{"id":6167,"date":"2016-05-31T07:48:00","date_gmt":"2016-05-31T05:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:48:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:48:27","slug":"casa-brasonada-da-rua-bispo-veres","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/05\/31\/casa-brasonada-da-rua-bispo-veres\/","title":{"rendered":"CASA BRASONADA DA R\u00daA BISPO VERES. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Na r\u00faa Bispo Veres, na chamada Casa de Vior por haber vivido al\u00ed este famoso pintor, hai un escudo de armas que non se axusta os canons her\u00e1ldicos, pero que \u00e9 realmente elegante e onde destaca a forma caprichosa do contorno, do campo de armas, en dobre bordura, que caracteriza o gusto e mestr\u00eda do artista que o fixo. O centro do xefe e o centro da punta, reabren a bordura externa para rematar cuns trifolios invertidos. A bordura interna do campo de armas, est\u00e1 circundada pola externa, e tanto no centro da punta como no centro do xefe, vese claramente que remata en punta, tendo unha grande similitude co escudo de armas do Pazo de Barrio do s\u00e9culo XV, en Sarria, vinculados na Casa de Vilafranca cos Osorio.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgT02tuwxSd5MFedycBfqofcIVChLBQzfrlEONErJXfawc6-u9DWwTEOymsnH0pFKKVguqM-LCVBFumaVtsMDkHnCjMfDX6utZ5CUZQ4ky8hCumAGo_kt946C08-8OKhgu1BQFT0Q\/s2048\/bras%25C3%25B3n+Vispo+Veres+1.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgT02tuwxSd5MFedycBfqofcIVChLBQzfrlEONErJXfawc6-u9DWwTEOymsnH0pFKKVguqM-LCVBFumaVtsMDkHnCjMfDX6utZ5CUZQ4ky8hCumAGo_kt946C08-8OKhgu1BQFT0Q\/s2048\/bras%25C3%25B3n+Vispo+Veres+1.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Est\u00e1 timbrado cun casco mirando a destra de se\u00f1or fidalgo, posiblemente con t\u00edtulo de bar\u00f3n, pois ten a visera baixada e moi ben terciada con sete grilletas moi aparentes. Si tivera esmaltes, ser\u00edan: sete grilletas de ouro forradas de gules (cor vermello). O casco est\u00e1 adornado cun penacho de tres plumas, d\u00faas cara destra e unha cara sinistra. Est\u00e1 rodeado de lambrequines sinxelos a modo de molduras e grilandas florais que rematan nuns ben pronunciados soportes laterais. A parte baixa remata nun sost\u00e9n a modo de grande cartela perfilada con volutas frontais e laterais. O escudo est\u00e1 protexido da choiva torrencial cunha cornixa de canter\u00eda formando un arco el\u00edptico rebaixado.<\/p>\n<p>O campo est\u00e1 dividido en catro partici\u00f3ns ou cuartelado en cruz, cun escus\u00f3n situado no abismo ou lugar de honor do centro do escudo. No primeiro cuartel: armas dos Osera, en campo de azur, unha aci\u00f1eira frutada (con fruta) de ouro e unha osa parda, pasante, o p\u00e9 do tronco, coa cabeza levantada.<\/p>\n<p>Segundo cuartel: armas dos Osorio, en campo de ouro dous lobos desollados pasantes, con bordura de gules e oito aspas de ouro. (Nota: segundo os Blas\u00f3ns e Li\u00f1axes de Galiza do padre J.S. Crespo del Pozo, Tomo XIX da Historia de Galiza, a bordura de aspas, corresponde as armas dos Osera e non as armas dos Osorio. No escudo de armas dos Condes de Maceda do Pazo de Lanz\u00f3s, tampouco consta bordura con aspas no noveno cuartel dos Osorio, nin no cuarto cuartel do escudo da capela de Animas e da Virxe do Carmen, do patronazgo de D.Pedro Miranda e de D\u00aa Catalina Osorio da igrexa parroquial de Ribadeo. En cambio, Fernando Gonz\u00e1lez-Doria no seu Dicionario Her\u00e1ldico e Nobiliario, relata bordura de oito aspas en \u00e1mbolos dous bras\u00f3ns)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhT9qcUmusRwn5eb49TZiAEUV8eNrGe5swyybPprx0kD5e_YRmKJC3_fm2IxUjgMCI8t3iFLG_rrjKgXABN-VnVGEm_XMDXfRvtVS-OSUBShK9wmklCvOPu7UO2zh9BzI7uWIgu6w\/s2048\/bras%25C3%25B3n+Vispo+Veres+2.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhT9qcUmusRwn5eb49TZiAEUV8eNrGe5swyybPprx0kD5e_YRmKJC3_fm2IxUjgMCI8t3iFLG_rrjKgXABN-VnVGEm_XMDXfRvtVS-OSUBShK9wmklCvOPu7UO2zh9BzI7uWIgu6w\/s2048\/bras%25C3%25B3n+Vispo+Veres+2.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Terceiro cuartel: castelo sobre ondas do mar das armas dos Villaamil.<\/p>\n<p>Cuarto cuartel: en campo de ouro tres faixas de azur, das armas dos Mess\u00eda. Posiblemente unha rama familiar dos Messia de la Cerda establecidos en Ferrol, mari\u00f1os de alto rango da Armada en li\u00f1axe cos Marqueses de Acapulco.<\/p>\n<p>No escus\u00f3n partido central, armas dos M\u00e9ndez de Vigo: a destra, en campo de ouro unha \u00e1rbore arrancada de sinople (cor verde) e a sinistra, en campo de gules tres faixas de ouro. Posiblemente fai referencia a un emparentamento entre a familia M\u00e9ndez Navia Osorio de Ribadeo coa familia Vigo de Tineo (Asturias)<\/p>\n<p>Non sabemos exactamente a que ancestro destas familias pertence este escudo, pero na Chanciller\u00eda de Valladolid, existen executorias, que fan referencia a alg\u00fans destes apelidos como: de 23-Novembro-1613, pleito de D\u00aa Aldonza de Sierra Osorio con D. Juan Alonso de Navia Osorio. En 1614 e 1615, D\u00aa. Aldonza Sierra Osorio, viuda de D. Juan Mart\u00ednez del Villar, e fillos, veci\u00f1os de Ribadeo, litiga con D\u00aa Juana Gonz\u00e1lez de Miranda, veci\u00f1a de Castropol.<\/p>\n<p>&nbsp;Para entender un pouco como hai tantos escudos de fidalgos en Ribadeo, deb\u00e9monos remontar o s\u00e9culo XVI, cando no tocante a goberno municipal, este aparece baixo o dominio dos condes, e desde o punto de vista econ\u00f3mico a vila est\u00e1 estreitamente ligada a econom\u00eda do comercio Atl\u00e1ntico e da Carreira das Indias. O tr\u00e1fico por v\u00eda mar\u00edtima de madeira de casta\u00f1o e carballo, procedente das Terras de Miranda, en 1506, 1511, 1519 e 1528, cara Sevilla e Lisboa, era moi importante. Realiz\u00e1base en carabelas portuguesas, que de retorno adoitaban traer sal.<\/p>\n<p>Este tr\u00e1fico mar\u00edtimo, flu\u00eddo e rendible, atrae a moitos fidalgos que se asentan a vivir no n\u00facleo do Ribadeo amurallado ou no seu entorno extramuros. Nunha relaci\u00f3n de 1571 hai moitos fidalgos con casa solar nas parroquias rurais e con fortunas en met\u00e1lico, que inverten en bens ra\u00edces. A fidalgu\u00eda activa \u00e9 unha das caracter\u00edsticas do pobo, que tanto xenera rendas do comercio mar\u00edtimo como da agricultura. Os Condes de Ribadeo non aparecen nunca pola vila, e as elites locais, est\u00e1n encantadas de que isto ocorra, pois ningu\u00e9n lles interfire nin nos negocios, nin nos asuntos coti\u00e1ns, polo que Ribadeo, nestes tempos, goza dunha verdadeira oligarqu\u00eda local, a\u00ednda que non se deixara o\u00edr esta opini\u00f3n en voz alta.<\/p>\n<p>A harmon\u00eda entre fidalgos e comerciantes era moi grande. Son xente acomodada que escasamente se diferencian, e tanto uns como outros participaban dos mesmos beneficios do tr\u00e1fico mar\u00edtimo e da actividade agropecuaria. Nestes tempos abundan as profesi\u00f3ns liberais de escrib\u00e1ns, notarios, avogados e administradores de rendas, as\u00ed como, as asociaci\u00f3ns profesionais dos gremios de zapateiros, alfaiates, ferreiros, carpinteiros e mercadores.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCPAwdmmdPsxwn9_chI-Xr8iTchpg_pjYr29_zORQ2tXVWoV8ZJuu6NbErZumDCJ69Z6aBk0fmbQWaKaO4PBogGPlZ-qtsgA2X2stPoPQQYroMIxaPked2xiwz7Z0ast9MkdVk4w\/s2048\/centrado+en+Bispo+Veres.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"582\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCPAwdmmdPsxwn9_chI-Xr8iTchpg_pjYr29_zORQ2tXVWoV8ZJuu6NbErZumDCJ69Z6aBk0fmbQWaKaO4PBogGPlZ-qtsgA2X2stPoPQQYroMIxaPked2xiwz7Z0ast9MkdVk4w\/s2048\/centrado+en+Bispo+Veres.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Mapa arredor da r\/ Bispo Veres (<a href=\"http:\/\/www.openstreetmap.org\/export#map=17\/43.53827\/-7.03689&amp;layers=Q\">http:\/\/www.openstreetmap.org\/export#map=17\/43.53827\/-7.03689&amp;layers=Q<\/a>)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>A vida municipal \u00eda ben, ata que ocorre unha gran recesi\u00f3n de poboaci\u00f3n en 1598, debido a peste. Despois dunha tremenda crises, Ribadeo e o seu entorno volve a coller auxe a partires de 1640 co cultivo de millo. En 1719, sofre a invasi\u00f3n dos piratas ingleses que afunden as fragatas San Francisco e o Galgo de Andaluc\u00eda, cuxos p\u00e9cios \u201ca\u00ednda\u201d se deben atopar no fondo da R\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p>Nos s\u00e9culos XVI e XVII, os fidalgos comerciantes mar\u00edtimos de madeira, eran os Miranda, Men\u00e9ndez Navia, Bustos, Sierra, Ribadeneira ou Aguiar, que emparentan cos Osorio, Acevedo, Lanza, Campoamor e os Villaamil. A Rep\u00fablica de Ribadeo, tal como a nomean os membros do rexemento en 1752, volve reactivarse en 1770 c\u00f3 Permiso de Importaci\u00f3n directa de li\u00f1o e c\u00e1nabo, t\u00e9xtiles que antes vi\u00f1an v\u00eda Bilbao encarecidos polas ganancias propias e \u201cimpropias\u201d das comisi\u00f3ns dos intermediarios.<\/p>\n<p>En 1774 o fidalgo D. Antonio Raimundo Ib\u00e1\u00f1ez Llano e Vald\u00e9s chega a Ribadeo para practicarse no comercio e terminar os estudios. Con 25 anos est\u00e1 de mordomo na Casa de Guimar\u00e1n de D. Bernardo Rodr\u00edguez Arango e Mon e comeza a facer a s\u00faa fortuna persoal nun viaxe a C\u00e1diz co encargo de vender unhas fincas, con cuxo produto comprou unha partida de aceite que trouxo por mar para Ribadeo. En 1788 tanto os Villaamil como Ib\u00e1\u00f1ez, e alg\u00fans outros comerciantes da vila, importan vi\u00f1o, augardente, ferro e sobretodo li\u00f1o fiado do B\u00e1ltico. O florecemento comercial destas datas \u00e9 moi grande e a poboaci\u00f3n dupl\u00edcase entre 1750 e 1826, pero non puideron nunca mellorar as condici\u00f3ns do porto de Ribadeo que xa empezaba a presentar problemas para os \u201cgrandes barcos\u201d que sa\u00edan cargados de madeira. Dous s\u00e9culos despois, seguimos sen resolvelos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na r\u00faa Bispo Veres, na chamada Casa de Vior por haber vivido al\u00ed este famoso pintor, hai un escudo de armas que non se axusta os canons her\u00e1ldicos, pero que \u00e9 realmente elegante e onde destaca a forma caprichosa do contorno, do campo de armas, en dobre bordura, que caracteriza o gusto e mestr\u00eda do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6167","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6167","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6167"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6167\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6167"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6167"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6167"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}