{"id":6098,"date":"2016-07-28T11:11:00","date_gmt":"2016-07-28T09:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:46:06","modified_gmt":"2024-11-12T12:46:06","slug":"festivos-locais-en-2017-e-mais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/07\/28\/festivos-locais-en-2017-e-mais\/","title":{"rendered":"&#8216;Festivos locais en 2017&#8217;&#8230; e m\u00e1is"},"content":{"rendered":"<p>Curiosidades de Ribadeo. Nun pleno f\u00e1lase do regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 e a nota de prensa do concello sobre o mesmo tit\u00falase &#8216;Festivos locais en 2017&#8217;.<\/p>\n<p>Claro que a nota de aviso do pleno \u00e1 cidadan\u00eda titul\u00e1base &#8216;Hoxe, pleno ordinario&#8217;:<\/p>\n<p>&#8221; <\/p>\n<p><em>A PARTIR DAS 20:30 HORAS<\/em><\/p>\n<p><em>Hoxe, pleno ordinario<\/em><\/p>\n<p><em>26\/07\/2016&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Esta tarde haber\u00e1 pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Na orde do d\u00eda figuran asuntos como o expediente para a fixaci\u00f3n de dous d\u00edas festivos locais para 2017 e o expediente de renuncia ao cargo de concelleiro de Roberto Ramos Pi\u00f1eiro do PSdeG-PSOE.<\/em><\/p>\n<p><em>Tam\u00e9n se debatir\u00e1n d\u00faas moci\u00f3ns presentadas polo PSOE relativa ao regulamento de participaci\u00f3n veci\u00f1al e sobre o plan de reordenaci\u00f3n de tr\u00e1fico.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>Por se non fora abondo ilustrativo, aparece a convocatoria, un documento que foi cargado en &#8220;<em>Mar 26 Xul 2016 19:21:13 CEST<\/em>&#8220;; \u00e9 dicir, unha hora antes de comezo do pleno:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiBeG9MXSo4_Ut5_3QKNvMOqy2MAGIicbaNWgWlwqx9h8mt1-VMsFBH3CCvv0ZLbfXC1aMgsPVnfN9RhUc5BM1rFjcoNKVFqg1FJzSqB8qhcs-g2t9Q1lw2s9Mi8sniTDSuvgmR4w\/s2048\/20160720+Pleno_Ordinario_Ribadeo_Xullo_2016.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiBeG9MXSo4_Ut5_3QKNvMOqy2MAGIicbaNWgWlwqx9h8mt1-VMsFBH3CCvv0ZLbfXC1aMgsPVnfN9RhUc5BM1rFjcoNKVFqg1FJzSqB8qhcs-g2t9Q1lw2s9Mi8sniTDSuvgmR4w\/s2048\/20160720+Pleno_Ordinario_Ribadeo_Xullo_2016.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Unha hora para avisar \u00f3s veci\u00f1os de que vai haber un pleno, despois de ter trasladado os plenos dun d\u00eda fixo da semana a d\u00edas aleatorios.<\/p>\n<p>En canto \u00f3s temas, Cousas como a variaci\u00f3n das bases de execuci\u00f3n do orzamento para este ano quedan escamoteadas no t\u00edtulo.<\/p>\n<p>Non parece que con estes antecedentes, fora moita xente nin na corporaci\u00f3n sexan moi proclives a un <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/participaci%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1<\/a> decente.<\/p>\n<p>A estas alturas, o m\u00e1is parecido que podo ter a unha asistencia \u00f3 pleno \u00e9 a nota de prensa da alcald\u00eda (a de t\u00edtulo &#8216;Festivos locais en 2017&#8217;), esta si emitida con abonda celeridade e profusi\u00f3n de datos e explicaci\u00f3ns favorables \u00e1s posturas mantidas pola alcald\u00eda:<\/p>\n<p>&#8220;<em>HABER\u00c1 UNHA PARTE DOS ORZAMENTOS QUE SER\u00c1N PARTICIPATIVOS<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Festivos locais en 2017<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;27\/07\/2016&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O vindeiro ano ser\u00e1n festivos locais os d\u00edas 16 de agosto e 8 de setembro. As\u00ed se acordou no pleno ordinario celebrado onte no Concello, no que tam\u00e9n se aprobou por unanimidade que Ribadeo se integre na asociaci\u00f3n Terras de Miranda. A renuncia do concelleiro socialista Roberto Ramos ou os prazos de pago aos provedores foron outros dos asuntos abordados nesa sesi\u00f3n plenaria, segundo informou hoxe o alcalde, Fernando Su\u00e1rez Barcia.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;O alcalde manifestou que &#8220;no tocante ao cumprimento dos prazos de pago aos provedores segundo as leis actuais, situ\u00e1monos moi por dentro dos l\u00edmites m\u00e1ximos, estamos aproximadamente en quince d\u00edas de per\u00edodo medio de pago desde que se aproban as facturas. Polo tanto estamos nesa boa li\u00f1a que levamos xa moito tempo e contamos seguir as\u00ed no futuro&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Fernando Su\u00e1rez contou que ademais &#8220;o pleno do Concello fixou por unanimidade que os dous festivos locais para o ano 2017 sexan o 8 de setembro, o d\u00eda da patroa, e o 16 de agosto, d\u00eda de San Roque. Son habitualmente os dous d\u00edas que establecemos como festivos locais, que temos capacidade desde o Concello para decidir cales van ser&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;O rexedor ribadense relatou que &#8220;houbo tam\u00e9n unanimemente unha modificaci\u00f3n das bases do presuposto municipal en vigor do 2016, para prever unha pequena axuda para a celebraci\u00f3n do campionato galego de tra\u00ed\u00f1as que quere ter en Ribadeo a base da final. Contamos que se xunte moita xente de todo o pa\u00eds, vai haber unha proba na r\u00eda de Ribadeo e desde o Concello quer\u00edamos tam\u00e9n promover este tipo de deportes, que son tradicionais e que queremos apoialos de maneira importante&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;tam\u00e9n neste pleno ordinario deuse conta do escrito de renuncia ao cargo de concelleiro do PSOE de Roberto Ramos Pi\u00f1eiro, algo que agora xa tramitamos diante da xunta electoral para que se axilicen os tr\u00e1mites para que a nova persoa que o vai substitu\u00edr tome posesi\u00f3n en canto te\u00f1amos a credencial, supo\u00f1emos que ser\u00e1 no vindeiro pleno&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;O alcalde seguiu a explicar que &#8220;na orde do d\u00eda que metemos de xeito extraordinario que Ribadeo se poida integrar na asociaci\u00f3n Terras de Miranda na que est\u00e1n concellos da Mari\u00f1a e da Mari\u00f1a interior. Esta asociaci\u00f3n pretende xestionar recursos europeos, fondos p\u00fablicos da administraci\u00f3n p\u00fablica e privada, na maior\u00eda fondos europeos, para diferentes actividades de procedementos produtivos e non produtivos, p\u00fablicos ou privados. Tam\u00e9n contou con unanimidade este punto&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Moci\u00f3ns&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Por outra banda, &#8220;no apartado de moci\u00f3ns trat\u00e1ronse d\u00faas do PSOE, unha delas relativa ao regulamento de participaci\u00f3n veci\u00f1al que, se ben no esp\u00edrito estamos absolutamente a favor e na pr\u00e1ctica estamos aplicando case a totalidade do que al\u00ed se ped\u00eda, a\u00ednda que polos motivos que lles fomos dando e que contaron tam\u00e9n coa anuencia de parte da oposici\u00f3n, a d\u00eda de hoxe non ten sentido esa regulaci\u00f3n tan concreta que eles propo\u00f1\u00edan. Dado que est\u00e1n entrando en vigor a lei 39\/2015 e 40\/2015 de procedemento administrativo de r\u00e9xime xur\u00eddico das administraci\u00f3ns p\u00fablicas agora en outubro, e que son moito m\u00e1is ambiciosas que o que o propio PSOE propo\u00f1\u00eda&#8221;, indicou Fernando Su\u00e1rez.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor asegurou que &#8220;en canto a transparencia, temos un portal onde se colgan todos os acordos, calquera interesado pode acceder a calquera documento que estime conveniente, o dereito de audiencia sempre se deu, \u00e9 algo legal non \u00e9 algo que te\u00f1a que estar en ningunha ordenanza porque xa lle corresponde a calquera cidad\u00e1n, o dereito de participaci\u00f3n, o dereito de petici\u00f3n, calquera persoa que queira reunirse co alcalde o con alg\u00fan concelleiro do ramo que sexa non ten ning\u00fan problema, e desde logo todo o mundo pode participar nos asuntos que lles afecten. Todo o mundo que queira pode facer uso das instalaci\u00f3ns municipais para diferentes cuesti\u00f3ns que non te\u00f1an \u00e1nimo lucrativo e sempre que sexan por unha causa p\u00fablica e motivada, non hai ning\u00fan problema. Queremos incluso ir moito m\u00e1is al\u00f3, estamos coa administraci\u00f3n electr\u00f3nica, desenvolvendo m\u00e1is procedementos para que desde a casa todo o mundo poida pedir o certificado de empadroamento que desexe, pero estamos traballando para que poidan pedir tam\u00e9n as licencias de obra e que poida haber unha pasarela de pagos electr\u00f3nica. A finais deste 2016 cando preparemos os presupostos do ano que ven queremos que unha parte deles tam\u00e9n sexan orzamentos participativos para que a trav\u00e9s dunha aplicaci\u00f3n todo o mundo poida propo\u00f1er a onde prefiren que destinemos parte das inversi\u00f3ns para o ano que ven. Polo tanto a moci\u00f3n non prosperou por todo isto que argumento&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense explicou que &#8220;no que ten que ver coa outra moci\u00f3n na que propo\u00f1\u00edan o plan de reordenaci\u00f3n do tr\u00e1fico, \u00e9 unha moci\u00f3n un tanto ambigua, falaban de po\u00f1er sem\u00e1foros, pero sen indicar onde. En Ribadeo houbo sem\u00e1foros nos anos sesenta, setenta e oitenta, logo durante moitos anos estiveron apagados e a d\u00eda de hoxe tal e como foi cambiando o sistema de tr\u00e1fico de Ribadeo supor\u00edan m\u00e1is atrancos que soluci\u00f3ns volver instalar sem\u00e1foros. No que ten que ver cun plan de tr\u00e1fico global \u00e9 dif\u00edcil elaboralo agora sen que se desenvolva o plan xeral de ordenaci\u00f3n municipal, que conta con novas r\u00faas e avenidas pero que est\u00e1n sen constru\u00edr. Moitos deles est\u00e1n pendentes de iniciativas privadas, de desenvolvemento de pol\u00edgonos urban\u00edsticos derivados do plan xeral, cando iso sexa as\u00ed tal vez Ribadeo deber\u00e1 repensar o sistema de circulaci\u00f3n\u201d. E anunciou que \u201cde momento podemos ir facendo pouco a pouco cambios, xa anticipamos que dentro de pouco teremos que facer alg\u00fan na r\u00faa Alfredo Dea\u00f1o por mor das obras arredor da residencia que estamos constru\u00edndo con beirarr\u00faas m\u00e1is anchas e que seguramente impedir\u00e1n o dobre sentido en Alfredo Dea\u00f1o. Insisto son cuesti\u00f3ns pormenorizadas por sectores concretos que temos que ir avanzando tam\u00e9n co concurso de todos, pero agora non \u00e9 o momento de facer un plan de tr\u00e1fico global&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Excrementos dos cans&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Na sesi\u00f3n plenaria houbo tam\u00e9n rogos e preguntas: &#8220;houbo unha serie de cr\u00edticas razoadas e razoables sobre as cagadas dos cans, confesando \u00e1s veces a nosa imposibilidade dado que o problema non son os cans sen\u00f3n que son os donos dos cans que alg\u00fans deles non te\u00f1en unha conciencia c\u00edvica e ningunha educaci\u00f3n e permiten que os cans fagan as s\u00faas necesidades na r\u00faa e non se preocupen de recollelas&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor ribadense subli\u00f1ou que &#8220;a Polic\u00eda Local est\u00e1 con iso e eu falei con eles esta mesma ma\u00f1\u00e1 para pedirlles que redobren o esforzo, a\u00ednda que admito que \u00e9 complicado que a Polic\u00eda poida nun momento concreto localizar ao can e ao dono. Tampouco temos unha plantilla de cen polic\u00edas apostados en cada esquina de cada r\u00faa para ver cando iso se produce&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>E pediulle \u00e1 veci\u00f1anza: &#8220;eu o que quero \u00e9 de boa fe pedirlle sentidi\u00f1o e responsabilidade aos propietarios dos cans que non te\u00f1en a culpa porque non te\u00f1en conciencia c\u00edvica, a\u00ednda que alg\u00fans deles \u00e1s veces son m\u00e1is educados que os propios donos, para evitar que se produzan estas circunstancias. Hai avenidas e r\u00faas como Rosal\u00eda de Castro, Rafael Fern\u00e1ndez Cardoso ou Irm\u00e1ns Moreno Ulloa que est\u00e1n cheas de cagadas de cans habitualmente. Por moito que a brigada de limpeza pase tampouco non pode estar pasando cada media hora porque iso non pasa en ning\u00fan lugar do mundo civilizado&#8221;.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>Ou sexa, destaca que parte dos orzamentos destinaranse \u00f3 que quera a participaci\u00f3n cidad\u00e1, pero de novo a participaci\u00f3n queda f\u00f3ra. E non o digo tanto pola negativa \u00f3 proxecto do PSOE (que, que saiba, non contempla toda a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/participacion-cidada.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">historia anterior de loita por un documento de participaci\u00f3n cidad\u00e1<\/a> decente en Ribadeo) como polo aprazamento dun debate sobre o tema coa menor excusa (neste caso, variaci\u00f3ns legais xa sucedidas o ano pasado, &#8216;m\u00e1is ambiciosas que a proposta&#8217;). Ou sexa, como a lexislaci\u00f3n actual \u00e9 m\u00e1is avanzada que a proposta, non se trata a proposta e xa se ver\u00e1 cando se trata o desenvolvemento desa lexislaci\u00f3n. E, como di o alcalde que a meirande parte das cousas xa se aplica (coido que falta algo de concreci\u00f3n&#8230;), pois, para que m\u00e1is?<\/p>\n<p>Iso si, os excrementos dos cans l\u00e9vanse 1\/4 do espazo da nota (claro, est\u00e1n sen solucionar por anos e anos).<\/p>\n<p>Coido que se pod\u00edan comentar abondas cousas m\u00e1is sobre o pleno a traverso da mesma nota de prensa do concello. Vou contentarme cunha precisi\u00f3n m\u00e1is. Fala o alcalde de transparencia e presume, para elo, de p\u00e1xina web: &#8220;<em>en canto a transparencia, temos un portal onde se colgan todos os<br \/>\nacordos, calquera interesado pode acceder a calquera documento que<br \/>\nestime conveniente, o dereito de audiencia sempre se deu, \u00e9 algo legal<br \/>\nnon \u00e9 algo que te\u00f1a que estar en ningunha ordenanza<\/em>&#8220;. Resulta curioso que hoxe, 28 de xullo, non haxa colgado nas <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/eadministracion\/plenos.php?txt=plenos&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">actas<\/a> ning\u00fan documento correspondente a este ano. Ou que siga faltando o de xaneiro de 2015. Ou a de novembro. Ou que os documentos, a m\u00e1is dalgunha normativa municipal, se reduzan a actas de plenos. Por certo, sen \u00edndice de ning\u00fan tipo! (proba a ler un pleno enteiro&#8230;)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Curiosidades de Ribadeo. Nun pleno f\u00e1lase do regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1 e a nota de prensa do concello sobre o mesmo tit\u00falase &#8216;Festivos locais en 2017&#8217;. Claro que a nota de aviso do pleno \u00e1 cidadan\u00eda titul\u00e1base &#8216;Hoxe, pleno ordinario&#8217;: &#8221; A PARTIR DAS 20:30 HORAS Hoxe, pleno ordinario 26\/07\/2016&nbsp; Esta tarde haber\u00e1 pleno ordinario [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[78,42,13],"class_list":["post-6098","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-participacion","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6098","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6098"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6098\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6098"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6098"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6098"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}