{"id":6079,"date":"2016-08-22T15:06:00","date_gmt":"2016-08-22T13:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:45:29","modified_gmt":"2024-11-12T12:45:29","slug":"escudo-de-ribadeo-ii-francisco-jose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/08\/22\/escudo-de-ribadeo-ii-francisco-jose\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE RIBADEO (II). Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>-Este artigo \u00e9 continuaci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose.html\">Escudo de Ribadeo (I)<\/a>&#8211;<\/p>\n<p>Reconstru\u00edr o pasado dende o presente, utilizando materiais conservados e ditos da tradici\u00f3n popular \u00e9 unha empresa ousada, pois non temos a seguridade de que as costumes permanecesen inmutables o longo do tempo. Pero tam\u00e9n \u00e9 certo que non podemos negar que existen crenzas que perduran no tempo, conservando trazas ver\u00eddicas do pasado, que ben contextualizadas poden ser un elemento \u00fatil de investigaci\u00f3n. En todo caso a an\u00e1lise meticulosa das nosas tradici\u00f3ns, achegar\u00e1 gran co\u00f1ecemento sobre a nosa cultura.<br \/>\nPara seguir coa an\u00e1lise do significado do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose.html\">Escudo de Ribadeo (I)<\/a>, temos outro indicio, tan antigo como o escudo da fachada do Levante da capela da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2008\/10\/capela-da-virxe-do-camio.html\">Virxe do Cam\u00edn<\/a>, de que quen exerc\u00eda a Xurisdici\u00f3n Mar\u00edtima do porto de Ribadeo era unha dignidade eclesi\u00e1stica, e est\u00e1 na tradici\u00f3n, por t\u00f3dolos ribadenses co\u00f1ecida, de chamar \u201cPazo ou Casa do Obispo\u201d a unhas ru\u00ednas situadas en Cabanela (foto 1)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiAJH29T03En-RuZUGiRLUzfXWRJBEN4GUZ7E2nWe-nvoh3xIc1_1Ys5VYpjvmhaYZ1HIM4SrIWtOtBOqhW7rRBvi8jaCFztRA90PF-IQhKh7u922GyD7m-PPu3uLH32UNcpXEM1w\/s2048\/Casa+do+Bispo.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiAJH29T03En-RuZUGiRLUzfXWRJBEN4GUZ7E2nWe-nvoh3xIc1_1Ys5VYpjvmhaYZ1HIM4SrIWtOtBOqhW7rRBvi8jaCFztRA90PF-IQhKh7u922GyD7m-PPu3uLH32UNcpXEM1w\/s2048\/Casa+do+Bispo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Examinemos a cuesti\u00f3n. \u00bfOnde est\u00e1 situada a \u201cCasa do Obispo\u201d?. Nada menos que est\u00e1 na \u201cprimeira li\u00f1a da praia\u201d de Cabanela, que era o lugar onde se embarcaba e desembarcaba a maior parte das mercanc\u00edas de importaci\u00f3n e exportaci\u00f3n do Porto de Ribadeo, mesmo coas calas de Porcill\u00e1n e Guimar\u00e1n, medio protexidas do embate e das vagas de mar pola Illa de Guimar\u00e1n, hoxe desaparecida (Carta de navegaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo de 1776, cota 43). E pregunt\u00e1monos \u00bfalgu\u00e9n imaxina o bispo vivindo no peirao de carga\/descarga do porto, pois para iso serv\u00eda a praia de Cabanela? ou \u00bfalgu\u00e9n viu en alg\u00fan sitio un pazo bispal fora do recinto da catedral ou nun paraxe moi alongado dela? Non, non \u00e9 normal que isto ocorra e por aqueles tempos a igrexa principal de Ribadeo era a Real Colexiata do bispo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Cebeira\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pelayo Cebeyra<\/a> e estaba no campo (Santa Mar\u00eda do Campo) e anteriormente a Igrexa de Santiago de Vigo, na Vilavella.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhho4Xl5-cPVNKuOFzasqDjahw4DNz8-S-fo4U8THZOzOGLkHPOtPKmd_tYRit0wdCV6Ow5JoyrojZSunzRF60YTmqJDcKsfavIr_QnKXAvVu_LBE7NxJDQHLvnS1BXYXhvp3pNIA\/s2048\/Cabanela.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhho4Xl5-cPVNKuOFzasqDjahw4DNz8-S-fo4U8THZOzOGLkHPOtPKmd_tYRit0wdCV6Ow5JoyrojZSunzRF60YTmqJDcKsfavIr_QnKXAvVu_LBE7NxJDQHLvnS1BXYXhvp3pNIA\/s2048\/Cabanela.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Restos en Cabanela, co actual auditorio \u00f3 aire libre ao p\u00e9.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>\u00bfEnt\u00f3n por qu\u00e9, en Ribadeo, chamamos Casa do Bispo a un edificio, en ru\u00edna total desde tempo inmemorial, situado preto da praia de Cabanela? Mesmo Francisco Lanza di que puidera ser onde estaba a Torre das Cabanas (Ribadeo Antiguo, p\u00e1x.145). Pois ben, n\u00f3s cremos que era a Casa da Alf\u00e1ndega cuxa administraci\u00f3n rexentaba un prelado, ou outro encargado, \u00e1s ordes do bispo que era quen ti\u00f1a a Xurisdici\u00f3n Mar\u00edtima do Porto de Ribadeo e os beneficios que iso reportaba. N\u00f3tese que esta Casa da Alf\u00e1ndega deber\u00e1 datar de antes de 1369 (data en que se fai cargo o Conde de Ribadeo de cobrar os impostos) polo que as ru\u00ednas de Cabanela, son ru\u00ednas posiblemente do s\u00e9culo XII-XIII, as m\u00e1is antigas dun edificio de Ribadeo, e que deberan estar m\u00e1is protexidas por Patrimonio, pois est\u00e1n desfac\u00e9ndose, como case todo o patrimonio antigo de Galiza, e non falemos da barbarie que se est\u00e1 cometendo cos castros abandonados no medio das plantaci\u00f3ns de eucaliptos&#8230;!!!<\/p>\n<p>A capela da Virxe do Cam\u00edn \u00e9 de arquitectura rom\u00e1nica con arcos nalgunhas das fiestras de medio punto abucinados, propios do s\u00e9culo XI, XII e XIII, e con posibles reformas do s\u00e9culo XVI. Na Casa do Bispo, os arcos da porta e da fiestra que quedan en p\u00e9, son arcos escarzanos, os cales tam\u00e9n eran usados no estilo rom\u00e1nico. Se esta casa era naquel tempo o edificio da \u201calf\u00e1ndega\u201d do Bispo, tam\u00e9n datar\u00e1 esta parede dun daqueles s\u00e9culos sinalados, e moi posiblemente sexa, a m\u00e1is antiga alf\u00e1ndega do Norte da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica.<\/p>\n<p>O nome de Casa do Bispo, \u00e9 f\u00e1cil de entender que sexa unha forma popular de chamar as cousas por quen as fixo, ou por quen lles saca alg\u00fan proveito, o mesmo que ocorre, por exemplo, coa Torre dos Moreno, que \u00e9 unha casa onde non viviron nunca os irm\u00e1ns Moreno, sen\u00f3n un edificio feito e explotado por eles en apartamentos e pisos en renda.<\/p>\n<p>\u00bfC\u00f3mo esta distinci\u00f3n da administrativa mar\u00edtima chega a ser o Escudo de Armas de Ribadeo? Pois ben. Cando o rei Henrique II de Trastamara, lle concede o Condado de Ribadeo a Pierre de Villaines en 1369, conc\u00e9delle t\u00f3dalas rendas do Condado: \u201calmojarifadgos, yantares, alf\u00e1ndegas, escriban\u00edas, diezmos e alfol\u00eds\u201d (Ribadeo Antiguo, p\u00e1x.44). Isto quer dicir que aquela prebenda da Xurisdici\u00f3n Mar\u00edtima da alf\u00e1ndega que antes ti\u00f1a o bispado, pasou a ser privilexio do Conde de Ribadeo.<\/p>\n<p>Alg\u00fan dos condes, non sabemos cal, mandou gravar na fortaleza estas armas da Xurisdici\u00f3n Mar\u00edtima, a chave en pau sobre ondas do mar, e quizais fora, Rui Davalos o Bo Condestable, que comprou o condado seguramente para sacarlle proveito, e a alf\u00e1ndega mar\u00edtima era unha das proveitosas rendas que lle correspond\u00edan \u00f3 cargo. Sabemos de certo que estas armas estaban ciceladas na fortaleza en 1722, polo preito que houbo entre o Concello, a Cofrad\u00eda da Sant\u00edsima Trinidade e o Bispado, cando se renovou a pedra do escudo da capela da Atalaia, que o \u201cbras\u00f3n dunha chave sobre ondas do mar\u201d, estaba \u201cnon solo no escudo da Atalaia, sen\u00f3n tam\u00e9n sobre unha porta falsa da fortaleza e torre da vila, e no frontis e sobre a porta principal de esta dita vila e torre do campanario\u201d (ibidem, p\u00e1x.6). Aquel bras\u00f3n gravado na Virxe do Cam\u00edn, xa pasara en 1699 (ibidem, p\u00e1x.5) a ser asumido polas autoridades locais como as armas do Concello. Pero obs\u00e9rvese, que na fortaleza estaba gravado sobre a \u201cporta falsa\u201d, isto tam\u00e9n quer dicir que o escudo estaba sobre unha porta accesoria que daba seguramente a un recinto interior da fortaleza, e estaba gravada como un dos privilexios dos condes, non como escudo de armas deles, que como todos sabemos os Davalos, os Villandrando, os Hijar ou os Alba te\u00f1en outras armas de li\u00f1axe.<\/p>\n<p>Pero o Concello de Ribadeo, a\u00ednda que xa condado en 1369, non por isto perdeu o apego \u00e1 xurisdici\u00f3n eclesi\u00e1stica posto que dende o s\u00e9culo XIII Ribadeo \u00eda adquirindo elementos de \u00e1mbito relixioso mon\u00e1stico que o seguir\u00e1n caracterizando ata o d\u00eda de hoxe: os conventos de Santa Clara e o de San Francisco dan cr\u00e9dito disto, pero sobre todo, coa construci\u00f3n da Colexiata Real en 1270 coa que mantivo altos honores e privilexios, a\u00ednda despois de mudar a sede episcopal, en 1233, para Vilamaior de Vallibria, o actual Mondo\u00f1edo. Foi unha gran perda para Ribadeo o ver arruinar o edificio da Colexiata de Santa Mar\u00eda do Campo e non habela restaurado en 1852 cando o Concello se dirixiu a reina Sabela II, cuxa petici\u00f3n foi ignorada absolutamente, e volv\u00e9uselle a pedir a Afonso XIII, e en 1903 o proxecto foi esquecido definitivamente (La Colegiata de Ribadeo, Jos\u00e9 M\u00aa Rdguez. D\u00edaz, pax. 53). Como di o dito, \u201ctemos que acordarnos da nosa historia, sen\u00f3n estaremos condenados a repetila\u201d.<br \/>\nTam\u00e9n queremos facer menci\u00f3n a outro dos m\u00e1is antigos escudos de Ribadeo que aparece nos Nobiliarios (figura 2), <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjtPcCxG94-IvMU8WNlTw9gI3QccuS2nq2MUtv_U2vj1UN8iIPi6a63Pv8LN2a-OUocuT41r1u7uppenzqpeTYXO8TR5R8BBluCmt-sPFikJIM2SKcxb5GS93DeOxXOFInjrSNWFg\/s2048\/escudo+con+potes.png\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjtPcCxG94-IvMU8WNlTw9gI3QccuS2nq2MUtv_U2vj1UN8iIPi6a63Pv8LN2a-OUocuT41r1u7uppenzqpeTYXO8TR5R8BBluCmt-sPFikJIM2SKcxb5GS93DeOxXOFInjrSNWFg\/s2048\/escudo+con+potes.png\" \/><\/a>pero do que non se sabe dun gravado de pedra armeira semellante en Ribadeo: en campo de gules seis caldeiros de ouro. Non se co\u00f1ece data deste escudo.<\/p>\n<p>Segundo relata D. Modesto Costa y Turell na Ciencia do Bras\u00f3n de 1858: \u201ca palabra \u201cgules\u201d en her\u00e1ldica e a cor vermella, parece ser que foi tra\u00edda polos cruzados de Terra Santa. \u201cGhiul\u201d en turco, significa \u201crosa\u201d, xen\u00e9rico de todo o que \u00e9 encarnado, e os que traen esta cor no campo do bras\u00f3n, est\u00e1n obrigados a socorrer os que est\u00e1n &#8220;oprimidos por inxustiza\u201d. \u00a1Non che digo&#8230; hospitalidade, socorro e cultura reborda Ribadeo: Santa Clara, San Francisco, San L\u00e1zaro, San Roque, San Miguel, San Clemente, San Lu\u00eds&#8230;!<br \/>\nPor outra banda, os caldeiros eran antigamente marca dos rico-homes, que daban os reis por insignias \u00f3s cabaleiros os que fac\u00edan Grandes do reino. Posiblemente este escudo fora concedido por Fernando II, en 1183, cando eleva o rango de Ribadeo a Vila Real. Pero quizais os caldeiros tam\u00e9n poden interpretarse co significado a inversa: \u201ca entrada de rendas polo porto de Ribadeo que fac\u00edan grande o reino\u201d, polo que, Afonso IX (1188-1230) ou Fernando III \u201cO Santo&#8221; (1217-1230) lle concede tal distinci\u00f3n a Ribadeo. O cal, tampouco ser\u00eda de estra\u00f1ar, dado que o transporte terrestre era moi penoso e lento e a chegada dun barco a porto con mercador\u00eda diversa, deb\u00eda de ser como a chegada dos \u201creis magos\u201d, pois daba traballo de varios d\u00edas, a veces de semanas, a todo o pobo. Logo distribu\u00edr a mercador\u00eda daba traballo a moitos veci\u00f1os do contorno e \u00f3s negocios da comarca.<br \/>\nActualmente, Ribadeo ten un movemento portuario de un mill\u00f3n de tonelada ano, cuxa mercanc\u00eda \u00e9 toda de exportaci\u00f3n, non hai ningunha importaci\u00f3n, polo que o porto ten unha econom\u00eda \u201cterceiromundista\u201d: s\u00f3 exporta, nada recibe. E alg\u00fans xerifaltes da administraci\u00f3n portuaria de Galiza est\u00e1n encantados e dando as grazas, pola boa xesti\u00f3n que est\u00e1n facendo \u00a1manda truco ver a que chegamos! \u00bfNon haber\u00e1 cursi\u00f1os de Administraci\u00f3n Mar\u00edtima en R\u00f3terdam para que vaian estes se\u00f1ores aprender algo do que significa Tr\u00e1fico Mar\u00edtimo e Rendemento Portuario con Beneficio?. \u00a1Qu\u00e9 cruz temos&#8230;! \u00bfNon?<br \/>\n\u00bfHai m\u00e1is escudos de armas de Ribadeo que asemellen dignidade eclesi\u00e1stica?. Si por certo.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Contin\u00faa en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-iii-francisco-jose.html\">ESCUDO de Ribadeo (III)<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-Este artigo \u00e9 continuaci\u00f3n de Escudo de Ribadeo (I)&#8211; Reconstru\u00edr o pasado dende o presente, utilizando materiais conservados e ditos da tradici\u00f3n popular \u00e9 unha empresa ousada, pois non temos a seguridade de que as costumes permanecesen inmutables o longo do tempo. Pero tam\u00e9n \u00e9 certo que non podemos negar que existen crenzas que perduran [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6079","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6079","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6079"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6079\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6079"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6079"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6079"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}