{"id":6235,"date":"2016-03-29T18:40:00","date_gmt":"2016-03-29T16:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:50:38","modified_gmt":"2024-11-12T12:50:38","slug":"as-desfeitas-de-ribadeo-e-contornos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/03\/29\/as-desfeitas-de-ribadeo-e-contornos\/","title":{"rendered":"AS DESFEITAS DE RIBADEO E CONTORNOS, artigo de Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Cunha semana de retraso sobre o seu env\u00edo, deixo a continuaci\u00f3n un artigo de Pancho Campos sobre temas que incl\u00faen alg\u00fan que est\u00e1 candente estes d\u00edas:<\/p>\n<p><em>\u201cDesfeita\u201d \u00e9 un termo que se emprega como equivalente a: destruci\u00f3n, desastre, derrota, confusi\u00f3n. Nalg\u00fans lugares quedou o termo como designaci\u00f3n topon\u00edmica ligada a testemu\u00f1as de feitos aciagos que al\u00ed aconteceron, como por exemplo o Rego da Desfeita, no concello de Trabada.<\/em><\/p>\n<p><em>Pois ben. En Ribadeo, imos ter que empezar a enumerar as riquezas patrimoniais por \u201cAs Desfeitas\u201d. Vemos na prensa, casi t\u00f3dalas semanas, que se destr\u00faen espazos patrimoniais sen que se tome ningunha medida administrativa, xudicial ou penal, contra dos depredadores, nin por parte da Xunta, nin de Costas, nin do Concello, nin de ningu\u00e9n con competencia para facelo.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Exemplos:&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>1) A <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/r%C3%ADa\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">R\u00eda de Ribadeo<\/a>. Estase destru\u00edndo d\u00eda a d\u00eda coa colmataci\u00f3n de area que a est\u00e1 deixando completamente cegada, e noutros vinte anos poderase ir andando por toda ela en marea chea. Quizais daquela, a algu\u00e9n se lle ocurra prantar palmeiras no medio dos tes\u00f3ns e facer o seu car\u00f3n o \u201cHotel Chabola\u201d ou o \u201cChoupana\u201d, \u201cpara sacarlle alg\u00fan rendimento \u00e1 desfeita\u201d.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Din que non hai cartos para dragar o canal, e moitos menos para facer fronte \u00e1 destrutora obra civil que se vai concatenando ano tras ano, desde o primeira obra do paseo mar\u00edtimo, cada vez m\u00e1is ampliado coa escolleira e recheos varios das pequenas calas da r\u00eda. Outro importante impedimento \u00f3 vaciado das augas da r\u00eda son as zapatas mal plantexadas da Ponte dos Santos.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>2) ENCE e a XUNTA DE GALICIA. Como todo o mundo sabe, a Xunta de Galicia \u00e9 o \u00f3rgano administrativo de goberno que rixe os intereses peculiares dos cidad\u00e1ns da Autonom\u00eda de Galiza. Pois ben. Vemos que a Xunta est\u00e1 derrotada ante a administraci\u00f3n de ENCE, pois en vez de sacar rendemento dos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/ria_si_nave_non\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">recursos do Porto de Ribadeo<\/a>, para dragar a r\u00eda e crear infraestruturas con futuro, pois non, abarata os custes de transbordo de carga e os dereitos de uso do peirao, como si eiqu\u00ed xa foramos ricos dabondo e non precis\u00e1ramos de nada.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Por outra banda, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ence\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ENCE<\/a> son as siglas coas que se co\u00f1ec\u00eda a Empresa Nacional de Celulosa Espa\u00f1ola, fundada no ano 1950 na dictadura de Franco polo INI (Instituto Nacional de Industria), adicada a transformaci\u00f3n de madeira de eucalito en pasta de papel ou pasta de celulosa, nas f\u00e1bricas de Pontevedra (Galiza) e na de Navia (Asturias). ENCE tivo car\u00e1cter p\u00fablico, ata a s\u00faa salida \u00e1 bolsa no ano 1990, onde primeiro privatizouse o 49% e no ano 2001 o 51%. Hoxe en d\u00eda aquelas siglas pasaron a ser: ENCE Enerx\u00eda e Celulosa S.A. que, como seu nome indica, \u00e9 unha empresa an\u00f3nima da que ningu\u00e9n co\u00f1ece a s\u00faa verdadeira nacionalidade, nin posiblemente quenes son os accionistas.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Seg\u00fan consta na <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/ENCE_Energ%C3%ADa_y_Celulosa,_S.A.\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Wikipedia<\/a>, desde 2006 o seu presidente \u00e9 D.Juan Luis Arregui e desde 2010 \u00e9 vicepresidente D. Ignacio de Colmenares y Brunet. No ano 2010 ambalasd\u00faas f\u00e1bricas causaban un gran impacto ambiental, tanto polos \u201colores\u201d como pola contaminaci\u00f3n de augas debido o seu efluente l\u00edquido, que se vert\u00eda sin depurar na r\u00eda de Pontevedra e no r\u00edo Navia.<br \/>\nNo ano 2013, en Navia inaugurouse unha planta depuradora do efluente l\u00edquido, e en 2015 anunciaron para a f\u00e1brica de Pontevedra o proxecto \u201cNuevo Ciclo del Agua\u201d para utilizar somentes o 90% da consumida actualmente, pois pretenden reutilizar os efluentes l\u00edquidos depurados. Algo non debeu sair \u201c\u00f3 gusto\u201d pois, en Pontevedra, a algu\u00e9n nomearon \u201cpersoa non grata\u201d.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Sinceramente espero que a \u00e1mbalas d\u00faas f\u00e1bricas lles vaia moi ben, non polos accionistas, sen\u00f3n por corporativismo cos traballadores que al\u00ed dan o callo. Non obstante, gustar\u00edame resaltar que ditas empresas, en 2014 xeraron 1 500 000 mill\u00f3ns de kWh de enerx\u00eda el\u00e9ctrica coa biomasa que sacaron dos montes galegos. Tiveron en 2015 uns ingresos de 313 mill\u00f3ns de euros, cun beneficio neto de 22,1 mill\u00f3ns de euros, que equivale a un 7% de ganancia, frente a un gasto de producci\u00f3n de 290,9 mill\u00f3ns de \u20ac, o que equivale \u00f3 92,93 % de gasto do mont\u00f3n total. \u00d3 meu ver, unha ganancia \u201cmoi pobre\u201d para ese volumen de cartos, e que quizais deber\u00edan cambiar a t\u00f3dolos directivos por falta de rendimento.(Datos da Wikipedia. Naturalmente, en esta fonte de informaci\u00f3n \u201cfinanciera\u201d p\u00f3dese po\u00f1er calquera cousa, pois ningu\u00e9n pode correxir a orixe dos datos)&nbsp; <\/em><a href=\"https:\/\/www.blogger.com\/blogger.g?blogID=15323181#Ancla\"> *<\/a><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiOOPtNCSoKuBTENUu-ION78Wl89vDHHywB1vO4dkkyIouzgR3VWhls3BzwERtG73VQqJsyhTBLSUlzGHp8C6j_C1EE1wGkK_1m1e-tk-Yc47lworzewplRKNIIJSGuCLSzIo7rWg\/s2048\/Navia+maps.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"432\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiOOPtNCSoKuBTENUu-ION78Wl89vDHHywB1vO4dkkyIouzgR3VWhls3BzwERtG73VQqJsyhTBLSUlzGHp8C6j_C1EE1wGkK_1m1e-tk-Yc47lworzewplRKNIIJSGuCLSzIo7rWg\/s2048\/Navia+maps.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no maps de Google<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7q0ak9XHFEDEf2hN9rBWbWNYRKYptA2Ag_mQfGtRoIqMP0T5-tG4-nFOXgOyxN3hCuZtVz1eW9H6O4wW7kiKplNmbOE-E0zPSxYbC8WdB_XSv9cvY1vR774WXVbrFLXzSE8gPrQ\/s2048\/Navia+Sigpac.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"464\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7q0ak9XHFEDEf2hN9rBWbWNYRKYptA2Ag_mQfGtRoIqMP0T5-tG4-nFOXgOyxN3hCuZtVz1eW9H6O4wW7kiKplNmbOE-E0zPSxYbC8WdB_XSv9cvY1vR774WXVbrFLXzSE8gPrQ\/s2048\/Navia+Sigpac.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no Visor Sigpac (m\u00e1is nova que no Google Maps)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em><\/em><\/p>\n<p><em>Por outro lado, en cambio, a administraci\u00f3n do Estado, gasta os cartos que fagan falta, non para mellorar o entorno da R\u00eda de Ribadeo, sen\u00f3n para facer v\u00edas de tren para levar por v\u00eda estreita 520 000 Tm\/ano de pasta de papel a Xix\u00f3n. \u00bfPor qu\u00e9 non se constr\u00fae a Ponte dos Difuntos ou dos Mortos dunha vez por todas? \u00bfa\u00ednda non se convenceron a Xunta, Portos de Galiza e a administraci\u00f3n do Principado, que a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Ponte%20dos%20Santos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ponte dos Santos<\/a> e as escolleiras son unha ru\u00edna ambiental totalmente en contra do noso ecosistema? A Ponte dos Difuntos, poder\u00eda conter a v\u00eda do tren por unha tabla baixa e m\u00e1is a autopista por unha tabla alta. Unir\u00eda Castropol e Ribadeo, sin destruir a r\u00eda e dar\u00eda m\u00e1is vida a toda a contorna, pois o porto de Ribadeo poder\u00edase ampliar para barcos de m\u00e1is calado e maior tr\u00e1fico mar\u00edtimo, que sempre foi o noso gran motor da econom\u00eda. Mesmo se pode levar a cabo aquel vello proxecto de unir o Porto de Ribadeo con Vilafranca do Bierzo, ou a\u00ednda con Lugo pola Pontenova ou por Mondo\u00f1edo. A Ponte dos Santos \u00e9 un verdadeiro atranco na r\u00eda, xa o dec\u00edan aquelles vellos mari\u00f1eiros que razoaban un mont\u00f3n: \u201cA R\u00eda de Ribadeo non \u00e9 o Duero, aqu\u00ed hai marea cada seis horas\u201d.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>3) No fondo da R\u00eda de Ribadeo hai tanta riqueza en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/gale%C3%B3n%20de%20Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pecios<\/a> que si a algu\u00e9n se lle ocurre po\u00f1erse a estudialos, ten que ter en conta que non lle chegar\u00e1 o tempo da s\u00faa propia vida, pero \u00bf\u00e9 mellor deixalos donde est\u00e1n, desaparecendo pouco a pouco?&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>4) Fai uns anos, no Cemiterio dos Castros (Teima, 24-Febreiro-1977) encheronse de formig\u00f3n as tumbas celtas, algunha con \u00f3sos e mesmo con alg\u00fan esqueleto casi completo, para facer un \u201cchalet\u201d. Non pasou nada: \u201ceran outros tempos\u201d.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>5) Os temporais causan estragos nos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/historia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">xacementos arqueol\u00f3xicos<\/a> costeiros de Ribadeo e Barreiros (A Mari\u00f1a, 23-Febreiro-2016). O Forno romano de Esteiro est\u00e1 a piques de desaparecer; a Punta do Castro de Vilach\u00e1 en San Miguel de Reinante, pouco a pouco desaparece; a turbeira de Arealonga desfaise; a tumba da praia do Coto de Barreiros afectada. Non pasa nada: \u201cPatrimonio ten moito traballo e cos recursos que ten, non d\u00e1 para m\u00e1is\u201d.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>6) A tala de eucaliptos e a s\u00faa replantaci\u00f3n levouse por diante en Mondo\u00f1edo o Castro inventariado do Monte da Arca (A Mari\u00f1a 16-Marzo-2016). Mari\u00f1a Patrimonio e Adega presentaron denuncia ante o Seprona. \u00a1Esperemos que algo pase desta vez!&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>7) \u00bf<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Illa%20Pancha\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Que se est\u00e1 intentando facer no faro da Illa Pancha<\/a>? \u00bfUn hotel de d\u00faas habitaci\u00f3ns&#8230;? Postos a arrasar patrimonio p\u00fablico \u00bfpor qu\u00e9 non se deciden a facer un edificio de trinta plantas, cunha luz \u201cestrobosc\u00f3pica\u201d no restaurante-discoteca da terraza, que acade a verse en Espasante e en Xix\u00f3n e se deixan de tonter\u00edas de pouca monta?&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Hai ducias de casos de barbarie \u201cpermitida ou sobrese\u00edda\u201d que se ven de cot\u00edo arrasando o noso magn\u00edfico <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/historia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Patrimonio<\/a> que ten miles de anos de historia, e en contra do \u201cmodus vivendi\u201d dos veci\u00f1os, que unha vez educados como Deus manda, te\u00f1en que irse a traballar fora dos pobos que os viron nacer, posto que \u201ceiqu\u00ed non hai nada do que vivir\u201d. \u00a1Manda truco!<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.blogger.com\/null\" id=\"a\" name=\"Ancla\">[*]<\/a> M\u00e1is ben \u00e9 o rev\u00e9s, calquera pode editar, e a\u00ednda que se alg\u00faen edita mal pronto soe estar corrixido, non sempre ocorre (nota do blog). <em><br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cunha semana de retraso sobre o seu env\u00edo, deixo a continuaci\u00f3n un artigo de Pancho Campos sobre temas que incl\u00faen alg\u00fan que est\u00e1 candente estes d\u00edas: \u201cDesfeita\u201d \u00e9 un termo que se emprega como equivalente a: destruci\u00f3n, desastre, derrota, confusi\u00f3n. Nalg\u00fans lugares quedou o termo como designaci\u00f3n topon\u00edmica ligada a testemu\u00f1as de feitos aciagos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[128,11,46,120,56,80,77],"class_list":["post-6235","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-galeon-de-ribadeo","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ponte-dos-santos","tag-ria","tag-ria_si_nave_non","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6235","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6235"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6235\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6235"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6235"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6235"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}