{"id":6029,"date":"2016-10-19T07:57:00","date_gmt":"2016-10-19T05:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:43:54","modified_gmt":"2024-11-12T12:43:54","slug":"compromiso-coa-illa-pancha-grupo-por","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/10\/19\/compromiso-coa-illa-pancha-grupo-por\/","title":{"rendered":"Compromiso coa illa Pancha. Grupo \u2018Por Nuestro Faro\u2019"},"content":{"rendered":"<p>Temos un compromiso coa illa Pancha. Por iso, cando dun xeito ou outro, dende hai mais dun ano, se da por acabada a historia da privatizaci\u00f3n para uso hoteleiro, repasamos para ver que hai de certo.<\/p>\n<p>E polo momento, unha vez que comezou o desescombro, o que hai \u00e9 que segue manifest\u00e1ndose cada vez maior cantidade de xente a favor da liberdade para a illa de todos. A favor de que a illa sexa de uso comunitario, non privado, con acceso restrinxido. A favor da s\u00faa protecci\u00f3n e contra o seu uso empresarial.<\/p>\n<p>E as cousas seguen sen estar claras. Non o est\u00e1n no Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo, mesmo con incidentes dos que daremos conta no seu momento. Non o est\u00e1n a nivel parlamentario, onde as preguntas sobre a situaci\u00f3n seguen o seu cami\u00f1o. Non o est\u00e1n na Reserva da Biosfera, e non o est\u00e1n para nos, que vemos numerosas irregularidades en todo o proceso.<\/p>\n<p>Tampouco para algunhas instituci\u00f3ns implicadas debe estar claro. Se non, non nos explicamos que sexa imposible conseguir documentaci\u00f3n que entendemos p\u00fablica.<br \/>\nNin para moita xente m\u00e1is, e non nos estamos agora a referir \u00e1 xente integrada na plataforma polo noso faro, sen\u00f3n a casos diversos. Casos como o que manifesta o comentario feito nun xornal por unha persoa de lonxe de Ribadeo, que bota a culpa de que a xente non vaia poder entrar na illa \u00f3 concello, por non conceder a cafeter\u00eda\u2026 Suponse ent\u00f3n que o concello ter\u00eda que conceder a autorizaci\u00f3n por riba das normas para que o concesionario deixara entrar \u00e1 xente (que fora \u00e1 cafeter\u00eda, claro!). Consideramos que xa relaxou abondo o concello o seu celo \u00f3 non requirir alg\u00fans informes para a concesi\u00f3n do hotel. Pero m\u00e1is al\u00f3 do detalle, o que indica o caso \u00e9 a confusi\u00f3n que se logrou instalar na xente en base a apoios t\u00e1citos nas instituci\u00f3ns e nas novas, e, como consecuencia, \u00e1 desinformaci\u00f3n.<\/p>\n<p>De calquera xeito, est\u00e1 claro que se a xente se pon a opinar \u00e9 porque considera que pode facelo porque a illa e de todos, e sexa cal sexa a opini\u00f3n, o ser consciente de que se pode opinar \u00e9 un paso adiante a favor de considerar a illa un ben com\u00fan.<\/p>\n<p>E m\u00e1is cousas que se poder\u00edan tratar. Por exemplo:<\/p>\n<p>-din alg\u00fans que poderiamos ter chegado antes a isto que chaman loita. Mais como cidad\u00e1ns de a p\u00e9 non temos moita facilidade para conseguir informaci\u00f3n que puidera resultar contraria \u00f3s desexos de quen ten que subministrala, mesmo para enterarmonos do comezo do proceso. E, cando chegou un m\u00ednimo de informaci\u00f3n, tam\u00e9n necesitamos tempo para facernos \u00e1 idea das implicaci\u00f3ns e comezar a mobilizaci\u00f3n. E o que pretendemos \u00e9 manter a illa Pancha como ben com\u00fan, e iso non e unha loita, unha batalla ou unha guerra, sen\u00f3n pretender a paz e traballar para poder disfrutar dela.<\/p>\n<p>-non nos explicamos o acoso que sufrimos, tentando intimidarnos con ameazas, insultos e mentiras, en lugares de traballo, tir\u00e1ndose diante de coches ou, mesmo a semana anterior \u00f3 desescombro, cando un dos membros do grupo foi perseguido nunha r\u00faa con xente \u00f3 tempo que recib\u00eda insultos, mentiras e ameazas. E si, neste tempo hai xente que se sentiu intimidada. Mais seguimos.<\/p>\n<p>Non, a historia non remata cando comezan as obras. O mar e a illa van seguir estando, e n\u00f3s procurando o que creemos mellor para todos. As\u00ed pois, s\u00f3 comeza unha nova fase.<\/p>\n<p>&nbsp;Grupo \u2018Por Nuestro Faro\u2019<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Temos un compromiso coa illa Pancha. Por iso, cando dun xeito ou outro, dende hai mais dun ano, se da por acabada a historia da privatizaci\u00f3n para uso hoteleiro, repasamos para ver que hai de certo. E polo momento, unha vez que comezou o desescombro, o que hai \u00e9 que segue manifest\u00e1ndose cada vez maior [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-6029","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6029","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6029"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6029\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6029"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6029"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6029"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}