{"id":6247,"date":"2016-03-10T08:08:00","date_gmt":"2016-03-10T07:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:51:05","modified_gmt":"2024-11-12T12:51:05","slug":"o-reloxo-de-ribadeo-artigo-sde-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/03\/10\/o-reloxo-de-ribadeo-artigo-sde-pancho\/","title":{"rendered":"O RELOXO DE RIBADEO, artigo de Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;Buscando no Arquivo do Concello de Ribadeo datos sobre alg\u00fans temas nos que estamos interesados, atopeime cunha serie de notas dende o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1563\">1563<\/a>, sobre acordos que se fan na \u201ccasa del relojero\u201d e reparaci\u00f3ns dun \u201cRelox\u201d que hab\u00eda en Ribadeo, supo\u00f1o que ser\u00eda o da Torre do Rel\u00f3, pois son pagos do Concello o Mestre Pedro, reloxeiro e cerraxeiro que fai as rutinas de darlle cuerda, limpeza, engrase e reparaci\u00f3ns varias que se presentan \u00f3 ano.<\/p>\n<p>&nbsp;Nin nos \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/05\/presentacion-curiosa.html\">Apuntes sobre Ribadeo<\/a>\u201d de D. Fernando M\u00e9ndez Sanjuli\u00e1n (1884), nin nas  \u201cEfemerides Rivadenses\u201d de \u201c\u00c1hn-Th\u00f3n\u201d (1893) se fai referencia a este reloxo. Posiblemente porque \u00e1mbolos dous autores non lle deran a importancia que ten un reloxo do s\u00e9culo XVI, pois co\u00f1ec\u00edano de t\u00f3dolos d\u00edas, pois eran contempor\u00e1neos da Torre do Rel\u00f3 que no s\u00e9culo XIX a\u00ednda estaba en p\u00e9. Igual que nos pasa hoxe coa <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Torre_dos_Moreno\">Torre dos Moreno<\/a>, que a primeiros do s\u00e9culo XXI est\u00e1 a\u00ednda en p\u00e9 e \u00f3 pasar mir\u00e1mola sin fixarnos en detalles, e da que se dir\u00e1 nas s\u00faas Efem\u00e9rides do s\u00e9culo XXIII, o fermosa que era e o ben que luc\u00eda como edificio simb\u00f3lico do noso pobo&#8230;!!<\/p>\n<p>&nbsp;Das actas do Arquivo, despr\u00e9ndense notas como: un acordo do 3&nbsp; &#8211; Agosto &#8211; 1563 na \u201ccasa del relojero\u201d ante o alcalde maior Sr. Ribadeneira; o alquiler da \u201ccasa del relojero\u201d (1564); un pago o reloxeiro o 19 &#8211; Xaneiro &#8211; 1565; outro pago do salario anual de 2 &#8211; Xaneiro &#8211; 1566; pago o Mestre Pedro de Xances, Xauces ou Yances 20 &#8211; Xaneiro &#8211; 1566 donde se relata unha reparaci\u00f3n importante que se lle fixo o reloxo, entre outras cousas, o ama\u00f1o de nove dentes dunha roda e o ama\u00f1o dun pi\u00f1\u00f3n, aver\u00eda que levantou traballo ata o 18 &#8211; Marzo &#8211; 1566, cuxo relato ocupa varios folios&#8230; e un longo etc de m\u00e1is notas sobre aquel, sin duda, magn\u00edfico e caro reloxo, obra da mec\u00e1nica m\u00e1is fina naqueles tempos da forxa e da fragua.<\/p>\n<p>&nbsp;Se entramos na Wikipedia, vemos que o primerio reloxo mec\u00e1nico foi construido por Richard de Wallingford, abad de San Albano, Inglaterra 1326. O segundo, construido en Padua, 1344, por Santiago Dondis&#8230; En Espa\u00f1a o m\u00e1is antigo reloxo de torre con esfera data de 1378, na catedral de Valencia. Outro na catedral de Barcelona en 1393, o de Cu\u00e9llar (Segovia) de 1395 e o da catedral de Sevilla de 1396, que se inaugurou o 22 de Xullo de 1400 en presencia de Enrique III (\u201cEl Doliente\u201d (1390-1406) da Casa de Trast\u00e1mara, primeiro Pr\u00edncipe de Asturias)<\/p>\n<p>&nbsp;Pois ben. \u00bfDe donde sacaba rentas o Concello de Ribadeo para o dispendio de comprar e manter un reloxo de torre no s\u00e9culo XVI? pois non era barato e poid\u00e9ramos decir que era un verdadeiro luxo ter un tama\u00f1o reloxo p\u00fablico. Hoxe en d\u00eda sigue sendo un luxo, e s\u00f3 existe en Ribadeo un reloxo de torre mec\u00e1nico, o da igrexa de Sta. Mar\u00eda do Campo, que est\u00e1 totalmente \u201ctrucado\u201d para que sone.<br \/>\n   \u00bfVerdadeiramente eran rentas as que entraban no Concello de Ribadeo no s\u00e9culo XVI?. Na documentad\u00edsima obra \u201cLa Colegiata de Ribadeo\u201d de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz, hai un par\u00e1grafo na p\u00e1xina 13 que fai entrever unha posible historia: \u201cD. <a href=\"http:\/\/www.mondonedoferrol.org\/episcopologio\/2014044218\/o-inedito-caso-dos-bispos-peregrinos-de-mondonedo\/\">Pelayo de Cebeira, obispo de Ribadeo<\/a>, morre o 3 de Noviembre de 1218. Foi enterrado na Colexiata nun sarc\u00f3fago de canter\u00eda bruta elevado a tres cuartas da terra sobre catro pedestales do mesmo material e situado no trascoro frente a porta principal. Na tapa do sarc\u00f3fago hab\u00eda gravada unha cruz e un b\u00e1culo&#8221;&#8230; comentario do padre Fl\u00f3rez do ano 1764, que expresa e insin\u00faa unha realidade afastada no tempo&#8230; testimonio da pervivencia dunha profunda devoci\u00f3n popular hacia a persoa do bispo Pelayo. Devoci\u00f3n que estivo latente no pobo de Ribadeo durante m\u00e1is de cinco s\u00e9culos&#8230; Os fieis acerc\u00e1banse o sarc\u00f3fago a tocar \u201cos rosarios e as s\u00faas cabezas dolientes e facer outras acci\u00f3ns de devoci\u00f3n e piedade indiscreta e prohibida&#8230; O bispo de Mondo\u00f1edo, D. Manuel Francisco de Navarrete y Ladr\u00f3n de Guevara, en visita pastoral a Colexiata de Ribadeo, de 3 &#8211; Noviembre &#8211; 1701, entre os mandatos, dicta un, o 35, polo que proh\u00edbe estas expresi\u00f3ns de adoraci\u00f3n e ordena que se desterren estas costumes dos fieis&#8230; prohibidas polas bulas papales e o Santo Concilio. O bispo mandou abrir o sarc\u00f3fago para ver se o corpo estaba incorrupto\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;Naturalmente o cadaver non exist\u00eda. Polo tanto, seg\u00fan o criterio daquel mal\u00e9volo bispo Ilmo. Ladr\u00f3n de Guevara, \u201cnon hab\u00eda proba evidente de santidade do bispo Pelayo\u201d. Gustar\u00edame a min saber a cantos corpos incorruptos de santos lles rezaba \u201ca s\u00faa Ilma.\u201d. Por suposto, non lle rezaba a ning\u00fan, pero ben que se apurou a levarse o b\u00e1culo de Pelayo (1199-1218), feito no obradoiro de Lemos\u00edn, de cobre dourado, esmaltado e con turquesas, que logo venderon a un marchante catal\u00e1n, para facerse con cartos, e hoxe at\u00f3pase no Museo de Catalu\u00f1a en Barcelona. Tam\u00e9n se levaron os zocos episcopais, feitos de madeira e pel de cabra e becerro, que hoxe se poden contemplar no Arquivo da Catedral de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgFr0NZXW2zXq4kNWOCfuUh5Y9qloYVNYvCgoYGP5mIA2usp0kVTnfTyMHMQr0QTad75DHmT2Vwg6jcK2DGJwK5ZXCsaajvOJDe_MGUNVyiBhuOSDz-SMq5tXUjfr6YhU19sTgCQ\/s2048\/Apuntes+sobre+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgFr0NZXW2zXq4kNWOCfuUh5Y9qloYVNYvCgoYGP5mIA2usp0kVTnfTyMHMQr0QTad75DHmT2Vwg6jcK2DGJwK5ZXCsaajvOJDe_MGUNVyiBhuOSDz-SMq5tXUjfr6YhU19sTgCQ\/s2048\/Apuntes+sobre+Ribadeo.jpg\" width=\"430\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Pero volvendo \u00f3 tema do reloxo de Ribadeo, \u00bfti\u00f1a a Colexiata de Ribadeo tanta limosna pola devoci\u00f3n \u00f3 bispo Pelayo, que o Concello acumulaba rentas do \u201cturismo\u201d que chegaba no s\u00e9culo XVI, que pod\u00eda permitirse o luxo de comprar un reloxo de torre e atender o seu mantemento? Posiblemente si&#8230; ou non!!! Pero para Ribadeo, aquel mandato do bispo de Mondo\u00f1edo, foi un feito garrafal para a econom\u00eda do pobo, pois pasada a devoci\u00f3n polo bispo Pelayo, acabado o peregrinaxe de xente, que era esencial para o comercio da vila que era quen pagaba impostos o Concello.<\/p>\n<p>&nbsp;Por outro lado, \u00bfque foi do \u201cRelox\u201d da Torre do Rel\u00f3? \u00bf\u00c9 posible que cando se tirou dita Torre do Rel\u00f3, e se pasou a devoci\u00f3n de Sta. Mar\u00eda do Campo da Colexiata, para o Convento de San Francisco, pasara o reloxo para a nova torre que hoxe hai na igrexa de Santa Mar\u00eda do Campo, sustitu\u00edndo a antigua espada\u00f1a do convento?<\/p>\n<p>&nbsp;Se isto \u00e9 as\u00ed, temos un reloxo do s\u00e9culo XVI na torre da igrexa. Quizais debera inspeccionalo algu\u00e9n que entenda, para ver se ten algunha marca de f\u00e1brica. \u00bfSe non \u00e9 as\u00ed, que foi do antiguo \u201cRelox\u201d? \u00bfLevou o mesmo cam\u00edn que o b\u00e1culo e os zocos?. Non ser\u00eda extra\u00f1o, nin raro que as\u00ed fora, pois todas as \u201cAntig\u00fcedades Ribadenses\u201d contemplan un riqu\u00edsimo e ampl\u00edsimo patrimonio, do que Ribadeo poder\u00eda vivir folgadamente s\u00f3 ensin\u00e1ndollo \u00f3s visitantes, desaparecen do pobo polo arte de birlibirloque. \u00bfCando ser\u00e1 o d\u00eda que o Concello se implique na construcci\u00f3n dun Museo etnogr\u00e1fico, mar\u00edtimo, arqueol\u00f3xico, etc. etc&#8230; incluso unha Galer\u00eda de Arte cunha pinacoteca permanente, construir un Palacio da M\u00fasica, obras arquitect\u00f3nicas amplias para a poboaci\u00f3n que somos, e non tan escasas como as que hoxe hai, casi medio-chabolistas, para poder desenrolar as actividades da Banda Municipal e a Escola de M\u00fasica, a Coral Polif\u00f3nica, as bandas de gaitas e tambores, etc.etc.?<\/p>\n<p>&nbsp;Temos absolutamente de todo, pero desgraciadamente repartido por outros pobos donde se nos adiantaron na Conservaci\u00f3n do Patrimonio. Hai por a\u00ed \u201cseudomuseos\u201d, en lugares incluso m\u00e1is pequenos dos que eu critico en Ribadeo, donde colgan un gada\u00f1o das patacas, outro de aterrar, un fouc\u00edn do trigo e un lampo do monte, unha gada\u00f1a, unha serra, un tronzador e unha barrena, e xa te\u00f1en un museo etnogr\u00e1fico, cun mont\u00f3n de visitantes o ano. N\u00f3s temos: o b\u00e1culo en Barcelona; os zocos en Mondo\u00f1edo; centos de \u00fatiles do neol\u00edtico de Louselas en Vilalba; os cadros de Dionisio Fierros en Madrid; os de Benito Prieto Coussent en Granada; restos de naufraxios da R\u00eda de Ribadeo, en Vigo, en Bueu, e a saber onde m\u00e1is; un ca\u00f1\u00f3n de n\u00e1ufragos na Cruz Roxa en Lugo, a Diadema de Ribadeo no Louvre de Par\u00eds, o Carneiro alado de Ribadeo supo\u00f1emos que no Museo de Lugo&#8230; centos e centos de pezas expoliadas do noso patrimonio, en cer\u00e1micas, \u00e1nforas, can\u00f3ns, bola\u00f1os de fragatas, urcas e gale\u00f3ns&#8230; \u00bfAta cando vai continuar isto? e o que \u00e9 m\u00e1is grave \u00bfsaberemos alg\u00fan d\u00eda esixir o que \u00e9 noso, do patrimonio de Ribadeo? ou dir\u00e1nnos aquelo de: \u201cSi te he visto no me acuerdo\u201d \u00bfHai alg\u00fan \u00f3rgano administrativo do goberno municipal donde se levante acta do que se est\u00e1n levando, sexa quen sexa o organismo oficial que os leve? \u00bfHai alg\u00fan arquivo no Concello sobre o tema coa descripci\u00f3n das pezas levantadas, situaci\u00f3n onde se atoparon e quen as leva, e para onde van, pois logo qu\u00e9danse desperdigadas por a\u00ed&#8230; e quen o sabe?<\/p>\n<p>&nbsp;\u00a1Pois sen\u00f3n o hai, debera habelo, as\u00ed que algu\u00e9n debe po\u00f1erse o chollo, que non vai ser pouco, pois hai ao menos sete castros e m\u00e1is asentamentos arquol\u00f3xicos nos terreos do propio concello, pecios na R\u00eda de Ribadeo e asentamentos doutros restos arqueol\u00f3xicos submarinos donde se atopar\u00e1n pezas de cer\u00e1mica, de madeira, de ferro, de esta\u00f1o, quizais de bronce, de plata, de ouro, e m\u00faltiples \u00fatiles de uso diverso, restos hist\u00f3icos cos que se poden facer colecci\u00f3ns de t\u00f3dolos x\u00e9neros, pois hai para dar e tomar&#8230; \u00a1Pero non podemos deixar que \u201cdesaparezan\u201d!<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Buscando no Arquivo do Concello de Ribadeo datos sobre alg\u00fans temas nos que estamos interesados, atopeime cunha serie de notas dende o ano 1563, sobre acordos que se fan na \u201ccasa del relojero\u201d e reparaci\u00f3ns dun \u201cRelox\u201d que hab\u00eda en Ribadeo, supo\u00f1o que ser\u00eda o da Torre do Rel\u00f3, pois son pagos do Concello o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,58],"class_list":["post-6247","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6247","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6247"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6247\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6247"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6247"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6247"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}