/s2048\/charla+velutina.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"214\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEitTs9fYi5n7VSe7J0IAkX6X694Iu64onjSnNDLgZgfHm26RfkKpUevuLWJ-fGew-ATi1ek8_e5245v7QWsRif9D0FzlPmq3e_jIv0JSPEW302n7cvgsXYZlaKgoFeWj5PoRTnPAA\/s2048\/charla+velutina.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Antes da charla<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Na charla participaron V\u00edctor Cao, como representante de Protecci\u00f3n Civil de Ribadeo, Marcos Villamil, presidente dos Abelleiros (con xersei a raias na foto), Vicente Castro, concelleiro ribadense de Medio Rural, Jos\u00e9 M\u00aa V\u00e1zquez, empresario exterminador de velutinas (Servicios Privados Antivelutinas, <a href=\"http:\/\/serpaextincion.com\/\">SERPA<\/a>), e Antono Valea (de p\u00e9 na foto), secretario da asociaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Antes da propia charla sa\u00edron a relocer alg\u00fans datos sobre a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Avespa_asi%C3%A1tica\">velutina<\/a>, como que no concello de Ribadeo o ano pasado foron detectados arredor dun centenar de ni\u00f1os de velutina, dos que uns 55 foron retirados por protecci\u00f3n civil e a asociaci\u00f3n, outros 35 por <a href=\"http:\/\/www.tragsa.es\/en\/el-grupo\/empresas\/Paginas\/tragsatec.aspx\">Tragsatec<\/a> e quedan uns poucos por retirar. Tam\u00e9n se falou da dificultade da eliminaci\u00f3n de ni\u00f1os pola altura, a disposici\u00f3n de traxes especiais para protecci\u00f3n civil, ou a necesidade de presenza dun curso de auga pr\u00f3ximo \u00f3s ni\u00f1os, pois a s\u00faa construci\u00f3n implica o cementar cortiza\/madeira con auga, a modo dunha celulosa natural coa que van facendo capas circulares. Tam\u00e9n sa\u00edron cr\u00edticas diversas contra Tragsatec e o <a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/fileadmin\/arquivos\/gandaria\/apicultura\/Protocolo_de_vixilancia_e_control_Vespa_Velutina_Galicia_2014Rev_3.pdf\">programa<\/a> e <a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/fileadmin\/arquivos\/gandaria\/apicultura\/ficha_protocolo_captura_rainas_vespa_velutina.pdf\">protocolo da Xunta<\/a> (que se son chamados e \u00e1s veces nin aparece, e cando aparecen e retiran o ni\u00f1o quedan avespas f\u00f3ra&nbsp; que poden crear outros ni\u00f1os por ser de d\u00eda e estar en actividade, que adem\u00e1is, se se ten nova doutros ni\u00f1os pr\u00f3ximos, non act\u00faan na mesma visita sen\u00f3n que din que hai que chamar antes e que xa volver\u00e1n, etc). \u00c1s cr\u00edticas, engadir\u00eda como curiosidade para sorrir, mais indicativa de como se fan algunhas cousas a nivel oficial, que no <a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/fileadmin\/arquivos\/gandaria\/apicultura\/Triptico_informativo_Vespa_Velutina.pdf\">folleto repartido na charla<\/a>, da Xunta, a ligaz\u00f3n para informaci\u00f3n non era <a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/areas\/gandaria\/apicultura\/vespa_velutina\/\">esta<\/a>, sen\u00f3n a correspondente para a versi\u00f3n castel\u00e1, estando o folleto en galego.<\/p>\n<p>Unha nota antes de comezar co tema da charla: coido que ter\u00eda vido ben o pase dunha <a href=\"http:\/\/www.slideshare.net\/AntonioGregorioMonte\/mapa-espaa-58366502\">presentaci\u00f3n como a realizada por Pablo Vivero e Rom\u00e1n L\u00f3pez sobre o avance da avespa velutina na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica (sempre en desenvolvemento)<\/a> para facerse unha idea do problema e o seu desenvolvemento (<a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/fileadmin\/arquivos\/gandaria\/apicultura\/concellos_deteccion_ninos_vespa_velutina_29-12-2014.pdf\">1<\/a>, <a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/fileadmin\/arquivos\/gandaria\/apicultura\/concellos_deteccion_ninos_vespa_velutina_31122015.pdf\">2<\/a>, <a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/fileadmin\/arquivos\/gandaria\/apicultura\/concellos_deteccion_ninos_vespa_velutina_18-02-16.pdf\">3<\/a>) ata as dimensi\u00f3ns actuais:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"485\" marginheight=\"0\" marginwidth=\"0\" scrolling=\"no\" src=\"\/\/www.slideshare.net\/slideshow\/embed_code\/key\/aTpDSHgOqU8dM2\" style=\"border-width: 1px; border: 1px solid #ccc; margin-bottom: 5px; max-width: 100%;\" width=\"595\"> <\/iframe> <\/p>\n<p><strong> <a href=\"https:\/\/www.slideshare.net\/AntonioGregorioMonte\/mapa-espaa-58366502\" target=\"_blank\" title=\"Mapa espa\u00f1a\" rel=\"noopener\">Mapa de Espa\u00f1a<\/a> <\/strong> amosando a<strong><a href=\"https:\/\/www.slideshare.net\/AntonioGregorioMonte\/mapa-espaa-58366502\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> expansi\u00f3n da avespa velutina.<\/a><\/strong><\/p>\n<p>A charla en si foi desenvolta en cuesti\u00f3ns xerais sobre a avespa velutina por Antonio Valea, e en relaci\u00f3n \u00e1 loita contra ela, por Jos\u00e9 M\u00aa V\u00e1zquez. Paso a detallar os puntos fundamentais, con algunha indicaci\u00f3n m\u00e1is:<\/p>\n<p>O ciclo das velutinas implica que cara \u00f3 fin do inverno ou comezo da primavera, m\u00e1is ou menos a \u00e9poca que agora comeza, as ra\u00ed\u00f1as constr\u00faen un ni\u00f1o pequeno, primario, duns poucos cent\u00edmetros e que soe estar situado por baixo dos dous metros de altura, co que pode ser un perigo mesmo para o xogo dos nenos. Al\u00ed \u00e9 onde comezan a ter descendencia e que van ampliando elas mesmas ata un tama\u00f1o duns 20 ou 25 cm de di\u00e1metro. Cando as obreiras xa est\u00e1n desenroladas, comeza a construci\u00f3n dun ni\u00f1o secundario nun lugar pr\u00f3ximo, coa supervisi\u00f3n diaria da rai\u00f1a \u00f3 caer o sol, con visitas de 1\/4 de hora a 3\/4 de hora. Cando este ni\u00f1o acada uns 35 cm de di\u00e1metro, a ra\u00ed\u00f1a comeza a po\u00f1er nel, m\u00fadase e pasa a ser o ni\u00f1o primario, que segue a desenvolverse, chegando ata uns 80 cm de di\u00e1metro. A partires deste, co aumento de tama\u00f1o da colonia, poden formarse outros dous ou tres ni\u00f1os secundarios en zonas pr\u00f3ximas, cobrendo o espazo onde hai alimento e mant\u00e9ndose afastados das zonas colonizadas por outros grupos. Un lugar de preferencia de asentamento son os ameneiros, e tam\u00e9n as nogueiras, serv\u00edndolles de alimento o pulg\u00f3n que viven nelas. De calquera xeito, parece que os ciclos poden solaparse uns cos seguintes pola diferente climatolox\u00eda de zonas pr\u00f3ximas, podendo variar lixeiramente as \u00e9pocas de cada fase. Asemade, se un ni\u00f1o \u00e9 destru\u00eddo, deixa lugar para crear outro novo na zona de alimentaci\u00f3n do destru\u00eddo, seguindo a norma de ocupar unha zona asegurada antes de expandirse. Unha curiosidade: os ni\u00f1os son abandoados polas ra\u00ed\u00f1as despois da invernada, pode ser para evitar as consecuencias da invasi\u00f3n de par\u00e1sitos \u00f3 que pouco a pouco se ven abocados.<\/p>\n<p>Boa parte da comida, estando dispo\u00f1ibles, son as abellas, pero tam\u00e9n atacan outros insectos ou froita.<\/p>\n<p>Parece que o sentido m\u00e1is desenvolvido \u00e9 a captaci\u00f3n de son, pois &#8216;escoitan&#8217; \u00e1s compa\u00f1eiras nas trampas a unha distancia de 25 m, mentras que a vista s\u00f3 as orienta a uns 10-12 m e o olfato a cousa de 5 m.<\/p>\n<p>Os sentidos das avespas son limitados: as\u00ed, tense dado o caso de deixar algunhas abellas como alimento nun lugar con avespas xa alimentadas, e, \u00f3 non ser atacada \u00f3 comezo, logo non ser atacadas, sen\u00f3n mesmo coidadas polas avespas, debido quiz\u00e1is a ser impregnadas coas feromonas correspondentes \u00e1s avespas.<\/p>\n<p>A distinci\u00f3n entre a velutina e a especie com\u00fan tradicional da zona, a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ab%C3%A1zcaro\">avespa Crabro<\/a>, con m\u00e1is segmentos amarelos e de algo maior tama\u00f1o, non \u00e9 dificultosa na teor\u00eda. Outra cousa \u00e9 facelo coas <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Avespa\">avespas<\/a> pr\u00f3ximas en movemento. Ou a distinci\u00f3n das ra\u00ed\u00f1as, doada nos ni\u00f1os pequenos, nos que o resto non se ten desenvolto a\u00ednda, pero dificultosa nos grandes, onde o tama\u00f1o das ra\u00ed\u00f1as \u00e9 s\u00f3 un pouco maior.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj9XEca49BdUxC_qaeMt3LSJ3ywD2Ee3WJJamLJLeCNup8IYkshpME4qUsVVF58gqGVfEm26WwRDgO0OWh4IoBSMKj7t8pwDkP4WL1HdfEER4tCM-_KqlBBrRbdn_1jPYVtzIHyYg\/s2048\/diferencial+crabro+velutina.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"438\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj9XEca49BdUxC_qaeMt3LSJ3ywD2Ee3WJJamLJLeCNup8IYkshpME4qUsVVF58gqGVfEm26WwRDgO0OWh4IoBSMKj7t8pwDkP4WL1HdfEER4tCM-_KqlBBrRbdn_1jPYVtzIHyYg\/s2048\/diferencial+crabro+velutina.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Para distinguir entre avespas.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Sobre como combater a invasi\u00f3n, partindo da base de que ningu\u00e9n pensa en &#8216;ganar unha guerra&#8217; sen\u00f3n en &#8216;manter a raia \u00f3 inimigo&#8217;, hai varias opci\u00f3ns segundo a fase de desenvovemento que se atopen as avespas na zona.<\/p>\n<p>O primeiro, o <a href=\"http:\/\/mediorural.xunta.es\/fileadmin\/arquivos\/gandaria\/apicultura\/ficha_elaboracion_trampas_vespa_velutina.pdf\">trampeo<\/a>. As <a href=\"https:\/\/duckduckgo.com\/?q=trampas+velutina&amp;t=ffsb&amp;ia=videos\">trampas con botellas de pl\u00e1stico<\/a> son sinxelas de facer; d\u00e9beselles deixar na parte superior furados duns 5-5,5 mm de di\u00e1metro para sa\u00edda de mosquitos e outros insectos, e a s\u00faa \u00e9poca propia de uso m\u00e1is eficaz \u00e9 cara a marzo, cando se poden atrapar as ra\u00ed\u00f1as despois da invernada e a\u00ednda non formaron ni\u00f1o.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhhyDAfXKxVyEYXGXadnPdkZLL5q5pVpeFBvAQy0ygQCmlWsBk_9W61a1IN1hkgwT_HeVhO1PiPJIaxHBkWPHgQOV2au975CGMbn70IYQ7bGBuwFSN6fJFT81YIqLj4Vn2qJ7R2Aw\/s2048\/trampas+velutina.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"364\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhhyDAfXKxVyEYXGXadnPdkZLL5q5pVpeFBvAQy0ygQCmlWsBk_9W61a1IN1hkgwT_HeVhO1PiPJIaxHBkWPHgQOV2au975CGMbn70IYQ7bGBuwFSN6fJFT81YIqLj4Vn2qJ7R2Aw\/s2048\/trampas+velutina.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Modelos de trampas caseiras. Hai outros modelos comerciais no mercado, con atra\u00edntes qu\u00edmicos, diferentes formas, zonas m\u00e1is obscuras e m\u00e1is claras&#8230; <\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Hai que ter en conta que as trampas tam\u00e9n entrampan as avespas crabro, as normais da zona, que resultan beneficiosas entre outras cousas porque son inimigas naturais das asi\u00e1ticas (velutinas).<\/p>\n<p>Outra soluci\u00f3n \u00e9 a retirada de ni\u00f1os. Axustou Jos\u00e9 M\u00aa que o pasado ano retirou 732 ni\u00f1os mediante o uso de lume (o \u00faltimo, na propiedade dos Calvo-Sotelo en Ribadeo). A s\u00faa empresa pode eliminar entre 3 e 4 000 ni\u00f1os ano. O lume \u00e9 un medio ecol\u00f3xico, non contamina, \u00f3 rev\u00e9s que o uso de biocidas (m\u00e1is a\u00ednda, tendo en conta que se usan pr\u00f3ximos a correntes de auga) e m\u00e1is efectivo, pois non axuda a &#8216;sementar&#8217; de ni\u00f1os a zona: as avespas que podan estar f\u00f3ra, s\u00edntense atra\u00eddas pola luz e perecen queimadas, ou, se xa se apagaron os rescoldos, quedan pousadas sobre o ni\u00f1o \u00f3 sentir a\u00ednda a atracci\u00f3n das <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Feromona\">feromonas<\/a>. Naturalmente, para o queimado de ni\u00f1os hai que aplicar un protocolo, no que figura en lugar preeminente a ausencia de vento que poda espallar as lapas. O sistema, \u00f3 igual que a retirada&nbsp; de ni\u00f1os, enfr\u00f3ntase a dificultades como a altura \u00e1 que se atopan alg\u00fans (con p\u00e9rtigas chegan a atacar ni\u00f1os a 50 m de altura). O id\u00f3neo ser\u00eda facelo de noite, con todas as avespas no ni\u00f1o, pero a dificultade de localizaci\u00f3n increm\u00e9ntase na obscuridade, e o uso de l\u00e1mpadas implica luz, sendo os animais atra\u00eddos cara \u00f3s focos. As\u00ed, unha retirada de d\u00eda debe ser seguida dunha vixiancia uns dez d\u00edas despois, para evitar a reformaci\u00f3n do ni\u00f1o.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"http:\/\/feirasdeciencia.wikispaces.com\/file\/view\/Ni%C3%B1o%20avespa%20asi%C3%A1tica.jpg\/553201786\/Ni%C3%B1o%20avespa%20asi%C3%A1tica.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/feirasdeciencia.wikispaces.com\/file\/view\/Ni%C3%B1o%20avespa%20asi%C3%A1tica.jpg\/553201786\/Ni%C3%B1o%20avespa%20asi%C3%A1tica.jpg\" height=\"640\" width=\"480\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Ni\u00f1o de velutina amosado na <a href=\"http:\/\/feirasdeciencia.wikispaces.com\/XXI+Feira+da+Ciencia+de+Ribadeo\">XXI Feira da Ciencia de Ribadeo (2016)<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>De calquera xeito, para retirar, queimar ou, en xeral, atacar un ni\u00f1o, neces\u00edtase saber onde est\u00e1. E \u00e1s veces non \u00e9 doado, oculto entre o follaxe das \u00e1rbores en altura. Por iso a observaci\u00f3n de onde chegan as avespas para o ataque dunha colmea ind\u00edcanos, en li\u00f1a recta, onde est\u00e1 o ni\u00f1o.<\/p>\n<p>Unha terceira soluci\u00f3n para unha fase m\u00e1is avanzada \u00e9 o dispositivo protector de panais, consistente nunha caixa grande de arpilleira, que deixe \u00e1s abellas un lugar arredor do panal para esparcirse libremente, e que as permita pasar a trav\u00e9s dos furados da rede, pero que non permita facer o mesmo \u00e1s avespas, de maior tama\u00f1o. Poden voltar cargadas de pole a partir duns furados que tampouco deixan pasar a velutina (t\u00f3rax de velutina, 6-7 mm de di\u00e1metro; de abella, 3-4 mm) \u00c9 un dispositivo a instalar a comezos do ver\u00e1n, antes de que o ataque te\u00f1a intimidado \u00e1s abellas e faiga que non saian. Tam\u00e9n se lle pode acoplar unha &#8216;cortina&#8217; con tiras de malla que dificulte a evoluci\u00f3n das avespas na proximidade dos furados maiores para o paso das abellas con pole (hai que ter en conta a orientaci\u00f3n desta zona de entrada preferente, estudando antes a altura de sa\u00edda das abellas).<\/p>\n<p>Despois coment\u00e1ronse diversas cousas:<\/p>\n<p>-As abellas def\u00e9ndense xa aqu\u00ed por un sistema que tre\u00f1en adoptado de xeito tradicional en Asia, o arrodear \u00e1s avespas e facer que aumente a s\u00faa temperatura, co que morren \u00f3 poder aguantar temperaturas m\u00e1is baixas que as abellas. Para iso, o panal ten que gozar de boa sa\u00fade e non terlle &#8216;collido medo&#8217; \u00e1s avespas.<\/p>\n<p>-As &#8216;teor\u00edas de conspiraci\u00f3n&#8217; debido \u00f3s &#8216;saltos de asentamento&#8217; observados \u00f3 irse a establecer en Galicia: as\u00ed, poder\u00eda ser unha proba para eliminar outros insectos, que tivo como consecuencias a xa co\u00f1ecida invasi\u00f3n&#8230;<\/p>\n<p>-O concello vai crear un protocolo de actuaci\u00f3n, e dispo\u00f1er de tel\u00e9fonos de atenci\u00f3n espec\u00edficos para a velutina.<\/p>\n<p>-Os Abelleriros po\u00f1er\u00e1nse en contacto cons colexios para difundir.<\/p>\n<p>-Hai xente que est\u00e1 a usar escuma de poliuretano (o poliuretano expandido invade os ni\u00f1os e mata \u00e1s abvespas) na entrada dos ni\u00f1os para inactivalos.<\/p>\n<p>-Os ni\u00f1os desc\u00f3brense mellor entre a follaxe \u00e1 ma\u00f1\u00e1 ou \u00e1 tarde, cando o vento move as follas das \u00e1rbores mentras eles permanecen quedos.<\/p>\n<p>-O son que produce a atracci\u00f3n das velutinas \u00f3s panais parece ser o correspondente \u00e1 sa\u00edda das abellas do enxame.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte tivo lugar no sal\u00f3n de actos da casa do Mar de Ribadeo a presentaci\u00f3n dunha nova asociaci\u00f3n ribadense, os Abelleiros, e con dito motivo, unha charla sobre a avespa velutina e o seu combate. Antes da charla Na charla participaron V\u00edctor Cao, como representante de Protecci\u00f3n Civil de Ribadeo, Marcos Villamil, presidente dos Abelleiros [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,26],"class_list":["post-6258","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6258","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6258"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6258\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6258"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6258"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6258"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}