{"id":6025,"date":"2016-10-24T18:13:00","date_gmt":"2016-10-24T16:13:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:43:48","modified_gmt":"2024-11-12T12:43:48","slug":"escudo-de-armas-do-parador-de-turismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/10\/24\/escudo-de-armas-do-parador-de-turismo\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DO PARADOR DE TURISMO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiaQFbAgrLJZMqFWbZSiexXbHtf3MAxFoIIYGDjkde-KugHu57tPnX9Mwe29KHJoyNuSi-Fw2Smbt6800RxfSn9mEMjJBfwpS5bRwptKEbP2YmPthz7D5ZnvCmaPiEI2nWQWPEjlA\/s2048\/escudo+parador.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiaQFbAgrLJZMqFWbZSiexXbHtf3MAxFoIIYGDjkde-KugHu57tPnX9Mwe29KHJoyNuSi-Fw2Smbt6800RxfSn9mEMjJBfwpS5bRwptKEbP2YmPthz7D5ZnvCmaPiEI2nWQWPEjlA\/s2048\/escudo+parador.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Situado no lateral dereito da fachada frontal segundo se chega \u00f3 Parador de Turismo de Ribadeo, sobre a parede de pedra vista, est\u00e1 este precioso escudo de armas espa\u00f1ol, timbrado cunha coroa de x\u00e9nero desco\u00f1ecido e sen clasificaci\u00f3n.<\/p>\n<p>\u00c9 un escudo espa\u00f1ol cl\u00e1sico, cuadrilongo redondeado por abaixo. Est\u00e1 adornado con molduras independentes de recheo nos soportes, e outras continuas e sim\u00e9tricas que conforman unha segunda bordura de dese\u00f1o moi elegante en forma de casulla como os escudos aristocr\u00e1ticos. Na punta est\u00e1 sostido por molduras mi\u00fadas que cerran un conxunto harmonizado e esteticamente ben distribu\u00eddo.<\/p>\n<p>Est\u00e1 cuarteado en catro, cun escus\u00f3n no abismo.<\/p>\n<p>Primeiro cuartel, aparece gravado en campo de azur d\u00faas t\u00e1boas en pau, bordura de prata con oito caldeiras de sable, son armas arbitrarias dos Taboada (Nota: as \u201carmas arbitrarias\u201d en Her\u00e1ldica, son signos xerogl\u00edficos que adoptan ser bras\u00f3ns distintivos de familias pero que non o son propiamente). As armas dos Taboada son propiamente: en campo de azur tres t\u00e1boas en pau (verticais) e bordura de oito caldeiras de sable (cor negro).<br \/>\nSegundo cuartel, armas da Casa de Z\u00fa\u00f1iga descendentes dos reis de Navarra, e dos duques de B\u00e9jar: en campo de prata unha barra de sable, e posta en orla unha cadea de oito eslav\u00f3ns de ouro. A Casa de Z\u00fa\u00f1iga, est\u00e1 relacionada desde antigamente con Ribadeo, posto que, en 22 de decembro de 1431 o Condado de Ribadeo \u00e9 concedido polo rei Xan II de Castela a D. Rodrigo de Villandrando que en primeiras nupcias c\u00e1sase con D\u00aa. Margarita de Borb\u00f3n, que morreu moi nova, \u00e9 volve a casar en segundas nupcias con D\u00aa Beatriz de Z\u00fa\u00f1iga.<\/p>\n<p>Terceiro cuartel, xaquelado de quince casi\u00f1as cadradas, oito entrantes de ouro e sete sa\u00edntes de gules, estas cargadas cada unha, de tres faixas de prata. Son armas dos Ulloa.<\/p>\n<p>Cuarto cuartel, en campo de ouro cinco estrelas de oito puntas de gules postas en sotuer (postas en aspa). Son armas dos Fonseca.<\/p>\n<p>No escus\u00f3n do abismo, oito aspas rodean un segundo escus\u00f3n cuarteado en catro, e cada cuartel cunha \u00e1rbore igual. Non atopamos as li\u00f1axes deste escus\u00f3n, que son armas principais do escudo, pois cargan \u201csobre o todo do todo\u201d. Posiblemente este escus\u00f3n represente as armas do cabaleiro que Ribadeo tivo como mecenas para levar a cabo as obras do Parador e do Instituto Laboral.<\/p>\n<p>No escudo est\u00e1n representados os matrimonios das familias que loitaron polos dereitos de Galiza, e perderon. Alonso de Fonseca xunto con Fern\u00e1n P\u00e9rez de Andrade loitaron polo Dereito o Voto nos tempos de Carlos I. No ano 1520 estourou o Movemento Comuneiro contra da centralizaci\u00f3n do poder na capital do estado, coas perdas consecuentes para as cidades \u201cprovincianas\u201d. Carlos I sab\u00eda da capacidade de manobra da nobreza galega e nomeou rexente de Galiza a un estra\u00f1o \u00e1s necesidades do pobo galego, o Conde de Fuensalida. Estas manobras, mal intencionadas, obrigaron os fidalgos galegos a ir abandonando pouco a pouco Galiza, e f\u00f3ronse a instalar a corte do rei, o que consolidou a autoridade real en Galiza, pero aquelas familias souberon, dalgunha forma, manter o poder e a influencia.<\/p>\n<p>O Parador de Turismo e o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=instituto%20laboral\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Instituto Laboral<\/a>, inaugurados o mesmo d\u00eda 30-Agosto-1958, foron d\u00faas obras de ampl\u00edsima proxecci\u00f3n no tempo, para o porvir dos veci\u00f1os de Ribadeo e a s\u00faa comarca, e quix\u00e9ramos recordar aqu\u00ed, un pouco daqueles hist\u00f3ricos momentos.<\/p>\n<p>A primeiros de Setembro de 1953, no Consello de Ministros, ac\u00f3rdase constru\u00edr o Parador de Turismo de Ribadeo, e as\u00ednase o 11-Decembro-1953. O lugar elixido para a s\u00faa construci\u00f3n, foi o Cemiterio Vello (foto 2) pola beleza natural da paisaxe sobre a R\u00eda de Ribadeo, e polas comodidades pr\u00f3ximas dentro do n\u00facleo urbano do pobo. No proxecto entraba a construci\u00f3n dun Parque de Festas, con servizos deportivos para o gran turismo, as\u00ed como, un plan de modernizaci\u00f3n da estrada Ribadeo-Ferrol pasando por Viveiro e Sta. Marta de Ortigueira. Fal\u00e1base tam\u00e9n, de que no lateral do Parador haber\u00eda unha ampla escalinata que permitir\u00eda seguir contemplando desde o pobo o paisaxe da R\u00eda, e por onde se dar\u00eda un r\u00e1pido servizo de acceso o peirao de Mirasol, onde se supo\u00f1\u00eda que atracar\u00edan os iates de pequeno e gran porte dalg\u00fans dos clientes. Estas obras colaterais non se fixeron, e no lugar da escalinata, edificouse a Residencia do Eo, a finais da d\u00e9cada dos 60, quedando sen aquel r\u00e1pido acceso o peirao de Figueirua ou Mirasol. Abriuse por xunto, a Avenida de Asturias que logo continuar\u00eda coa <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Avenida%20de%20Galicia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Avenida de Galicia<\/a>, ata o Instituto.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjJ43ATV4jLmNPwQvJdxvMIbMS-sEBi7ypypArfG-BPad72-sxsTbqr2VSTz5PPYB3BAerNXKwVS8o_QbBXkdoj21CiNA2_BtVc3YCm0EzviNqf8hJcZYIPTqIIf5Jlj4rgjtGNSw\/s2048\/foto+vella+dende+Parador.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjJ43ATV4jLmNPwQvJdxvMIbMS-sEBi7ypypArfG-BPad72-sxsTbqr2VSTz5PPYB3BAerNXKwVS8o_QbBXkdoj21CiNA2_BtVc3YCm0EzviNqf8hJcZYIPTqIIf5Jlj4rgjtGNSw\/s2048\/foto+vella+dende+Parador.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Estaba de Alcalde, por aquel entonces, D. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Pancho+Maseda\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Francisco Maseda Garc\u00eda (Pancho Maseda<\/a>) que se desviviu en esforzos para conseguir aqueles ansiados proxectos, pois sab\u00eda da gran mellora que \u00eda representar para o benestar de Ribadeo, xa que instituci\u00f3ns industriais ou de calquera outra clase proporcionaban vida, traballo e prosperidade, cimentos estables da vida coti\u00e1n dos pobos.<\/p>\n<p>As escrituras de compravenda dos terreos do Cemiterio Vello e sitios laterais ata a estrada de Mirasol, foron asinadas a finais de Decembro de 1954, ante o Notario desta vila D. Francisco Vigil de Qui\u00f1ones y Villalva, polo Delegado Provincial D. Jes\u00fas Pedrosas Latas, polo Alcalde de Ribadeo D. Francisco Maseda, e polos propietarios dos terreos D\u00aa Elisa Gonz\u00e1lez Monteavaro e seu marido D. Jos\u00e9 Meira Amoroso, por D. Jes\u00fas Rodr\u00edguez Brasa e seus fillos D. Jes\u00fas e D.Hector Rodr\u00edguez Freijo, e por D. Antonio Gonz\u00e1lez Mir\u00f3. Os terreos pasaron a ser propiedade do Ministerio de Informaci\u00f3n e Turismo (La Comarca 2-Xaneiro-1955).<\/p>\n<p>Nese mesmo ano, B.O.E. de 9 de Novembro de 1954, tam\u00e9n se aceptan polo Patronato Nacional de Ensinanza Media e Profesional, 8 800 m<sup>2<\/sup> de terreos ofrecidos polo Concello de Ribadeo, no Xard\u00edn e na Faxarda para constru\u00edr o Instituto Laboral de modalidade Agr\u00edcola-Gandeira, que levou o nome de Carlos M\u00aa Rodr\u00edguez de Valcarcel, daquela Director Xeral do Instituto Nacional de Emigraci\u00f3n. As costas das tramitaci\u00f3ns notariais, fiscais e rexistros para formalizar o acordo, correron a conta do Concello. As obras foron proxecto do Arquitecto Xefe de Construci\u00f3ns do Ministerio de Educaci\u00f3n Nacional, D. Francisco Navarro Borr\u00e1s.<\/p>\n<p>As clases de Bacharelato Laboral comezaron provisionalmente no curso 1955-1956 na Casa do \u00d3ptico, e o novo edificio foi inaugurado polo Xefe do Estado D. Francisco Franco o mesmo d\u00eda que tam\u00e9n se inaugura o Parador de Turismo, o d\u00eda 30 de Agosto de 1958.<\/p>\n<p>Tratamos de atopar quen ser\u00eda o \u201cpadri\u00f1o\u201d de Ribadeo, que est\u00e1 expresado no escus\u00f3n do abismo do escudo do Parador, revisando o nome das m\u00faltiples Autoridades que acompa\u00f1aban o d\u00eda da inauguraci\u00f3n o Xefe do Estado e a s\u00faa dona D\u00aa Carmen Polo, e atopamos, o Almirante Nieto Antunez, o Gobernador Civil D. Enrique Otero Aenlle (que como veci\u00f1o de Ribadeo seguramente tivo moito que ver coa culminaci\u00f3n do proxecto apoiando o traballo met\u00f3dico e ordenado do Alcalde), o Xefe da Casa Civil Conde de Loja, Ministro da Gobernaci\u00f3n, Xeneral Alonso Vega, Ministro de Informaci\u00f3n e Turismo, Sr. Arias Salgado; Ministro de Educaci\u00f3n Nacional, Sr. Rubio; Director Xeral de Ensinanza Laboral, D. Guillermo de Reyna; Secretario do Ministro de Educaci\u00f3n, Sr. Tena Artigas; Delegado Nacional de Asociaci\u00f3ns, D. Manuel Fraga Iribarne; Capit\u00e1n Xeneral da 8\u00aa Rexi\u00f3n Sr. Guti\u00e9rrez de Soto; Capit\u00e1n Xeneral do Departamento Mar\u00edtimo Sr. Fern\u00e1ndez Mart\u00edn; Xeneral da Divisi\u00f3n A\u00e9rea Sr. Fern\u00e1ndez Longoria; Rector da Universidade de Santiago Sr. Legaz Lacambra; Bispo de Mondo\u00f1edo Doctor Argaya; Bispo Auxiliar de Lugo Doctor Ona de Echave; Xefe da Casa Militar Teniente Xeneral Sr. Asensio e Segundo Xefe da Casa Civil D. Fernando Fuentes Villavicencio.<\/p>\n<p>Ning\u00fan apelido destas autoridades, ten que ver coas li\u00f1axes do escudo. \u00bfFoi o escudo de armas un simple tr\u00e1mite de decoraci\u00f3n, con \u201carmas arbitrarias\u201d&#8230;? \u00a1Quizais s\u00ed&#8230;ou quizais non, pois hai cousas que se fan \u201cdaquela maneira\u201d, isto \u00e9, sen explicaci\u00f3n se non est\u00e1s \u201cno allo\u201d do asunto! \u00bfBon ou mal sistema&#8230;? Non o sei, pero o Parador de Turismo e o Instituto Laboral fix\u00e9ronlle a Ribadeo \u201cmil bienes\u201d e debera de cundir o exemplo para seguir a facer obra p\u00fablica e conseguir Instituci\u00f3ns con futuro, tales como, a Residencia de Anci\u00e1ns ou o Xulgado de Primeira Instancia e Instruci\u00f3n, entre outras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Situado no lateral dereito da fachada frontal segundo se chega \u00f3 Parador de Turismo de Ribadeo, sobre a parede de pedra vista, est\u00e1 este precioso escudo de armas espa\u00f1ol, timbrado cunha coroa de x\u00e9nero desco\u00f1ecido e sen clasificaci\u00f3n. \u00c9 un escudo espa\u00f1ol cl\u00e1sico, cuadrilongo redondeado por abaixo. Est\u00e1 adornado con molduras independentes de recheo nos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6025","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6025","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6025"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6025\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6025"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6025"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6025"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}