{"id":611,"date":"2024-05-20T22:48:00","date_gmt":"2024-05-20T20:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:57:37","modified_gmt":"2024-10-23T08:57:37","slug":"sobre-reparacion-e-obsolescencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/05\/20\/sobre-reparacion-e-obsolescencia\/","title":{"rendered":"Sobre a reparaci\u00f3n e a obsolescencia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><span><\/span><\/p>\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\"><span><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjiAetv0eN2atCLBbYWaKHHdcSe932MxtEXJAPI4LYlu2xe1yq6gaVJ1qcUK87QlV0zgwbbGqFhp16E4xm0My21mFvRgP1JYmpZtgUPDhKXU-Tjs5oNZUu0oaOe3K7_auFiIsSNr_u7e3Xnpnz1TsRDa_3swpqTVdeolxfkaQ0eAEfiKM14MY-0Dw\/s1475\/Captura%20de%20pantalla%20de%202024-05-20%2022-47-07.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"166\" data-original-width=\"1475\" height=\"73\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Captura20de20pantalla20de202024-05-202022-47-07.png\" class=\"wp-image-612\" width=\"650\" \/><\/a><\/span><\/div>\n<p><span><br \/><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><span>Sobre a reparaci\u00f3n e a obsolescencia <br \/><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\nReparar. Unha palabra \u00e1 que se lle anexan significados en diferentes contextos, e \u00f3 tempo, \u00e9 clara: a primeira acepci\u00f3n no dicionario da RAG \u00e9 &#8216;Devolver ao bo estado [algo que estaba deteriorado ou avariado]&#8217;. E logo, &#8216;Realizar unha acci\u00f3n tal que dimin\u00faa ou faga desaparecer os efectos dani\u00f1os, negativos ou prexudiciais de [outra]&#8217;. E a\u00ednda, &#8216;Restablecer [a forza, o \u00e1nimo etc.]&#8217;. \u00c9 dicir, tres significados que est\u00e1n relacionados.\n<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  A\u00ednda as\u00ed, aclaro: non me refiro aqu\u00ed a cousas como reparar danos de guerra (moito se poder\u00eda falar sobre iso nestes tempos), sen\u00f3n \u00e1 simple reparaci\u00f3n de \u00fatiles e aparellos. Unha ollada sobre algo no que a UE, mediatizada por intereses diversos, s\u00f3 hai un mes (23 de abril) que chegou a un ditame descafeinado e dif\u00edcil de que del resulte o impacto que debera. Cabe dicir algo como \u2018Non \u00e9 para menos, a situaci\u00f3n \u00e9 abondo complicada\u2019&#8230;\n  <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  En tempos, desparafusador, chave inglesa, lima, e pouco m\u00e1is, a m\u00e1is de paciencia e interese, permit\u00edan ama\u00f1ar un coche a algu\u00e9n cun pouco de co\u00f1ecemento e mans. Hoxe, mesmo con co\u00f1ecementos amplos \u00e9 dif\u00edcil ama\u00f1ar m\u00e1is al\u00f3 de algunha pequena cousa, sen ter o permiso, v\u00eda compra de m\u00e1quina diagnosticadora e outros ferregachos subministrables pola empresa construtora. Empresa que as\u00ed ten suxeitos e controlados \u00f3s talleres, convertidos \u00e1 s\u00faa volta en imprescindibles para os usuarios finais.\n  <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  E, quen di coches, di, a diferentes escalas de posibilidades, case calquera aparello, de m\u00f3biles -xa feitos para que non se podan nin abrir- a lavadoras -que case pode dicirse que levan data de caducidade- ou impresoras -fabricadas mesmo para pararse a partir dun certo n\u00famero de copias-. Aparellos todos os citados que nos levan, xunto con outros como as l\u00e1mpadas que nos iluminan ou as medias, a outro concepto xurdido no s\u00e9culo XX, a obsolescencia programada. \u00c9 dicir, o facer obxectos a posta para que non duren moito para que haxa que comprar outros novos (e polo tanto, seguir dando cartos \u00f3 fabricante). Algo que \u00e9 contraproducente non s\u00f3 polo que significa de necesitar recursos para a fabricaci\u00f3n que de algures te\u00f1en que sa\u00edr, co impacto medioambiental correspondente, sen\u00f3n tam\u00e9n por primar \u00e1s empresas que o practican fronte \u00e1s que non o fan (cun pernicioso efecto econ\u00f3mico de primar o mal feito). Se en tempos Philips fac\u00eda rasuradoras &#8216;eternas&#8217;, unha vez vendida unha a un home, este non ti\u00f1a que comprar outra ata moito tempo despois. As\u00ed, se outra marca &#8216;X&#8217; as fac\u00eda cunha duraci\u00f3n estimada po\u00f1amos, a cuarta parte, no mesmo tempo abr\u00edaselle tres veces m\u00e1is oportunidades de futuras compras, e polo tanto, de ingresos e ganancias. Ese \u00e9 o resume, a\u00ednda que o comercio sexa m\u00e1is complexo, tendo que considerar outras cousas como o custe de materiais e man de obra (menor no caso de &#8216;X&#8217;) e que o lapso de tempo de uso sexa abondo para que non sexa tan evidente para o cliente que a inversi\u00f3n nunha m\u00e1quina de &#8216;X&#8217; non pode competir en custo en relaci\u00f3n \u00f3 servizo prestado.\n  <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  Volvendo \u00e1 reparaci\u00f3n, hai tempo que os reloxos de pulseira tradicionais pasaron a ser irreparables m\u00e1is al\u00f3 do cambio das pilas en caso de que esa sexa a fonte de enerx\u00eda (imposible abrilos sen ferragachos especializados) ou do remprazo do conxunto da maquinaria. \u00c9 dicir, tirando dunha necesidade extra de recursos, eliminando capacidades t\u00e9cnicas da poboaci\u00f3n (e polo tanto tam\u00e9n posibilidades de desenvolvemento) e mant\u00e9ndoa cativa de novas compras. Algo ben diferente do que se tratar\u00eda en cambio, \u00f3 facer a reparaci\u00f3n en troques de cambiar o aparello na s\u00faa totalidade. E, mentres, seguimos dependentes, sen liberdade para usar o que \u2018\u00e9 noso\u2019 como se fora noso.\n  <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><br \/>\n  A proposta da UE (a \u2018Directiva\u2019, termo legal que emprega a UE) para procurar que as cousas se podan reparar, d\u00e1 un n\u00famero importante de pasos (inclu\u00edndo a prohibici\u00f3n por contrato de pr\u00e1cticas empresariais que impidan a reparaci\u00f3n ou o facilitar o acceso a documentaci\u00f3n e repostos). Mais non \u00e9 doado, e falla en po\u00f1er coto \u00e1s restrici\u00f3ns pola chamada propiedade intelectual e o dereito de copia, o que usado como arma pode anular todo o resto de melloras.<\/p>\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sobre a reparaci\u00f3n e a obsolescencia &nbsp;&nbsp;&nbsp; Reparar. Unha palabra \u00e1 que se lle anexan significados en diferentes contextos, e \u00f3 tempo, \u00e9 clara: a primeira acepci\u00f3n no dicionario da RAG \u00e9 &#8216;Devolver ao bo estado [algo que estaba deteriorado ou avariado]&#8217;. E logo, &#8216;Realizar unha acci\u00f3n tal que dimin\u00faa ou faga desaparecer os efectos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":612,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-611","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/611","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=611"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/611\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/612"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=611"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=611"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=611"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}