{"id":6093,"date":"2016-08-05T11:07:00","date_gmt":"2016-08-05T09:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:45:58","modified_gmt":"2024-11-12T12:45:58","slug":"volvendo-sobre-os-discursos-na","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/08\/05\/volvendo-sobre-os-discursos-na\/","title":{"rendered":"Volvendo sobre os discursos na investidura como cronista oficial"},"content":{"rendered":"<p>Embaixo deixo os discursos do novo cronista oficial, Eduardo Guti\u00e9rrez (&#8216;Lalo Ventura&#8217;) e a presentaci\u00f3n de Farruco Gra\u00f1a. Ambos poideron lerse xa na Comarca, mais coido que son unha testemu\u00f1a relevante para Ribadeo, e aqu\u00ed quedan reproducidos.<\/p>\n<p>Discurso de Farruco Gra\u00f1a: <\/p>\n<p>&#8220;<em><br \/>\n<span style=\"font-size: medium;\">Se\u00f1or Alcalde, D. Fernando<br \/>\nSu\u00e1rez Barcia, prezado D. Eduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez, se\u00f1oras e<br \/>\nse\u00f1ores concelleiros, veci\u00f1os e veci\u00f1as de Ribadeo, amigos todos:<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Hoxe, s\u00e1bado 23 de xullo de<br \/>\n2016, reun\u00edmonos en sesi\u00f3n extraordinaria para render homenaxe a D.<br \/>\nEduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez, que en sesi\u00f3n plenaria celebrada o<br \/>\nd\u00eda 30 de maio de 2016 foi nomeado <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>CRONISTA<br \/>\nOFICIAL DE RIBADEO<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\">,<br \/>\ne para facerlle entrega neste acto p\u00fablico e solemne do<br \/>\ncorrespondente t\u00edtulo.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Cami\u00f1ando cada vez con paso<br \/>\nm\u00e1is firme sobre o s\u00e9culo XXI, c\u00f3mprenos hoxe botar unha ollada<br \/>\nretrospectiva cara ao \u00faltimo terzo do s\u00e9culo XIX e comezos do XX<br \/>\npara podermos comprender mellor a val\u00eda da persoa que hoxe nos<br \/>\nconvoca. E quero facelo lembrando a prensa local daquel ent\u00f3n. O 5<br \/>\nde maio de 1866 aparece en Ribadeo &#8220;La Cuenca del Eo&#8221;, de<br \/>\nperiodicidade semanal. Foi fundada e dirixida, durante a s\u00faa curta<br \/>\nvida, por Segundo Moreno Barcia e Benigno Pico Bermies. Nas s\u00faas<br \/>\np\u00e1xinas po\u00f1\u00edase en valor a actividade desenvolvida no conxunto do<br \/>\npa\u00eds, xa se tratara da inauguraci\u00f3n do alumeado de luz el\u00e9ctrica<br \/>\nnas nosas cidades ou da entrada en funcionamento do primeiro cable<br \/>\ntrasatl\u00e1ntico. Como non pod\u00eda ser menos, tam\u00e9n se destacaba a<br \/>\nilusi\u00f3n de se incorporar Ribadeo ao tren do progreso querendo<br \/>\ndestacar a trav\u00e9s da s\u00faa incipiente actividade xornal\u00edstica os<br \/>\npequenos avances que se \u00edan conquistando.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Tam\u00e9n podemos lembrar &#8220;El<br \/>\nCiudadano&#8221;, un xornal fundado en novembro de 1868 por Andr\u00e9s de<br \/>\nla Cavaller\u00eda, con clara vocaci\u00f3n de defensa das liberdades. &#8220;El<br \/>\nEo&#8221;, ser\u00eda fundado o m\u00e9rcores 4 de xu\u00f1o de 1879, unha<br \/>\npublicaci\u00f3n bisemanal de intereses xerais, novas e anuncios, sendo o<br \/>\nseu fundador Antonio Fern\u00e1ndez Caro y Ru\u00edz. Preocupaban aos<br \/>\nredactores deste xornal os imprescind\u00edbeis traballos de mellora do<br \/>\nporto e do proxecto de construci\u00f3n dunha ponte que haber\u00eda de unir<br \/>\nCastropol e Ribadeo. Asemade, tam\u00e9n debemos resaltar o seu ton<br \/>\nreivindicativo a prol de Ribadeo ante as autoridades gobernativas.<br \/>\nCon posterioridade, &#8220;Las Riberas del Eo&#8221; daralle o relevo.<br \/>\nEste xornal aparecer\u00e1 o 1 de xaneiro de 1881, e foi o seu fundador,<br \/>\npropietario e director, Jos\u00e9 Mar\u00eda P\u00e9rez Cancio. As s\u00faas p\u00e1xinas<br \/>\ndar\u00e1n cabida a temas de \u00e1mbito local, traballos de car\u00e1cter<br \/>\nhist\u00f3rico (por exemplo os &#8220;Apuntes sobre Ribadeo&#8221;) e<br \/>\ncolaboraci\u00f3ns de persoeiros da vila e de correspondentes tanto en<br \/>\nBos Aires como na Habana. O 30 de xaneiro de 1971 deixa de<br \/>\npublicarse.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Chegados a este punto<br \/>\ncorresponde mencionarmos a aparici\u00f3n de &#8220;La Comarca&#8221;,<br \/>\nsemanario popular e independente que botou a andar o 5 de outubro de<br \/>\n1919 da man de Francisco Lanza. Desde as s\u00faas p\u00e1xinas defend\u00e9ronse<br \/>\ndurante anos campa\u00f1as a prol dos intereses da comarca, a loita<br \/>\ncontra o caciquismo e tam\u00e9n a reivindicaci\u00f3n de infraestruturas<br \/>\ncomo os ferrocarr\u00eds Bierzo-Ribadeo e Ferrol-Xix\u00f3n. Cando Francisco<br \/>\nLanza se foi para Am\u00e9rica en 1927, a defensa da comarca e os seus<br \/>\nintereses econ\u00f3micos e culturais seguiron a ser recorrentes. O noso<br \/>\nsemanario, desde 1975 denominado &#8220;La Comarca del Eo&#8221;, soubo<br \/>\ndar sa\u00edda a toda a enerx\u00eda creativa que agromaba no concello e<br \/>\nbisbarra, a un e outro lado do r\u00edo Eo e da r\u00eda de Ribadeo. Dionisio<br \/>\nGamallo Fierros, Jos\u00e9 Ameijide Mart\u00ednez, Luis Romay G. Arias,<br \/>\nIsidoro Asensio Amor, Gilberto Su\u00e1rez M\u00e9ndez ou o propio Eduardo<br \/>\nGuti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez, entre outros moitos, colaboraron de forma<br \/>\ndestacada nas s\u00faas p\u00e1xinas.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Este paseo pola prensa local<br \/>\nxa nos permitiu evocar varias personalidades que foron dando forma ao<br \/>\npouso cultural inmenso que como colectividade imos acumulando cada<br \/>\nano, un lustro tras outro, de d\u00e9cada en d\u00e9cada, s\u00e9culo a s\u00e9culo.<br \/>\nAs\u00ed, \u00e9 de obrigado cumprimento lembrar as figuras de Fernando<br \/>\nM\u00e9ndez Sanjuli\u00e1n e os seus <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Apuntes<br \/>\nde Ribadeo&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\">,<br \/>\nJuan Luis Vega Prada, e os seus <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Temas<br \/>\nRibadenses&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\">,<br \/>\nAntonia Laz\u00fartegui Cuervo e as s\u00faas <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;40<br \/>\nhistorias de Ribadeo&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\">,<br \/>\nou a Francisco Lanza co seu <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Ribadeo<br \/>\nantiguo&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\"> ou co<br \/>\nseu <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Falan os<br \/>\nde Ribadeo&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\">;<br \/>\ntam\u00e9n debemos destacar a figura de Dionisio Gamallo Fierros, que<br \/>\ncoas moitas consultas realizadas no arquivo municipal e a s\u00faa<br \/>\nintensa relaci\u00f3n coa veci\u00f1anza, logrou reunir abondosa informaci\u00f3n<br \/>\nsobre as nosas xentes, os seus h\u00e1bitos e costumes e transmit\u00edrnolos.<br \/>\nTam\u00e9n Daniel Cortez\u00f3n ten dedicado tempo e esforzo \u00e1 intrahistoria<br \/>\ndo noso Ribadeo. Todos eles sonlle ben familiares a D. Eduardo<br \/>\nGUTI\u00c9RREZ FERN\u00c1NDEZ e de seguro te\u00f1en ocupado moitas horas do seu<br \/>\nprezado tempo e esforzo.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Vela\u00ed un elenco excelente<br \/>\npara mirarmos ao noso pasado con clara intenci\u00f3n de constru\u00edrmos<br \/>\nfuturo: importante dinamismo social que se estende desde o s\u00e9culo<br \/>\nXIX. \u00c9 certo que cada \u00e9poca xera a s\u00faa din\u00e1mica e a consabida<br \/>\nescala de valores que hoxe poderiamos ver con certa distancia, pero<br \/>\nnon por iso podemos ignorar as achegas de cada momento. Sociedades<br \/>\ncomo a de <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>Fomento<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\"><br \/>\n(<\/span><span style=\"font-size: medium;\">\u201cSen instruci\u00f3n<br \/>\nnon hai liberdade\u201d<\/span><span style=\"font-size: medium;\">),<br \/>\na a\u00ednda presente <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>Filantr\u00f3pica<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8211;<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>Dram\u00e1tica<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\"><br \/>\n(que se propuxo promover e fomentar o bo gusto e a afecci\u00f3n polo<br \/>\nteatro e a declamaci\u00f3n), o <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>C\u00edrculo<br \/>\nde Recreo<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\"> (que<br \/>\nxunto coa Filantr\u00f3pica-Dram\u00e1tica xa citada fornec\u00edan de material \u00e1<br \/>\nBanda de M\u00fasica), foron todas elas deixando o seu pouso na nosa vila<br \/>\ne contorna. Co s\u00e9culo XX haber\u00edan de chegar as sociedades agrarias<br \/>\ne c\u00edrculos de obreiros, as\u00ed como a Biblioteca Popular Circulante.<br \/>\nEn paralelo, desde o s\u00e9culo XVI c\u00f3nstanos a existencia de centros<br \/>\nde ensino. Como non, vinculada \u00e1 actividade do porto, desde o XIX, a<br \/>\n<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>Escola de N\u00e1utica<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\"><br \/>\ne a de <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>Comercio<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\">.<br \/>\nNo XX: a <\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>Pedro<br \/>\nMurias<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\"> e o<br \/>\n<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong>Instituto de Segunda<br \/>\nEnsinanza<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\">.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Como fomos destacando ao<br \/>\nlongo desta intervenci\u00f3n, as mulleres e homes de Ribadeo t\u00e9\u00f1ense<br \/>\ncaracterizado, ao longo dos s\u00e9culos, por desenvolver unha intensa<br \/>\nactividade cultural acorde coa puxanza econ\u00f3mica e comercial da nosa<br \/>\nvila e parroquias. Temos destacado exemplos abondosos de ilustres<br \/>\npersoeiros que nos souberon transmitir esas inquedanzas e actividades<br \/>\ndesenvolvidas polos nosos devanceiros. Este labor viuse especialmente<br \/>\nproxectado a trav\u00e9s da moi activa prensa local, de ilustres<br \/>\nribadenses (a quen xa lles foi reco\u00f1ecido ese m\u00e9rito publicamente)<br \/>\ne dun tecido asociativo moi din\u00e1mico e comprometido que soubo<br \/>\nproxectar cara a Galiza e o mundo enteiro o noso legado cultural.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Ao longo da segunda metade do<br \/>\ns\u00e9culo XX os homes e mulleres que devec\u00edan por un mundo mellor e<br \/>\nm\u00e1is xusto, un mundo libre que respectara a diversidade cultural,<br \/>\nmergull\u00e1ronse nun proceso de recuperaci\u00f3n dos valores democr\u00e1ticos<br \/>\nxunto cos nosos sinais de identidade. Nesa aposta xogaron un papel<br \/>\nmoi importante as agrupaci\u00f3ns culturais que foron xurdindo ao longo<br \/>\nde Galiza. Entre elas, a <\/span><span style=\"font-size: medium;\">Agrupaci\u00f3n<br \/>\nCultural Francisco Lanza<\/span><span style=\"font-size: medium;\">,<br \/>\nde Ribadeo. Al\u00e1 polos \u00faltimos anos da ditadura franquista xente<br \/>\nnova, con moitos folgos, xente non tan nova, pero m\u00e1is que<br \/>\nrexuvenecida ao abeiro da nova \u00e9poca que se albiscaba, e coa ilusi\u00f3n<br \/>\nde recuperar a semente plantada nos anos 30, pouco a pouco todos<br \/>\nxuntos lograron dar forma a actividades que ench\u00edan de contido eses<br \/>\nso\u00f1os de liberdade. Unha delas era a promoci\u00f3n da cultura, a<br \/>\ndifusi\u00f3n dos nosos valores literarios, o respecto polo noso<br \/>\npatrimonio natural e paisax\u00edstico, pola nosa maneira de producir, o<br \/>\namor pola nosa lingua. Vela\u00ed o esforzo realizado, entre outros,<br \/>\npolas xentes de <\/span><span style=\"font-size: medium;\">Francisco<br \/>\nLanza<\/span><span style=\"font-size: medium;\">. Unha das<br \/>\npersoas que m\u00e1is colaborou na posta en valor dese legado hist\u00f3rico<br \/>\ne cultural de Ribadeo foi a persoa en torno \u00e1 cal hoxe nos reunimos.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> D. Eduardo GUTI\u00c9RREZ<br \/>\nFERN\u00c1NDEZ naceu en Ribadeo un 3 de febreiro de 1948. Ao longo da s\u00faa<br \/>\nvida mantivo sempre compromisos culturais e pol\u00edticos coa s\u00faa<br \/>\nterra. As\u00ed, foi membro fundador da Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco<br \/>\nLanza de Ribadeo<\/span><span style=\"font-size: medium;\"> e foi,<br \/>\ndesde 1978 e ata comezos do s\u00e9culo XXI, o seu Presidente<\/span><span style=\"font-size: medium;\">.<br \/>\nTam\u00e9n foi director teatral, conferenciante e autor de varios<br \/>\nartigos. <\/span><span style=\"font-size: medium;\">A s\u00faa vida<br \/>\nprofesional desenvolveuse na Escola de Capacitaci\u00f3n Agraria \u201cPedro<br \/>\nMurias\u201d, onde exerceu a docencia ata que se xubilou. Participou no<br \/>\nproceso de creaci\u00f3n da Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Cuturais Galegas,<br \/>\nda cal foi tam\u00e9n o seu primeiro presidente; formou parte da<br \/>\ndirectiva da AS-PG (<\/span><span style=\"font-size: medium;\">Asociaci\u00f3n<br \/>\nSocio-Pedag\u00f3xica Galega<\/span><span style=\"font-size: medium;\">)<br \/>\ne pertence \u00e1 Asociaci\u00f3n Internacional de Estudios Galegos.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Polo que se refire ao seu<br \/>\nlabor pol\u00edtico, desde 1983 foi concelleiro do BNG en Ribadeo,<br \/>\nocupando a alcald\u00eda entre 1987 e 1995; ademais de concelleiro, do 95<br \/>\n\u00f3 97 foi Deputado provincial e durante a V e VI Lexislatura foi<br \/>\nDeputado no Parlamento de Galicia pola circunscrici\u00f3n electoral de<br \/>\nLugo. No anterior mandato municipal foi concelleiro polo PSdeG-PSOE,<br \/>\ncandidatura pola que se presentara como cabeza de lista e candidato \u00e1<br \/>\nalcald\u00eda.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Para al\u00e9n de s\u00faa<br \/>\ntraxectoria pol\u00edtica, podemos definir a D. Eduardo GUTI\u00c9RREZ<br \/>\nFERN\u00c1NDEZ como un ribadense que desde sempre destacou polo seu<br \/>\nintenso labor cultural. Ademais da s\u00faa capacidade profesional, tam\u00e9n<br \/>\nmoi vinculada a Ribadeo e \u00e1 s\u00faa actividade produtiva agro-gandeira,<br \/>\nD. Eduardo GUTI\u00c9RREZ FERN\u00c1NDEZ desenvolveu un traballo ensa\u00edstico<br \/>\nm\u00e1is que consider\u00e1bel. <\/span><span style=\"font-size: medium;\">Publicou<br \/>\ntres ensaios: <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;A<br \/>\nlingua \u00e9 o noso escudo&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><br \/>\n(1978), <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Introduci\u00f3n<br \/>\nao \u00abSempre en Galiza\u00bb\u201d<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><br \/>\n(1986), e <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Alexandre<br \/>\nB\u00f3veda en \u00abA Nosa Terra\u00bb\u201d<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><strong><br \/>\n<\/strong><\/span><span style=\"font-size: medium;\">(1987); por este<br \/>\n\u00faltimo traballo recibiu o Premio de Ensaio da Asociaci\u00f3n Cultural<br \/>\nAlexandre B\u00f3veda, da Coru\u00f1a, en 1987. Ademais disto, participou en<br \/>\npublicaci\u00f3ns colectivas e encargouse da edici\u00f3n, limiar e notas da<br \/>\nobra de Francisco Lanza <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Falan<br \/>\nos de Ribadeo&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\">,<br \/>\npublicada por Edici\u00f3ns do Castro en 1974. En Ribadeo somos<br \/>\nco\u00f1ecedores do seu <\/span><span style=\"font-size: medium;\">&#8220;Do<br \/>\nvello Ribadeo&#8221;<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><br \/>\neditado pola A.C. Francisco Lanza.<\/span><span style=\"font-size: medium;\"><br \/>\nVarias das revistas editadas pola Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco<br \/>\nLanza, os <\/span><span style=\"font-size: medium;\">Cadernos<br \/>\nRibadenses<\/span><span style=\"font-size: medium;\"> contan<br \/>\ncon colaboraci\u00f3ns s\u00faas. A trav\u00e9s das p\u00e1xinas dun n\u00famero especial<br \/>\ndedicado ao d\u00e9cimo aniversario da Agrupaci\u00f3n Cultural Francisco<br \/>\nLanza podemos comprobar a intensa actividade desenvolvida en Ribadeo<br \/>\ndurante os anos do tardofranquismo e a transici\u00f3n pol\u00edtica. A<br \/>\nintelectualidade galega do s\u00e9culo XX ten visitado Ribadeo e<br \/>\nproxectado \u00e1 s\u00faa vez a imaxe de Ribadeo cara ao conxunto do pa\u00eds,<br \/>\ngrazas ao labor de persoas como D. Eduardo GUTI\u00c9RREZ FERN\u00c1NDEZ.<br \/>\nTam\u00e9n debemos dicir que as s\u00faas investigaci\u00f3ns permit\u00edronnos<br \/>\nrecuperar e po\u00f1er de novo en valor para a nosa memoria colectiva<br \/>\naspectos senlleiros da nosa historia: o mesmo nos achegan ata a Porta<br \/>\nda Vila e a Torre do Reloxo, como nos trasladan ata o aer\u00f3dromo de<br \/>\nVilaframil; l\u00e9vannos polas rilleiras de arriba e de abaixo,<br \/>\nl\u00e9mbrannos a puxanza das parroquias de Cedofeita, A Devesa ou Rinlo,<br \/>\nou nos brindan an\u00e9cdotas acerca do comportamento a seguir nas nosas<br \/>\npraias en tempos escuros. L\u00e9mbrannos as nosas corais de antano, ou<br \/>\nrepasamos con el algunhas noticias do &#8220;C\u00edrculo de Recreo&#8221;<br \/>\nde Ribadeo e a &#8220;Filantr\u00f3pica-Dram\u00e1tica&#8221;. En fin: conectou<br \/>\no noso pasado xa case milenario da man de Francisco Lanza, co<br \/>\npresente que lle tocou vivir ao longo da segunda metade do s\u00e9culo<br \/>\nXX, proxect\u00e1ndoo cara ao futuro de todos e todas n\u00f3s.<\/span><\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><span style=\"font-size: medium;\"> Por todo iso, e pola s\u00faa moi<br \/>\nacreditada val\u00eda intelectual, consideramos a D. Eduardo GUTI\u00c9RREZ<br \/>\nFERN\u00c1NDEZ merecedor do t\u00edtulo honor\u00edfico de Cronista Oficial de<br \/>\nRibadeo.<\/span><\/em><\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>Discurso de aceptaci\u00f3n de Eduardo Guti\u00e9rrez:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgLceVoBKOyVVE-_H_llnlemVisaQJycopQOzN9VUl3yBwW474qjnyN2du1stI82MsABCztlfQWP-yxoQdQ6sreShav7zCrz9kNKcPJ54vsOQGp5R4ShaMjEeJx8RYnG_1ksy9_3w\/s2048\/discurso+Lalo+cronista.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgLceVoBKOyVVE-_H_llnlemVisaQJycopQOzN9VUl3yBwW474qjnyN2du1stI82MsABCztlfQWP-yxoQdQ6sreShav7zCrz9kNKcPJ54vsOQGp5R4ShaMjEeJx8RYnG_1ksy9_3w\/s2048\/discurso+Lalo+cronista.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;A lembrar que o acto de investidura foi tratado en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/eduardo-gutierrez.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Eduardo Guti\u00e9rrez<\/a>, e diversas outras cousas relacionadas con el est\u00e1n agrupadas en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Eduardo%20Guti%C3%A9rrez\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Eduardo%20Guti%C3%A9rrez<\/a>. Asemade, que premendo co rato sobre a imaxe pode lerse independente e cambiarse o seu tama\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Embaixo deixo os discursos do novo cronista oficial, Eduardo Guti\u00e9rrez (&#8216;Lalo Ventura&#8217;) e a presentaci\u00f3n de Farruco Gra\u00f1a. Ambos poideron lerse xa na Comarca, mais coido que son unha testemu\u00f1a relevante para Ribadeo, e aqu\u00ed quedan reproducidos. Discurso de Farruco Gra\u00f1a: &#8220; Se\u00f1or Alcalde, D. Fernando Su\u00e1rez Barcia, prezado D. Eduardo Guti\u00e9rrez Fern\u00e1ndez, se\u00f1oras e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,72,58],"class_list":["post-6093","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-farruco-grana","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6093","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6093"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6093\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6093"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6093"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6093"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}