{"id":6109,"date":"2016-07-19T19:18:00","date_gmt":"2016-07-19T17:18:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:46:30","modified_gmt":"2024-11-12T12:46:30","slug":"non-estamos-entre-balocos-francisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/07\/19\/non-estamos-entre-balocos-francisco\/","title":{"rendered":"NON ESTAMOS ENTRE BALOCOS. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgfxEXERSE1yfkP2BY4v0R-5jfgIUZuMXAi4Xflwkav3NOZywohu3eOS1QZQ67dnkkEkWrE500IArPYGkORlZzVkTHg0pRiPtvyMxeWJANTusTNiKRrBoK_RjDvVy8UqYgg4jcrOA\/s2048\/OSM+R%25C3%25ADa+de+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgfxEXERSE1yfkP2BY4v0R-5jfgIUZuMXAi4Xflwkav3NOZywohu3eOS1QZQ67dnkkEkWrE500IArPYGkORlZzVkTHg0pRiPtvyMxeWJANTusTNiKRrBoK_RjDvVy8UqYgg4jcrOA\/s2048\/OSM+R%25C3%25ADa+de+Ribadeo.jpg\" width=\"604\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A r\u00eda de Ribadeo, reco\u00f1ecida como tal, nunha das capas de Open Street Map ( Open Data<br \/>\n<a href=\"http:\/\/opendatacommons.org\/licenses\/odbl\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Commons Open Database License<\/a> (ODbL) da  <a href=\"http:\/\/osmfoundation.org\/\">Fundaci\u00f3n OpenStreetMap<\/a> (OSMF) )<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Fai s\u00f3 uns d\u00edas vimos nas redes sociais, a noticia publicada o 27\/05\/2016 referida \u00e1 resoluci\u00f3n: \u201cA Conseller\u00eda de Medio Ambiente e Ordenaci\u00f3n do Territorio de Galicia admitiu algunhas alegaci\u00f3ns que presentou o Concello de Ribadeo solicitando a inclusi\u00f3n de determinados espazos no Cat\u00e1logo de Paisaxes de Galicia que se est\u00e1 elaborando. As\u00ed, entran o miradoiro de Santa Cruz, O Cargadoiro, as antigas cetarias de Rinlo e o paseo de As Aceas, que figurar\u00e1n como Lugares de Especial Interese Paisax\u00edstico (LEIP). E engade que os Castros e Illa Pancha xa figuran directa ou indirectamente. Ademais, a Xunta xustifica a inclusi\u00f3n do top\u00f3nimo R\u00eda del Eo, que cuestionou o Concello nas s\u00faas alegaci\u00f3ns: \u00abO nome R\u00eda do Eo non fai referencia \u00e1 r\u00eda sen\u00f3n a un lugar xeol\u00f3xico de interese que o Instituto Geol\u00f3gico y Minero de Espa\u00f1a (IGME) nomeou as\u00ed. Cambiouse o formato da lenda para evitar confusi\u00f3ns&#8230;\u201d<\/p>\n<p>E pregunt\u00e1monos n\u00f3s: \u00bfC\u00f3mo \u00e9 posible que uns individuos do Instituto Xeol\u00f3xico e Mineiro de Espa\u00f1a que se dedican a clasificar balocos, ca\u00f1\u00f3s, croios e pedruscos varios, te\u00f1an competencia para cambiar \u00f3 libre albedr\u00edo o nome da toponimia local onde fan os estudos xeol\u00f3xicos? \u00bfFan o mesmo nas covas de Altamira, na R\u00eda de Bilbao, no cabo Pe\u00f1as ou no Sistema Ib\u00e9rico? \u00bfE quenes son os individuos da Conseller\u00eda de Medio Ambiente e Ordenaci\u00f3n do Territorio da Xunta de Galicia para permitir tama\u00f1a falcatruada, en contra do establecido na resoluci\u00f3n do Comisi\u00f3n Especializada de Nomes Xeogr\u00e1ficos do Consello Superior Xeogr\u00e1fico de 19\/Decembro\/2007, onde di: \u201ccon total contundencia se reco\u00f1ece o nome de R\u00eda de Ribadeo, pois toda a cartograf\u00eda hidrogr\u00e1fica as\u00ed a denomina\u201d? \u00bfAlg\u00fan destes individuos asum\u00edu o cargo por co\u00f1ecementos e cultura na materia que exhiben ou simplemente chegaron onde est\u00e1n polo enchufe de Birlibirloque ou daquel outro?<\/p>\n<p>\u00bfCon que \u201crostro\u201d se pode dicir: \u201cO nome da R\u00eda do Eo non fai referencia a r\u00eda&#8230; cambi\u00e1ndose para evitar confusi\u00f3ns\u201d? \u00bfAlgu\u00e9n co\u00f1ece alg\u00fan caso de semellante cinismo patol\u00f3xico? \u00bfComo se vai a denominar o nome da R\u00eda de Ribadeo nos cat\u00e1logos de Geo-Turismo que patrocinan estes Institutos?<br \/>\nA problem\u00e1tica do ninguneo do nome de Ribadeo ven de vello, pois sempre desde o outro lado da R\u00eda de Ribadeo, estiveron como raposos esperando a meter a pati\u00f1a para roubarnos unha por unha t\u00f3dalas gali\u00f1as. Primeiro ningunearon o nome das Terras de Ribadeo entre o Eo e o Navia, logo as Terras de Ribadeo e de Miranda polas terras do Eo, os Oscos e de Bur\u00f3n, torp\u00edsima denominaci\u00f3n para algo tan in\u00fatil como a \u201cReserva da Biosfera\u201d cuxo territorio predominante \u00e9 espazo da R\u00eda de Ribadeo; reescribiron coa denominaci\u00f3n que lle dan \u00f3s \u201cbalocos\u201d, os bolet\u00edns informativos de FEVE na li\u00f1a Ferrol-Xix\u00f3n ou do Transcant\u00e1brico; t\u00f3dalas publicaci\u00f3ns de Caza e Pesca, todas as revistas de Turismo&#8230; lista interminable de publicaci\u00f3ns!. Debido a estas malas pr\u00e1cticas de acoso e derribo do nome de Ribadeo, ata nun programa como \u201cSaber y Ganar\u201d da TV2, a praia das Catedrais est\u00e1 en Lugo (14\/xullo\/2016), para non contar coa cantidade de necedades diarias coas que acostuman a regalarnos as web e peri\u00f3dicos de Asturias: A praia das Catedrais est\u00e1 \u00f3 lado de Castropol ou \u00f3 lado do concello de Castropol (Asturias), etc.<\/p>\n<p>Seguramente todos estes individuos son universitarios, pero polo que se ve a \u00fanica cultura que \u201cpescaron\u201d foron as tarascadas do tuno da pandereta, aquel que o fac\u00eda para divertirnos, e que istes tomaron o de tarasquear como modelo para a s\u00faa vida profesional, e isto non \u00e9 caso para dar a risa. Desde aqu\u00ed r\u00f3golle \u00f3 Alcalde do Concello de Ribadeo, que esixa a dimisi\u00f3n de todos estes delincuentes que cobran sueldo do erario p\u00fablico, no que estou contribu\u00edndo a pagarlles, pois esta xente incumpre no seu cargo a normativa vixente, por non falar da patrimonial hist\u00f3rica, da que ter\u00edamos que remontarnos a varios s\u00e9culos da denominaci\u00f3n: R\u00eda de Ribadeo. Por outra banda todos estes \u201cse\u00f1ores\u201d son un mal exemplo para as novas e futuras xeraci\u00f3ns, pois son tropa que converte as instituci\u00f3ns p\u00fablicas en covachas de zascandiles, o cal \u00e9 intolerable. Por sempre, R\u00eda de Ribadeo, top\u00f3nimo mar\u00edtimo que nada ten que ver cos termos empregados para os balocos e ca\u00f1\u00f3s<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Anotaci\u00f3n posterior: comentario de J.M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz que integro no post.<\/p>\n<p><em>Moi bo o artigo de Campos. A\u00ednda que \u00e9 petar en ferro fr\u00edo. \u00c9 unha m\u00e1goa<br \/>\nque o top\u00f3nimo &#8220;R\u00eda de Ribadeo&#8221; non apareza na diplom\u00e1tica da Alta Idade<br \/>\n Media, pro iso \u00e9 por unha raz\u00f3n moi sinxela. A palabra &#8220;r\u00eda&#8221; \u00e9 de<br \/>\ncreaci\u00f3n moi tard\u00eda, non aparece ata o s\u00e9culo XV. Antes era chamada<br \/>\n&#8220;Augas de Vigo, (pola localidade que hab\u00eda na s\u00faa ribeira, A Vilavella,<br \/>\nchamada daquela Vigo.&#8221;&#8230;ab aqua Vigo, usque ad aquam Masma&#8230;&#8221;, como<br \/>\nas\u00ed aparece citada nun documento do Tumbo do mosteiro de Lourenz\u00e1.<br \/>\nPor<br \/>\n outra banda, \u00e9 l\u00f3xico que se chamara Ria de Ribadeo, pois todo \u00f3 que<br \/>\nhab\u00eda desde o Navia ata Ribadeo eran chamado Terras de Ribadeo. Por<br \/>\nexemplo, Castropol pertenc\u00eda as Terras de Ribadeo. E isa \u00e9 a raz\u00f3n pola<br \/>\nque a autora dun libro que trata desa comarca asturiana, ch\u00e1malle<br \/>\ntorticeiramente a Castropol, Ribadeo.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A r\u00eda de Ribadeo, reco\u00f1ecida como tal, nunha das capas de Open Street Map ( Open Data Commons Open Database License (ODbL) da Fundaci\u00f3n OpenStreetMap (OSMF) ) Fai s\u00f3 uns d\u00edas vimos nas redes sociais, a noticia publicada o 27\/05\/2016 referida \u00e1 resoluci\u00f3n: \u201cA Conseller\u00eda de Medio Ambiente e Ordenaci\u00f3n do Territorio de Galicia admitiu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,46,56,9,77],"class_list":["post-6109","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-pancho-campos","tag-ria","tag-sociedade","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6109","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6109"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6109\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6109"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6109"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6109"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}