{"id":6145,"date":"2016-06-17T07:52:00","date_gmt":"2016-06-17T05:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:47:46","modified_gmt":"2024-11-12T12:47:46","slug":"ao-valedor-do-pobo-de-galicia-carta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/06\/17\/ao-valedor-do-pobo-de-galicia-carta\/","title":{"rendered":"AO VALEDOR DO POBO DE GALICIA. Carta enviada polo grupo &#8216;Por nuestro faro&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>Deixo embaixo a carta enviada polo grupo &#8216;Por Nuestro Faro&#8217; ao Valedor do Pobo de Galicia, como un apunte m\u00e1is na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Illa%20Pancha\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">historia da illa Pancha<\/a>.<\/p>\n<p>&#8220;<em>AO VALEDOR DO POBO DE GALICIA&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;As persoas abaixo asinantes, [,,,] en nome propio e en representaci\u00f3n do colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d denuncian os feitos seguintes:&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O d\u00eda 22 de Maio de 2015 o Consello de Ministros do goberno espa\u00f1ol aprobou a autorizaci\u00f3n \u201cpara uso hotelero de las instalaciones del Faro de la Isla Pancha\u201d, seg\u00fan nota de prensa do Ministerio de Fomento. Na mesma nota e nos medios de comunicaci\u00f3n dos d\u00edas seguintes dase unha informaci\u00f3n incompleta e distorsionada cando se afirma que \u201c\u2026El proyecto sometido a tramitaci\u00f3n por la Autoridad Portuaria\u2026se limita al espacio disponible, en r\u00e9gimen de concesi\u00f3n, sin que el edificio del antiguo faro sufra alteraci\u00f3n alguna\u201d. Ou sexa, no intre da aprobaci\u00f3n da concesi\u00f3n non se fala de \u201ccafeter\u00eda cubierta con estructura met\u00e1lica de 47 metros cuadrados\u201d, \u201ccarpa de material transparente\u201d,\u201caparcamiento\u201d, \u201cpapeleras\u201d, \u201dbanderas\u201d,\u201dse\u00f1alizaci\u00f3n\u201d, \u201cfosas s\u00e9pticas\u201d, e outros elementos invasivos que fomos co\u00f1ecendo posteriormente e que parte deles non figuraban no proxecto que serviu de base para iniciar o expediente e que en todo caso foron disimulados nos informes p\u00fablicados e contribuiron a forxar unha opini\u00f3n p\u00fablica desfigurada e desinformada. O colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d ten solicitado nos \u00faltimos meses ao Concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao a documentaci\u00f3n correspondente a esta primeira fase da adxudicaci\u00f3n da concesi\u00f3n sen conquerir unha resposta clara. Concretamente desexamos ter acceso ao expediente completo para saber:1\u00ba En que intre e en que medios se publicou a convocatoria do Faro da Illa Pancha; 2\u00ba En que intre se presentou a solicitude da empresa que finalmente resultou adxudicataria; 3\u00ba Onde se realizou e c\u00f3mo se publicou a exposici\u00f3n p\u00fablica; 4\u00ba Certificacions dos procesos de exposici\u00f3n p\u00fablica se realmente se realizaron en Ribadeo , Ferrol ou Madrid.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O feito de que o Concello de Ribadeo e mais a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao non nos faciliten informaci\u00f3n sobre estes datos convida a unha sospeita de posibeis irregularidades ou favoritismos. De feito o diario \u201cEl Pais\u201d na sua edici\u00f3n do d\u00eda 26,4,2015, ou sexa un mes antes da aprobaci\u00f3n polo Consello de Ministros, publica un artigo de claro son partidista referido as concesi\u00f3ns dos faros e cando menciona o faro de Ribadeo fala de \u201c\u2026una cafeter\u00eda en una planta subterr\u00e1nea\u2026\u201d e unhas declaracions do alcalde de Ribadeo nas que di: \u201c\u2026es una buena noticia para el municipio y un premio\u2026\u201d. Ou sexa que xa se pon de manifesto dende o comezo a tendencia \u00e1 ocultaci\u00f3n, manipulaci\u00f3n e magnificaci\u00f3n dun proxecto concreto tanto por parte de Autoridade Portuaria como do Concello de Ribadeo, que lonxe de limitarse a xestionar os tr\u00e1mites preceptivos para aprobaci\u00f3n ou non do mesmo adican un esforzo especial a facer propaganda favorable amosando un partidismo e favoritismo impropios dunha administraci\u00f3n democr\u00e1tica e comprometida ca obxectividade o medio ambiente e a defensa dos veci\u00f1os. Conv\u00e9n suli\u00f1ar o silenzo do alcalde de Ribadeo durante mais dun ano, so interrumpido pola entrevista de El Pais, ao tratarse a Illa Pancha dun curruncho especialmente apreciado e visitado polos ribadenses e veci\u00f1os dacar\u00f3n, que figura en infinidade de fotos e mostras de tipo tur\u00edstico e que ten como especial valor a conservaci\u00f3n natural ou salvaxe ensalzada pola \u00fanica presenza dos faros. Nos primeiros d\u00edas do mes de Xunio o Grupo de Apoio a AGE e mais a AA VV \u201cO TESON\u201d denuncian a falla de informaci\u00f3n e rexistran no concello petici\u00f3ns de acceso ao expediente sen resposta por parte da autoridade municipal. A primeiros de setembro O TESON reitera a sua petici\u00f3n de informaci\u00f3n e a p\u00e1xina WEB de \u201cPor nuestro Faro\u201d xa conta con mais de 720 achegados.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Respecto dos documentos citados pola nota de prensa do Ministerio de Fomento do d\u00eda 22 de maio ante citada debemos suli\u00f1ar o seguinte:&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;1.- O informe emitido pola Conseller\u00eda de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia de 8\/7\/2014 est\u00e1 asinado pola Secretaria Xeral de Ordenaci\u00f3n do Territorio e Urbanismo, non menciona neng\u00fan informe t\u00e9cnico de tipo mediambiental e cita so de pasada a inclusi\u00f3n dos \u201cterreos obxecto da actuaci\u00f3n\u2026\u201d na Zona de Especial Conservaci\u00f3n do Rio Eo da Rede Natura 2000, pero evita mencionar as prescripcions dos art. 60 e 62 do Decreto 37\/2014 da Xunta de Galicia que proh\u00edben expl\u00edcitamente varias das actuacions previstas no proyecto. Asemade, anque volveremos mais adiante sobre este aspecto, debemos suli\u00f1ar dende agora que as condicions que exixir\u00e1 a Autoridade Portuaria en materia de seguridade, sinalizaci\u00f3n, aparcamento, etc. estar\u00e1n en aberta contradicci\u00f3n ca normativa paisax\u00edstica e da Rede Natura 2000 o que pon en evidencia unha grave contradicci\u00f3n no procedemento da administraci\u00f3n ao non ter en conta normas de \u00e1meto galego, espa\u00f1ol e europeo antes de tomar neng\u00fan acordo ou dar unha concesi\u00f3n como a que se trata neste caso. Como veremos mais adiante o concello de Ribadeo pedir\u00e1 aclaracions sobre este informe con data 21\/9\/2015 pola aprobaci\u00f3n do PXOM en decembro de 2014.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;2.- Respecto do informe emitido polo Concello de Ribadeo con data 29\/7\/14 a petici\u00f3n da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao debemos suli\u00f1ar que o alcalde de Ribadeo negou repetidamente a existencia do informe devandito e finalmenente o d\u00eda 8\/3\/16 facilitou un pequeno extracto do mesmo con unha serie de comentarios colaterais sen facilitar unha copia \u00edntegra.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;3.- Na nota de prensa do Ministerio de Fomento antes aludida tam\u00e9n se cita un informe da \u201cDirecci\u00f3n General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar\u201d. Debemos suli\u00f1ar que non tivemos acceso a dito informe o que non deixa de ser sorprendente tendo en conta a especial sensibilidade dos ribadenses cara a Illa Pancha e o que significa como elemento social, cultural, identitario e tur\u00edstico.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Seguindo o fio dos documentos disponibeis imos comentar agora o \u201cINFORME DE PUERTOS DEL ESTADO\u201d emitido con data 22\/6\/2015 previo a aprobaci\u00f3n pola Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao da concesi\u00f3n solicitada para o proxecto que estamos a discutir. Na p\u00e1xina 2, p\u00e1rrafo 3\u00ba di o seguinte: \u201c \u2026el proyecto presentado no afectar\u00e1 al entorno, mejorando su aspecto y garantizando su conservaci\u00f3n\u201d. Dende o noso ponto de vista resulta como m\u00ednimo sorprendente tal afirmaci\u00f3n procedente do organismo Puertos del Estado cando oito d\u00edas mais tarde o mesmo organismo vai exixir unha serie de condicions que afectan ao entorno dun xeito absolutamente negativo, como son a entrada de automoveis, a carteler\u00eda, papeleras, medidas de seguridade etc. Non se entende que non se tomen esas prevencions con anterioridade ao acordo de concesi\u00f3n da semana seguinte por un motivo elemental de coherencia e econom\u00eda da administraci\u00f3n p\u00fablica, e non deixa de semar d\u00fabidas sobre a posible parcialidade que suxerimos anteriormente. Na p\u00e1xina 4 menci\u00f3nase a cafeter\u00eda nos garaxes e unha carpa desmontable \u201ccon un impacto nada significativo sobre la situaci\u00f3n actual ya que la nueva estructura desmontable ser\u00e1 transparente y las partes r\u00edgidas pintadas de forma que se mimeticen con el ambiente\u201d. Sobre este p\u00e1rrafo temos que reiterar alguns dos argumentos expostos anteriormente ademais de insistir na forte sospeita de parcialidad por canto a presencia dunha carpa na Illa Pancha, por moita transparencia e mimetizaci\u00f3n que lle queira imaxinar \u00e9 un elemento distorsionante de enorme magnitud cun impacto paisax\u00edstico negativo de primeiro orde. Este elemento mais os que xa citamos e han aparecer nas condicions da concesi\u00f3n dibuxan un conxunto de reformas ou alteracions da illa que exixir\u00edan unha avaliaci\u00f3n conxunta da que ate agora non tivemos co\u00f1ecemento e que tender\u00e1 a ser esquecida cando en xaneiro de 2016 a empresa solicitante presente o proxecto desdoblado en dous intentando camuflar os impactos ambientais a trav\u00e9s da tramitaci\u00f3n independente de dous proxectos (reforma do Faro e cafeter\u00eda) e grazas \u00e1 tolerancia das administraci\u00f3n local, auton\u00f3mica e estatal que non so non te\u00f1en en conta os impactos ambientais engadidos sen\u00f3n a inviabilidade do proxecto conxunto e ainda mais de dous proxectos separados. A posibilidade de que se obtivese licencia para realizar un dos proxectos e non o outro ser\u00eda o resultado da incoherencia deste procedimento admitido polas administracions devanditas, como veremos mais adiante.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Na p\u00e1xina 5 figura un apartado que se titula \u201cEvaluaci\u00f3n econ\u00f3mico-financiera\u201d A este apartado adicanse exactamente duas l\u00edneas e media que imos reproducir: \u201cEl promotor de este proyecto ha presentado un resumen de su an\u00e1lisis de viabilidad econ\u00f3mico-financiera, seg\u00fan el cual el beneficio bruto previsto de la explotaci\u00f3n ser\u00eda positivo a partir del tercer a\u00f1o de la explotaci\u00f3n\u201d. De este texto despr\u00e9ndese que os responsabeis de Puertos del Estado non consideraron necesario contrastar os datos da empresa solicitante. E sin embargo dende o noso ponto de vista este tema \u00e9 un dos determinantes da rexeita social do proyecto, ademais dos impactos negativos dende o ponto de vista medioambiental e paisax\u00edstico. A Illa Pancha \u00e9 un lugar privilexiado da natureza, cunha beleza de conxunto extraordinaria na que a ponte, os faros, o rochedo, a rompente do mar etc. constituen un un espazo irrepetibel e rechamante. Pero \u00e9 un lugar, como tantos nas costas galegas para visitar e dar a volta. Pola sua situaci\u00f3n est\u00e1 exposta a t\u00f3dolos ventos, temporais, choivas, etc. especialmente batida sen neg\u00fanha protecci\u00f3n polos temporais do noroeste predominantes. Segundo datos da Estaci\u00f3n Meteorol\u00f3xica da Escola Pedro Murias (parroquia de Vilaframil-Ribadeo) entre o 1.1.2003 e o 31.12.2013 choveu o 47 % dos d\u00edas e entre 2002 e 2015 \u2013 ambos inclusive \u2013 o vento sobrepasou os 30 km\/h o 56 % dos d\u00edas, debendo suli\u00f1arse que a estaci\u00f3n meteorol\u00f3xica da que proceden estes datos est\u00e1 rodeada de edificios e outas \u00e1rbores, de xeito que non \u00e9 dif\u00edcil comprender que os ventos na Illa Pancha ser\u00e1n moito mais fortes. O artigo 84, apartado d) do R.D. Legislativo 2\/2011 de 5 de Setiembre, Texto Refundido de la Ley de Puertos del Estado y de la Marina Mercante exixe unha \u201cMemoria econ\u00f3mico financiera de la actividad a desarrollar en la concesi\u00f3n\u201d Dende o noso ponto de vista a devandita memoria econ\u00f3mico financiera non pode eludir unhas condicions climatol\u00f3xicas tan adversas e so basarse en criterios subxectivos que obvian esta realidade natural, maiormente tendo en conta que as instalaci\u00f3ns te\u00f1en unha dimensi\u00f3n m\u00ednima (duas habitaci\u00f3ns ou suites) e uns outos costos fixos de mantemento, persoal, etc. Resulta altamente rechamante que as autoridades de Puertos del Estado, e maiormente do Concello de Ribadeo non reparasen neste feito e sigan d\u00e1ndolle para diante a este proxecto ainda a risco de iniciar alguna acci\u00f3n descabellada na illa con resultados presumiblemente irreversibeis.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O d\u00eda 30\/6\/15 o Consello de Adminstraci\u00f3n da Autoridade Portuaria otorga a concesi\u00f3n da Illa Pancha dacordo co expediente C-770 e cas prescripcions establecidas no documento da concesi\u00f3n . Trataremos de non repetirnos nos comentarios aos documentos da concesi\u00f3n. Na p\u00e1xina 2 \u201cObras e instalaciones a ejecutar\u201d citanse a \u201crehabilitaci\u00f3n interior y de fachada del faro\u2026\u201d, \u201cacondicionamiento del garaje existente y antigua rampa\u2026\u201d, \u201cejecuci\u00f3n de una rampa de acceso\u2026\u201d, \u201cinstalaci\u00f3n de una terraza\u2026\u201d,\u201d habilitaci\u00f3n de una zona ajardinada\u2026\u201d, o que sup\u00f3n as conseguintes obras nas seis parcelas previamente definidas, en contra das repetidas declaracions seg\u00fan as cais a \u00fanica actuaci\u00f3n era no interior do Faro, polo que se confirma a existencia dunha versi\u00f3n blanda ou edulcorada do proxecto cara \u00e1 galer\u00eda que contrasta ca versi\u00f3n real moito mais agresiva co medio. Neste contexto temos que suli\u00f1ar as declaracions do alcalde de Ribadeo ao considerar que o proxecto era un premio do Ministerio. Na mesma p\u00e1xina, mais adiante, figuran unha serie de prazos para a entrega do proxecto constructivo e a execuci\u00f3n das obras amplamente rebasados no intre de redactar estas li\u00f1as. Estamos de novo diante dun exercicio de unha tolerancia especial por parte das administracions da que se beneficia a empresa adxudicataria. Na p\u00e1xina 3, no apartado \u201cObligaciones de car\u00e1cter general\u201d aparece unha formulaci\u00f3n que deixa estupefacto a calquer observador obxectivo e imparcial cando di \u201cEl concesionario es conocedor de las obligaciones que implica la pertenencia de la isla a la Red Natura 2000\u201d. Non imos facer nengun comentario sobre est\u00e1 estramb\u00f3tica declaraci\u00f3n, simplemente suli\u00f1ar que non hai neng\u00fan informe previo no que se expo\u00f1an polo miudo cales son implicaci\u00f3ns da pertencia da illa \u00e1 Rede Natura 2000, simplemente porque as administraciones implicadas non tiveron en conta este tema e polo tanto o concesionario non est\u00e1 obligado por ninguna disposici\u00f3n concreta neste asunto e pode facer a libre interpretaci\u00f3n que lle resulte mais acaida. Esto \u00e9 o que se desprende desta pomposa declaraci\u00f3n: fume de carozo. Mais adiante f\u00e1lase do \u201cn\u00famero m\u00e1ximo de veh\u00edculos\u2026plazas habilitadas\u2026 nunca mayor de 4\u2026\u201d Ou sexa un aparcamento de catro prazas \u00e1s que poden sumarse os veh\u00edculos autorizados, proveedores, etc. Anque non o di esto ch\u00e1mase un aparcamento \u201cmimetizado\u201d cos existentes nas zonas urbanas e consiste nun paso mais na urbanizaci\u00f3n e destrucci\u00f3n da illa para a sua explotaci\u00f3n privada, con absoluto desprezo das normas de protecci\u00f3n paisax\u00edstica, das prescripci\u00f3ns da Rede Natura 2000 e das recomendaci\u00f3ns da Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos e Terras de Buron, \u00e1 que pertence a Illa Pancha, formando parte da Zona Nucleo da Ria de Ribadeo da que trataremos mais adiante. Nas p\u00e1xinas seguintes describese a carteler\u00eda que contabilizamos en mais de vinte elementos, papeleras, c\u00e1mara de vixilancia etc. que xa citamos de cuxos impactos non nos imos repetir.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O d\u00eda 9 de Setembro de 2015 a empresa concesionaria presenta a solicitude de licencia municipal no Concello de Ribadeo para a obra : \u201c Reforma interior do edificio do Faro da Illa Pancha para creaci\u00f3n dun apartahotel e ampliaci\u00f3n do garaxe para a instalaci\u00f3n dunha cafeter\u00eda\u201d. A esta documentaci\u00f3n segue un informe do arquitecto municipal e unha resposta do alcalde ambos con data de 21\/9\/2015 que imos resumir. O informe do t\u00e9cnico di: \u201c \u00e9 necesario correxir unha serie de deficiencias observadas na citada documentaci\u00f3n, antes da concesi\u00f3n da licenia municipal\u2026\u201d 1.- O informe sectorial da Secretar\u00eda Xeral de Ordenaci\u00f3n do Territorio de 8\/7\/2014 non \u00e9 v\u00e1lido porque fai referencia a unha situaci\u00f3n urban\u00edstica anterior, modificada pola aprobaci\u00f3n posterior do PXOM. 2.- O informe sectorial do Ministerio de Agricultura, Alimentaci\u00f3n e Medio Ambiente de 5\/3\/15 fai referencia ao art. 72.1 do texto refundido da Lei de Portos no que se autorizan excepcionalmente o uso de espazos similares \u00e1 Illa Pancha \u201csiempre que no se realicen nuevas edificaciones\u201d . E dado que no proxecto presentado no concello figura unha cafeter\u00eda e outras actuaci\u00f3ns o t\u00e9cnico municipal solicita que o Ministerio de Agricultura, Alimentaci\u00f3n e Medio Ambiente emita un novo informe no que se aclare \u201csi resulta favorable o informe para o proxecto completo\u201d. Ademais p\u00eddese un informe do organismo con competencia en materia de paisaxe dado que segundo o Plan de Ordenaci\u00f3n do Litoral de Galicia a parcela at\u00f3pase dentro da Rede de Espazos naturais de Galicia. O informe do alcalde de Ribadeo require ao solicitante para que aporte a documentaci\u00f3n devandita. Non existe informe de t\u00e9cnico de medio Ambiente nen referencia alguna \u00e1 Rede Natura 2000. Tampouco existe nengun requerimento nen petici\u00f3n de informaci\u00f3n sobre a viabilidade econ\u00f3mica do proxecto e sostibilidade futura.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O d\u00eda 15 de decembro de 2015 ten lugar unha entrevista entre o alcalde e tres funcionarios con catro representantes do colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d. O expediente ou parte del est\u00e1 enriba da mesa pero aos representantes do colectivo non se nos permite mais que botarlle unha ollada r\u00e1pida a algunas partes. O alcalde non manifesta nengunha opini\u00f3n limit\u00e1ndose a repetir o de que a licencia deber\u00e1 concederse se os informes son favorables. A xuntanza dura uns 20 minutos \u201cporque ti\u00f1an outra mais tarde\u201d. A o dia seguinte facilitanse alguns dos documentos que citamos anteriormente. O dia 20\/4\/2016 o alcalde notifica por correo electr\u00f3nico \u00e1 representante do noso colectivo que podemos ter acceso ao expediente, pero \u00e1 marxe da amabilidade dos funcionarios so se nos facilitan alg\u00fans documentos, non a totalidade do expediente. Un ano despois de solicitalo por primeira vez e dous anos despois de comezala tramitaci\u00f3n.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O d\u00eda 18\/1\/16 o Instituto de Estudos do Territorio da Conseller\u00eda de Medio Ambiente da xunta de Galicia emite informe sobre \u201cAdecuaci\u00f3n ao Plan do Litoral de Galicia de usos cualificados como compatibles\u201d. Debe suli\u00f1arse que nos meses anteriores aparecen na prensa varios escritos do colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d denunciado a falla de informes relativos \u00e1 Rede Natura 2000. O informe do Instituto de Estudos do Territorio fai referencia ao Plan de Ordenaci\u00f3n do Litoral e cita por primeira vez a situaci\u00f3n da Illa Pancha na zona 2 da ZEC Rio Eo dentro da Rede Natura 2000 e os artigos correspondentes de aplicaci\u00f3n. Pola sua extensi\u00f3n non podemos reproducir este infome, pero debemos suli\u00f1ar que adica un amplo espazo a resaltar os valores paisax\u00edsticos da illa e os riscos dunha actuaci\u00f3n como a prevista. Nas suas conclusions nos pon obxeccions respecto das obras no faro pero \u00e9 mais restrictivo respecto das restantes actuaci\u00f3ns se ben non se manifesta rotundamente sobre delas. Entendemos que unha actuaci\u00f3n como a prevista nun espazo tan singular como \u00e9 a Illa Pancha deber\u00e1 ter unha avaliaci\u00f3n mais clara e comprometida e unha rexeita contundente por parte do Instituto de Estudos do Territorio.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O d\u00eda 12\/4\/16 a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao emite informe respostando ao concello de Ribadeo sobre unha petici\u00f3n recibida o 18 de Marzo de 2016, na que se solicitaba un novo informe da Direcci\u00f3n Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar do Ministerio de Agricultura, Alimentacion e Medio Ambiente, trala presentaci\u00f3n dos novos proyectos desdoblados pola empresa concesionaria. A resposta da Autoridade Portuaria pertence ao x\u00e9nero alucinatorio: seg\u00fan eles a concesi\u00f3n foi tramitada correctamente no 2014-15 e os cambios ou desdoblamientos de proxectos non merecen comentarios. Desco\u00f1ecemos se o concello de Ribadeo vai dar por v\u00e1lida unha resposta tan absurda habida conta de que a nova situaci\u00f3n administrativa creada pola presentaci\u00f3n de dous novos proxectos que poden considerarse independentes, racha totalmente co expediente anterior cuxa anulaci\u00f3n solicitou voluntariamente a empresa interesada e polo tanto debera iniciarse dende o comezo todo o proceso de concesi\u00f3n con exposici\u00f3n p\u00fablica incluida. Entendemos que o concello debera someter esta situaci\u00f3n a un novo estudo do procedemento administrativo. O contrario sup\u00f3n un trato de favor \u00e1 empresa solicitante en perxuicio dos dereitos dos veci\u00f1os e da conservaci\u00f3n da Illa no seu estado actual. O dia 20\/4\/16 o alcalde comun\u00edcanos que un mes antes a empresa concesionaria ten solicitado a anulaci\u00f3n do expediente anterior presentando dous expedientes diferentes para a obtenci\u00f3n de duas licencias, un para as reformas no edificio de antigo faro e outro para as restantes actuaci\u00f3ns. Dende o noso ponto de vista tr\u00e1tase dunha artima\u00f1a administrativa que non ten en conta en primeiro lugar o impacto conxunto das actuaci\u00f3ns e dos seus resultados posteriores e en segundo lugar a viabilidade econ\u00f3mica dos proxectos en conxunto e por separado. Esta omisi\u00f3n sup\u00f3n un manexo viciado dos expediente que pode traguer, como dixemos antes, o comezo dalgunhas obras e actividades que rematen deixando unha degradaci\u00f3n irreversible da Illa Pancha. Para rematar imos comentar brevemente que a Illa pancha pertence \u00e1 Zona Nucleo da Ria de Ribadeo dentro da Reserva da Biosfera, que comentamos anteriormente. A Zona Nucleo \u00e9 o espazo mais singular da reserva, onde se recomenda que as normas de protecci\u00f3n do medio e sustentabilidade dos proxectos se apliquen de xeito estricto. O Foro de Participaci\u00f3n Social da Reserva da Biosfera tivo unha xuntanza recientemente na que se presentou unha denuncia sobre a inviabilidade e a degradaci\u00f3n do medio do proxecto que comentamos recibindo varias intervencions favorabeis e o compromiso dos responsabeis pol\u00edticos de facer un seguimento do problema, pero ate agora na instrucion dos expedientes a Reserva da Biosfera non tivo nengunha acolleita.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>CONCLUSIONS E PETICIONS AO VALEDOR DO POBO DE GALICIA&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;1.- Que por parte do Concello de Ribadeo e da Autoridade Portuaria se nos facilite a consulta do expediente completo, dende os primeiros tr\u00e1mites ate os \u00faltimos informes.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;2.- Que pola autoridade correspondente se emitan informes sobre a implicaci\u00f3n das normas da Rede Natura 2000 no proxecto que discutimos. Que as conclusi\u00f3ns de ditos informes sexan motivadas e concretas.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>3.- Que os informes que afecten aos aspectos medioambientais do proxecto valoren todolos elementos do mesmo e os impactos previsibeis da actividade e non so aspectos parciais e secundarios.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>4.- Que a memoria econ\u00f3mica e de viabilidade te\u00f1a en conta as limitaci\u00f3ns climatol\u00f3xicas da Illa Pancha e a pequenez dun hotel de duas habitacions ou suites.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>5.- Que se te\u00f1an en conta as recomendacions da Reserva da Biosfera en materia de sostibilidade e medio ambiente.<\/em>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixo embaixo a carta enviada polo grupo &#8216;Por Nuestro Faro&#8217; ao Valedor do Pobo de Galicia, como un apunte m\u00e1is na historia da illa Pancha. &#8220;AO VALEDOR DO POBO DE GALICIA&nbsp; &nbsp;As persoas abaixo asinantes, [,,,] en nome propio e en representaci\u00f3n do colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d denuncian os feitos seguintes:&nbsp; O d\u00eda 22 de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-6145","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6145","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6145"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6145\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6145"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6145"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6145"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}