{"id":6090,"date":"2016-08-08T18:30:00","date_gmt":"2016-08-08T16:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:45:54","modified_gmt":"2024-11-12T12:45:54","slug":"escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/08\/08\/escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE RIBADEO (I). Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>A versi\u00f3n tradicional do escudo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Ribadeo\">condal de Ribadeo<\/a> (que xa era antigo no ano 1699 segundo di <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Lanza\">Francisco Lanza<\/a>, Ribadeo Antiguo, p\u00e1x. 5) \u00e9 o da fig. 1: en campo de azur unha chave de ouro posta en pau (vertical, que por \u201cimperativo est\u00e9tico\u201d se determinou colocar en barra, pois non afecta \u00f3 simbolismo her\u00e1ldico e harmoniza perfectamente a distribuci\u00f3n no campo) superada por unha estrela de prata de cinco puntas en xefe, e en punta augas de azur e prata. A estrela representa o Norte, a chave ser Porta de Galiza e as ondas ser porto \u00e1 beira do mar oc\u00e9ano. Timbrada a armer\u00eda por coroa condal, ou sexa, un c\u00edrculo de ouro, fornecido de pedrer\u00eda, sobre o que descansan dezaoito perlas grosas, visibles nove (en recordo dos Condes de Ribadeo: 1\u00ba) Pierre de Villaines de Normand\u00eda en 1369; 2\u00ba) o \u201cBo Condestable\u201d D. Rui L\u00f3pez D\u00e1valos que o comprou por cen mil maravedises en 1397; 3\u00ba) D. Rodrigo de Villandrando cuxo morgado data de 1431, etc.). Esta forma do escudo (fig.1) foi referendada o 5 de Marzo de 1959 polo Ministerio de Gobernaci\u00f3n e pola Real Academia da Historia que emitiu o imprescindible ditame. Ribadeo estaba apoiado pola longa tradici\u00f3n de m\u00e1is de 200 anos de uso destas figuras, pero faltaba o \u201cespaldarazo\u201d dado polos organismos competentes, para crear a Medalla da Vila de Ribadeo (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Juan_Su%C3%A1rez_Acevedo\">D. Juan Su\u00e1rez Acevedo<\/a>, La Comarca 20\/09\/59).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhNZJ3zHHetopLWaEOgjCRH9TiEP9B9-ltVku9KI7_JuJ9IWaYiuXWRdqW4kmujC5Cw32eSgBtOWdRLThlY6A08suwqqGUF8CFhrCsAVKOTOujnQgHkXE3mYd_IDkdB4y-o8jynsQ\/s2048\/Escudo+1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhNZJ3zHHetopLWaEOgjCRH9TiEP9B9-ltVku9KI7_JuJ9IWaYiuXWRdqW4kmujC5Cw32eSgBtOWdRLThlY6A08suwqqGUF8CFhrCsAVKOTOujnQgHkXE3mYd_IDkdB4y-o8jynsQ\/s2048\/Escudo+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Dado que me interesa o bo nome e reputaci\u00f3n do meu pobo, como \u00f3 que m\u00e1is, e que \u00e9 un pobo culto e Vila Excelent\u00edsima, voume permitir algunhas observaci\u00f3ns respecto dos escudos de armas de Ribadeo que contemplamos pola nosa vila.<\/p>\n<p>Hoxe en d\u00eda, a coroa condal substitu\u00eduse nos selos e logotipos oficiais do Concello por unha coroa real, quizais seguindo a \u201cmoda\u201d doutros concellos que non ti\u00f1an escudo de armas e baixo o actual Reino de Espa\u00f1a o fixeron. Cremos que este disparate da \u201cmoda da xeneralizaci\u00f3n e da globalizaci\u00f3n\u201d \u00e9 un erro contra da ilustraci\u00f3n e cultura do noso pobo, pois aquilo de \u201ccaf\u00e9 para todos\u201d afecta a nobreza antiga do se\u00f1or\u00edo de Ribadeo pois tira pola borda e agocha no esquecemento a xurisdici\u00f3n de seis s\u00e9culos do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Ribadeo\">Condado de Ribadeo<\/a> do alto medieval <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reino_de_Galicia\">Reino de Galicia<\/a>, moito m\u00e1is antigo co baixo medieval Reino de Espa\u00f1a, e por suposto, un esquecemento de m\u00e1is oito s\u00e9culos si nos remontamos os tempos da xurisdici\u00f3n do conde Velez Montenegro.<\/p>\n<p>O escudo de armas m\u00e1is antigo que se conserva de Ribadeo \u00e9 o da Capela da Virxe do Cam\u00edn (foto 2), situado sobre a fiestra do Levante de dita capela e labrado nunha pedra de canter\u00eda de grao groso onde pouco a pouco se van esvaecendo as figuras: sobre ondas unha chave en pau (vertical) co palet\u00f3n de gardas arriba mirando a destra. Na parte sinistra, vemos parte da bordura vertical do escudo cuadrilongo, separada do canto da pedra, cousa que no lado esquerdo conf\u00fandese. Desde sempre, temos o\u00eddo e lido, que as ondas representan a condici\u00f3n do pobo de Ribadeo de ser vila mari\u00f1eira e porto de mar, e a chave por ser porta de Galiza, debido precisamente a esta condici\u00f3n de ser porto de mar, e non como se di agora, por estar na \u201cfronteira\u201d con Asturias, cousa que s\u00f3 ocorre desde os tempos de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_V,_Sacro_Emperador_Romano-Xerm%C3%A1nico\">Carlos I <\/a>(1517-1556) \u00e9poca na que se allearon, en venta do ano 1555, as terras da Pobra de Navia ou Terras de Ribadeo entre os r\u00edos Eo e Navia, que pasan a ser de Oviedo, cando estaba de Conde de Ribadeo o Conde de Salinas. Como convento xur\u00eddico, polas Terras de Ribadeo do Concello de Roboredo, orixe do de Castropol, xa houbera discordia entre o bispo de Lugo e o de Oviedo en 1104, onde tivo que intervir <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VI_de_Le%C3%B3n\">Afonso VI<\/a> (Ribadeo Antiguo, p\u00e1x.64), pero o Condado de Ribadeo a\u00ednda chegaba o r\u00edo Frexulfe de Navia en 1555, cando se fixo a venta de ditas terras (ibidem. p\u00e1x.44)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjTKodk1SbxvIdbrkIB1rVCN7GalP4gzs7hyqp0wivhaxiV39QYb6OwnnMJ6NBX_IOXuXJ_87BkXT7gH71oNsIMboFE1ICM4Aai7TMuTEDlk2Yw8UIfVSGtfauW-0VwTxJiO5ndrg\/s2048\/Escudo+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjTKodk1SbxvIdbrkIB1rVCN7GalP4gzs7hyqp0wivhaxiV39QYb6OwnnMJ6NBX_IOXuXJ_87BkXT7gH71oNsIMboFE1ICM4Aai7TMuTEDlk2Yw8UIfVSGtfauW-0VwTxJiO5ndrg\/s2048\/Escudo+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Pois ben. Referente as ondas non cabe dubida do seu significado de porto de mar, pero en cambio, da figura da chave, cremos que existe outra interpretaci\u00f3n tam\u00e9n l\u00f3xica, e m\u00e1is en consonancia cos privilexios que representan os bras\u00f3ns her\u00e1ldicos, que son descrici\u00f3n detallada da historia dos edificios e das instituci\u00f3ns, as\u00ed como, figuras que recordan feitos heroicos que alg\u00fan guerreiro fixo para ga\u00f1alos.<\/p>\n<p>A capela da Virxe do Cam\u00edn, ten unha cruz de Malta pometeada (con pomas ou c\u00edrculos cheos nas puntas) (foto 3) no hastial (na parte triangular superior) da fachada de Po\u00f1ente, a cal, parece estar dando noticia da presenza dos templarios en Ribadeo (ver artigo de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a>, \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/templarios-en-vilavella-artigo-de-jose.html\">Templarios en A Vilavella<\/a>&#8220;, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 16-Xullo-2016). Se a capela, data da \u00e9poca dos templarios estamos dat\u00e1ndoa no s\u00e9culo XII ou no XIII polo que o seu escudo, tam\u00e9n datar\u00e1 de entros anos 1100 \u00f3 1300, polo tanto, moi anterior o reinado de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_V,_Sacro_Emperador_Romano-Xerm%C3%A1nico\">Carlos I<\/a> e \u00f3 antedito sobre a \u201cfronteira\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhn390TB-apU-si27g9tmVin7mgcLydlAqcHrq-bN2miN0-ik3Wb7447QbVK1lKiDHubalWapws6b2M_zCBjHvOBhbPoeXCDDSN3LJIqtSLxXDDiczmtROlBchYEhFcYnafLFiPeg\/s2048\/Escudo+3.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhn390TB-apU-si27g9tmVin7mgcLydlAqcHrq-bN2miN0-ik3Wb7447QbVK1lKiDHubalWapws6b2M_zCBjHvOBhbPoeXCDDSN3LJIqtSLxXDDiczmtROlBchYEhFcYnafLFiPeg\/s2048\/Escudo+3.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>En 1128 no reinado de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VII_de_Le%C3%B3n\">Afonso VII<\/a>, Ribadeo era moi importante para o comercio da \u00e9poca pois contaba con 21 parroquias, e hab\u00eda unha densidade demogr\u00e1fica considerable. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_II_de_Le%C3%B3n_e_Galicia\">Fernando II<\/a>, en 1183, eleva o rango de Ribadeo a Vila Real e out\u00f3rgalle carta de Foro, quedando protexido da usura do se\u00f1or feudal e ten privilexio de Carga\/Descarga no porto comercial (ata o s\u00e9culo XVI), as\u00ed como, conc\u00e9delle a posibilidade de organizar un mercado. Esta pode ser a raz\u00f3n primixenia pola que se di que o pobo de Ribadeo \u00e9 Porta de Galiza, pola condici\u00f3n por aqueles tempos, de ser o porto natural mar\u00edtimo comercial m\u00e1is o Norte de Galiza e non por ser fronteira con Asturias.<\/p>\n<p>Pero, por outra banda, o escudo de armas cuadrilongo da Virxe do Cam\u00edn, est\u00e1 sobre unha das fachadas da capela, un edificio eclesi\u00e1stico, e non sobre unha fachada dun edificio civil ou militar, cuxas armas ser\u00edan sinais propias do cargo e car\u00e1cter da dignidade civil ou militar da xurisdici\u00f3n.<\/p>\n<p>Por tanto, a chave en pau (vertical) na fachada da igrexa, pode ser o bras\u00f3n de dignidade que representa a Xurisdici\u00f3n dun prelado ou dun bispo con prebendas en rendas reais, cuxa sede mindoniense, por aqueles tempos, tam\u00e9n estivo en Ribadeo (1199-1218). As chaves en pau, na simbolox\u00eda her\u00e1ldica, son bras\u00f3n de cabaleiros que te\u00f1en xurisdici\u00f3n como superintendentes de rendas reais (d\u00faas chaves en pau coas gardas de costas, son armas de Ministro de Facenda, cos aneis rematados con coroa real). No caso de Ribadeo, Vila Real, quen exerc\u00eda a xurisdici\u00f3n do reino era o bispo, pois era \u201cse\u00f1or\u00edo de abadengo\u201d, ou sexa, porci\u00f3n de se\u00f1or\u00edo e xurisdici\u00f3n real da que os monarcas se desprend\u00edan a favor de igrexas, mosteiros e prelados (ibidem p\u00e1x.36) polo que supo\u00f1emos, o Bispo era quen cobraba as alcabalas (imposto sobre permutas e ventas) en vez dun Conde, que daquela a\u00ednda non ti\u00f1a t\u00edtulo de Conde de Ribadeo (Velez Montenegro?), sen\u00f3n que era \u201csimplemente\u201d o conde do distrito feudal que \u00bfvivir\u00eda das rendas adquiridas das s\u00faas propias propiedades e non das do reino?. As\u00ed, polo tanto, a chave representa a dignidade do que ten potestade sobre a facenda ou dito en \u201croman palatino\u201d sobre a \u201ccaixa dos cartos\u201d da recadaci\u00f3n da renda.<br \/>\nPara apoiar esta hip\u00f3teses, da chave en pau como cargo real de xurisdici\u00f3n, hoxe cargo con dignidade civil en Facenda, vemos en Ribadeo, d\u00faas chaves en pau e coas gardas de costas, nas armas dos Quir\u00f3s, no primeiro cuartel do escudo esquerdo da fachada da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco.html\">Casa dos Miranda<\/a> de Ribadeo, iguais, pois son parentes, que a segunda partici\u00f3n do escudo do Marques de Camposagrado do Pazo das Alas de Avil\u00e9s, D. Gutierre Bernaldo de Quir\u00f3s de las Alas y Carre\u00f1o (ano 1590), alguacil maior de Oviedo con vara de rexedor&#8230; correxedor de Burgos e de Madrid, etc.<\/p>\n<p>Pero como podemos ver, a chave est\u00e1 sobre ondas do mar, polo que o escudo de armas da Virxe do Cam\u00edn, \u00e1 nosa forma de interpretalo, \u00e9 como un \u201csello\u201d que representaba a alta distinci\u00f3n de XURISDICI\u00d3N MAR\u00cdTIMA DO PORTO DE RIBADEO, cuxa facenda e alf\u00e1ndega era recadada e rexentada por un prelado ou dignidade eclesi\u00e1stica que depend\u00eda do bispo mindoniense nos s\u00e9culos XII, XIII e parte do XIV.<\/p>\n<p>\u00bfHai outros indicios tan antigos, ou m\u00e1is recentes, desta dignidade eclesi\u00e1stica en Ribadeo? A resposta \u00e9 afirmativa: Si, hainos. \u00bfE c\u00f3mo chegou esta pedra armeira a ser o escudo de armas de Ribadeo? \u00a1Iso \u00e9 outro anaqui\u00f1o da nosa historia!<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Pancho%20Campos\">Pancho Campos<\/a><\/p>\n<p>-contin\u00faa en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-ii-francisco-jose.html\">Escudo de Ribadeo (II)<\/a>&#8211;&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A versi\u00f3n tradicional do escudo condal de Ribadeo (que xa era antigo no ano 1699 segundo di Francisco Lanza, Ribadeo Antiguo, p\u00e1x. 5) \u00e9 o da fig. 1: en campo de azur unha chave de ouro posta en pau (vertical, que por \u201cimperativo est\u00e9tico\u201d se determinou colocar en barra, pois non afecta \u00f3 simbolismo her\u00e1ldico [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6090","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6090","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6090"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6090\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6090"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6090"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6090"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}