{"id":6180,"date":"2016-05-17T11:15:00","date_gmt":"2016-05-17T09:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:48:47","modified_gmt":"2024-11-12T12:48:47","slug":"celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/05\/17\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na\/","title":{"rendered":"Celebrando o d\u00eda das letras galegas na pr\u00e1ctica"},"content":{"rendered":"<p>Coido que o mellor xeito de celebrar o d\u00eda das letras galegas \u00e9 usando a lingua e d\u00e1ndolle novas oportunidades, ampliando o seu campo, facendo &#8216;patria ling\u00fc\u00edstica&#8217;. Como fai por exemplo Pancho Campos descubrindo un pouco da historia de Ribadeo no seguinte artigo.<\/p>\n<p>&#8220;<em>CASA BRASONADA DO PARQUE DE RIBADEO<\/em><\/p>\n<p><em>Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado<\/em><\/p>\n<p><em>O escudo que se presenta a sinistra \u00e9 o escudo da casa do parque de Ribadeo, co\u00f1ecida como a \u201ccasa dos cuatro hermanos\u201d, onde estaba o comercio de Maseda que fai esquina entre a r\u00faa Villafranca del Bierzo e a Praza de Espa\u00f1a, co\u00f1ecida de vello en Ribadeo como o campo ou o parque. O escudo central \u00e9 o escudo da Casa do Pat\u00edn, a construci\u00f3n civil en p\u00e9 \u201cm\u00e1is antiga\u201d de Ribadeo, segundo a Gran Enciclopedia Gallega (editada por Silverio Ca\u00f1ada, 1974, Tomo XXVI). O escudo dereito est\u00e1 na Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante. <\/em><\/p>\n<p><em>Os tres escudos presentan o mesmo cuartelado en cruz e os mesmos mobles en cada cuartel, con diferenzas de labrado propias da mestr\u00eda de cada escultor. En canto \u00f3s adornos exteriores son nos tres diferentes, quizais debido os dese\u00f1os de cada cabaleiro que a\u00ednda sendo de ramas da mesma familia, ti\u00f1an ideas e presupostos distintos para pagar cadans\u00faa realizaci\u00f3n.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh9O3_16GBo6gJG5JWCfOF6kWATQ3GddEhkjoeZMNftzZZfztVV4wxkmSb7gQnt19B8Jpw9PGiu7SoDskRAcjOI2pQ93e-lyqAJGr3SMLO1j6ovtvwRop3w2oes-14f5JPbq_L4-w\/s2048\/Escudo+casa+do+parque.+Ribadeo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh9O3_16GBo6gJG5JWCfOF6kWATQ3GddEhkjoeZMNftzZZfztVV4wxkmSb7gQnt19B8Jpw9PGiu7SoDskRAcjOI2pQ93e-lyqAJGr3SMLO1j6ovtvwRop3w2oes-14f5JPbq_L4-w\/s2048\/Escudo+casa+do+parque.+Ribadeo.png\" width=\"228\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><em>Escudo da Casa do Parque. Ribadeo<\/em><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em>O primeiro, da casa do parque, non ten data. \u00c9 un escudo espa\u00f1ol cl\u00e1sico, cunha cruz cristi\u00e1n no centro rompendo a borde alto da bordura, na que non consta lema. Est\u00e1 timbrado cun casco de fidalgo mirando a destra, rematado cun penacho de cinco plumas. O campo est\u00e1 orlado con d\u00faas ramas de palmeira en grilanda que parten da parte baixa.&nbsp;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiF4NM82fo9rr7aZdWvasNMcXKzAVp8eUSRNM73mtced2QRPqW4INa6rflJ7-drDP6Pa02XSYx4vYhcwXu0HDJ2_HT0UldAJ09-JwIglbaf3PfwwmZO4T_WWMZicMWj_nKxC5XUoQ\/s2048\/Escudo+casa+do+Pat%25C3%25ADn.+Ribadeo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"607\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiF4NM82fo9rr7aZdWvasNMcXKzAVp8eUSRNM73mtced2QRPqW4INa6rflJ7-drDP6Pa02XSYx4vYhcwXu0HDJ2_HT0UldAJ09-JwIglbaf3PfwwmZO4T_WWMZicMWj_nKxC5XUoQ\/s2048\/Escudo+casa+do+Pat%25C3%25ADn.+Ribadeo.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><em>Escudo da Casa do Pat\u00edn. Ribadeo<\/em><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em>O segundo, da casa do Pat\u00edn, e un escudo espa\u00f1ol con data do 1700, de factura m\u00e1is antiga, modificado a unha forma cuadrangular segundo o xenio do artista, e que asemella m\u00e1is os escudos presentados no \u201cNobiliario Vero\u201d de Ferr\u00e1n Mex\u00eda de 1492. Na parte alta da bordura ten unha pequena cruz cristi\u00e1n cun Cristo ben esculpido en primorosa miniatura, sobre o lema: \u201cMENENDEZ AVANTE CON LA CRUZ ADELANTE\u201d, das armas dos Men\u00e9ndez Navia. O campo de armas est\u00e1 totalmente rodeado de lambrequines propios do arte renacentista e sostido por follas dunha planta acant\u00e1cea propias do arte cl\u00e1sico.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiQKCPw_zC-2yhhV408QB5VFZsVaWKLImxBB-drm6NcbEZizAnZpuaB_Dg2TMNUQ7_dL9WSLjegYjK5OQtvtPxKS7gx1N6YOGUIMwe72iOkQtgZL9dcnIa9FxKW0aiOxKoIJkuzfQ\/s2048\/Escudo+da+Casa+do+Outeiro.+San+Miguel+de+Reinante.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiQKCPw_zC-2yhhV408QB5VFZsVaWKLImxBB-drm6NcbEZizAnZpuaB_Dg2TMNUQ7_dL9WSLjegYjK5OQtvtPxKS7gx1N6YOGUIMwe72iOkQtgZL9dcnIa9FxKW0aiOxKoIJkuzfQ\/s2048\/Escudo+da+Casa+do+Outeiro.+San+Miguel+de+Reinante.png\" width=\"458\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><em>Escudo da Casa do Outeiro. San Miguel de Reinante<\/em><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><\/em><\/p>\n<p><em>O terceiro, da casa do Outeiro de San Miguel de Reinante, \u00e9 un escudo espa\u00f1ol, tal como o primeiro, timbrado cunha cruz cristi\u00e1n m\u00e1is aparente que apoia sobre a bordura onde se le o lema: \u201cABANTE CON LA CRUZ ABANTE\u201d das armas dos Villaamil.<br \/>\nO adorno exterior semella un fermoso pergamino que se envolve sobre a bordura como soporte e sost\u00e9n. A casa foi feita polas primeiras d\u00e9cadas de 1700 por D. Baltasar Men\u00e9ndez de Navia y Villamil, casado con D\u00aa. M\u00aa Luisa de Carmen Trelles Prelo Castrill\u00f3n. \u00c9 moi posible que alg\u00fan dos Villaamil que ocuparon esta casa fose do estado eclesi\u00e1stico pertencente o Santo Oficio, pois o timbre deste tipo de Cruz Cristi\u00e1n \u00e9 caracter\u00edstico do Tribunal da Inquisici\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>No primeiro escudo, primeiro cuartel, vemos unha barra engolada de dous dragantes e un home cunha cruz procesional con mango longo en posici\u00f3n vixiante, situado sobre o que parece un escus\u00f3n faixado ou burelado sen bordura lateral. Son armas dos Lamas e dos Busto, estes \u00faltimos poderosos comerciantes mar\u00edtimos. Este cuartel \u00e9 similar o 1\u00ba e 3\u00ba do escudo de armas da casa de D\u00aa Mar\u00eda Lamas e de D. Jos\u00e9 Navarro Reverter, sito no lateral norte da s\u00faa casa da r\u00faa Viejo Pancho de Ribadeo. Tam\u00e9n son armas dos Men\u00e9ndez Navia emparentados cos Villaamil.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>No segundo e no terceiro escudo, o escus\u00f3n \u00e9 m\u00e1is aplanado, parec\u00e9ndose a cuberta dun barco antigo. No terceiro, o home, \u00e9 un soldado vixilante que porta unha alabarda de coitela de prata e asta de ouro (sen esmaltes), quizais facendo m\u00e1is \u00e9nfases sobre o car\u00e1cter de comerciantes mar\u00edtimos da familia dos Busto.<br \/>\nO segundo cuartel \u00e9 igual nos tres, unha \u00e1guia coroada mirando a destra, co v\u00f3 baixado ou coas \u00e1s ca\u00eddas, das armas dos Aguiar e a cada lado da cabeza e a mesma altura d\u00edas coroas laterais das armas dos Villaamil (en campo de azur unha \u00e1guia coroada de \u00e1s baixas de prata, con d\u00faas coroas laterais do mesmo metal \u00e1 mesma altura da cabeza).&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O terceiro cuartel, igual nos tres, unha \u00e1guia coroada mirando a sinistra, salvo na casa do Outeiro que mira a destra, co v\u00f3 baixado ou de \u00e1s ca\u00eddas, das armas dos Pardo (en campo de sinople unha \u00e1guia de prata coas \u00e1s baixas, coroada co mesmo metal). Podemos ver un \u00e1guia similar, no 4\u00ba cuartel do escudo do patronazgo da capela da Virxe de Lourdes, dentro da igrexa parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O cuarto cuartel \u00e9 igual nos tres escudos, e mostra un castelo sobre ondas do mar das armas dos Villamil.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>As \u00e1rbores xeneal\u00f3xicas das familias que relacionan estes tres escudos, son as seguintes, a\u00ednda que non sabemos exactamente en que momento alg\u00fans dos seus membros viviron nestas casas que se mencionan e nas que deixaron a s\u00faa impronta.<br \/>\nObviamos outras ramas doutros fillos para non ser demasiado extensos e non enturbar a cronolox\u00eda de trescentos anos que nos interesa neste relatorio.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Xenealox\u00eda&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>1. D. Salvador Men\u00e9ndez Navia Villamil (vive en 1719) (sin descendencia)&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>2. D. Sancho Manuel Men\u00e9ndez Navia Villamil casa con: D\u00aa M\u00aa Josefa Fuertes Sierra Prelo Castrill\u00f3n. O seu fillo: 1. D. Baltasar Men\u00e9ndez de Navia y Villamil (se\u00f1or da Casa do Limonar hoxe do Outeiro de S. Miguel de Reinante) casa con: D\u00aa M\u00aaLuisa de Carmen Trelles Prelo Castrill\u00f3n. O seu fillo: 1. D. Juan Antonio Men\u00e9ndez Navia Villamil y Trelles (1752-1815) casa con D\u00aa Melchora M\u00aa Valledor y Lamas (f.1829). A s\u00faa filla: 1. D\u00aa. M\u00aa Luisa Men\u00e9ndez Navia y Valledor (1771-1852) casa con: D. Vicente Fco. Jos\u00e9 Lamas de la Torre (1765-1817)(do Pazo de Quintalonga). O seu fillo: 1. D. Vicente de Lamas Men\u00e9ndez (1796)(se\u00f1or do Pazo de Quintalonga) casa con D\u00aa. Mar\u00eda Teresa Navia Osorio (1814). O seu fillo: D. Ram\u00f3n de Lamas Navia Osorio (1851-1926) casa con D\u00aa. Anunciaci\u00f3n Amalia Sanjurjo. A s\u00faa filla: 1. D\u00aa. Mar\u00eda Teresa Lamas Sanjurjo (1886-1970) casa con D. Jos\u00e9 Navarro Reverter.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Recordar estes escudos, \u00e9 \u00e1s familias que pertenceron, \u00e9 unha labor que nos permite albiscar anacos da prezada e preciosa historia do noso pobo, as\u00ed como, non esquecer que alg\u00fan d\u00eda o Concello ou algunha Asociaci\u00f3n Cidad\u00e1n, deber\u00edan de facerse cargo de inventariar o patrimonio municipal, tanto civil, como militar e sacro, como mar\u00edtimo, etnogr\u00e1fico e arqueol\u00f3xico, e a poder ser, e a non tardar, para que non desapareza de todo, facer un museo o suficientemente amplo como para conter tanto salas de exposici\u00f3n como cuartos e laboratorios de investigaci\u00f3n.&#8221;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coido que o mellor xeito de celebrar o d\u00eda das letras galegas \u00e9 usando a lingua e d\u00e1ndolle novas oportunidades, ampliando o seu campo, facendo &#8216;patria ling\u00fc\u00edstica&#8217;. Como fai por exemplo Pancho Campos descubrindo un pouco da historia de Ribadeo no seguinte artigo. &#8220;CASA BRASONADA DO PARQUE DE RIBADEO Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado O escudo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,66,11,16,46],"class_list":["post-6180","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-galego","tag-historia","tag-lingua","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6180","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6180"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6180\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6180"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6180"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6180"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}