{"id":6058,"date":"2016-09-12T23:57:00","date_gmt":"2016-09-12T21:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:44:51","modified_gmt":"2024-11-12T12:44:51","slug":"escudos-do-pazo-do-xulgado-francisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/09\/12\/escudos-do-pazo-do-xulgado-francisco\/","title":{"rendered":"ESCUDOS DO PAZO DO XULGADO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Estes tres escudos est\u00e1n situados na Praza da Constituci\u00f3n de 1812, hoxe Praza de Abaixo, sobre a fachada do antigo Pazo do ex-<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/xulgado\">Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n de Ribadeo<\/a>, case facendo esquina coa r\u00faa Amando P\u00e9rez.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhu1esaPa4LOlkB6Fvd6G4av4U-Y5p2TC-p2ODHIXE1bF_rTv79_LdkEFFBAYUOroIQNKgaDvm9YySEg7Mswx3yTOav9D2NxQr_6hOwHkbMrsVfnipCR4xXsok9zL2NVHsGbzdGaQ\/s2048\/escudo+xulgado+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhu1esaPa4LOlkB6Fvd6G4av4U-Y5p2TC-p2ODHIXE1bF_rTv79_LdkEFFBAYUOroIQNKgaDvm9YySEg7Mswx3yTOav9D2NxQr_6hOwHkbMrsVfnipCR4xXsok9zL2NVHsGbzdGaQ\/s2048\/escudo+xulgado+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;O escudo central \u00e9 o escudo tal do Xulgado, que como xa dixemos do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-ii-francisco-jose.html\">escudo de armas do Concello de Ribadeo<\/a>, ten forma el\u00edptica ou ovalada, como o das dignidades eclesi\u00e1sticas, a\u00ednda que a partir do s\u00e9culo XVIII alg\u00fans pa\u00edses suramericanos adoptaron para o seu escudo nacional esta forma \u00bfpor qu\u00e9?. Esta forma ovalada e bastante utilizada en medallas e condecoraci\u00f3ns persoais de car\u00e1cter militar e civil.<\/p>\n<p>&nbsp;O escudo est\u00e1 timbrado cunha \u201ccoroa mural de vila\u201d ou coroa de torres, \u00e1 vista cinco, propia desde a antig\u00fcidade da deusa <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cibeles\">Cibeles<\/a>. Carece de adorno exterior ao campo e est\u00e1 gravado en pedra de canter\u00eda de grao medio, mantendo moi bo grado de conservaci\u00f3n.<br \/>\nCibeles \u00e9 a deusa da Madre Terra que personifica a terra f\u00e9rtil, deusa das cavernas, monta\u00f1as, murallas e fortalezas da natureza, de a\u00ed que se represente cunha coroa en forma de muralla, e a s\u00faa imaxe porta unhas chaves que dan acceso as riquezas da terra. Cibeles as\u00f3ciase coa fertilidade, coa curaci\u00f3n de enfermidades e coa protecci\u00f3n do seu pobo durante a guerra.<\/p>\n<p>O escudo est\u00e1 cuartelado en catro, cuxo primeiro e cuarto cuartel son castelos e segundo e terceiro son le\u00f3ns rampantes, figuras que representan os reinos de Castela-Le\u00f3n. No escus\u00f3n sobre o todo do abismo, ou peza que ocupa o centro ou coraz\u00f3n do campo, est\u00e1 o Escudo de Ribadeo: en campo de azur unha chave de ouro posta en barra, coas gardas cara abaixo e a destra, surmontada por unha estrela de prata de cinco puntas a sinistra en xefe, e en punta augas de azur e prata.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjd1P5I2xFJJWZRd_1R9EEvGj_l9CMO6rkiw0U2jR8t-S99YK1q90044YPmWWWd7qSUO2LHlch0Fy1OzrcIKlobCxPVEzTzd-4uRMTabCtcS5KjQtpclXxe9cVkI4gsuBdcMA_1_g\/s2048\/escudo+xulgado+1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjd1P5I2xFJJWZRd_1R9EEvGj_l9CMO6rkiw0U2jR8t-S99YK1q90044YPmWWWd7qSUO2LHlch0Fy1OzrcIKlobCxPVEzTzd-4uRMTabCtcS5KjQtpclXxe9cVkI4gsuBdcMA_1_g\/s2048\/escudo+xulgado+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Nos escudos el\u00edpticos da fachada do Xulgado, un a cada lado do principal, hai unhas \u201cestra\u00f1as estrelas\u201d (fotos dereita) que son, di <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Lanza\">Francisco Lanza<\/a> no Ribadeo Antiguo, p\u00e1xina 7: \u201cporque el escultor incurriendo en una confusi\u00f3n frecuente en Her\u00e1ldica, labr\u00f3 en lugar de aquella (estrela), un hermoso rodete de espuela, que tambi\u00e9n pod\u00eda ser un s\u00edmbolo&#8230;\u201d<br \/>\nEfectivamente, a estrela de cinco puntas en xefe que significa o Norte, a Estrela Polar, do escudo de Ribadeo, foi substitu\u00edda por un rodete de espola, que xeralmente p\u00f3\u00f1ano nos seus bras\u00f3ns os cabaleiros, ou incluso espolas enteiras (como as armas dos Puga) cando ga\u00f1aban un combate e recoll\u00edan do campo de batalla, como trofeo, as espolas dos seus inimigos da cabaler\u00eda mortos, e que serv\u00edan como \u201crecordo escrito\u201d, igual que ocorr\u00eda con bandeiras, pend\u00f3ns, etc, para quedar lembranza da faza\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjZ1RfywDTIE8vwoiLqacnqtL2mqGdEjzlNo0S63-n-qW7-UuD3T235WoplSYfvc3Pi67BPhZ0VuI7_obu5isk-qAU5fiEDL6fcoQFETxRiOxPi3VKaAgQ_ipdb13AR0II0RUbusQ\/s2048\/escudo+xulgado+3.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjZ1RfywDTIE8vwoiLqacnqtL2mqGdEjzlNo0S63-n-qW7-UuD3T235WoplSYfvc3Pi67BPhZ0VuI7_obu5isk-qAU5fiEDL6fcoQFETxRiOxPi3VKaAgQ_ipdb13AR0II0RUbusQ\/s2048\/escudo+xulgado+3.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Non solo hai este erro na composici\u00f3n dos escudos laterais, sen\u00f3n que, para que os escudos luciran \u201cm\u00e1is est\u00e9ticos e sim\u00e9tricos\u201d, un fix\u00e9rono de dereitas e outro de esquerdas. Ou sexa, fixeron do escudo de armas de Ribadeo o que lles veu en gana, as\u00ed, unha chave est\u00e1 en banda cara a sinistra (primeiro da dereita), e outra est\u00e1 en barra e mira a destra (\u00faltimo da dereita). Como din agora os rapaces, na linguaxe da r\u00faa \u00a1est\u00e1n petaos! pero nada que ver coa normativa her\u00e1ldica que lles corresponde.<\/p>\n<p>Xa vimos anteriormente que hai versi\u00f3ns do escudo de Ribadeo para t\u00f3dolos gustos, pero a que m\u00e1is se cingu\u00eda a forma her\u00e1ldica normalizada, das armas de Ribadeo, era \u00f3 que estaba pintado nas carrozas dos Reis Magos: un escudo espa\u00f1ol, cuadrilongo redondeado en punta, timbrado coa coroa condal: un c\u00edrculo de ouro, fornecido de pedrer\u00eda, sobre o que descansan dezaoito perlas grosas, visibles nove, e en campo de azur unha chave de ouro posta en barra, superada por unha estrela de prata de cinco puntas no centro en xefe, en punta augas de azur e prata en tres reas niveladas.<\/p>\n<p>&nbsp;Pero \u00e1s carrozas dos Reis Magos de Ribadeo, tam\u00e9n chegou a globalizaci\u00f3n, e nestes \u00faltimos anos se lles desvirtuou o escudo \u00f3 timbralo coa coroa real, debido a rid\u00edcula moda do \u201ccaf\u00e9 para todos\u201d. Menos mal que os camelos seguen bebendo auga e non alcohol ou gasolina. \u00bfPor qu\u00e9 ser\u00e1 que o natural nunca cambia? Di <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xes%C3%BAs_Taboada_Chivite\">Xes\u00fas Taboada<\/a> na s\u00faa Etnograf\u00eda Galega (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Editorial_Galaxia\">Galaxia<\/a>, 1972), recordando a Sahag\u00fan: \u201cpara co\u00f1ecer a alma dun pobo \u00e9 preciso pescudar as s\u00faas crenzas, relixi\u00f3n e linguaxe\u201d, e eu engadir\u00eda: \u201ce a s\u00faa Historia real\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;Recordemos, ent\u00f3n, algo da historia do antigo Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n de Ribadeo. O \u00faltimo Xu\u00edz foi D. Antonio Guti\u00e9rrez Poblaci\u00f3n, a quen se lle impuxo a Cruz de Segunda Clase de San Raimundo de Pe\u00f1afort o 2-Xu\u00f1o-1963, por man do Xu\u00edz Comarcal de Ribadeo, D. Jos\u00e9 Manuel Mui\u00f1a Fern\u00e1ndez, en nome do Ministro de Xustiza. No homenaxe pronunciou un moi afectuoso discurso o secretario do noso Xulgado D. Emilio Calvo Ju\u00e1rez (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/La_Comarca_del_Eo\">La Comarca<\/a> 9-Xu\u00f1o-1963).<\/p>\n<p>O Xulgado pasou a ser de Paz en 1965, pois queda vacante o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Partido_Xudicial_de_Ribadeo\">Partido Xudicial de Ribadeo<\/a> \u201cpor falta de xu\u00edces ou aspirantes a servilo\u201d (<a href=\"http:\/\/www.boe.es\/boe\/dias\/1965\/11\/26\/pdfs\/A16033-16036.pdf\">B.O.E. 26-Novembro-1965<\/a>), e quedaron Ribadeo e Viveiro, incorporados o Xulgado de Mondo\u00f1edo. Unha vez restaurado o Xulgado de Viveiro, e continuar exercitando a s\u00faa funci\u00f3n o de Mondo\u00f1edo, hoxe \u00e1mbolos dous contan con dous xulgados cada un, e a Ribadeo polo \u201carte de Birlibirloque\u201d non se lle devolveu o seu. A expresi\u00f3n infantil non se cingue a Dereito pero expresa perfectamente o arte de facer desaparecer as cousas sen saber moi ben o como e o por qu\u00e9, a\u00ednda que xa hab\u00eda antecedentes pol\u00e9micos en 1872 (El <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/El_Eco_de_Galicia_%28Lugo%29\">Eco de Galicia<\/a>, 17-Agosto-1872, ano I, N\u00ba8) de que \u201co escribano de Mondo\u00f1edo\u201d xa quer\u00eda deixar sen Xulgado a Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;Hoxe Ribadeo desapareceu da escena xudicial, incluso cando a d\u00eda de hoxe o Poder Xudicial, est\u00e1 pedindo que se abran m\u00e1is xulgados en Galicia, posto que non hai dabondo, pero simplemente pola desidia, esquecemento, e desinterese administrativo de t\u00f3dolos rexedores dos partidos pol\u00edticos do noso pobo, que non loitaron nin loitan nada, pero nada en absoluto, pola volta do noso Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n, estamos sen el, e desto podemos dar fe os membros da antiga directiva de \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/01\/entregaronse-as-sinaturas-para-que-o.html\">O Tes\u00f3n\u201d que xa o 31-Decembro-2010 reunimos 1376 firmas dos veci\u00f1os, e se mandaron o Sr. Ministro de Xustiza<\/a>, D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Caama%C3%B1o\">Francisco Caama\u00f1o<\/a>, xunto coa firma dos representantes dos partidos pol\u00edticos daquela <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Elecci%C3%B3ns_municipais_en_Ribadeo\">Corporaci\u00f3n Municipal: BNG, PP, PSOE e UPRI<\/a>. Na directiva de \u201cO Tes\u00f3n\u201d esperamos todo o ano 2011 pola contestaci\u00f3n deste Ministro, e nunca nos contestou. Foi ano de elecci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;Logo, dende \u201cO Tes\u00f3n\u201d, continuamos coa loita de conseguir o Xulgado para Ribadeo, e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/03\/loita-polo-xulgado-continua-nota-de.html\">fomos ao propio Ministerio de Xustiza de Madrid, onde expuxemos por escrito do 24-Febreiro-2012, a nosa reiterada petici\u00f3n<\/a>. Contestounos r\u00e1pido e moi amablemente o 6-Marzo-2012 a Sra.D\u00aa Cristina Coto del Valle, Directora do Gabinete do Ministro Sr. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Alberto_Ruiz-Gallard%C3%B3n\">Ruiz Gallard\u00f3n<\/a>, que trasladou a cuesti\u00f3n presentada a Secretar\u00eda do Estado.<\/p>\n<p>A Sra. D\u00aa Isabel Tarazona Lafarga, Subdirectora Xeral de <a href=\"http:\/\/www.mjusticia.gob.es\/cs\/Satellite\/Portal\/es\/ministerio\/organigrama\/secretaria-general\/subdireccion-general2\">Organizaci\u00f3n e Coordinaci\u00f3n Territorial da Administraci\u00f3n de Xustiza<\/a>, a quen lle agradecemos profundamente a s\u00faa pronta contestaci\u00f3n, por carta de 23-Marzo-2012, dicindo que: \u201co Goberno ti\u00f1a como obxectivo prioritario acometer a reforma xeral da demarcaci\u00f3n e da planta xudicial&#8230; pois a actual estrutura organizativa e territorial non \u00e9 a m\u00e1is adecuada a realidade actual, tratando agora de dotala de outra m\u00e1is flexible, inspirada en criterios de racionalidade e eficiencia\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;Contestamos en 11 de Abril de 2012, aportando documentaci\u00f3n antiga para acreditar o dereito hist\u00f3rico de Ribadeo, que desde 1832-34 xa estaba implantado como Partido Xudicial no Reino de Espa\u00f1a. Axuntouse documentaci\u00f3n de Expurgos Ordinarios e Extraordinarios que se levaron a cabo nos Xulgados de Primeira Instancia Municipais e Comarcais desde 29-Maio-1911 ata 1932, polo que s\u00f3 restaban cartafoles desde 1933 ata 1965 do Xulgado de Ribadeo, no Arquivo do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Partido_xudicial_de_Mondo%C3%B1edo\">Xulgado de Mondo\u00f1edo<\/a>, en perfecto orden cronol\u00f3xico. (Nota: os Expurgos consistiron en levar todo canto legajo de papel hab\u00eda nos arquivos dos xulgados, entre certas datas, para reciclar o papel para publicaci\u00f3ns do Ministerio de Xustiza. O 2-Xullo-1963 carg\u00e1banse en Lugo 3808 kg destes papeis. Non \u00e9 de estra\u00f1ar, por tanto, que en Galiza, ou en Ribadeo, esteamos tan escasos de documentaci\u00f3n hist\u00f3rica. Fana desaparecer).  N\u00f3s desde \u201cO Tes\u00f3n\u201d, para acreditar a antig\u00fcidade do noso Xulgado, mandamos fotocopia do Folio 59 do Libro I, da Lista de Barcos e Embarcaci\u00f3ns da Axudant\u00eda ou Capitan\u00eda Mar\u00edtima de Ribadeo, correspondente a Fragata Casas, onde consta que en 1861 e 1869, se fixeron dilixencias e tramitaci\u00f3ns xur\u00eddicas para o armador deste barco, desde o Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n de Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;D\u00aa Isabel Tarazona Lafarga, contestounos o acuse de recibo a 8-Maio-2012, e dic\u00edanos o respecto que \u201c1) A implantaci\u00f3n do Xulgado implicar\u00eda a creaci\u00f3n, mediante lei, dun novo Partido Xudicial. 2) O Goberno pretende unha reforma xeral da organizaci\u00f3n da xustiza a fin de que sexa m\u00e1is racional e eficiente. Para levar a cabo dita reforma o Consello de Ministros nomeou unha Comisi\u00f3n Institucional constitu\u00edda por membros destacados dos distintos colectivos que colaboran coa administraci\u00f3n de xustiza. 3) O tema proposto ha de ser estudado e valorado de acordo os criterios da mencionada Comisi\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp; Desde \u201cO Tes\u00f3n\u201d contestamos o 23-Maio-2012 a D\u00aa Isabel Tarazona d\u00e1ndolle as m\u00e1is expresivas grazas polas s\u00faas dilixencias, e demos copia do tramitado a t\u00f3dolos partidos pol\u00edticos da Corporaci\u00f3n Municipal e quedamos a espera da resoluci\u00f3n da antedita Comisi\u00f3n.<br \/>\nPara rematar, non debemos esquecer que o Partido Xudicial e moi importante para Ribadeo pois determina a sede e a demarcaci\u00f3n dos xulgados, as\u00ed como tam\u00e9n, antigamente foron, os que determinaban aos Deputados Provinciais e moitas outras entidades e asociaci\u00f3ns, distritos electorais ou demarcaci\u00f3ns de contribuci\u00f3ns e servizos. A d\u00eda de hoxe a Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os \u201cO Tes\u00f3n\u201d est\u00e1 desaparecida, e polo que parece para este asunto do Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n de Ribadeo, a Corporaci\u00f3n Municipal tam\u00e9n est\u00e1 desaparecida. Como se sole dicir: \u201c\u00a1veci\u00f1os, \u00e9che o que hai!\u201d, pero se non se pelexa polos dereitos que temos, ningu\u00e9n nos los vai traer a casa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estes tres escudos est\u00e1n situados na Praza da Constituci\u00f3n de 1812, hoxe Praza de Abaixo, sobre a fachada do antigo Pazo do ex-Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n de Ribadeo, case facendo esquina coa r\u00faa Amando P\u00e9rez. &nbsp;O escudo central \u00e9 o escudo tal do Xulgado, que como xa dixemos do escudo de armas do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,119],"class_list":["post-6058","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-xulgado"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6058","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6058"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6058\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6058"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6058"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6058"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}