{"id":6148,"date":"2016-06-14T07:50:00","date_gmt":"2016-06-14T05:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:47:51","modified_gmt":"2024-11-12T12:47:51","slug":"escudo-da-casa-de-cristos-francisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/06\/14\/escudo-da-casa-de-cristos-francisco\/","title":{"rendered":"ESCUDO DA CASA DE CRISTOS. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEivrUJZUp-FNXo3ucE9OZf_ssbmjQmXGIlOTMcq6oQhmMAuLEsSWAkzI9JAGoPXW3SyJ2ZYTAoEfBa8azbknfXqiP8vT1CIaxFl2OPUWNMxf933x1l89liMr42aSi3Zd1nbn_RQfw\/s2048\/escudo+casa+de+cristos.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEivrUJZUp-FNXo3ucE9OZf_ssbmjQmXGIlOTMcq6oQhmMAuLEsSWAkzI9JAGoPXW3SyJ2ZYTAoEfBa8azbknfXqiP8vT1CIaxFl2OPUWNMxf933x1l89liMr42aSi3Zd1nbn_RQfw\/s2048\/escudo+casa+de+cristos.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>\u00c1 beira da estaci\u00f3n de autobuses, baixando pola estrada que vai a Vilasel\u00e1n, no barrio das Barreiras, atopamos a Casa de Cristos, unha ampla casa solarega cun h\u00f3rreo t\u00edpico de Ribadeo unido \u00e1 estancia principal por un corredor-ponte sobre un port\u00f3n de entrada que da acceso \u00f3 que deberon de ser as cuadras e a palleira. Na fachada frontal que da \u00e1 estrada, \u00e1 beira dunha fiestra da planta alta, hai unha pedra labrada, a modo de escudo, de canter\u00eda de grao groso, que a\u00ednda que est\u00e1 cuartelada en cruz, parece non ten que ver coa her\u00e1ldica, senon m\u00e1is ben con alg\u00fans aconteceres dos seus primitivos donos, presumiblemente relacionados con algunha orden relixiosa. A simbolox\u00eda, \u00f3 sa\u00edrse dos c\u00e1nones her\u00e1ldicos, \u00e9 moi enigm\u00e1tica para un lego en m\u00edstica, pero representa un reto a interpretaci\u00f3n da historia que nos est\u00e1 contando, a cal trataremos de explicar tal como n\u00f3s a percibimos polo que vemos, sinxelamente para amosar o que hai, pois quizais algu\u00e9n que o vexa, poida aportar outras interpretaci\u00f3ns distintas \u00e1s que eiqui se dan.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgXr-2elXMOqSQ_eGbBTuzTAQ0CgTYKmPYs5sIuO8k2Fx3gSB8KVYy6xdml41SiML4PQo9tjYRdlW7W2CJ3n6RQrc1LorpbIcHIFdH5mkbL9jbyRGuSP8FnV1iiRXM9v-G1NWkzw\/s2048\/imaxe+centrada+na+casa+de+cristos.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"328\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgXr-2elXMOqSQ_eGbBTuzTAQ0CgTYKmPYs5sIuO8k2Fx3gSB8KVYy6xdml41SiML4PQo9tjYRdlW7W2CJ3n6RQrc1LorpbIcHIFdH5mkbL9jbyRGuSP8FnV1iiRXM9v-G1NWkzw\/s2048\/imaxe+centrada+na+casa+de+cristos.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Imaxe da zona, centrada na casa de Cristos<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>No primeiro cuartel, vese un home a p\u00e9 que cami\u00f1a cun can ou cun lobo pasante a sinistra (\u00bfref\u00edrese a San Francisco?) e parece que empu\u00f1a na man sinistra un bast\u00f3n con algo colgado (\u00bfun bast\u00f3n cunha cabaza de peregrino?) e sobre o brazo destro, cara atr\u00e1s, hai unha aspa ou sotuer (figura her\u00e1ldica de honor)<br \/>\nNo segundo cuartel, enigm\u00e1tico como ning\u00fan dos outros, aparece unha especie de marco con base, parecido o taii xapon\u00e9s ou chino, no que aparece amarrado por alto ou polos brazos algo que poidera ser un \u201cmedio gong\u201d ou unha figura \u00bfhumana? semica\u00edda e flaxelada ou preparada para flaxelar. \u00bfRef\u00edrese a alg\u00fan misioneiro que sufriu martirio por aquelas terras do sol nacente?<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjCmFTqKCEsYbk9J4hYUWLZrRIimtlw0XLTchyphenhyphenNVI6WIJ0XJTNy4gMf_d8BonXbmo28JkLSZtI0w9yfIbClK4npLs5uQrS5yqRZqUVLmgFij4VNZXZbh-xspPNDeKNvPkZfMM4CXA\/s2048\/insignia+Amodi%25C3%25B1o.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjCmFTqKCEsYbk9J4hYUWLZrRIimtlw0XLTchyphenhyphenNVI6WIJ0XJTNy4gMf_d8BonXbmo28JkLSZtI0w9yfIbClK4npLs5uQrS5yqRZqUVLmgFij4VNZXZbh-xspPNDeKNvPkZfMM4CXA\/s2048\/insignia+Amodi%25C3%25B1o.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>No tercerio cuartel, hai algo parecido o JHS (Jes\u00fas Hombre Salvador) que \u00e9 un monograma resultante da abreviatura do nome de Xes\u00fas en grego IH\u2211 (Iota eta sigma) que o pasar \u00f3 lat\u00edn quedou IHS. San Ignacio de Loyola, fundador da Compa\u00f1\u00eda de Xes\u00fas (Xesuitas), us\u00e1bao como selo xeneralizo engad\u00edndolle unha cruz na asta da H (tal como se ve nun dos catro dinteles labrados da casa, sin dubida da Orden, que data do ano 1759, de Cacabelos de Abaixo, hoxe o Amodi\u00f1o). San Ignacio po\u00f1\u00edalle ademais por debaixo, no seu selo persoal, unha media l\u00faa coas puntas para arriba, entre duas estrelas, de dificil intrepetaci\u00f3n. Este s\u00edmbolo f\u00edxose frecuente nas portadas de libros, paredes, dinteles, altares, igrexas e casas da Orden, como homenaxe o cabeza e titular da Compa\u00f1\u00eda de Xes\u00fas. Ent\u00f3n, \u00bfa casa de Cristos foi a casa dun misionero xesu\u00edta en China?<\/p>\n<p>No cuarto cuartel, m\u00f3strase unha cruz entre catro aspas. A cruz de brazos iguais \u00e9 similar, na forma, \u00e1 que porta a bandeira de Su\u00edza, m\u00e1is que \u00e1 que porta a bandeira de Grecia, que \u00e9 de brazos m\u00e1is delgados.<\/p>\n<p>No \u201cRibadeo Antiguo\u201d de Francisco Lanza, vemos a partires da p\u00e1xina 109, os escudos ou \u201cpedras de armas\u201d de Ribadeo (como Lanza lles chama). Entre elas est\u00e1 o debuxo deste escudo que hoxe nos incumbe, e que o debuxante de primeiros do s\u00e9culo XX, puido ver en mellores condici\u00f3ns ca n\u00f3s, pois non estaba tan ro\u00eddo pola erosi\u00f3n, interpreta o que ve, como sigue: debuxa no primeiro cuartel unha \u00e1rbore e \u00f3 p\u00e9 un lobo pasante a sinistra, e os lados figuras distintas. No segundo cuartel debuxa unha torre almenada cunha media l\u00faa en cuarto minguante, como dir\u00eda un astr\u00f3nomo, pero que no arte da her\u00e1ldica ch\u00e1mase un \u201ccrecente contornado\u201d cuxas puntas miran a sinistra. No terceiro cuartel debuxa unha extra\u00f1a figura, e no cuarto cuartel unha cruz que apoia na bordura. Ning\u00fan destes cuarteis est\u00e1 explicado na inestimable obra de Paco Lanza.<\/p>\n<p>Si houbera que interpretalo con algo semellante na her\u00e1ldica, dir\u00edase que ten que ver cunha rama familiar dos Cruz-Montenegro, polo primeiro cuartel dos Montenegro de Pontevedra e polo cuarto cuartel dos Cruz. Pero para iso, haber\u00eda que interpretar o \u201cperegrino\u201d que hoxe se percibe e as figuras destras tapadas con cemento, como unha \u00e1rbore con d\u00faas ramas a cuxo p\u00e9 est\u00e1 un lobo pasante, e obviar as figuras sinistras e destras. A cruz do cuarto cuartel, deber\u00eda estar orlada de oito vieiras en vez das catro aspas que se ven claramente neste cuartel. Por tanto a interpretaci\u00f3n her\u00e1ldica ser\u00eda moi forzada.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiyyH1JVD64rqKneYWMIW7PkqmM6N0OAc5PDXGjRB892TCviB8pHlOxWG-EtVvLc0kgqcViZ5zf7Cge05-DjItiAVONYy835SeD8j6pBNB9l7H0GdAL21W0ho9Q7JIqeXKMZUKk-Q\/s2048\/casa+de+Cristos+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"374\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiyyH1JVD64rqKneYWMIW7PkqmM6N0OAc5PDXGjRB892TCviB8pHlOxWG-EtVvLc0kgqcViZ5zf7Cge05-DjItiAVONYy835SeD8j6pBNB9l7H0GdAL21W0ho9Q7JIqeXKMZUKk-Q\/s2048\/casa+de+Cristos+2.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Fachada co h\u00f3rreo e escudo (no centro esquerda da foto), na estrada das Barreiras.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Por outra banda o segundo cuartel, interpretado, como en Lanza, por unha torre (na que non aparecen hoxe por ningures as almenas) cunha l\u00faa (dubidosa) no medio, poder\u00eda ser algunha rama particular da li\u00f1axe dos Ros\u00f3n. E o cuarto cuartel pode referirse a varias li\u00f1axes de apelidos, tales como: os Abraldes, Albergaria, Armesto, Lugo, Meira, Sarela ou os Trabada, coa particularidade de que as cruces non se asemellan, pois no arte da her\u00e1ldica danse formas m\u00e1is repinicadas nas terminaci\u00f3ns dos brazos da cruz.<\/p>\n<p>Resumindo, e segundo n\u00f3s o vemos, antes que unha \u201cpedra de armas\u201d, parece m\u00e1is ben, unha pedra labrada que trata de contarnos unha historia, apaixoante sen dubida, que debe de ser desenrolada, cuartel a cuartel, tal como o fac\u00edan na mi\u00f1a infancia aqueles manci\u00f1eiros e vendedores ambulantes que vi\u00f1an o mercado dos m\u00e9rcores, e que \u00edan pasando as l\u00e1minas con \u201ccantares de cego\u201d, cunha vara ou cun punteiro, na concurrid\u00edsima praza de Ribadeo, aqueles homes que tanto explicaban a voz en grito ou a modi\u00f1o, vidas de Santos, como tremebundos aconteceres de algo extraordinario&#8230; \u00bfpero qu\u00e9 nos est\u00e1 contando esta pedra labrada?<\/p>\n<p>Ser\u00eda interesante poder investigar este cap\u00edtulo de historia antiga, nese arquivo e biblioteca centenaria dos padres Xesu\u00edtas: cal foi a s\u00faa relaci\u00f3n con Ribadeo, qu\u00e9 relevancia tiveron na vida do pobo, e por qu\u00e9 non quedou nada escrito o respecto, \u00bfou s\u00ed quedou e non sabemos onde est\u00e1 agochado? \u00bfQuen constru\u00edu a casa das Barreiras e por qu\u00e9 escribiu na pedra esa enigm\u00e1tica e hoxe desco\u00f1ecida historia? E \u00bfa casa do Amodi\u00f1o que tantas marcas visibles e inequ\u00edvocas deixou da s\u00faa procedencia relixiosa orixinal? \u00bfTen algo que ver coa celebraci\u00f3n do Santo Encontro da Semana Santa perto desta casa, e que se predique desde un balc\u00f3n pr\u00f3ximo e se celebre na Praza de Abaixo ou da Constituci\u00f3n de 1812 porque al\u00ed tam\u00e9n estaba a Casa do Concello? \u00bfEst\u00e1n relacionadas \u00e1mbalas d\u00faas casas e as s\u00faas vivenzas? \u00a1Quen sabe!<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjQX_mOaALVf-fMoYrBzhM1mdS_rHdXGYadgc_2d0T5W8I8RmCmwXpFdJgeV5A_YiQJMmO41M-hfRwuLyJv7pAnX9fdK_KGYsbr3na1DZiC_kJebpHyo2cLNUMKHW8uXDBqoTxmXQ\/s2048\/casa+de+Cristos.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"264\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjQX_mOaALVf-fMoYrBzhM1mdS_rHdXGYadgc_2d0T5W8I8RmCmwXpFdJgeV5A_YiQJMmO41M-hfRwuLyJv7pAnX9fdK_KGYsbr3na1DZiC_kJebpHyo2cLNUMKHW8uXDBqoTxmXQ\/s2048\/casa+de+Cristos.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A Casa de Cristos, hoxe<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c1 beira da estaci\u00f3n de autobuses, baixando pola estrada que vai a Vilasel\u00e1n, no barrio das Barreiras, atopamos a Casa de Cristos, unha ampla casa solarega cun h\u00f3rreo t\u00edpico de Ribadeo unido \u00e1 estancia principal por un corredor-ponte sobre un port\u00f3n de entrada que da acceso \u00f3 que deberon de ser as cuadras e a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,93,11,46],"class_list":["post-6148","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-fotos-ribadeo","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6148","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6148"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6148\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6148"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6148"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6148"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}