{"id":6111,"date":"2016-07-18T22:32:00","date_gmt":"2016-07-18T20:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:46:33","modified_gmt":"2024-11-12T12:46:33","slug":"escudo-na-rua-antonio-otero-francisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/07\/18\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco\/","title":{"rendered":"ESCUDO NA R\u00daA ANTONIO OTERO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhzFc1jKsiR8HU1jFOA4tv17-Xci_VISiZDKcXq79BfuL-ZRtdzwLLIAiRCWW3y37VI61LB0T3JHYArCXrYC7YnQF6fsx978JbHxYK8C-0KghSAlAj8DoKe94c-QsBSBqBebHxKgg\/s2048\/escudo+en+Antonio+Otero.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhzFc1jKsiR8HU1jFOA4tv17-Xci_VISiZDKcXq79BfuL-ZRtdzwLLIAiRCWW3y37VI61LB0T3JHYArCXrYC7YnQF6fsx978JbHxYK8C-0KghSAlAj8DoKe94c-QsBSBqBebHxKgg\/s2048\/escudo+en+Antonio+Otero.jpg\" width=\"440\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">escudo en Antonio Otero<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Escudo de armas espa\u00f1ol con data do ano de 1675. Est\u00e1 a medio andar a calle Antonio Otero, fronte a Traves\u00eda Fernando III O Santo que une coa praza dos Catro Ca\u00f1os, situado na fachada dunha magn\u00edfica casa onde a\u00ednda se conservan uns poucos metros de soportal con arcos, vestixio do Ribadeo do s\u00e9culo XVII. O escudo est\u00e1 \u00e1 altura do segundo piso, \u00f3 lado esquerdo dun precioso balc\u00f3n con varanda de fundici\u00f3n e adornado cun lintel e xambas con cadrados en baixo relevo nos que se representan flores de catro e seis follas. Na Casa dos Miranda da r\u00faa Amando P\u00e9rez, fronte a fonte dos Catro Ca\u00f1os, at\u00f3panse dous escudos de forma de casulla, cuarteados en cruz. No escudo dereito segundo se mira \u00e1 fachada, no cuartel terceiro (esquerdo baixo) atopamos representadas as mesmas armas inversadas, esto \u00e9, con certa simetr\u00eda respecto dun eixe, neste caso do eixe vertical central (v\u00e9xase foto 2).<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiRaS_FuWCq_c0843NoKRG82p_ye1NFJVevA6dfrKgjpDE0QV_geoXyh5he8VUEdauSjpkrgklUCx75vtgJ1bMhqfqidtgll91gFeF1wAxB7vN_R6oiPIh-rQGy-ODpRkTBEQUiyA\/s2048\/escudo+en+Antonio+Otero+cadrante+3.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiRaS_FuWCq_c0843NoKRG82p_ye1NFJVevA6dfrKgjpDE0QV_geoXyh5he8VUEdauSjpkrgklUCx75vtgJ1bMhqfqidtgll91gFeF1wAxB7vN_R6oiPIh-rQGy-ODpRkTBEQUiyA\/s2048\/escudo+en+Antonio+Otero+cadrante+3.jpg\" width=\"604\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">detalle escudo casa dos Miranda<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O escudo est\u00e1 timbrado cun casco de fidalgo ollando a destra, adornado cun penacho de catro plumas e lambrequines sinxelos caendo polos laterais do campo con bordura diminu\u00edda ou filiera. Baixo o casco e sobre a bordura, asoma o pu\u00f1o con garda dunha espada e d\u00faas veneras \u00f3s extremos (no caso do de Miranda, o pu\u00f1o, espada e veneras est\u00e1n dentro do campo). \u00c9 curioso observar \u00e1 destra do pu\u00f1o da espada, que a gola do propio casco, remata nun p\u00e9 estreito que produce unha parehidolia ou figura ilusoria que se forma, e que, neste caso, da a sensaci\u00f3n \u00f3ptica de que un animal cuadr\u00fapede mete a cabeza baixo o casco, mesmo semella que ten d\u00faas patas traseiras e rabo.<\/p>\n<p>O campo est\u00e1 partido en dous pola folla da espada, cuxo pu\u00f1o est\u00e1 fora da bordura e no xefe (parte alta do campo) vese a cruz cristi\u00e1n que \u00e9 t\u00edpica da lenda dos Villaamil: \u201cVillaamil avante con esta cruz delante\u201d, pero neste caso o estar no xefe, tam\u00e9n recorda as armas dos Burdaya, familia que prov\u00e9n de Galicia no conf\u00edn entre Le\u00f3n e Asturias. Por outra banda, a espada en pao (vertical) con d\u00faas veneras a cada extremo do pu\u00f1o representa armas de Pousadouro ou Pousadeiro.<br \/>\nNa partici\u00f3n destra do escudo, vense catro faixas en relevo sobre unha aguia mirando a destra. En realidade son tres faixas mal representadas, pois as faixas corresponden os ocos entre as catro en relevo, sobre unha aguia. Esta anomal\u00eda, no gravado que fixo o artista, queda corroborada no cuartel 3\u00ba do escudo da casa dos Miranda. Tam\u00e9n pode verse esta mesma partici\u00f3n de tres faixas sobre unha aguia, na igrexa de Vilasel\u00e1n, no escudo policromado que culmina a capela da Virxe das Dores do patronazgo da familia de Rodr\u00edguez Arango e Mon, se\u00f1ores de Guimar\u00e1n.<\/p>\n<p>Xa vimos no escudo da r\u00faa Bispo Veres, no cuarto cuartel, en campo de ouro tres faixas de azur, das posibles armas dos Mess\u00eda de la Cerda, pero en aquel, as faixas son m\u00e1is estreitas ou como se di en her\u00e1ldica, faixas disminu\u00eddas, polo que non deben ter relaci\u00f3n \u00e1mbalas d\u00faas li\u00f1axes.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed as tres faixas poden corresponder as armas dos \u00c1lvarez, de Barreira, Barrera  ou \u201cde la Barrera\u201d, as dos Parraqu\u00e9s do se\u00f1or\u00edo de Parga ou tam\u00e9n as dos Venegas. A aguia, parece ser bras\u00f3n dos Aguiar ou dos Pardo, que m\u00e1is das veces leva coroa, e sen coroa tam\u00e9n pode corresponder as armas dos Busto, pois te\u00f1en aguias inversadas como se ven m\u00e1is claramente no 3\u00ba cuartel de Miranda, unha mirando a sinistra e a outra a destra.<\/p>\n<p>A xenealox\u00eda das tres faixas, pode ser de antecesores de D. Carlos \u00c1lvarez de Mon, que viv\u00eda en Ribadeo en 1794. A aguia dos Busto de Ribadeo, te\u00f1en executoria de fidalgu\u00eda con data de 30 Decembro de 1512 na Chanciller\u00eda de Valladolid, antepasados de D. Francisco Antonio Bustos y Fl\u00f3rez que, a s\u00faa vez, saca executoria de nobreza en 1785.<\/p>\n<p>Na partici\u00f3n sinistra, unha aguia con pescozo delgado como de ganso mirando a destra (\u00e9 un aguia como a do 3\u00ba cuartel dos Miranda, coa advertencia de que aqu\u00ed a aguia mira a sinistra, de aqu\u00ed a sospeita de que sexan as inversadas da familia Busto). A aguia est\u00e1 sobre ondas moi pretas (ondas de azur en campo de ouro), poden ser armas dun matrimonio entre un Busto, un Aguiar ou un Pardo con unha Mar\u00edn ou de Mari\u00f1o, ou ben, cunha Tavora.<\/p>\n<p>Os tres matrimonios te\u00f1en posibilidade de ser, pois Aguiar, Busto, Pardo e Mari\u00f1o, son familias que existen na veci\u00f1anza de Ribadeo, a\u00ednda que Mari\u00f1o m\u00e1is ben, se soe representar coas ondas do mar e unha serea, emparentados coas armas dos Mosquera, dos Deza e dos Sotomayor. Por outra banda, tam\u00e9n poden ser Aguiar e Tavora, pois os Tavar\u00e9s de Tavora, ori\u00fandos de Portugal, figuran relacionados cos Oya, Sarmiento, Sotomayor e Montenegro, familias todas elas moi apousentadas na veci\u00f1anza de Ribadeo.<\/p>\n<p>Por outra banda, \u00f3 estar as figuras alternadas e repetidas, caso das aguias neste caso, e con similitude coas bandas e olas, podemos pensar en que son armas primixenias dun cabaleiro que foi as cruzadas entre o s\u00e9culo XI e XIII, o que era \u201cunha peregrinaci\u00f3n militar da cruz en viaxe a Xerusal\u00e9n\u201d. Estes cabaleiros por combater e librar o sepulcro de Cristo de mans dos infieis, ti\u00f1an privilexios papais como a indulxencia plenaria, que significaba a reconciliaci\u00f3n inmediata do pecador, confesando para obter absoluci\u00f3n pero con dispensa da carga de penitencia, e tam\u00e9n o Privilexio da Cruz de 28-Novembro-1095 co que se aseguraban os seus bens baixo a protecci\u00f3n do bispo, disposici\u00f3n que pasou o Dereito Feudal, obrigando o se\u00f1or a protexer os bens dos cruzados, e a estes coa obriga de acudir en axuda do se\u00f1or si este a requir\u00eda. Estes cruzados levaban unha cruz de tea cosida na s\u00faa vestimenta (cruce signati) que logo dispuxeron nos seus escudos de armas, con partici\u00f3ns en catro cuarteis alternados con armas da s\u00faa li\u00f1axe ou rexi\u00f3n, como ocorre co le\u00f3n castelo, castelo le\u00f3n de armas de Espa\u00f1a (1-2-2-1).<br \/>\nAs li\u00f1axes do escudo son moi antigas pois pertencen os bras\u00f3ns chamados \u201carmas parlantes\u201d, isto \u00e9, designan o nome da familia que non se sabe moi ben, se foron as armas as que deron o nome a familia, ou foi a familia a que deu o nome as armas, unha aguia (Aguiar), ondas mari\u00f1as (Mari\u00f1as, Mari\u00f1o), faixas ou \u201cbarras\u201d de Barreira. Ocorre o mesmo cun le\u00f3n (Le\u00f3n), cun castelo (Castela) ou cunha granada (Granada). \u00a1Ai Ribadeo, cantas cousas tes escondidas e no esquecemento!<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>M\u00e1is <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Pancho%20Campos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">entradas de Pancho Campos<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>escudo en Antonio Otero Escudo de armas espa\u00f1ol con data do ano de 1675. Est\u00e1 a medio andar a calle Antonio Otero, fronte a Traves\u00eda Fernando III O Santo que une coa praza dos Catro Ca\u00f1os, situado na fachada dunha magn\u00edfica casa onde a\u00ednda se conservan uns poucos metros de soportal con arcos, vestixio do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6111","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6111","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6111"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6111\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6111"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6111"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6111"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}