{"id":6022,"date":"2016-10-27T07:54:00","date_gmt":"2016-10-27T05:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:43:43","modified_gmt":"2024-11-12T12:43:43","slug":"as-contas-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/10\/27\/as-contas-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"As contas de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte houbo pleno en Ribadeo. Non puiden asistir, mais \u00e9 deses que si ten difusi\u00f3n abonda. Estaba avisado na web con m\u00e1is de 24 h de antelaci\u00f3n, se ben non tivo anexada a convocatoria cun \u00fanico punto na orde do d\u00eda, e a bo seguro hoxe aparecer\u00e1 a nota de desenvolvemento do pleno, que anexarei a outra entrada.<\/p>\n<p>O pleno est\u00e1 relacionado co mantido o 26 de maio, con convocatoria recollida en &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/difundindo-o-goberno-de-ribadeo.html\">Difundindo o goberno de Ribadeo<\/a>&#8216;, e como di a nota do concello, \u00e9 consecuencia dun &#8220;exceso de gasto&#8221; o ano pasado. Exceso de gasto que non significa<br \/>\n exceso de d\u00e9beda, sen\u00f3n sa\u00edrse de porcentaxes de axuste sobre anos<br \/>\nanteriores. Relacionado pois coas medidas de axuste esixidas pola troika<br \/>\n para o conxunto do estado e coa variaci\u00f3n ad hoc da constituci\u00f3n sen<br \/>\nvotaci\u00f3n do pobo e pola v\u00eda r\u00e1pida hai uns anos. Nese sentido, neste caso, e sen entrar en<br \/>\n detalles, coido que o exceso de gasto non significa m\u00e1is que o saltarse<br \/>\n a normativa imposta para a austeridade nun lugar onde ademais as contas van cadrando. <\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2232&amp;lg=gal\">nota de prensa da convocatoria<\/a> dic\u00eda:<\/p>\n<p class=\"antetitulo\">&#8220;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdIhRnCY2h2a0qxEJfNjtRWyCBnxU2PAVmYGgJKdmPeoBESgFtkpagsL02Ye6FSUH5s8WB4ToP_i-d1Eta8zQ-Iypjppi92aLPxP8V3Di96KCgwhwyYMihRlnJRdbNqixYb2_A5A\/s2048\/Foto_Concello_Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdIhRnCY2h2a0qxEJfNjtRWyCBnxU2PAVmYGgJKdmPeoBESgFtkpagsL02Ye6FSUH5s8WB4ToP_i-d1Eta8zQ-Iypjppi92aLPxP8V3Di96KCgwhwyYMihRlnJRdbNqixYb2_A5A\/s2048\/Foto_Concello_Ribadeo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>O PLAN TER\u00c1 UNHA VIXENCIA DE DOUS ANOS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Ma\u00f1\u00e1, pleno extraordinario<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">25\/10\/2016<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>Ma\u00f1\u00e1, m\u00e9rcores, haber\u00e1 pleno extraordinario no<br \/>\nConcello para aprobar un plan econ\u00f3mico financeiro derivado da<br \/>\nliquidaci\u00f3n do orzamento xeral de 2015. O Concello deber\u00e1 adoptar<br \/>\nmedidas para non exceder a regra de gasto estipulada por lei. Ao<br \/>\nalcalde, Fernando Su\u00e1rez, par\u00e9celle unha medida inxusta, xa que o<br \/>\nConcello disp\u00f3n dun super\u00e1vit de 1 300 000 euros e algunha partida<br \/>\npoder\u00eda destinarse \u00e1 mellora de determinados servizos p\u00fablicos ou a<br \/>\ninvestimentos en obras. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O rexedor contou que &#8220;neste pleno extraordinario previsto para ma\u00f1\u00e1,<br \/>\n m\u00e9rcores, soamente hai un \u00fanico punto que \u00e9 a aprobaci\u00f3n do plan<br \/>\necon\u00f3mico financeiro derivado da liquidaci\u00f3n do orzamento xeral de 2015.<br \/>\n \u00c9 unha cuesti\u00f3n que soa moi rimbombante e realmente non \u00e9 nada doutro<br \/>\nmundo e \u00e9 m\u00e1is \u00e9 bastante inxusto para o Concello de Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez<br \/>\n Barcia explicou que &#8220;da liquidaci\u00f3n do orzamento do ano pasado<br \/>\nincumprimos unha cuesti\u00f3n que est\u00e1 na lei desde hai tres anos,<br \/>\nincumprimos a regra de gasto no que recolle esta lei org\u00e1nica de<br \/>\nestabilidade orzamentaria, dado que do 2014 ao 2015 non deb\u00edamos superar<br \/>\n o 1,3% de gasto con relaci\u00f3n ao ano anterior e finalmente fix\u00e9molo no<br \/>\n2% m\u00e1is ou menos. Tivemos uns 172 000 euros m\u00e1is de gasto que o que<br \/>\ndeb\u00edamos e hai que ter en conta que \u00e9 sobre un orzamento liquidado de<br \/>\nm\u00e1is de 9 mill\u00f3ns de euros&#8221;. O alcalde subli\u00f1ou: &#8220;pero quero dicir que<br \/>\nnon o fixemos porque nos volv\u00e9ramos tolos, sen\u00f3n porque usamos o<br \/>\nremanente de tesourer\u00eda, usamos parte do fondo do super\u00e1vit que ten o<br \/>\nConcello desde hai uns anos. E incorporamos cr\u00e9dito derivado dunha<br \/>\nherdanza dunha se\u00f1ora que morreu e quixo deixar unha parte da s\u00faa<br \/>\nherdanza ao Concello para que execut\u00e1ramos obras no hospital asilo como<br \/>\nas\u00ed fixemos, e polo tanto este di\u00f1eiro, aproximadamente 90 000 euros,<br \/>\nnon se puido deducir da regra de gasto ao non vir dunha administraci\u00f3n<br \/>\np\u00fablica, sen\u00f3n dunha persoa f\u00edsica privada&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez<br \/>\nengadiu que &#8220;tam\u00e9n usamos unha parte deste fondo de super\u00e1vit para pagar<br \/>\n aos provedores que presentaron as s\u00faas facturas fora do prazo<br \/>\nestablecido para iso, \u00e9 dicir do exercicio 2014 present\u00e1ronas no ano<br \/>\n2015, non foi culpa do Concello sen\u00f3n deles por presentalas tarde. Neste<br \/>\n caso tivemos que reco\u00f1ecer extraxudicialmente uns 80 000 euros e da<br \/>\nsuma disto saen os 172 000 euros. Polo tanto debemos aprobar un plan<br \/>\necon\u00f3mico financeiro, que ten unha vixencia de dous anos,&nbsp; que recolla<br \/>\nmedidas para volver estar nos l\u00edmites de gastos que permite o<br \/>\nMinisterio. Como a situaci\u00f3n econ\u00f3mica do Concello \u00e9 positiva, \u00e9 dicir o<br \/>\n remanente de Tesourer\u00eda \u00e9 de m\u00e1is de 1 300 000 euros, o resultado<br \/>\norzamentario \u00e9 positivo de todos estes \u00faltimos anos, a capacidade de<br \/>\nfinanciamento t\u00e9mola m\u00e1is que de sobra, etc, e a \u00fanica medida que se<br \/>\nestima que procede adoptar \u00e9 a de declarar a non dispo\u00f1ibilidade de<br \/>\ncr\u00e9dito, \u00e9 dicir que non imos gastar 280 000 euros, o que por outra<br \/>\nparte \u00e9 l\u00f3xico xa que este cr\u00e9dito que prev\u00edamos para conclu\u00edr as obras<br \/>\nda residencia logo afortunadamente veu de man deste novo convenio coa<br \/>\nDeputaci\u00f3n Provincial de Lugo, porque coa a Xunta de Galicia a\u00ednda<br \/>\nestamos esperando ao d\u00eda do xu\u00edzo final&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde rematou a s\u00faa<br \/>\n explicaci\u00f3n sinalando que &#8220;en definitiva esta \u00e9 unha circunstancia<br \/>\npuntual e concreta que non \u00e9 estrutural, e que ademais \u00e9 inxusta porque<br \/>\nestas normativas que lles esixen aos Concellos non gastar de m\u00e1is por<br \/>\nunha banda parecen l\u00f3xicas, pero tal como est\u00e1n reguladas non deben<br \/>\nimpedir que cando hai unha xesti\u00f3n positiva, cando hai remanentes<br \/>\npositivos, cando os resultados orzamentarios son positivos, usemos<br \/>\nrecursos para facer inversi\u00f3ns ou para mellorar os servizos p\u00fablicos. \u00c9<br \/>\nunha maneira tam\u00e9n de maniatar aos Concellos que queren ser un pouco<br \/>\nrebeldes e que dentro da lei e con sentidi\u00f1o queremos facer cousas,<br \/>\nparece que lles molesta que queiramos facer cousas&#8221;<\/em>.<\/p>\n<p>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte houbo pleno en Ribadeo. Non puiden asistir, mais \u00e9 deses que si ten difusi\u00f3n abonda. Estaba avisado na web con m\u00e1is de 24 h de antelaci\u00f3n, se ben non tivo anexada a convocatoria cun \u00fanico punto na orde do d\u00eda, e a bo seguro hoxe aparecer\u00e1 a nota de desenvolvemento do pleno, que anexarei [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42,13],"class_list":["post-6022","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6022","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6022"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6022\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6022"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6022"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6022"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}