{"id":6097,"date":"2016-07-29T18:33:00","date_gmt":"2016-07-29T16:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:46:04","modified_gmt":"2024-11-12T12:46:04","slug":"sobre-residencia-de-maiores-actualidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/07\/29\/sobre-residencia-de-maiores-actualidade\/","title":{"rendered":"Sobre a residencia de maiores. A actualidade dos fondos aportados"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;Deixo en baixo unha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2167&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa do concello, sobre a residencia<\/a>. Foi colgada hoxe mesmo, sobre unha actuaci\u00f3n de hoxe, e ven a dicir que todo est\u00e1 ben, que a Deputaci\u00f3n vai aportar o medio mill\u00f3n de euros que levan no aire dende que a Xunta dixo que non os daba, e polos que se chegou a temer debido o xaleo na Deputaci\u00f3n Provincial no \u00faltimo ano. Sup\u00f3n un respiro para o concello, unha tranquilidade para Ribadeo e tam\u00e9n unha oportunidade de difusi\u00f3n e aproveitamento como propaganda pol\u00edtica, algo que se ve na repetici\u00f3n de cifras na nota de prensa:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjDyQJMcP2k8eHdrETq3X9_bkoOxPkfWMGkXfJxBsPUywqmlSNdUhJ07PqHsibZJrPFiwICe59QQD_yIbTdlJWuhaPxvQNxjwQWjonJfyOMTfTXZBLLGwwLj2pk8LVOeRN7sPRSPw\/s2048\/20160729_Foto_coci%25C3%25B1a_residencia.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjDyQJMcP2k8eHdrETq3X9_bkoOxPkfWMGkXfJxBsPUywqmlSNdUhJ07PqHsibZJrPFiwICe59QQD_yIbTdlJWuhaPxvQNxjwQWjonJfyOMTfTXZBLLGwwLj2pk8LVOeRN7sPRSPw\/s2048\/20160729_Foto_coci%25C3%25B1a_residencia.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8220;<em>AS OBRAS MARCHAN A BO RITMO&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Residencia de maiores&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>29\/07\/2016&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>A Deputaci\u00f3n de Lugo aportar\u00e1 os 500 000 euros que a Xunta nunca puxo para rematar a residencia de maiores de Ribadeo. A esta cantidade hai que engadir outra partida de 300 000 euros de fondos propios do Concello, segundo anunciaba esta ma\u00f1\u00e1 o alcalde, Fernando Su\u00e1rez, que acompa\u00f1ou ao presidente da instituci\u00f3n provincial na visita cursada a esta instalaci\u00f3n esta ma\u00f1\u00e1. Al\u00ed estiveron tam\u00e9n a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meil\u00e1n, concelleiros do PSOE e de Ciudadanos e representantes veci\u00f1ais, todos eles membros da comisi\u00f3n pro residencia de maiores.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;O rexedor agradeceu a presenza en Ribadeo de Dar\u00edo Campos: &#8220;moitas grazas por estar aqu\u00ed hoxe e por substitu\u00edr unha vez m\u00e1is a quen debera estar aqu\u00ed. Oxal\u00e1 hoxe, a parte de Concello de Deputaci\u00f3n, estivera a Xunta, pero outra vez m\u00e1is e xa non sei cantas van volv\u00e9mola a notar en falla por non cumprir as s\u00faas palabras, por non crer desde o principio na residencia de maiores de Ribadeo, porque sempre foi a rebufo de todo, porque finalmente chegou a prometer cousas que nin cumpriu, de feito chegou a prometer unha exigua cantidade de 500 000 euros para quen ten a competencia en Servizos Sociais, que \u00e9 a Xunta de Galicia, e que despois puxo todo tipo de artima\u00f1as e trucos para non chegar a dar ning\u00fan c\u00e9ntimo&#8221;. Su\u00e1rez Barcia subli\u00f1ou que &#8220;finalmente o Concello tivo que volver a solicitar auxilio da Deputaci\u00f3n Provincial para que ao 1 829 000 euros que deu ao principio se sumasen estes 500 000 euros m\u00e1is que a Xunta se comprometera, pero que non aportou. E polo tanto vai ser a Deputaci\u00f3n, a que con di\u00f1eiro p\u00fablico de todos e todas as veci\u00f1as, se volve acordar de Ribadeo para implementar, para que poidamos rematar a residencia, dotala, equipala e que poida estar en perfecto estado de revista para a s\u00faa xesti\u00f3n posterior&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde engadiu que &#8220;o Concello ten que po\u00f1er a\u00ednda un di\u00f1eiro m\u00e1is, non chega con ese 1 829 000 euros e eses outros 500 000, aproximadamente calculamos po\u00f1er 300 000 euros de fondos propios municipais. Eu creo que deben ser poucos casos, son in\u00e9ditos, nos que quen ten as competencias non pon un peso e os que non as temos directamente po\u00f1emos o cen por cen da inversi\u00f3n. Isto \u00e9 o mundo ao rev\u00e9s, \u00e9 un mundo de tolos que non se entende e eu desde logo penso que \u00e1 Xunta en todo isto deber\u00eda caerlle a cara de vergo\u00f1a. Est\u00e1n a tempo de rectificar, porque rectificar \u00e9 de sabios, pero eu non sei si ser\u00e1n sabios para rectificar nesta situaci\u00f3n. Dar\u00edo agrad\u00e9zoche que ve\u00f1as aqu\u00ed como representante da Deputaci\u00f3n e que nos botedes unha man, como sempre fixestes ao longo destes \u00faltimos anos&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Pola s\u00faa banda, o presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Dar\u00edo Campos, asegurou que &#8220;n\u00f3s recollemos unha proposta hai 4 ou 5 meses, cando nos foron ver os membros da Plataforma pola Residencia de Ribadeo, que ti\u00f1an a inquietude polo remate desta instalaci\u00f3n. A Xunta ti\u00f1a un convenio ou algo similar para aportar 500 000 euros e non os achegou, porque saca unha desculpa cada vez que ten aparecer ese financiamento. E n\u00f3s collemos o compromiso, desde a Deputaci\u00f3n, de aportar eses 500 000 euros que a Xunta non achega para rematar a residencia de Ribadeo. Creo que \u00e9 unha infraestrutura moi necesaria nunha cidade coma Ribadeo, que xa empeza a ser unha pequena cidade e eu creo que ten unha poboaci\u00f3n suficiente para ter unha residencia deste calado&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Campos non entende &#8220;por que a Xunta non inviste na provincia de Lugo. Eu creo que desde os anos 70 non fai ningunha praza de residencia p\u00fablica na provincia. E agora que a Deputaci\u00f3n se puxo a facer a s\u00faa rede de residencias n\u00f3s apostamos tam\u00e9n pola de Ribadeo, que a\u00ednda que non a fixo a Deputaci\u00f3n nin Suplusa si que a fai o Concello con achega econ\u00f3mica da Deputaci\u00f3n, que leva investidos durante estes anos 1 800 000 euros; correspond\u00edanlle a esta anualidade 200 000 e s\u00famanse eses 500 000 que a Xunta non aporta e que desde a Deputaci\u00f3n vamos achegar para rematar a residencia de Ribadeo&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>E non nome dos veci\u00f1os e veci\u00f1as de Ribadeo, representados na comisi\u00f3n pro residencia de maiores, tomou a palabra Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez, que agradeceu ao presidente da Deputaci\u00f3n o apoio da instituci\u00f3n para que esta instalaci\u00f3n sexa unha realidade: &#8220;o agradecemento de todo o concello \u00e1 Deputaci\u00f3n, sobre todo, porque foi con ela, e sen ela non far\u00edamos nada, como se puido levar a cabo este proxecto tan vital e necesario para o Ribadeo de agora xa. Que conste na t\u00faa persoa o meu agradecemento ao ente provincial&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Coci\u00f1a, comedor, sal\u00f3ns de estar ou habitaci\u00f3ns foron algunhas das dependencias da nova residencia que visitou a comitiva que esta ma\u00f1\u00e1 acompa\u00f1ou ao presidente da Deputaci\u00f3n, Dar\u00edo Campos, no seu percorrido pola nova residencia de maiores de Ribadeo.<\/em>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Deixo en baixo unha nota de prensa do concello, sobre a residencia. Foi colgada hoxe mesmo, sobre unha actuaci\u00f3n de hoxe, e ven a dicir que todo est\u00e1 ben, que a Deputaci\u00f3n vai aportar o medio mill\u00f3n de euros que levan no aire dende que a Xunta dixo que non os daba, e polos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64,9],"class_list":["post-6097","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6097","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6097"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6097\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6097"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6097"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6097"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}