{"id":6166,"date":"2016-06-01T07:59:00","date_gmt":"2016-06-01T05:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:48:25","modified_gmt":"2024-11-12T12:48:25","slug":"exercicio-de-comparacion-sobre-os-plenos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/06\/01\/exercicio-de-comparacion-sobre-os-plenos\/","title":{"rendered":"Exercicio de comparaci\u00f3n sobre os plenos"},"content":{"rendered":"<p>Vin onte martes a prensa e despois a nota do concello sobre os <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/difundindo-o-goberno-de-ribadeo.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">plenos de luns<\/a>. E ent\u00f3n, ocorr\u00e9useme facer hoxe esta proposta no blog: po\u00f1er a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2105&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa do concello<\/a> e propo\u00f1er a s\u00faa comparaci\u00f3n co que hoxe m\u00e9rcores saia nos xornais. E as\u00ed o estou a facer, engadindo s\u00f3 unha imaxe allea \u00f3 tema en troques do embotellamento nas catedrais que ilustra a nota do concello.<\/p>\n<p class=\"intro\">&#8216;<em>O Concello solicitar\u00e1 \u00e1 Deputaci\u00f3n a cesi\u00f3n de<br \/>\nvarios viarios de titularidade provincial do entorno da praia das<br \/>\nCatedrais. Este foi un dos acordos adoptados no pleno ordinario<br \/>\ncelebrado onte luns, no que tam\u00e9n se acordou tratar durante este ano<br \/>\n2016 unha baixada do IBI para as vivendas vinculadas a explotaci\u00f3ns<br \/>\nagr\u00edcolas. Na sesi\u00f3n extraordinaria, que houbo antes, aprobouse por<br \/>\nunanimidade o expediente para a concesi\u00f3n do t\u00edtulo de Cronista Oficial<br \/>\nde Ribadeo a Eduardo Guti\u00e9rrez. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez,&nbsp; destacou &#8220;a unanimidade que houbo en<br \/>\nambos os dous plenos no extraordinario no que se designou a Eduardo<br \/>\nGuti\u00e9rrez como Cronista Oficial de Ribadeo, a falta agora doutro pleno<br \/>\nonde de maneira formal e solemne se lle faga entrega da acreditaci\u00f3n<br \/>\npara tal m\u00e9rito. Destacar como digo o compromiso de toda a Corporaci\u00f3n,<br \/>\nde todos os grupos, como sempre digo a\u00ednda sendo diferentes en aspectos<br \/>\nimportantes como penso que tam\u00e9n foi este, todos demos unha idea de<br \/>\nunanimidade ao Concello&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;no que ten que<br \/>\nver co pleno ordinario moitos dos puntos eran referidos a daci\u00f3ns de<br \/>\ncontas sobre os per\u00edodos medios de pago e as liquidaci\u00f3ns do orzamento<br \/>\nxeral do exercicio 2015. Dentro do per\u00edodo medio de pago aos provedores<br \/>\nprevisto no real decreto 635\/2014 cumprimos, estamos dentro dos<br \/>\npar\u00e1metros que se esixen aos concellos. E este reco\u00f1ecemento<br \/>\nextraxudicial de creto ten que ver con facturas que os provedores<br \/>\npresentaron en ano natural diferente ao que deber\u00edan. Non \u00e9 culpa do<br \/>\nConcello sen\u00f3n deses provedores que, estando advertidos de que deben<br \/>\npresentar as s\u00faas facturas antes do 31 de decembro de cada ano, fano no<br \/>\nano seguinte e iso xera un trastorno na contabilidade que \u00e9 necesario<br \/>\nresolver como fixemos neste pleno&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense relatou<br \/>\nque &#8220;outro punto de interese foi aprobado, non por unanimidade pero<br \/>\npracticamente con d\u00faas abstenci\u00f3ns, o que ten que ver coa petici\u00f3n \u00e1<br \/>\nDeputaci\u00f3n Provincial da cesi\u00f3n de viarios de titularidade provincial na<br \/>\n zona das Catedrais. Hai que ter en conta que o Concello est\u00e1 na<br \/>\nredacci\u00f3n dun plan especial de todo ese entorno, e o equipo redactor<br \/>\nt\u00e9cnico suxire que debe ser o Concello quen de maneira determinante<br \/>\nxestione todo ese \u00e1mbito no que hai moit\u00edsimas administraci\u00f3ns, que<br \/>\nmoitas veces no \u00e1mbito das s\u00faas competencias chegan a contradicirse<br \/>\nentre si&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez contou que &#8220;foi tam\u00e9n adiante a<br \/>\nestimaci\u00f3n parcial dunha alegaci\u00f3n contra aquela modificaci\u00f3n da<br \/>\nordenanza medioambiental para que os cans puidesen frecuentar espazos<br \/>\np\u00fablicos habilitados para tal fin. Mantemos a esencia do que aprobamos<br \/>\nno pleno anterior, pero limit\u00e1ndoo \u00e1 \u00e9poca estival que \u00e9 cando realmente<br \/>\n pode haber m\u00e1is problemas porque no resto do ano non detectamos ning\u00fan<br \/>\nproblema porque algu\u00e9n vaia co seu can pasear por calquera praia&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\n rexedor manifestou que &#8220;no que ten que ver coas moci\u00f3ns, houbo unha<br \/>\nmoci\u00f3n inicial do PSOE que expu\u00f1a unha serie de revisi\u00f3ns do IBI para o<br \/>\nfuturo. Ao noso xu\u00edzo criamos un pouco vago e un pouco indefinido ese<br \/>\nplantexamento e que non se adaptaba \u00e1 lexislaci\u00f3n vixente. Por parte do<br \/>\ngoberno propux\u00e9moslle ao concelleiro do PSOE unha proposta de emenda que<br \/>\n foi secundada por ese concelleiro e tam\u00e9n polos demais grupos da<br \/>\nCorporaci\u00f3n. Acordamos todos por unanimidade tratar neste mesmo ano a<br \/>\nmodificaci\u00f3n da ordenanza do IBI para a reduci\u00f3n da carga impositiva dos<br \/>\n edificios vinculados \u00e1s explotaci\u00f3ns agrogandeiras, dentro da<br \/>\ncapacidade estrita que a lei permite, singularmente e unicamente aqueles<br \/>\n que estean de alta. Tam\u00e9n aprobamos tratar o compromiso de inclusi\u00f3n ou<br \/>\n de revisi\u00f3n da ordenanza fiscal doutras bonificaci\u00f3ns potestativas que<br \/>\ntam\u00e9n est\u00e1n recollidas na lei de facendas locais como as relativas ao<br \/>\naforro enerx\u00e9tico ou tam\u00e9n a familias numerosas&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia<br \/>\nengadiu que &#8220;tam\u00e9n aprobamos unha declaraci\u00f3n institucional sobre o<br \/>\napoio un\u00e1nime do Concello de Ribadeo aos traballadores e traballadoras<br \/>\nda planta de aluminio en San Cibrao, pola s\u00faa incerteza nestes \u00faltimos<br \/>\ntempos sobre unha posible venda desa multinacional americana a non se<br \/>\nsabe moi ben quen e as consecuencias que iso pode ter&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Finalmente<br \/>\n o rexedor conclu\u00edu sinalando que &#8220;houbo unha serie de rogos e preguntas<br \/>\n feitos pola oposici\u00f3n que intentamos sempre cumprir na medida do que<br \/>\npodemos, como m\u00e1is papeleiras ou algunha fonte que se pediu nova e<br \/>\nintentaremos ir cumprindo nas seguintes semanas&#8221;.<\/em>&#8216;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiyPTuKaJyOt10Vfbc1umTg9XB3hp_3bK6fY0Bo7xByYO_UfTM57iFv5xLVrNiDVPXb13XJ1l6Oed2_qiBiOBNzorvpsmc_zZo8YyRFoD7npHUGxhiJZGnk_88SeQdLl63yC3E5uQ\/s2048\/xard%25C3%25ADn+colgante+Viejo+Pancho.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"310\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiyPTuKaJyOt10Vfbc1umTg9XB3hp_3bK6fY0Bo7xByYO_UfTM57iFv5xLVrNiDVPXb13XJ1l6Oed2_qiBiOBNzorvpsmc_zZo8YyRFoD7npHUGxhiJZGnk_88SeQdLl63yC3E5uQ\/s2048\/xard%25C3%25ADn+colgante+Viejo+Pancho.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Imaxe dun dos moitos &#8216;xard\u00edns colgantes&#8217; que aparecen nos lugares m\u00e1is insospeitados Ribadeo adiante.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vin onte martes a prensa e despois a nota do concello sobre os plenos de luns. E ent\u00f3n, ocorr\u00e9useme facer hoxe esta proposta no blog: po\u00f1er a nota de prensa do concello e propo\u00f1er a s\u00faa comparaci\u00f3n co que hoxe m\u00e9rcores saia nos xornais. E as\u00ed o estou a facer, engadindo s\u00f3 unha imaxe allea [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,42,100],"class_list":["post-6166","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-plenos","tag-xardins-colgantes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6166","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6166"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6166\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6166"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6166"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6166"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}