{"id":608,"date":"2024-05-21T14:58:00","date_gmt":"2024-05-21T12:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:57:34","modified_gmt":"2024-10-23T08:57:34","slug":"sargadelos-un-val-poboado-por-unha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/05\/21\/sargadelos-un-val-poboado-por-unha\/","title":{"rendered":"Sargadelos, un val poboado por unha industria (1). Pablo Mosquera"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgT4WTAtEdSjJZDsrtbqMTCgFVqcj9tre9W_apAW1zS6e7P5AUjVoTCeZ4w8BSb2fCEr2icBuOsYOpCFo7rMoipgMDGQ5p3V3VWwsJeslmd_Oq8fKf7krIFtBHqvmn1EzLeX9RT24sFmfRGpt166MG0jofdJ_k4IgTOvVQpAuq44hAVXp8hJKtrUA\/s700\/encoro%20de%20Sargadelos.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"566\" data-original-width=\"700\" height=\"557\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/encoro20de20Sargadelos.jpg\" class=\"wp-image-609\" width=\"687\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Auga para Sargadelos<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p style=\"text-align: center;\"><i>Sargadelos, un val poboado por unha industria (1) <br \/><\/i><\/p>\n<p><i>30 de abril de 1798. Habitantes das 17 parroquias pr\u00f3ximas a Santiago de Sargadelos no Concello de Cervo marchan sobre a f\u00e1brica que rixe o ilustrado Antonio Raimundo Ib\u00e1\u00f1ez. Son recibidos non s\u00f3 con improperios. Reciben granadas e balazos. Hai un morto e moitos feridos. Causas do mot\u00edn: o imperativo de que te\u00f1en que cargar carb\u00f3n, e diversos materiais relacionados coa f\u00e1brica, por un salario mensual de 12 reais por carro, que necesita dous homes e unha parella de bois cun tempo de dedicaci\u00f3n de tres d\u00edas, o que leva consigo o descuido das tarefas de sembra e colleita. A desobediencia \u00e9 sancionada con multas e prisi\u00f3n nun maldito cepo instalado nas f\u00e1bricas.<\/p>\n<p>Ib\u00e1\u00f1ez logrou, pola autoridade central do reino, autorizaci\u00f3n exclusiva para manexar as fragas de R\u00faa. Ante tama\u00f1o mandato, os paisanos buscan amparo na Intendencia Xeral do Ex\u00e9rcito de Galicia, o que non logran e provoca o aumento na represi\u00f3n do se\u00f1or feudal-ilustrado. Sargadelos \u00e9 unha f\u00e1brica de munici\u00f3ns con amplos privilexios reais. A fidalgu\u00eda civil e relixiosa acusaban a Ib\u00e1\u00f1ez de ser un d\u00e9spota cuxa conduta industrial desarticulaba a econom\u00eda agropecuaria da comarca.<\/p>\n<p>No entanto, non podemos de ning\u00fan xeito obviar os seus logros. Dos seus fornos saen os potes que dan para comer a moitas familias humildes da zona, os proxect\u00eds que defenden \u00e1 naci\u00f3n en momentos cruciais ou as tubaxes que levan o progreso \u00e1 capital do reino en forma de auga corrente.<\/p>\n<p>Con frecuencia gozo ensinando Sargadelos. O paseo desde os fornos at\u00e9 a presa coa canle e os eucaliptos aos lados do carreiro. O museo que garda e exp\u00f3n as catro etapas da louza que chegou a competir con Picman e Cartaxena, e na s\u00faa primeira etapa at\u00e9 con Bristol. A f\u00e1brica fundada por Isaac D\u00edaz Pardo e Lu\u00eds Seoane, con ese fermoso mural que lembra un guerreiro do denario ib\u00e9rico, ou a presenza escult\u00f3rica dos grandes pais da nosa literatura Galaica.<\/p>\n<p>A\u00ednda se conservan as mouteiras do cami\u00f1o con peaxe entre Sargadelos e o porto sito nos Campos-R\u00eda de San Cibr\u00e1n, onde a flota de buques con pavill\u00f3n da f\u00e1brica, tra\u00edan e levaban, materiais relacionados coa produci\u00f3n. O pazo coa s\u00faa her\u00e1ldica e unha fermosa fonte, entre escaleiras de pedra e xard\u00edns. Se pecho os ollos e po\u00f1o atenci\u00f3n creo escoitar aquelas orquestras que animaban as festas do Ap\u00f3stolo Santiago pegadas \u00e1 Casa da Administraci\u00f3n. Bailes de outrora. Tango, chachach\u00e1, bolero, vals. Era unha muchachada alegre entre pegadas da historia.<\/p>\n<p>Unha historia que deber\u00eda ensinarse na disciplina de &#8220;sociais&#8221; nos centros de ensino, polo menos da Mari\u00f1a mindoniense. No seu forno de fundici\u00f3n elabor\u00e1banse at\u00e9 30 000 quintais de ferro que deron coci\u00f1as, balc\u00f3ns, tubos, molinetes para barcos, rodas hidr\u00e1ulicas, bater\u00edas de coci\u00f1a, munici\u00f3ns, potes a estilo Bordeus. Eses consumos de 50 000 quintais de carb\u00f3n mineral, outros 20 000 de carb\u00f3n vexetal, uns procedentes de minas astures e outros das fragas sitas en R\u00faa e Trasbar.<\/p>\n<p>E o m\u00e1is importante. A industria empregaba at\u00e9 1000 familias, 250 carros con 300 parellas de bois, que achegaban e trouxeron mercador\u00edas dun porto -Os Campos de San Cibr\u00e1n- que chegou a contar cunha flota de 22 buques.<\/p>\n<p>Tal actividade foi causante da creaci\u00f3n dese pobo-parroquia. Non s\u00f3 obradoiros, casas para residencia dos numerosos operarios e as s\u00faas familias, e desde logo unha igrexa que encomendaron ao Ap\u00f3stolo Santiago, as\u00ed como ese mes\u00f3n que perdura hoxe esquecido.<\/p>\n<p>En 1804 comeza o esplendor da louza que ser\u00e1 contrasinal do bo gusto, at\u00e9 ese momento en 1848 en que at\u00e9 S.M. a ra\u00ed\u00f1a acusa mediante Real Orde haber recibidos d\u00faas fermosas vaixelas de tal compa\u00f1\u00eda -Sociedad La Riva- que se considera como presente das artes e homenaxe \u00e1 industria de Galicia. Fago un inciso para comparar o que antecede coa pestilencia contaminante desa ALCOA moribunda. En Sargadelos houbo emprendedores, comerciais, dese\u00f1adores e continua mellora nas instalaci\u00f3ns e ferramentas. Incluso un cami\u00f1o de peaxe do que hoxe quedan as mouteiras que nos indican por onde pasaban os carros celtas desde o emporio industrial at\u00e9 o porto na r\u00eda do Covo.<\/p>\n<p>En pleno primeiro terzo do s\u00e9culo XXI, a louza daquel Sargadelos do s\u00e9culo XIX \u00e9 un luxo que adoita estar exposto polo seu valor integral, que ademais para un galego da Mari\u00f1a \u00e9 un s\u00edmbolo que alimenta o orgullo identitario. De todas as pezas posibles quedo coas fermosas escriban\u00edas que a recado estaban na mesa escritorio dun catedr\u00e1tico, un bispo, un m\u00e9dico de prestixio ou un avogado triunfal. As s\u00faas cores poden confundirse coa louza de Cartaxena ou da Cartuxa, pero non para algu\u00e9n que sabe de marcas. <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: right;\"> <i><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pablo%20Mosquera\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pablo Mosquera Mata<\/a><\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: right;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiSDZjNHA1p01c8idGfyo2prbZl1ZCbpF4t3O231QDZA08XC9JGU80bgCoH7096m26gllmEVciio6jwoFAYEYKh8TfFtVJl5w3PGYDfhP-t0r2h0rZ9XC4BzadW3mZCVoEIqjWL8904GVFUm-wtAWzeXmL0KMzmcKEb8s18CVlFZfGGfR-EfvDAtQ\/s110\/Pablo%20Mosquera.jpg\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"110\" data-original-width=\"80\" height=\"110\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Pablo20Mosquera-1.jpg\" class=\"wp-image-610\" width=\"80\" \/><\/a><i>&nbsp;<\/i> <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Auga para Sargadelos Sargadelos, un val poboado por unha industria (1) 30 de abril de 1798. Habitantes das 17 parroquias pr\u00f3ximas a Santiago de Sargadelos no Concello de Cervo marchan sobre a f\u00e1brica que rixe o ilustrado Antonio Raimundo Ib\u00e1\u00f1ez. Son recibidos non s\u00f3 con improperios. Reciben granadas e balazos. Hai un morto e moitos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":609,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,14],"class_list":["post-608","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pablo-mosquera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/608","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=608"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/608\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/609"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=608"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=608"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=608"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}