{"id":6215,"date":"2016-04-13T12:03:00","date_gmt":"2016-04-13T10:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:49:59","modified_gmt":"2024-11-12T12:49:59","slug":"a-aduana-vella-de-ribadeo-artigo-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/04\/13\/a-aduana-vella-de-ribadeo-artigo-de\/","title":{"rendered":"A ADUANA VELLA DE RIBADEO. Artigo de  Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>En Ribadeo hai varias casas blasonadas, esto \u00e9, con escudos de armas nalgunha das s\u00faas paredes cos blas\u00f3ns da linaxe que pertenceron \u00f3 se\u00f1or que as mandou construir. Unha delas \u00e9 a chamada Aduana Vella sita no muelle de Porcill\u00e1n. Este vetusto edificio, con dous amplos balc\u00f3ns en voladizo sobre a fachada que resaltan o seu se\u00f1or\u00edo, foi a casa de D. Carlos Miguel Acevedo Pardo e Taboada, Capit\u00e1n de Granadeiros do Rexemento de Infanter\u00eda de Milicias de Oviedo.<br \/>\nD. Carlos era fillo de D\u00aa Mar\u00eda Josefa Pardo de Cela Ulloa e Taboada e de D. Gregorio Antonio de Acevedo Pardo Villamil e Montenegro, veci\u00f1o de Castropol.<br \/>\nD\u00aa Mar\u00eda Josefa foi veci\u00f1a de San Miguel de Reinante, filla de D. Juan Pardo de Cela e Taboada de Aguiar, neta de D. Pedro Pardo de Aguiar e bisneta de D. Alvaro de Taboada e de D\u00aa Violante de Andrade, que foron os que construiron en San Miguel de Reinante a Casa Torre de Pumar\u00edn entre os anos 1559 e 1561, donde se conservan magn\u00edficamente dous escudos de armas da s\u00faa linaxe, sobre a fachada deteriorada de tan insigne pazo.<\/p>\n<p>A casa da Aduana Vella, na fachada do patio interior do servicio privado entrando pola r\u00faa de Amando P\u00e9rez, ten un escudo de armas espa\u00f1ol de 1726, adornado con casco ou celada de cabaleiro fidalgo, mirando a destra, adornado cun penacho de cinco plumas e viseira baixada e protexida por cinco grilletas (barras verticais que forman unha rexilla). Polo exterior est\u00e1 rodeado de lambrequines sinxelos a modo de burletes que rematan na parte baixa cun sost\u00e9n con figura de cara de anxo ou de tenante de pelo longo.<\/p>\n<p>Est\u00e1 cuartelado en cruz ou dividido en catro cuarteis. No 1\u00ba cuartel: catro lises laterais e unha espada con cruceta e guarda, centrada en pao (vertical) coa punta mirando para enriba tocando unha quinta lis, e no medio da folla da espada, asemella ter unha pequena flor. Son as armas dos Miguel ou dos Miguez: en campo de azur (cor azul) unha espada de prata punta arriba, cargada dunha rosa do mesmo metal e acompa\u00f1ada de cinco lises de ouro en orla. (Blas\u00f3ns de 1757 do Rei de Armas D. Sebasti\u00e1n del Castillo). O apelido Miguel us\u00f3use como equivalente a Miguez, patron\u00edmico, ou apelido dun fillo provinte do nome do pai.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhtPC3aFdkU7g74aKeT2dr4p7NntmRNW8LHsEcyZ7S_KtrNntpHIf9ShPf3tI0FhP5_9Cr2vNQ-HtogWE3d-r4L6Yay4RzF1bS00q_VBrFjfc5SM4d8DL7dnAwy_Uq2dVgrBNxY1g\/s2048\/Aduana+vella.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"362\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhtPC3aFdkU7g74aKeT2dr4p7NntmRNW8LHsEcyZ7S_KtrNntpHIf9ShPf3tI0FhP5_9Cr2vNQ-HtogWE3d-r4L6Yay4RzF1bS00q_VBrFjfc5SM4d8DL7dnAwy_Uq2dVgrBNxY1g\/s2048\/Aduana+vella.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A Aduana vella, na primavera de 2005<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O 2\u00ba cuartel mostra unha \u00e1rbore cun can atado. Son as armas dos Acevedo que se representan en campo de ouro un acivro de sinople (cor verde), cun lebrel branco amarrado.<\/p>\n<p>O 3\u00ba cuartel est\u00e1 cortado ou dividido en dous por unha li\u00f1a horizontal. Na parte alta ten unha \u00e1guia bic\u00e9fala, posiblemente as armas dos Zigar\u00e1n, que constan no lema da bordura do escudo, e na parte baixa d\u00faas aves con longos pescozos enroscados, que \u00e9 un moble ou figura sin reco\u00f1ecer nos blas\u00f3ns e linaxes de Galiza, nin nas figuras da her\u00e1ldica espa\u00f1ola consultadas.<\/p>\n<p>O 4\u00ba cuartel mostra cinco corvos pousados, postos dous enriba, un central e dous en baixo. A\u00ednda que falta un sexto corvo, son armas dos Cuervo, dos Miguel Vigil de Asturias e dos Arango que derivan da linaxe dos Cuervo que tiveron o se\u00f1or\u00edo no valle de Arango do concello asturiano de Pravia: en campo de prata, seis corvos de sable (cor negro) postos de dous en dous.<\/p>\n<p>Esta casa blasonada da Aduana Vella vai cumprir 300 anos de historia, a contar a partires da data do propio escudo, e \u00e9 outra das casas semiabandonadas do Ribadeo Antigo. Os seus muros g\u00e1rdan caladi\u00f1amente os anos de esplendor de D.Carlos, pero tam\u00e9n os seus muros saben da amargura e da ru\u00edna material a que o levaban os inacabables e longu\u00edsimos preitos das partixas da herdanza de sua nai, litigados entre 1743 e 1759 contra dos seus irm\u00e1s: D.Gaspar e D\u00aa Cathalina de Acevedo Pardo e Taboada, veci\u00f1os por aquel entonces de Castropol.<\/p>\n<p>O edificio \u00e9 co\u00f1ecido como a Aduana Vella, pois foi adicado a Aduana a partires do ano 1800 cando se construe un embarcadoiro e a rampa en Porcill\u00e1n o final da r\u00faa Ares -Ares ou das Angustias, hoxe Antonio Otero-. Os \u00e1mplios baixos da casa serv\u00edan de almac\u00e9ns e alfol\u00eds, esto \u00e9, de p\u00f3sito ou celeiro e de almac\u00e9n de sal.<br \/>\nPolos anos 1920 e nos anos trinta da Rep\u00fablica estivo adicada a Escola de Nenos e Nenas, ata o comenzo da Guerra Civil, onde impart\u00edan clase D. Jos\u00e9 Novo e D\u00aa Concepci\u00f3n L\u00f3pez Gonz\u00e1lez, que foron apartados do ensino durante a contienda. Logo, a Escola P\u00fablica pasou a primeiros dos anos corenta para detr\u00e1s da actual Casa do Concello, cando o alcalde de Ribadeo D. Jos\u00e9 Mar\u00eda Castelao, comprou a Casa de Raimundo Iba\u00f1ez que daquela acababa de ser a sede do antigo Banco de Casas.<br \/>\nA Aduana Vella \u00e9 un emblema dos trescentos \u00faltimos anos da Historia de Ribadeo, e \u00e9 unha pena que non te\u00f1a ningunha utilidade na actualidade. Menos mal que a algu\u00e9n se lle ocorreu \u201cmaquillala\u201d repint\u00e1ndolle as fachadas e ama\u00f1\u00e1ndolle as fiestras para que \u201caparente\u201d bonita e non caia nun mont\u00f3n. Triste destino para algo tan belo, pero \u00e9 o que hai, e non \u00e9 o \u00fanico.<\/p>\n<p>Nota a posteriori: O 3\u00ba cuartel cortado, son armas dos ZURBANO. Topon\u00edmico vasco, procedente do concello de Arrazua de Vitoria, provincia de \u00c1lava: \u201cescudo cortado: 1\u00ba en campo de prata, un aguia bic\u00e9fala de sable; 2\u00ba en campo de azur, dous cisnes parados e afrontados de prata, cos colos entrelazados\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Ribadeo hai varias casas blasonadas, esto \u00e9, con escudos de armas nalgunha das s\u00faas paredes cos blas\u00f3ns da linaxe que pertenceron \u00f3 se\u00f1or que as mandou construir. Unha delas \u00e9 a chamada Aduana Vella sita no muelle de Porcill\u00e1n. Este vetusto edificio, con dous amplos balc\u00f3ns en voladizo sobre a fachada que resaltan o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,11],"class_list":["post-6215","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6215","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6215"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6215\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6215"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6215"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6215"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}