{"id":6239,"date":"2016-03-17T08:04:00","date_gmt":"2016-03-17T07:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:50:45","modified_gmt":"2024-11-12T12:50:45","slug":"mercadona-enrando-solucion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/03\/17\/mercadona-enrando-solucion\/","title":{"rendered":"Mercadona, enfocando a soluci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Xa hai tempo que se ven falando en Ribadeo da instalaci\u00f3n dunha nova grande superficie da empresa Mercadona na zona de Vilar. Onte viuse confirmada a nova cunha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2031&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nova de prensa do concello<\/a>.<br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" height=\"350\" marginheight=\"0\" marginwidth=\"0\" scrolling=\"no\" src=\"http:\/\/www.openstreetmap.org\/export\/embed.html?bbox=-7.0660800%2C43.5360900%2C-7.0526600%2C43.5416000&amp;layer=cyclemap\" style=\"border: 1px solid black;\" width=\"425\"><\/iframe><\/p>\n<p>A \u00e1rea que se ve no Open Street Map corresponde \u00e1 zona comercial do Vilar, onde xa hai un Eroski (con Bricoking, gasolineira, acceso e aparcamento, 30 000 m<sup>2<\/sup>), Bricoking, Lidl, Decathlon, Mercal, estaci\u00f3n de servizo (este conxunto, xunto con aparcamento, 12 000 m<sup>2<\/sup>) e, preto da zona principal, dous establecementos comerciais &#8216;chinos&#8217;, un dos que ser\u00eda o que ocupa a zona onde ir\u00e1 o novo centro comercial (8900 m<sup>2<\/sup>; coller\u00e1n algunha terra de atr\u00e1s para aparcamento?) mentras se despraza o comercio un pouco m\u00e1is \u00e1s aforas, pegado a outra zona con naves industriais na actualidade.<\/p>\n<p>Fala a nota de prensa de dous mill\u00f3ns de euros de inversi\u00f3n, e un dep\u00f3sito de 70 000 euros por licenza de obras. Elude o falar o desprazamento cara \u00f3 exterior do centro urbano do peso comercial, e m\u00e1is a\u00ednda de que o novo establecemento a\u00ednda est\u00e1 m\u00e1is lonxe que os anteriores dese centro. Aposta por o mantemento e acrecentamento de Ribadeo como centro comercial, polo financiamento por parte da empresa da reforma e ampliaci\u00f3n de v\u00edas para o tr\u00e1fico rodado e facilitar a circulaci\u00f3n de veh\u00edculos na zona, e cita a recepci\u00f3n de curr\u00edculos para o emprego no concello (a lembrar que a obra ten un prazo de execuci\u00f3n de tres anos a\u00ednda, pero xa se recibiron varios centenares) como un erro sucedido a partir de certas novas que se estenderon polo pobo.<\/p>\n<p>Un pouco en resume: algo m\u00e1is de traballo tipo de baixa remuneraci\u00f3n e afastamento do comercio do pobo. Que poda atraerse \u00e1 xente cara a Ribadeo a partir do uso do novo centro comercial, est\u00e1 por ver, a tres anos vista, igual tempo que tardar\u00e1n en verse os novos empregos de vendedores. Mentres, haber\u00e1 emprego na construci\u00f3n. O mapa que vai anexo neste artigo ter\u00e1 variaci\u00f3ns (xa a d\u00eda de hoxe est\u00e1 incompleto non presentando, por exemplo, o local que ocupa o establecemento actual rexido por chinos e que antes a\u00ednda era unha tenda viveiro de xardiner\u00eda). A paralela \u00e1 Avenida r\u00eda de Ribadeo cambiar\u00e1 abondo para adaptarse a un maior tr\u00e1fico de sa\u00edda do establecemento. Polo momento non se fala de facilitar o paso peonil entre o centro urb\u00e1n e a zona comercial, algo que se leva pedindo dende hai tempo; pero claro, a maior\u00eda de xente vai en coche, co sistema que hai actualmente e que non se pensa en contribu\u00edr a variar.<\/p>\n<p>A nota de prensa presenta un car\u00e1cter lixeiramente triunfalista e moi conformista. Algo que vai cos tempos que que non \u00e9 doado cambiar para contemplar outra visi\u00f3n de futuro. Mais algo que \u00e9 convinte lembrar, como que cando se titularizou como dependente do concello o tramo de estrada entre a rotonda da autov\u00eda e a Vilavella, o primeiro que se fixo foi unha rotonda -que antes non pod\u00eda ser- para permitir a ampliaci\u00f3n da zona comercial. Pequenos cambios\/grandes cambios que mante\u00f1en unha visi\u00f3n de futuro sobre a que non se fala, sen\u00f3n que se sinxelamente se acata.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa hai tempo que se ven falando en Ribadeo da instalaci\u00f3n dunha nova grande superficie da empresa Mercadona na zona de Vilar. Onte viuse confirmada a nova cunha nova de prensa do concello. A \u00e1rea que se ve no Open Street Map corresponde \u00e1 zona comercial do Vilar, onde xa hai un Eroski (con Bricoking, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-6239","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6239","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6239"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6239\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}