{"id":6071,"date":"2016-08-29T18:50:00","date_gmt":"2016-08-29T16:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:45:18","modified_gmt":"2024-11-12T12:45:18","slug":"escudo-de-ribadeo-iii-francisco-jose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/08\/29\/escudo-de-ribadeo-iii-francisco-jose\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE RIBADEO (III) Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Ven de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-ii-francisco-jose.html\">Escudo de Ribadeo (II)<\/a><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjweTbRL9x12yx-vRkPD3Hsqh_Jb_EUore4Xg5_lYPC951cZmlUlKf1pVg6rL-kue0GRJ-G4fLJmKjabtq_bOzLLD5Q27nP4mfMFOxj1nzP3kVAhVxkznNWB6fCndRgdkONNasGfw\/s2048\/escudo+casa+Iba%25C3%25B1ez.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjweTbRL9x12yx-vRkPD3Hsqh_Jb_EUore4Xg5_lYPC951cZmlUlKf1pVg6rL-kue0GRJ-G4fLJmKjabtq_bOzLLD5Q27nP4mfMFOxj1nzP3kVAhVxkznNWB6fCndRgdkONNasGfw\/s2048\/escudo+casa+Iba%25C3%25B1ez.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A foto 1 \u00e9 do escudo de armas de Ribadeo da Casa do Concello no Pazo de Iba\u00f1ez. A foto 2 \u00e9 do escudo de armas de Ribadeo que estaba no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2008\/01\/un-paseo-polo-parque.html\">monumento dos bous<\/a>, hoxe retirado por cuesti\u00f3ns lexislativas da Memoria Hist\u00f3rica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjikW9KZjG3QxUtverUZROruALBUdEY1RcBJgkXpAkBuLHMnPyRrLzRJFWULEnbdE7eBEG73H6Eg7cBtDxlxr-6P1y167Ts57Bb3X8ivEGwKZZshkTADk27RyL2HiE1rAezmKv74Q\/s2048\/escudo+monumento+Bous.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjikW9KZjG3QxUtverUZROruALBUdEY1RcBJgkXpAkBuLHMnPyRrLzRJFWULEnbdE7eBEG73H6Eg7cBtDxlxr-6P1y167Ts57Bb3X8ivEGwKZZshkTADk27RyL2HiE1rAezmKv74Q\/s2048\/escudo+monumento+Bous.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Estes escudos el\u00edpticos, son propios da dignidade eclesi\u00e1stica dun bispo, dun arcebispo, dun cardeal e mesmo do Papa, pero non de dignidade civil ou militar, como \u00e9 o escudo do Condado de Ribadeo. \u00bfCal de todos eles \u00e9 m\u00e1is propio das armas de Ribadeo? Sen lugar a d\u00fabidas o que ten formato cuadrilongo redondeado ou en punta, como o escudo da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2008\/10\/capela-da-virxe-do-camio.html\">Virxe do Cam\u00edn<\/a>, o m\u00e1is antigo, ou calquera dos que timbran coa coroa condal. \u00bfPor qu\u00e9 se lles deu forma el\u00edptica a estes escudos modernos? Sen documentaci\u00f3n que acredite de quen deu orden de gravalo as\u00ed, \u00e9 un enigma, pero quizais a bordura externa foi copia, feita a imaxe e semellanza do escudo do Pazo do Xulgado (que analizaremos nun pr\u00f3ximo artigo) cuxo edificio tam\u00e9n fac\u00eda de Casa do Concello cando o alcalde de Ribadeo D. Jos\u00e9 Mar\u00eda Castelao comprou en 1942 a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/09\/so-un-detalle-sobre-ribadeo-cando-se.html\">Casa de Casas antigo Pazo de Raimundo Iba\u00f1ez, para facer nela a Casa do Concello<\/a>. Como podemos ver, \u00e1mbolos dous escudos non est\u00e1n timbrados (non te\u00f1en coroas, nin cascos ou celadas) e carecen de adornos exteriores.<\/p>\n<p>&nbsp;Se nos fixamos na estrela destes escudos, que hoxe presentamos, tanto unha como outra aparentan ser de cinco puntas, pero a da Casa do Concello, abre no xefe e a punta principal est\u00e1 abaixo, inversada respecto da dos <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/site\/buquesgce\/canoneros\/bous\">Bous<\/a> (que \u00e9 perfecta na forma e na posici\u00f3n) e aparecen outras cinco puntas por debaixo dos vanos angulares da principal, cuxo conxunto forma unha estrela de dez puntas, figura bastante ins\u00f3lita en her\u00e1ldica, pois incluso os cometas se representan con oito puntas e o sol con un c\u00edrculo rodeado por dezaseis raios uns rectos e outros ondulados.<\/p>\n<p>&nbsp;As chaves en barra cos palet\u00f3s das gardas cara abaixo en destra, est\u00e1n ben dese\u00f1adas as d\u00faas respecto do \u201cimperativo est\u00e9tico\u201d do que falabamos no primeiro artigo. Podemos ver malos dese\u00f1os desta forma da chave, nos \u201cescudos de Ribadeo\u201d que est\u00e1n nas bancadas cabeceiras do Cant\u00f3n dos Morenos, cuxas chaves est\u00e1n en banda, e non en barra, e cos palet\u00f3s de gardas cara arriba en sinistra. Menos mal que o cemento de que est\u00e1n feitos \u00e9 de tan mala calidade que pouqui\u00f1o a pouco, est\u00e1n desaparecendo.<\/p>\n<p>&nbsp;Outra particularidade, son as ondas do escudo da Casa do Concello, parecen \u201crampantes\u201d ou levantadas cara o lado destro. Un recurso art\u00edstico para facelas paralelas a inclinaci\u00f3n da chave, pero unha anomal\u00eda her\u00e1ldica pois carece de rigor. As ondas do escudo dos Bous, son regulares e est\u00e1n ben representadas a nivel, a\u00ednda que son cinco ou seis, e deberan ser tres reas soamente, igual que na bandeira de Ribadeo, con un pico encrespado a destra, como se ve no escudo da Virxe do Cam\u00edn, ou con varios picos como no escudo condal.<\/p>\n<p>&nbsp;O borde do escudo do Concello, con varias arquivoltas ou molduras parece m\u00e1is ben o marco dun camafeo, unha excelente xoia para levar o \u201cretrato da amada\u201d ou as pinceladas dun artista, pero nada que ver coa bordura dun escudo de armas. A bordura sinxela do escudo dos Bous est\u00e1 perfecta para o escudo dun bispo. Para rematar, diremos que ning\u00fan dos dous \u00e9 o escudo de armas de Ribadeo, a\u00ednda que leven as mesmas figuras ou mobles.<\/p>\n<p>&nbsp;Volvendo a historia dos escudos eclesi\u00e1sticos. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VI_de_Le%C3%B3n\">Afonso VI<\/a> \u201cO Bravo\u201d (1065-1072) rei de Le\u00f3n e m\u00e1is tarde (1072-1109) rei de Castela, Le\u00f3n e Galicia (Rex Gallaeciae) cando encadea o seu irm\u00e1n <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Garc%C3%ADa_de_Galicia\">Garc\u00eda II<\/a> (rei de Galiza e Portugal) e asasinan tam\u00e9n o seu irm\u00e1n, Sancho II \u201cO Forte\u201d (1065-1072) primeiro rei de Castela, polo que o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rodrigo_D%C3%ADaz_de_Vivar\">Cid<\/a> lle toma xuramento en nome dos castel\u00e1ns, na Xura de Sta. Gadea de Burgos para comprobar que non tivera que ver no asasinato de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sancho_II_de_Castela\">Sancho<\/a>, seu gran amigo. Afonso VI, \u00e9 un dos reis m\u00e1is importantes da Reconquista que tratou de unificar os reinos cristi\u00e1ns, impo\u00f1endo orden e autoridade, protexeu a cultura e acolleu os <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_de_Cluny\">monxes de Cluny<\/a> da orden de San Bieito de Aniano que fixeron triunfar a liturxia romana sobre a moz\u00e1rabe ou toledana. Desta \u00e9poca data a f\u00f3rmula do rito cristi\u00e1n de: \u201ccat\u00f3lico, apost\u00f3lico e romano\u201d. No \u00e1mbito cultural, Afonso VI (1072-1109) fomentou a seguridade do Cami\u00f1o de Santiago, e introduxo a reforma cluniacense en Galiza, Castela e Le\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;Pois ben. A capela da Virxe do Cam\u00edn ten indicios destas \u00e9pocas de reformas, nos seus s\u00edmbolos gravados. Por un lado o escudo de armas coas ondas e a chave en pau, que en moi alto grado de posibilidades, \u00e9 o escudo dun prelado ou dignitario eclesi\u00e1stico ou do superior dun convento. \u00bfPor qu\u00e9 este aserto? Sabemos que o poder eclesi\u00e1stico non aceptou o escudo de armas do Concello na fachada da capela da Atalaia no preito de 1722 (Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza, p\u00e1xina 6), \u00bfpor qu\u00e9, no s\u00e9culo XII, hab\u00eda de aceptar po\u00f1erlle un escudo de car\u00e1cter segrar, civil ou militar, \u00e1 fachada dunha capela afastada case un kil\u00f3metro do recinto amurallado do casco de Ribadeo?. Ademais, sabemos, que nos tempos de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VII_de_Le%C3%B3n\">Alfonso VII<\/a> (1126-1157), D. Munio Vallibriensi Episcopo (Bispo de Vilamaior de Vallibria o actual Mondo\u00f1edo) e o Conde D. Rodrigo Vela Montenegro, fixeron reparto \u201camigable\u201d de parroquias e terras o 21-Maio-1128: \u201c(Afonso VII) querendo po\u00f1er paz entre os bispos da Igrexa Mindoniense e os Condes daquelas terras&#8230; porque moitos males, litixios, discordias e contendas xurd\u00edan entre bispos e condes&#8230; pois como si foran reis, oprim\u00edan a xente, raz\u00f3n pola cal aquel territorio estaba sempre en excomu\u00f1\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;Por outra banda, a orde de Cluny, fundada a primeiros do s\u00e9culo X, f\u00edxose cun imperio mon\u00e1stico de priorados aut\u00f3nomos moi podentes e foise apartando no s\u00e9culo XII das novas ordes relixiosas, entre elas, da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_do_C%C3%ADster\">cisterciense<\/a> de San Bernardo de Claraval ou Clairvaux, que rebat\u00eda o desbaldir de luxo, orgullo e vaidade en que se fora convertendo a orde de Cluny. Pero en favor de Cluny hai que dicir, que m\u00e1is que os seus dereitos de autoridade da \u00e9poca feudal, proxectaba arte, arte mon\u00e1stico que \u00e9 prototipo de formaci\u00f3n do gran estilo rom\u00e1nico e sobre todo, do concepto da decoraci\u00f3n de gran valor art\u00edstico, \u00f3 entre mesturar figuras dos tres reinos da natureza: mineral, vexetal e animal, entre estes a figura humana pintada en escenas evanx\u00e9licas ou exercitando artes e oficios. Quizais alg\u00fan mural houbera nalg\u00fan tempo nas paredes interiores da Capela da Virxe do Cam\u00edn, e coas \u201creformas\u201d do s\u00e9culo XVI desaparecera.<\/p>\n<p>&nbsp;Pois ben, a Orde Cisterciense, que relevou a Cluniacense, tam\u00e9n est\u00e1 reflectida na fachada da entrada da capela da Virxe do Cam\u00edn, nesa grande <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose.html\">cruz de Malta pometeada<\/a>, da que xa falamos nun artigo anterior.<\/p>\n<p>&nbsp;Polo que vemos na Historia, Ribadeo, sempre tivo que ver co negociado eclesi\u00e1stico e co civil da Administraci\u00f3n P\u00fablica e si non foi dunha maneira foi doutra, sempre tivo que andar pelexando polo de seu, pois sempre houbo \u201calg\u00fans elementos\u201d que trataron de desposu\u00edlo dalg\u00fan honor ou prebenda do que gozaba ou goza. Non cabe dubida de que antes, como a d\u00eda de hoxe, debemos de seguir ollo a espreita para non perder nunca a nosa idiosincrasia, car\u00e1cter e temperamento tan particular que nos caracteriza e do que temos que sentirnos moi orgullosos, pois nunca fomos sacarlle nada a ningu\u00e9n e aqu\u00ed ve\u00f1en a arrebat\u00e1rnolo todo: Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n, Capitan\u00eda Mar\u00edtima, incluso parece ser que andan detr\u00e1s de levarnos a Alf\u00e1ndega (da cal \u201cso temos\u201d 800 anos de historia), quixeron sacarnos o Mercado un mont\u00f3n de veces, levaron a Capitan\u00eda da Guarda Civil, quedamos sen un triste barco de pesca nin mercante, sen Navieras, nin Consulados, nin Sanatorios, sen Base Mar\u00edtima&#8230; e agora parece ser, que ata no Faro da Illa Pancha van facer un d\u00faplex, unha falcatruada, e os \u201cgrandes pol\u00edticos\u201d locais e auton\u00f3micos, non son capaces de promover absolutamente ningunha f\u00e1brica nin industria de riqueza para Ribadeo, s\u00f3 temos bens de servizo. Por si fora pouco, a algunhas \u201cgrandes superficies\u201d deix\u00e1selles facer un muro de formig\u00f3n armado a escasos seis metros da estrada de entrada por Dompi\u00f1or, e nin sequera retirarse seguindo a li\u00f1a da fachada dos edificios adxacentes, cando a outros negocios semellantes se lles obrigou a facer accesos amplos por medio de t\u00faneles por debaixo da estrada, retirando decenas de metros as fachadas porque \u00edan ser urbanizaci\u00f3ns amplas de car\u00e1cter comercial, e agora cando se acababan de facer accesos amplos con beirarr\u00faas pagados con di\u00f1eiro p\u00fablico, tam\u00e9n se deixou facer unha gasolineira pegada a rotonda, e gustar\u00edanos saber \u00bfqu\u00e9 tipo de criterio se sigue para o desenrolo do famoso PXOM de Ribadeo, posto que, polo que vemos a \u201cvara de medir\u201d non \u00e9 a mesma? Por un lado a un veci\u00f1o que se lle ve po\u00f1er un ladrillo de m\u00e1is ou pintar unha parede dunha cor \u201cestra\u00f1a\u201d, c\u00e1enlle \u201cas corenta e unha\u201d, e a certa tropa de simples especuladores, iso si, con alg\u00fans cartos para especular, se lles da \u201cpatente de corso\u201d para que fagan o que lles pete. \u00bfIsto \u00e9 loitar contra o caciquismo e implantar a democracia ou \u00e9 a continuaci\u00f3n da \u201cdedocracia galega\u201d, que non \u00e9 calquera cousa, pois eiqu\u00ed ten moit\u00edsimos anos de pedigr\u00ed?<\/p>\n<p>&nbsp;En Ribadeo no ver\u00e1n quedamos sen prazas hoteleiras para a inxente cantidade de visitantes, e aqueles vellos hoteleiros, navieiros e empresarios morreron e non houbo ning\u00fan relevo xeracional, para dar traballo de cot\u00edo. Soamente cunha pequena industria co presuposto dun tramo do AVE \u00e1rabe a Meca, ou co simple costo dunha porta de esclusa do Canal de Panam\u00e1, ter\u00edamos o porvir asegurado en Ribadeo. Pero&#8230; aquelas vellas familias fidalgas de Ribadeo, a Ribadeo ve\u00f1en a \u201cdescansar\u201d. Non se instalou en Ribadeo a CEPAL (Central de Papeleiras Libres) para fabricar 60.000 Tm de papel prensa o ano e 40.000 Tm. de produtos varios, e agora exportamos polo porto de Ribadeo, centos de miles de toneladas de pasta de papel de primeira calidade. \u00a1Inaudito!. Sen embargo, non perdemos a esperanza, pois para crear riqueza, podemos pensar en compensar o tema, esperando que \u201cun d\u00eda destes\u201d apareza a se\u00f1orita Par\u00eds Hilton por aqu\u00ed, que anda de xira polos arredores, lle bote unha ollada \u00e1 Torre dos Morenos, \u00e1 Aduana Vella, \u00e1 panor\u00e1mica de Sta. Cruz, \u00e1s Catedrais&#8230; e nos monte un Casino Hilton Hotel de cincocentas habitaci\u00f3ns, salas de xogo, etc. onde se poida empregar moita xente e mover todo o ano riqueza e ata a \u201ccarracuca\u201d, como no Ribadeo Indiano do ver\u00e1n \u00a1ay, Ribadeo Antigo, industrial, aut\u00f3nomo e cheo de encanto, canto te boto de menos!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ven de Escudo de Ribadeo (II) &#8212; A foto 1 \u00e9 do escudo de armas de Ribadeo da Casa do Concello no Pazo de Iba\u00f1ez. A foto 2 \u00e9 do escudo de armas de Ribadeo que estaba no monumento dos bous, hoxe retirado por cuesti\u00f3ns lexislativas da Memoria Hist\u00f3rica. &nbsp;Estes escudos el\u00edpticos, son propios da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,11,37,46,58,119],"class_list":["post-6071","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-historia","tag-illa-pancha","tag-pancho-campos","tag-torre-dos-moreno","tag-xulgado"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6071","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6071"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6071\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6071"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6071"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6071"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}