{"id":6159,"date":"2016-06-04T21:17:00","date_gmt":"2016-06-04T19:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:48:08","modified_gmt":"2024-11-12T12:48:08","slug":"unha-de-indianos-por-eduardo-gutierrez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/06\/04\/unha-de-indianos-por-eduardo-gutierrez\/","title":{"rendered":"Unha de indianos. Por Eduardo Guti\u00e9rrez"},"content":{"rendered":"<p>(Texto publicado en A Gaceta Ribadense o 10 de xullo de 2015, p. 3)<\/p>\n<p>Unha de indianos<\/p>\n<p>As idealizaci\u00f3ns e as mistificaci\u00f3ns que acompa\u00f1an moitas veces os fen\u00f3menos de todo tipo, e desde logo a historia, tam\u00e9n forman parte do fen\u00f3meno indiano, cuxos contornos son moitas veces neboentos, xa sen entrar a considerar algunhas aportaci\u00f3ns puramente aproximativas e pouco rigorosas, que sen d\u00fabida han corrixirse e mellorarse&#8230; Naturalmente, isto nada ten a ver coas festivas xornadas indianas que estes d\u00edas se celebran, e que foron quen de convocar unanimidades e adesi\u00f3ns realmente in\u00e9ditas, neste lugar onde o mundo se chama Ribadeo.<\/p>\n<p>Onde pouco est\u00e1 feito, convi\u00f1a -por quen est\u00e1 chamado a facelo- investigar o destino real das remesas enviadas polos emigrantes, un aspecto decisivamente importante tendo en conta, ademais, que Ribadeo contaba con d\u00faas casas de banca, Bengoechea e Casas. Obviamente todo o capital enviado non ser\u00eda para constru\u00edr ou mellorar domicilios, como ao que se ve algu\u00e9n deu a entender por medio de letreiros equ\u00edvocos, salferidos a eito, polo casco urbano. Parece claro que n\u00e9n aqu\u00ed, nen en Galicia polo xeral, as cantidades enviadas tiveran como destino prioritario proxectos industriais transformadores, ainda que si contribuiron a crear decisivas dotaci\u00f3ns de todo tipo, especialmente educativas e, no noso concello, un dese\u00f1o in\u00e9dito de ensino agrario vencellado a unha alternativa de transformaci\u00f3n agr\u00edcola elaborada polo enxe\u00f1eiro Henrique Su\u00e1rez Couto.<\/p>\n<p>Con todo, a sona da enorme fortuna de alg\u00fans indianos &#8212; nomeadamente os irm\u00e1ns Moreno Ulloa, Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez ou Pedro Murias &#8211;, alimentaron durante moitos anos a  identificaci\u00f3n dos americanos como administradores do corno da fortuna, un fen\u00f3meno que chega at\u00e9 \u00e9pocas relativamente recentes. A comezos dos anos cincuenta do pasado s\u00e9culo, o Concello dir\u00edxese aos herdeiros dos irm\u00e1ns Moreno Ulloa en percura de axuda econ\u00f3mica para os gastos que ocasionar\u00eda o Instituto Laboral, recentemente concedido. O alicerce \u00e9ra claro: os fil\u00e1ntropos encargaran proxectos para construir un Instituto de Segundo ensino. Naturalmente pasaran moitos anos, mesmo desde a morte dos irm\u00e1ns Moreno, a comezos dos anos vinte o maior, e ao remate da d\u00e9cada, o m\u00e1is novo. En cartas que asinan Alberto Mart\u00ednez, Jos\u00e9 de Pontes e a vi\u00fava de Fern\u00e1ndez Moreno, a resposta foi di\u00e1fana: non pod\u00edan atender a petici\u00f3n, dado o &#8220;decrecimiento&#8217; da herencia, aparte das dificultades &#8220;da vida actual&#8221;. A ubicaci\u00f3n definitiva do concedido Centro de ensino, constru\u00edndo un novo edificio, dar\u00eda varias voltas. Nestas mesmas datas estaban moi adiantadas as negociaci\u00f3ns con Isabel Mart\u00ednez Pas\u00e1r\u00f3n, para a adquisici\u00f3n &#8216;do edificio co\u00f1ecido como A Residencia, derrubado hai tempo para construir as vivendas sociais do Parque. Non obstante si que fructificaron algunhas das petici\u00f3ns feitas a un fil\u00e1ntropo hoxe case esquecido, Amador Fern\u00e1ndez, que costeou a construoci\u00f3n dun novo grupo escolar ubicado no que foran as Cocheiras da Casa de Casas, daquela xa edificio municipal. Ampliando o edificio orixinal construiuse o actual Centro de Servizos Sociais, na rua Ib\u00e1\u00f1ez.<\/p>\n<p>Moitas das importantes realizaci\u00f3ns levadas a cabo polos indianos enriquecidos, contaron con atrancos de diversa etiolox\u00eda, polo com\u00fan residenciados en sectores retardatarios ou francamente retr\u00f3grados. Algunhas proposici\u00f3ns non chegaron \u00e1 callar. Serva como exemplo o caso qxe relata Alberto Vilanova sobre Antonio Rodr\u00edguez del Busto (1848 &#8211; 1926). Desexando este contribuiur \u00e1 mellora da vila, dirixiuse aos seus paisanos en demana da obra mais necesaria e urxente para a prosperidade da vila. Ao mesmo tempo suxer\u00eda que se reunisen cunha serie de persoas competentes, co\u00f1ecidos seus. Ocorreu que unicamente se evacuaron consultas co p\u00e1rroco da vila, quen solicitou que Rodr\u00edguez del Busto sufragara o soldo dun capel\u00e1n para o c\u00e1rcere. Non o sabemos, pero quizais os nomes evocados para a consulta non eran da simpat\u00eda de determinadas forzas vivas, un asunto sumamente suxerente, tendo en conta a existencia dunhas li\u00f1as xeneal\u00f3xicas con aboenza en materia, de cobizas e cutrer\u00edas. Mais polo de agora, isto non toca.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Texto publicado en A Gaceta Ribadense o 10 de xullo de 2015, p. 3) Unha de indianos As idealizaci\u00f3ns e as mistificaci\u00f3ns que acompa\u00f1an moitas veces os fen\u00f3menos de todo tipo, e desde logo a historia, tam\u00e9n forman parte do fen\u00f3meno indiano, cuxos contornos son moitas veces neboentos, xa sen entrar a considerar algunhas aportaci\u00f3ns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,11],"class_list":["post-6159","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6159","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6159"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6159\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6159"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6159"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6159"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}