{"id":6130,"date":"2016-06-28T09:41:00","date_gmt":"2016-06-28T07:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:47:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:47:13","slug":"escudo-do-recanto-de-ferradores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/06\/28\/escudo-do-recanto-de-ferradores\/","title":{"rendered":"ESCUDO DO RECANTO DE FERRADORES. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEikd3XGGoQV0uRe0nSwhhZt1kLt4GmDcovd8Q_8Md3jWszrnnf3tGnpMlR05jFynKdu4ye4-IT0Mh1JXCP2yQn30fo6orOddC-i8Zqcvg1e7NzDVFggnTH8nDxJbe4Gldng9_arRA\/s2048\/zona+centro+Ribadeo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"430\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEikd3XGGoQV0uRe0nSwhhZt1kLt4GmDcovd8Q_8Md3jWszrnnf3tGnpMlR05jFynKdu4ye4-IT0Mh1JXCP2yQn30fo6orOddC-i8Zqcvg1e7NzDVFggnTH8nDxJbe4Gldng9_arRA\/s2048\/zona+centro+Ribadeo.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Mapa de OSM centrado no Recanto de Ferradores<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Subindo desde as \u201cCatro Calles\u201d pola r\u00faa Reinante, xusto pasada a farmacia de Cid de D\u00aa Carmen \u00c1lvarez Lebredo, atopamos un metido a destra chamado o Recanto de Ferradores. \u00d3 fondo hai un escudo de armas espa\u00f1ol, timbrado cun casco de fidalgo mirando a sinistra. Est\u00e1 adornado con lambrequines sinxelos que surmontan o campo do escudo polo lado destro, caendo como chorret\u00f3ns de auga dunha fervenza, externamente a un borde moi marcado e estreito chamado: filiera.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjWbvnU4Gv2qAshIbelGgviSgekfbD2VV0B7xcsM2Iv6mb7LNgsW2vAx2atqxLGNJzlNRS7CeEgPBoVi1AmcHoybiBJUXGBTTAA_5LM8uQYVAYKn2XfKkdgwspN_b7R8ydJHdP23g\/s2048\/escudo+do+recanto+de+ferradores.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"570\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjWbvnU4Gv2qAshIbelGgviSgekfbD2VV0B7xcsM2Iv6mb7LNgsW2vAx2atqxLGNJzlNRS7CeEgPBoVi1AmcHoybiBJUXGBTTAA_5LM8uQYVAYKn2XfKkdgwspN_b7R8ydJHdP23g\/s2048\/escudo+do+recanto+de+ferradores.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEitNXyYAWWGJ4hqQ3_l2tWNaAGq_E3RQN69opER3Oalz4S6ryiMnG5kBiSLkGi6BdH5DxiUqRTILwEPu9ZgKjY1Wnr8Gyo-2cmNTgCRpSrDmcMGLYuJP4W4OHMm0BQQOHw9nr3qhg\/s2048\/Rinconada+Ferradores_20160628.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEitNXyYAWWGJ4hqQ3_l2tWNaAGq_E3RQN69opER3Oalz4S6ryiMnG5kBiSLkGi6BdH5DxiUqRTILwEPu9ZgKjY1Wnr8Gyo-2cmNTgCRpSrDmcMGLYuJP4W4OHMm0BQQOHw9nr3qhg\/s2048\/Rinconada+Ferradores_20160628.jpg\" width=\"480\" \/><\/a><\/p>\n<p>O casco mirando \u00e1 sinistra pregoa bastard\u00eda segundo opini\u00f3n dalg\u00fans tratadistas, pero, como di Luis F. Mess\u00eda de la Cerda y Pita, na s\u00faa obra Her\u00e1ldica Espa\u00f1ola: \u201cpersoalmente opinamos que estas celadas mirando a sinistra son erros do artista, pois \u00f3 non ser obrigatorio o seu uso, ning\u00fan bastardo (que o considerara vergo\u00f1ento) as po\u00f1er\u00eda desta forma, e deixar\u00eda o escudo sen timbrar\u201d.<\/p>\n<p>No fondo da pedra labrada, ten escrito: <strong>&nbsp;<\/strong><\/p>\n<p><strong>SARMIENTOS I TEIXEI(RAS?\/ROS?)<\/strong><\/p>\n<p>Esta lenda parece l\u00f3xico faga referencia as li\u00f1axes as que pertence. \u00c9 unha m\u00e1goa, non poder ler a inscrici\u00f3n do brazo horizontal da cruz que o cuartea e na que s\u00f3 se distingue, case \u00f3 centro, unha \u201cE\u201d e restos doutras letras ilexibles. Posiblemente con t\u00e9cnicas especiais de lectura con luces infrarroxas, ultravioletas, raios X, etc. se puidera ler a lenda completa.<\/p>\n<p>Est\u00e1 cuarteado en catro cunha cruz que tanto pode ser dos Franco como a de Calatrava, pois son de iguais caracter\u00edsticas: brazos iguais, cuxos extremos rematan en flores de lis moi abertas (de ouro unha cruz, en campo de gules). S\u00f3 se ve bastante ben o remate da cruz na parte destra, un pouqui\u00f1o na parte alta do xefe e algo na sinistra, no remate da punta ou do p\u00e9 est\u00e1 destru\u00edda a forma.<\/p>\n<p>A cruz dos Franco, pertence a D. Alonso Franco Lobo Guerrero, casado con D\u00aa Sebastiana Vargas, unha moi antiga familia repartida entre as veci\u00f1anzas de Ribadeo, de San Vicente de Cubelas, de San Xo\u00e1n de Pi\u00f1eira e de Ove, que preitearon o reco\u00f1ecemento da s\u00faa fidalgu\u00eda en 1544 e 1563 na Chanciller\u00eda de Valladolid.<\/p>\n<p>A cruz de Calatrava pode pertencer \u00f3s Sarmiento da Casa de Mos, D. Gabriel Sarmiento de Quir\u00f3s Sotomayor y Sousa, cabaleiro da Orden de Calatrava, casado con D\u00aa Catalina Sarmiento Sotomayor y Noboa, se\u00f1ora de Gomesende. Pero a cruz de Calatrava tam\u00e9n \u00e9 representativa das armas dos Santa Cruz, cuxo primeiro Marqu\u00e9s de Santa Cruz foi D. \u00c1lvaro de Baz\u00e1n, Capit\u00e1n General do Mar Oc\u00e9ano; seu fillo D. \u00c1lvaro de Baz\u00e1n y Benavides foi o segundo Marqu\u00e9s de Santa Cruz, seu neto D. Henrique Baz\u00e1n y Benavides Marqu\u00e9s do Viso e seu bisneto D. Francisco Baz\u00e1n y Benavides, Marqu\u00e9s de Baiona.<\/p>\n<p>As figuras ou pezas do escudo est\u00e1n moi desdebuxadas pola erosi\u00f3n, presumibelmente producida pola intemperie, quizais porque houbo un tempo en que non estivera tan resgardado como o est\u00e1 hoxe entre as casas. O traballo xeneal\u00f3xico, neste caso, \u00e9 susceptible de erros, pois carece dunha fonte documental necesaria para facer unha \u00e1rbore xeneal\u00f3xica, pero logo de meditar si ser\u00eda mellor omitir ou publicar o que temos, creemos que non debemos deixar o sabido nos estantes da nosa biblioteca, pois isto pode ser de axuda a estudosos futuros, cando outros documentos poidan sa\u00edr a luz que hoxe, seguramente, dormen \u201cpr\u00e1cidamente\u201d por alg\u00fan lugar.<\/p>\n<primeiro cuartel=\"\"><em>Primeiro cuartel<\/em>: se votamos man do escrito na lenda te\u00f1en que ser armas dos Sarmiento, pois non se amosan roeles en ningunha parte m\u00e1is, e est\u00e1n acompa\u00f1adas doutra figura moi desdebuxada que parece a asta dun alce ou dun cervo \u00bfdos Cervantes?. \u00c1mbalas d\u00faas son interpretaci\u00f3ns especulativas, pois non concordan as armas dos Sarmiento que te\u00f1en trece roeles distribu\u00eddos: 3-3-3-3-1 e non s\u00f3 oito, quizais nove, como se amosan neste cuartel. Por outra banda a forma de asta dun alce ou dun cervo, pode ser produto da abrasi\u00f3n da pedra e non da obra labrada, propia da man dun artista.<br \/>\n<segundo cuartel=\"\">&nbsp;<\/segundo><\/primeiro>\n<primeiro cuartel=\"\"><segundo cuartel=\"\">Segundo cuartel: est\u00e1 moi desdebuxado case destru\u00eddo. Aperc\u00edbese algo as\u00ed, como unha \u00e1rbore de copa redonda, cuxo tronco pasa por detr\u00e1s dunha figura que parece a pata traseira dun le\u00f3n e unha \u00e1 dunha ave grande, quizais dun \u201cgrifo\u201d, figura mitol\u00f3xica metade \u00e1guia metade le\u00f3n.&nbsp;<\/segundo><\/primeiro>\n<primeiro cuartel=\"\"><segundo cuartel=\"\"><terceiro cuartel=\"\">Terceiro cuartel: en este cuartel, moi desdebuxado, perc\u00edbese unha torre e o que parece un lobo a destra encaramado. Son armas dos C\u00e1mara. En campo de sable (cor negro), unha torre de prata cun homenaxe (cunha torre enriba) e dous lobos de ouro encaramados a ela, un por cada lado (os esmaltes son os do Nobiliario, xa que non se poden ler no cuartel). C\u00e1mara \u00e9 un apelido portugu\u00e9s que pasa a Galiza como as armas de Pita, a m\u00e1is co\u00f1ecida D\u00aa Mayor Fern\u00e1ndez de la C\u00e1mara, pasou \u00e1 historia como Mar\u00eda Pita que defendeu a cidade de A Coru\u00f1a do ataque do pirata ingl\u00e9s Drake \/\/ As armas dos Teixeiro, da casa solar de Lorenzana, te\u00f1en un castelo similar. En campo de azur un castelo de prata remontado de torres, pero ter\u00eda que haber catro cabaleiros armados a porta do castelo, que neste caso son irreco\u00f1ecibles. D. Alonso L\u00f3pez Teixeiro foi o fundador do morgado de Teixeiro en San Pedro de Riotorto. D\u00aa Catarina M\u00e9ndez de Miranda y Teixeiro, c\u00e1sase con D.Pedro \u00c1lvarez de Aguiar. En 1624 era se\u00f1or da casa de Lorenzana D. Jos\u00e9 Sarmiento Teixeiro. En Ribadeo D. Bernab\u00e9 Bahamonde Teixeiro c\u00e1sase en 1668 con D\u00aa Antonia de Torres Su\u00e1rez de Villaamil, e o seu neto D. Agust\u00edn Baamonde c\u00e1sase con D\u00aa Josefa Sarmiento de Ribadeneyra. En 1775 D. Nicol\u00e1s Clemente Sarmiento Teixeiro Ribadeneira Sotomayor y Saavedra \u00e9 o se\u00f1or da Casa de Teixeiro e estaba casado con D\u00aa Carmen Canel y Vivero (Blasones y Linajes de Galicia, Frei Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Volumes II e V, Mosteiro de Poio)<br \/>\n<cuarto cuartel=\"\">&nbsp;<\/cuarto><\/terceiro><\/segundo><\/primeiro>\n<primeiro cuartel=\"\"><segundo cuartel=\"\"><terceiro cuartel=\"\"><cuarto cuartel=\"\">Cuarto cuartel: mobles moi desdebuxados, parece unha \u00e1rbore cunha espada colgada a destra das armas dos Pardo de Donleb\u00fan, nas que non se percibe o escudo colgado a sinistra. Bras\u00f3n que se consegu\u00eda nun \u201cpaso de armas\u201d ou lugar que os cabaleiros se empe\u00f1aban en defender facendo barricadas e colgando as armas das \u00e1rbores para sinalar que estaban al\u00ed, e que non se pod\u00eda pasar sen combater coas persoas que o defend\u00edan \/\/ Tam\u00e9n puidera ser s\u00f3 unha \u00e1rbore das armas dos Quiroga (un pino de sabre en campo de ouro ou de sinople. Os esmaltes est\u00e1n irreco\u00f1ecibles)&nbsp;<\/cuarto><\/terceiro><\/segundo><\/primeiro>\n<primeiro cuartel=\"\"><segundo cuartel=\"\"><terceiro cuartel=\"\"><cuarto cuartel=\"\">A cuesti\u00f3n dos fillos bastardos era bastante normal entre os reis de Espa\u00f1a, pois casaban coa muller que lle asignaban as obrigas da pol\u00edtica, e logo ti\u00f1an relaci\u00f3ns extra matrimoniais coas mulleres que lles gustaban e das que estaban, moitas veces, realmente namorados. Podemos citar como un caso cl\u00e1sico deste tipo de relaci\u00f3ns a do rei Afonso XI \u201cO Xusticeiro\u201d (1312-1350) que estaba casado coa infanta D\u00aa. Mar\u00eda filla de Afonso IV de Portugal da que tivo un \u00fanico fillo, o futuro rei Pedro I \u201cO Cruel\u201d (1350-1369). Pero a s\u00faa vez Afonso XI, ti\u00f1a amores coa bel\u00edsima sevillana D\u00aa. Leonor de Guzm\u00e1n coa que tivo dez fillos bastardos. Estes dez fillos o marxe do matrimonio, foron os que crearon a dinast\u00eda dos Trast\u00e1mara que se perpetuou nos reis: Henrique II \u201cO das Mercedes\u201d, unha delas foi o Condado de Ribadeo, concedido a Pierre de Villaines (1369); Xan I (1379-1390); Henrique III \u201cO Doente\u201d (1390-1406) casado con D\u00aa Catarina de Lancaster, primeiros Pr\u00edncipes de Asturias; Xo\u00e1n II de Castela (1406-1454) rescatado da prisi\u00f3n por Rodrigo de Villandrando, conde de Ribadeo. Xo\u00e1n II casa en segundas nupcias con D\u00aa. Sabela de Portugal madre da que vai ser Sabela \u201ca Cat\u00f3lica\u201d (1474-1504). A Xo\u00e1n II sucedeuno seu fillo Henrique IV \u201co Impotente\u201d (1454-1474) habido no primeiro matrimonio, que foi destitu\u00eddo pola s\u00faa media irm\u00e1 Sabela \u201ca Cat\u00f3lica\u201d, que usurpou o trono da herdeira lex\u00edtima D\u00aa Xoana \u201ca Beltranexa\u201d filla de Henrique IV. E por \u00faltimo Xoana I \u201ca Tola\u201d (1504-1555) que foi ra\u00ed\u00f1a toda a s\u00faa vida, a\u00ednda que non exercera como tal.&nbsp;<\/cuarto><\/terceiro><\/segundo><\/primeiro>\n<primeiro cuartel=\"\"><segundo cuartel=\"\"><terceiro cuartel=\"\"><cuarto cuartel=\"\">\u00a1E unha m\u00e1goa co escudo estea t\u00e1n deteriorado e non se poidan ler ben as pezas coas que concretar a xenealox\u00eda, pois non deixa de ser outro dos tantos \u201cmisterios\u201d de Ribadeo!<\/cuarto><\/terceiro><\/segundo><\/primeiro>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mapa de OSM centrado no Recanto de Ferradores Subindo desde as \u201cCatro Calles\u201d pola r\u00faa Reinante, xusto pasada a farmacia de Cid de D\u00aa Carmen \u00c1lvarez Lebredo, atopamos un metido a destra chamado o Recanto de Ferradores. \u00d3 fondo hai un escudo de armas espa\u00f1ol, timbrado cun casco de fidalgo mirando a sinistra. Est\u00e1 adornado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6130","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6130","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6130"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6130\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6130"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6130"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6130"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}