{"id":6231,"date":"2016-04-01T08:15:00","date_gmt":"2016-04-01T06:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:50:31","modified_gmt":"2024-11-12T12:50:31","slug":"un-novo-pleno-baleiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/04\/01\/un-novo-pleno-baleiro\/","title":{"rendered":"Un novo pleno baleiro (de xente, non de contido)"},"content":{"rendered":"<p>Como manda a costume e o imp\u00f3n o xeito de facer as cousas, o martes houbo un pleno no que asistiron de p\u00fablico catro persoas, periodistas inclu\u00eddos. Non deb\u00eda de ser moi importante, pois total, s\u00f3 se trataban cousas de pouca monta como o orzamento municipal.<\/p>\n<p>Por partes. O documento que apareceu na web do concello dando difusi\u00f3n \u00e1 convocatoria do pleno de martes 29 de marzo de 2016 teno tempo de colgado na rede en &#8216;Lun 28 Mar 2016 21:01:21 CEST&#8217;. Tendo en conta que o se comezo eran as 20:30 do d\u00eda seguinte, menos de 24 horas de antelaci\u00f3n &#8216;con nouturnidade&#8217;. De calquera xeito, a\u00ednda que non se chegue \u00f3 recomendable, representa unha mellora sobre o xeito de facer as cousas tan s\u00f3 un ano atr\u00e1s, onde dita difusi\u00f3n non exist\u00eda m\u00e1is al\u00f3 dun papel perdido no taboeiro do concello.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjeq6avG6oUCPh_EbiJnNHVBMuXl3tQlAytSUtVraiTDvb1K7AdCWso6nUW0wdQo6oFbPnxu7yLFrecBRgMfFdrzM16ggN4dzwSpjPn0CwZLE-oQYJiLSq2jx03iS0_eKZzM9QR8Q\/s2048\/convocatoria+Pleno_Ordinario_29_de_marzo_de_2016.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjeq6avG6oUCPh_EbiJnNHVBMuXl3tQlAytSUtVraiTDvb1K7AdCWso6nUW0wdQo6oFbPnxu7yLFrecBRgMfFdrzM16ggN4dzwSpjPn0CwZLE-oQYJiLSq2jx03iS0_eKZzM9QR8Q\/s2048\/convocatoria+Pleno_Ordinario_29_de_marzo_de_2016.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Por certo, como pequeno comentario: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/03\/hoxe-pleno-no-concello-de-ribadeo.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">hai xusto un ano outro pleno modificaba outra vez a ordenanza municipal da praza de abastos<\/a>. E hai ano e medio, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/11\/hoxe-pleno-conecendo-orde-do-dia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">outra vez<\/a>. A pobre debe estar xa mareada.<\/p>\n<p>A convocatoria estaba inclu\u00edda nunha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2042&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nova de difusi\u00f3n do concello<\/a>:<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<h2>\n<em>Novas<\/em><\/h2>\n<p class=\"imgnovas\"><img decoding=\"async\" alt=\"Foto Concello\" src=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1459179485Foto_Concello_Ribadeo.jpg\" \/><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>A SESI\u00d3N DAR\u00c1 COMEZO \u00c1S 20:30 HORAS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Pleno ordinario<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">28\/03\/2016<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>No pleno ordinario que se celebrar\u00e1 ma\u00f1\u00e1,<br \/>\nmartes, no Concello ribadense someterase a aprobaci\u00f3n o presuposto<br \/>\nmunicipal para 2016 que ascende a 9 447 000 euros, o que sup\u00f3n un<br \/>\nincremento do 4% con respecto ao do ano pasado. Nos orzamentos<br \/>\ndest\u00ednanse a investimentos reais 1 767 000 euros, segundo explicou esta<br \/>\nma\u00f1\u00e1 o alcalde, Fernando Su\u00e1rez. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O rexedor sinalou que \u00e1 sesi\u00f3n de ma\u00f1\u00e1 &#8220;van varios asuntos de<br \/>\ninterese municipal e dos mais transcendentes pode ser o presuposto<br \/>\nmunicipal para este 2016, que ascende a 9 447 000 euros. Sofre un<br \/>\nincremento do 4% con respecto ao do ano pasado e no que hai que destacar<br \/>\n que en materia de ingresos de impostos directos e indirectos seguen sen<br \/>\n experimentar subidas mais al\u00f3 do que ten que ver co IBI, mais al\u00f3 da<br \/>\nregularizaci\u00f3n que levou a cabo o Ministerio de Facenda, a trav\u00e9s da<br \/>\nDirecci\u00f3n Xeral do Catastro, derivadas de unidades que non foran<br \/>\ndeclaradas anteriormente polos seus propietarios. E hai outro<br \/>\nincremento, que \u00e9 o do imposto da plusval\u00eda, non porque subiramos os<br \/>\nratios nin as taxas nin as porcentaxes, sen\u00f3n motivado por un maior<br \/>\nmovemento que se est\u00e1 a experimentar nos \u00faltimos tempos nas compra<br \/>\nvendas de bens inmobles aqu\u00ed en Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia indicou<br \/>\nque &#8220;no que ten que ver co gasto e coas transferencias correntes<br \/>\nincrementan un 7,85% para transferencias a distintas \u00e1reas como pode ser<br \/>\n educaci\u00f3n, servizos sociais, medio rural, cultura, deportes, turismo,<br \/>\netc\u2026 e no que ten que ver cos investimentos reais ascenden a 1 767 000<br \/>\neuros. Mantemos o nivel de investimentos do ano 2015 e destacan para<br \/>\neste ano as partidas para a anualidade da residencia e para as obras de<br \/>\nreparaci\u00f3n de r\u00faas da \u00c1rea de Rehabilitaci\u00f3n Integral de Ribadeo, e<br \/>\ntam\u00e9n doutras actuaci\u00f3ns importantes en obras e asfaltado en r\u00faas e<br \/>\ncami\u00f1os, en mobiliario urbano, en instalaci\u00f3ns deportivas, etc&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\n alcalde subli\u00f1ou que &#8220;tam\u00e9n neste ano contemplamos, e esperemos que<br \/>\nsexa de inicio nada mais, a posible concertaci\u00f3n dunha operaci\u00f3n de<br \/>\ncr\u00e9dito bancaria para facer fronte, si \u00e9 preciso, para financiar a<br \/>\nconstruci\u00f3n da residencia, desa parte non comprometida inicialmente polo<br \/>\n Concello, si comprometida por algunha outra administraci\u00f3n como a<br \/>\nXunta, que a d\u00eda de hoxe nin est\u00e1 nin se lle espera, si o compromiso da<br \/>\nDeputaci\u00f3n Provincial de Lugo, pero en tanto non te\u00f1a aprobados os seus<br \/>\norzamentos obr\u00edganos ao Concello de Ribadeo a concertar esta operaci\u00f3n<br \/>\nde pr\u00e9stamo que inicialmente establecementos en 550 000 euros. Si<br \/>\nefectivamente a achega da Deputaci\u00f3n despois chega esta operaci\u00f3n<br \/>\ncancelar\u00edase e quedar\u00eda amortizada, pero en todo caso \u00e9 boa cousa<br \/>\nprevela porque queremos que a residencia se acabe con toda normalidade&#8221;.<br \/>\n E engadiu: &#8220;e relacionado con isto \u00faltimo destacar que se reducen os<br \/>\nxuros da d\u00e9beda bancaria que hab\u00eda no pasado, porque hai anos que non se<br \/>\n pide pr\u00e9stamo alg\u00fan e reduciuse o 64% por vencemento de pr\u00e9stamos, \u00e9<br \/>\ndicir remataron a s\u00faa vida a\u00ednda que foran solicitados hai anos. Durante<br \/>\n estes \u00faltimos anos estivemos pagando e reduc\u00edronse moit\u00edsimo e iso nos<br \/>\nda capacidade de certo endebedamento, que tentaremos que sexa o m\u00ednimo<br \/>\nposible, por suposto&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Na sesi\u00f3n ordinaria de ma\u00f1\u00e1, 29 de marzo,<br \/>\n\u00e1s 20:30 horas tam\u00e9n se someter\u00e1 a aprobaci\u00f3n a modificaci\u00f3n puntual de<br \/>\nvarias ordenanzas: &#8220;propo\u00f1emos as modificaci\u00f3ns puntuais de varias das<br \/>\nordenanzas que temos. No que ten que ver coa nosa compa\u00f1eira Luz, que \u00e9 a<br \/>\n concelleira encargada da escola de m\u00fasica, prev\u00e9 a modificaci\u00f3n da<br \/>\nordenanza deste centro para incorporar varias posibilidades formativas,<br \/>\ncomo poden ser os obradoiros de instrumentos para alumnado de 6 a 7 anos<br \/>\n ou mesmo, en vista da demanda que est\u00e1 a ter como complemento da m\u00fasica<br \/>\n tradicional, tam\u00e9n se quere propo\u00f1er a creaci\u00f3n da materia de percusi\u00f3n<br \/>\n tradicional, as\u00ed como a ampliaci\u00f3n de catro a cinco cursos acad\u00e9micos<br \/>\ndas materias de danza moderna e de ballet cl\u00e1sico; por outra banda, a<br \/>\nconcelleira de Sustentabilidade Ambiental, Paz Ermida, prop\u00f3n a<br \/>\nmodificaci\u00f3n da ordenanza vixente de medio ambiente, que data do ano<br \/>\n2006, para a creaci\u00f3n dun espazo exclusivo para o esparexemento, para o<br \/>\nlecer e para o ba\u00f1o de cans, que ao mesmo tempo teremos que sinalizar<br \/>\naxeitadamente&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;na actualidade hai un<br \/>\ngrande n\u00famero de persoas no concello que te\u00f1en un can como animal de<br \/>\ncompa\u00f1\u00eda e sabemos que te\u00f1en restrinxido o seu acceso a moitas zonas,<br \/>\ncomo espazos p\u00fablicos, e ent\u00f3n desde o Concello somos sensibles a unha<br \/>\ndemanda crecente e estivemos nestes \u00faltimos tempos a traballar na<br \/>\nhabilitaci\u00f3n dun espazo que fora utilizable para estes potenciais<br \/>\nusuarios e ao mesmo tempo que garanta o cumprimento das condici\u00f3ns<br \/>\nhixi\u00e9nico sanitarias para a poboaci\u00f3n de Ribadeo. E o espazo que<br \/>\neliximos como \u00e1rea exclusiva de esparexemento e lecer para os cans<br \/>\nat\u00f3pase situado debaixo da Ponte dos Santos practicamente, indo para o<br \/>\nCargadeiro nunha baixada cerca da primeira pilastra da ponte, que \u00e9 un<br \/>\nlugar moi pouco concorrido e por esas condici\u00f3ns par\u00e9cenos axeitado como<br \/>\n un primeiro espazo p\u00fablico para que os donos de cans poidan estar con<br \/>\neles al\u00ed con total normalidade e ao mesmo tempo que non molesten noutros<br \/>\n espazos, singularmente noutras praias. Tivemos varias posibilidades e<br \/>\ninicialmente decant\u00e1monos por esa, sen prexu\u00edzo de que no futuro se<br \/>\npoidan estender a outros emprazamentos&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Ademais &#8220;hai outra<br \/>\nordenanza na que a nosa compa\u00f1eira Ana Mart\u00ednez, a concelleira da praza<br \/>\nde abastos, do mercado e de Desenvolvemento Local, pretende facer<br \/>\npequenas modificaci\u00f3ns: \u00e9 na da praza de abastos e dos mercados en<br \/>\nxeral, dado que ultimamente hai novas tipolox\u00edas, modificaci\u00f3ns de<br \/>\nmercados e de postos, polo que hai unha suma de pequenas cousas que<br \/>\ndebemos ir facendo para adaptarnos aos tempos e que os mercados e a<br \/>\npraza de abastos de Ribadeo estean cunhas ordenanzas modernas, din\u00e1micas<br \/>\n e flexibles&#8221;, seguiu a explicar o alcalde ribadense. <\/em><\/p>\n<p><em>E<br \/>\nfinalmente &#8220;como outro punto neste pleno prevense unhas modificaci\u00f3ns da<br \/>\n Relaci\u00f3n de Postos de Traballo (RPT), que son uns cambios moi pequenos,<br \/>\n moi concretos, moi puntuais derivados basicamente do que ten que ver co<br \/>\n posto de traballo do xefe da Polic\u00eda Local, en cumprimento dunha<br \/>\nsentenza que indica o deber de subsanaci\u00f3n das deficiencias no tocante<br \/>\nao seu complemento espec\u00edfico; por outra banda, a consignaci\u00f3n econ\u00f3mica<br \/>\n do posto de Tesourer\u00eda, dado que foi inclu\u00eddo polo Ministerio de<br \/>\nFacenda hai moi poucos meses no concurso estatal reservado a<br \/>\nfuncionarios de habilitaci\u00f3n estatal precisamente e como ata agora<br \/>\nsempre estivo vacante deb\u00e9molo consignar por este requirimento legal. E<br \/>\nao mesmo tempo tam\u00e9n queremos facer unha pequena reordenaci\u00f3n das<br \/>\nfunci\u00f3ns do posto de ordenanza municipal e a adaptaci\u00f3n a outra praza<br \/>\nsimilar, neste caso diminu\u00edndo as retribuci\u00f3ns do posto en cuesti\u00f3n&#8221;,<br \/>\nconclu\u00edu o alcalde.<\/em><\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>Como se ve, a nova remata cunha longa cita do alcalde.<\/p>\n<p>Despois do pleno, <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2046&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">outra nova cun t\u00edtulo que expresa \u00e1s claras os puntos importantes do pleno<\/a>, e como non, remata con outra cita do alcalde (despois de ser outras citas o groso do texto, como no caso anterior). Por certo, aparecen aclaraci\u00f3ns: o alcalde asegura que os partidos recibiron hai 11 d\u00edas a documentaci\u00f3n do orzamento, e iso porque no pleno queix\u00e1ronse de non ter tempo a leela, e por iso as abstenci\u00f3ns que houbo:<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<h2>\n<em>Novas<\/em><\/h2>\n<p><em><\/p>\n<p>       <\/em><\/p>\n<p class=\"novas\"><em><\/p>\n<p>  <\/em><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>RIBADEO CONTAR\u00c1 CUN LUGAR DE BA\u00d1O PARA OS CANS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Orzamento para 2016<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">30\/03\/2016<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>No pleno celebrado onte no Concello foi aprobado<br \/>\n o orzamento municipal para 2016 que ascende a 9,5 mill\u00f3ns de euros. O<br \/>\nalcalde, Fernando Su\u00e1rez, asegurou que os partidos da oposici\u00f3n<br \/>\nrecibiron hai 11 d\u00edas a documentaci\u00f3n correspondente e cualificou de<br \/>\nrechamante a s\u00faa actitude. O rexedor considera que si tiveron problemas<br \/>\ncoa recepci\u00f3n por correo electr\u00f3nico da informaci\u00f3n puideron dirixirse<br \/>\nao Concello e consultar en formato papel dita documentaci\u00f3n. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;foi un importante pleno este ordinario que<br \/>\ncelebramos onte \u00e1 noite, no que se abordaron unha serie de puntos<br \/>\nimportantes para Ribadeo. Eu penso que todos son importantes, pero hai<br \/>\nun que destaca, que \u00e9 o orzamento do Concello de Ribadeo, que neste ano<br \/>\nascende a practicamente 9 mill\u00f3ns e medio de euros, o cal sup\u00f3n un<br \/>\naumento dun 4,03 por cento. C\u00f3brense investimentos importantes que nos<br \/>\nafectan a todos, tanto \u00e1 xente que vive nas parroquias como \u00e1 que reside<br \/>\n na vila. Hai que ter en conta que cubrimos practicamente 1 800 000<br \/>\neuros de investimentos reais, que son financiados con recursos propios<br \/>\ndo Concello e con outros procedentes doutras administraci\u00f3ns. Son para<br \/>\npoder manter e repo\u00f1er nas distintas \u00e1reas do concello con obras de<br \/>\nasfaltados en r\u00faas e cami\u00f1os, en mobiliario urbano, instalaci\u00f3ns<br \/>\ndeportivas, etc\u00e9tera, aparte de todo o investimento que queremos seguir<br \/>\nmantendo en servizos sociais, en cultura, en deportes, en igualdade,<br \/>\netc\u00e9tera&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Sobre a actitude mantida polos partidos da oposici\u00f3n<br \/>\nna sesi\u00f3n plenaria dixo &#8220;debo destacar que \u00e9 un pouco sintom\u00e1tico que<br \/>\nestes puntos outros anos sempre daban lugar a debates, pois \u00e9 l\u00f3xico que<br \/>\n a oposici\u00f3n a veces queira expo\u00f1er os seus argumentos e contrastalos, o<br \/>\n cal nos parece moi ben, pero este ano \u00e9 un pouco rechamante que a<br \/>\nmaior\u00eda da oposici\u00f3n dixo que non recibira ben o correo electr\u00f3nico con<br \/>\nesa informaci\u00f3n e que polo tanto non o pod\u00eda debater. Eu quero dicir que<br \/>\n toda a documentaci\u00f3n que se manda a trav\u00e9s dos procedementos<br \/>\nelectr\u00f3nicos chegou 11 d\u00edas antes da celebraci\u00f3n do pleno e se houbo<br \/>\nalgunha incidencia tiveron tempo para vir comunicarllo ao funcionario<br \/>\nresponsable dos env\u00edos; e en todo caso, m\u00e1is al\u00f3 dos env\u00edos a trav\u00e9s dos<br \/>\n correos electr\u00f3nicos, sempre obra na Secretar\u00eda do Concello unha copia<br \/>\nen papel e todos os expedientes, como todas as Corporaci\u00f3ns e todos os<br \/>\ngobernos anteriores foron facendo ao longo da historia, xa que antes non<br \/>\n se mandaban as convocatorias nin a documentaci\u00f3n por correo<br \/>\nelectr\u00f3nico. Agora, por unha deferencia, faise, pero desde logo se<br \/>\nalgu\u00e9n non as recibe pode comunicalo porque se mandan con moita<br \/>\nantelaci\u00f3n. Varios grupos da oposici\u00f3n abstiv\u00e9ronse, non quixeron votar a<br \/>\n favor deste orzamento, pero non por discrepar con el nas cifras ou<br \/>\npolas li\u00f1as de traballo, sen\u00f3n porque dixeron que non recibiran o correo<br \/>\n electr\u00f3nico 11 d\u00edas antes&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde indicou que &#8220;este<br \/>\npresuposto acaba de nacer, pero afortunadamente hai unha parte que<br \/>\nt\u00ed\u00f1amos comprometida a trav\u00e9s dun pr\u00e9stamo bancario, que en funci\u00f3n<br \/>\ndestas noticias positivas para a provincia, e tam\u00e9n para Ribadeo, de que<br \/>\n a Deputaci\u00f3n Provincial no d\u00eda de onte aprobou o seu orzamento anual,<br \/>\nentendemos que o compromiso que o goberno provincial do PSOE e do BNG<br \/>\ncon Ribadeo para asumir aquela parte que case toda a Corporaci\u00f3n, non<br \/>\ntoda lamentablemente, lle ped\u00edramos porque se a Xunta non fac\u00eda fronte<br \/>\n\u00e1s s\u00faas responsabilidades e aos seus compromisos de financiar aquela<br \/>\nparte de 500 000 euros para rematar a residencia de maiores si o far\u00eda a<br \/>\n Deputaci\u00f3n. Como finalmente no d\u00eda de onte o organismo provincial<br \/>\naprobou o seu orzamento, confiamos e entendemos que nos pr\u00f3ximos d\u00edas se<br \/>\n far\u00e1 un convenio para garantir economicamente ese compromiso pol\u00edtico<br \/>\ncon Ribadeo. E as\u00ed o Concello de Ribadeo non ter\u00e1 que acudir a un<br \/>\npr\u00e9stamo externo para poder sufragar esa cifra&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez<br \/>\nmanifestou que &#8220;hai que ter en conta que nestes \u00faltimos anos, e as\u00ed se<br \/>\nreflexa no orzamento deste 2016, os xuros da d\u00e9beda con entidades<br \/>\nfinanceiras reduc\u00edronse un 64 por cento; por unha banda polo vencemento<br \/>\ndos pr\u00e9stamos, dado que hai anos que non se piden, e por outra banda<br \/>\npola tendencia \u00e1 baixa nos tipos de xuro para as operaci\u00f3ns que est\u00e1n<br \/>\na\u00ednda en vigor de anos atr\u00e1s. Pero con todo, con esta boa noticia da<br \/>\nDeputaci\u00f3n o nivel de endebedamento crediticio non sufrir\u00e1 aumentos,<br \/>\nsen\u00f3n todo o contrario&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor dixo que &#8220;na orde do d\u00eda foron<br \/>\n aprobados de xeito un\u00e1nime ou case un\u00e1nimes, tanto a modificaci\u00f3n da<br \/>\nordenanza municipal medioambiental na que contemplamos un espazo para<br \/>\nesparexemento e ba\u00f1o para os cans. Empezaremos cunha zona moi pequeni\u00f1a<br \/>\nsituada debaixo da Ponte dos Santos. Se iso funciona ben igual<br \/>\npoder\u00edamos crear outras zonas, pero de momento empezamos por aqu\u00ed. Tam\u00e9n<br \/>\n foi para adiante a modificaci\u00f3n da ordenanza reguladora da praza de<br \/>\nabastos, mercadi\u00f1os e venda ambulante e por unha ampla maior\u00eda se<br \/>\naprobou a modificaci\u00f3n da ordenanza da escola de m\u00fasica para prever<br \/>\nalgunha nova incorporaci\u00f3n de servizos, aumentar alg\u00fan curso no que ten<br \/>\nque ver con baile moderno e ballet, percusi\u00f3n tradicional e alg\u00fans<br \/>\noutros cursos e obradoiros demandados pola cidadan\u00eda. Non hai que<br \/>\nesquecer que esta Escola de M\u00fasica de Ribadeo da servizo a m\u00e1s de 300<br \/>\nalumnos e \u00e9 un orgullo para Ribadeo e para Galicia contar con ela&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez<br \/>\n Barcia engadiu que &#8220;dentro do apartado de rogos e preguntas que fai a<br \/>\noposici\u00f3n moitos deles con total fundamentaci\u00f3n como po\u00f1er alg\u00fans<br \/>\nespellos que faltan, ama\u00f1ar alg\u00fans cami\u00f1os que non est\u00e1n ben dos que<br \/>\ntomamos boa nota sobre todo nun acceso a Ribadeo que depende do<br \/>\nMinisterio de Fomento, na rotonda da Opel, que se fixo hai uns meses un<br \/>\ncorte e que a reposici\u00f3n non est\u00e1 correcta, e desde logo xa dimos conta<br \/>\nao Ministerio de Fomento desta incidencia&#8221;. E tam\u00e9n se referiu &#8220;a estas<br \/>\nincidencias que se dan no pol\u00edgono industrial de Ribadeo a conta dos<br \/>\nfallos de telefon\u00eda de Movistar, no que lles comentamos aos corporativos<br \/>\n que hai moi pouqui\u00f1os d\u00edas por parte desta operadora se nos&nbsp; asegurou o<br \/>\n compromiso de resolver dunha vez por todas esta incidencia e que os<br \/>\nm\u00e1ximos responsables a nivel galego \u00edan vir aqu\u00ed a dar a cara diante de<br \/>\ntodos os usuarios e empresarios do pol\u00edgono industrial de Ribadeo&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>Polo que me contaron (non asist\u00edn), debeu de ser un pleno realmente curioso [non sei como non vai m\u00e1is xente para observar as curiosidades] que mesmo tivo un receso que foi ofrecido para que o membro dun partido clarificara as ideas en relaci\u00f3n a unha proposta do propio partido, chamando a quen correspondera. Os orzamentos non tiveron discusi\u00f3n, cousa in\u00e9dita a\u00ednda tendo maior\u00edas absolutas o equipo de goberno, e que \u00e9 rese\u00f1ada na glosa do alcalde.<\/p>\n<p>E, despois das verbas do alcalde&#8230; nada m\u00e1is que dicir.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como manda a costume e o imp\u00f3n o xeito de facer as cousas, o martes houbo un pleno no que asistiron de p\u00fablico catro persoas, periodistas inclu\u00eddos. Non deb\u00eda de ser moi importante, pois total, s\u00f3 se trataban cousas de pouca monta como o orzamento municipal. Por partes. O documento que apareceu na web do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[61,42],"class_list":["post-6231","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-orzamentos","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6231","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6231"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6231\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6231"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6231"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6231"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}