{"id":6249,"date":"2016-03-08T14:58:00","date_gmt":"2016-03-08T13:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:51:08","modified_gmt":"2024-11-12T12:51:08","slug":"comezando-historia-da-banda-municipal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/03\/08\/comezando-historia-da-banda-municipal\/","title":{"rendered":"Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Xa hai novo <a href=\"http:\/\/www.bandamusicaribadeo.org\/\">sitio web da banda Municipal de Ribadeo e Amadores da M\u00fasica<\/a>. Coido que quen queira informaci\u00f3n, pode comezar por a\u00ed. Deixo s\u00f3 a mi\u00f1a contribuci\u00f3n \u00e1 web:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.bandamusicaribadeo.org\/pequena-historia-da-asociaci%C3%B3n\">Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p>A banda naceu\u2026 Non, hai que comezar antes: a banda municipal de<br \/>\nRibadeo tivo un caldo de cultivo e uns coidados previos. En Ribadeo<br \/>\nhab\u00eda tradici\u00f3n musical, e \u00f3 longo do s\u00e9culo XX diversas<br \/>\niniciativas foron relev\u00e1ndose de xeito que a finais dos oitenta<br \/>\nquedaba unha agrupaci\u00f3n xa daquela de longa tradici\u00f3n, a Coral<br \/>\nPolif\u00f3nica, mentres se suced\u00edan grupos musicais diversos. Foi ese o<br \/>\ncaldo de cultivo no que se comezou a pensar nunha banda de m\u00fasica<br \/>\npara Ribadeo, algo do que a vila carec\u00eda dende uns trinta anos<br \/>\nantes. O impulso que marcou o comezo do cami\u00f1o foi o xuntar forzas<br \/>\nde V\u00edctor Manuel Sanjurjo (Choup\u00edn), e Evaristo Lombardero, no<br \/>\n1988, que atraeron outras persoas, Ana Mar\u00eda Rodr\u00edguez (Ani), Jos\u00e9<br \/>\nLoredo (Pepe da Caixa), Toni Dea\u00f1o, Carlos D\u00edaz e eu mesmo para<br \/>\nfacer unha xestora. A xestora sacou adiante uns estatutos, e, \u00f3<br \/>\ntempo, f\u00f3ronse inscribindo un xerme de socios. O torrente<br \/>\ndesbordante do Choupo, un proxecto consistente e unha ilusi\u00f3n<br \/>\ncontaxiosa fac\u00edan medrar, d\u00eda a d\u00eda, a idea.<\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: left; margin-right: 1em; text-align: left;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjSjWG_7JZyy6v5Qp929aO13kr1vXlKPYmk__iGhk2wU1V6IryKDq2t046uHH9L1aajUf1IPKgJYBw_vJMWXXgVDa5ILxhgL-zpl24kOaiWpZxoOcmeO1OAEyPejlH_0I_ybJGLlA\/s2048\/logo_amadores_banda.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjSjWG_7JZyy6v5Qp929aO13kr1vXlKPYmk__iGhk2wU1V6IryKDq2t046uHH9L1aajUf1IPKgJYBw_vJMWXXgVDa5ILxhgL-zpl24kOaiWpZxoOcmeO1OAEyPejlH_0I_ybJGLlA\/s2048\/logo_amadores_banda.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Logotipo usado na web de Amadores<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Botou a andar a sociedade de Amadores da M\u00fasica, e o primeiro foi<br \/>\nprocurar unha persoa que puidera levar adiante a formaci\u00f3n musical,<br \/>\nque se considerou b\u00e1sica para chegar a bo porto, e logo dirixir a<br \/>\nbanda. As\u00ed se chegou a unha persoa que ti\u00f1a un proxecto persoal que<br \/>\n\u00eda como anel o dedo \u00f3 proxecto nacente. Hern\u00e1n Naval chegou a<br \/>\nRibadeo e o primeiro que fixo foi clarificar o proxecto com\u00fan na<br \/>\ns\u00faa parte musical: a banda, finalidade de Amadores da M\u00fasica pero \u00f3<br \/>\ntempo con vida propia. Era o ano 1989. Tres anos foi a cifra b\u00e1sica<br \/>\nmarcada nun primeiro momento para formar a agrupaci\u00f3n e comezar as<br \/>\nactuaci\u00f3ns. E, co comezo do curso acad\u00e9mico 1989-90, deu comezo a<br \/>\nformaci\u00f3n musical. O pequeno grupo de xente que se apuntou \u00e1<br \/>\nacademia de musica destacaba por ilusi\u00f3n, por ganas, por traballo,<br \/>\npero sobre todo polo ambiente que se formou.<\/p>\n<p>O 9 de xullo de 1991, Amadores, en asemblea, puxo data para o<br \/>\nnacemento da banda, programando con tempo, de xeito natural. As\u00ed, o<br \/>\n25 de xaneiro de 1992, con antelaci\u00f3n \u00f3 previsto, a banda tivo o<br \/>\nseu concerto inaugural abr\u00edndose \u00f3 mundo cos compases da Marcha<br \/>\nMilitar n\u00ba 1, Op. 51 de F. Schubert. A segunda obra, Airi\u00f1os,<br \/>\naires!, foi xa unha alegor\u00eda para os m\u00fasicos, que despois do Coro<br \/>\nde peregrinos do Tannh\u00e4user encami\u00f1aron o fin do concerto<br \/>\nsent\u00edndose participantes da historia musical de Ribadeo.<\/p>\n<p>Dende aquela, as diversas actuaci\u00f3ns (xa 100 en Melide o 19 de<br \/>\nagosto do 1995) foron deixando o seu aporte na historia da<br \/>\nagrupaci\u00f3n, das persoas que a te\u00f1en integrado, da sociedade que a<br \/>\napoia e do p\u00fablico que as goza.<\/p>\n<p>A d\u00eda de hoxe, a banda xa hai longo tempo que cumpriu a s\u00faa maior\u00eda<br \/>\nde idade\u2026 e segue a facer historia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa hai novo sitio web da banda Municipal de Ribadeo e Amadores da M\u00fasica. Coido que quen queira informaci\u00f3n, pode comezar por a\u00ed. Deixo s\u00f3 a mi\u00f1a contribuci\u00f3n \u00e1 web: Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo A banda naceu\u2026 Non, hai que comezar antes: a banda municipal de Ribadeo tivo un caldo de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81,23,9],"class_list":["post-6249","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6249","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6249"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6249\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6249"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6249"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6249"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}