{"id":6020,"date":"2016-11-01T18:36:00","date_gmt":"2016-11-01T17:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:43:34","modified_gmt":"2024-11-12T12:43:34","slug":"casa-brasonada-da-rua-trinidad","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/01\/casa-brasonada-da-rua-trinidad\/","title":{"rendered":"CASA BRASONADA DA R\u00daA TRINIDAD. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhX4zP5Fe_Skb6w2QtvegNJmqC7_xtVVJDDZSNFYVF28ZQJUO4byt0ysdB_DnXCX8hlosZI-Lt8Cs1IYs5ZJ6a6P31A_ByUgSZNwoCksChXeewwt8ZqY_23TVeITecdix2kV7WqnA\/s2048\/escudo+r+Trinidad.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"284\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhX4zP5Fe_Skb6w2QtvegNJmqC7_xtVVJDDZSNFYVF28ZQJUO4byt0ysdB_DnXCX8hlosZI-Lt8Cs1IYs5ZJ6a6P31A_ByUgSZNwoCksChXeewwt8ZqY_23TVeITecdix2kV7WqnA\/s2048\/escudo+r+Trinidad.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>Empezando a baixar a r\u00faa da Trinidad, no antigo Colexio das Monxas do Sagrado Coraz\u00f3n de Xes\u00fas das Fillas da Caridade, atopamos un moi elegante escudo de armas cuadrilongo e por abaixo lixeiramente en punta (foto 1). Corresponde a un cl\u00e1sico escudo espa\u00f1ol, timbrado cun casco de fidalgo antigo mirando a destra, en cuxa rella se lle contan catro grilletas, e o yelmo est\u00e1 rematado cun burulete en forma de crista ao que se cosen plumas formando un penacho alargado. O artista en realidade mesturou as formas dun casco medieval e un casco romano, e sa\u00edulle o que sa\u00edu. Guapo, guapo, iso si. Est\u00e1 labrado en pedra de canter\u00eda de grao medio, e cons\u00e9rvase en moi boas condici\u00f3ns. Pena, de non sacarlle de vez en cando as \u201cherbi\u00f1as\u201d que vai criando.<\/p>\n<p>Como soportes, e sim\u00e9tricos a ambos lados, en xefe, hai uns cabos enroscados ou volteados, xeralmente chamados \u201cxiras\u201d, que contin\u00faan, cara \u00e1 punta, cunhas grilandas vexetais, onde o ornamento \u00e1brese en abanico nun sost\u00e9n grilado con forma de labor de encaixe rematada con bodoques, compo\u00f1endo un conxunto de forma moi harm\u00f3nica, bela e sinxela. Esta abeirado da choiva vertical por un arco de medio punto formado por dovelas moldeadas de canter\u00eda que configuran un estreito tellado. Non ten data de construci\u00f3n pero, polas formas do abeiro, debe ser contempor\u00e1neo do escudo de armas da R\u00faa Bispo Veres da Casa de Vior ou do escudo do Pazo do Xulgado que tampouco est\u00e1n datados pero que apuntan a ser da centena do s\u00e9culo XVIII<\/p>\n<p>O campo est\u00e1 cuarteado en cruz ou en catro cuarteis.<\/p>\n<p>No primeiro cuartel, vese unha \u00e1rbore cun can atado o seu tronco. Son armas dos Acevedo: en campo de ouro un acivro de sinople (cor verde) cun lebrel branco atado o tronco. \/\/ Tam\u00e9n poden ser armas dos Quiroga, apelido da provincia de Lugo con diversidade de esmaltes no campo, mentres uns o describen de gules (cor vermello) outros o fan de azur (cor azul) e outros de ouro, e un lobo de sable (cor negro) atado o tronco, en vez dun lebrel de prata (arquivo de D\u00aa Petra Arias de la Maza) (Blas\u00f3ns e Li\u00f1axes de Galicia, de frei Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo)<\/p>\n<p>No segundo cuartel, dous lobos pasantes enmarcados cunha bordura con oito aspas. Son armas dos Osorio: en campo de ouro, dous lobos pasantes desollados e postos en pau (andando sen pel e un sobre o outro) con bordura de gules con oito aspas de ouro \/\/ Tam\u00e9n puideran ser armas dos Prieto: en campo de prata, dous lobos de sable (cor negro) pasantes e postos en pau, con bordura de gules con oito aspas de ouro.<\/p>\n<p>Terceiro cuartel, un castelo sobre ondas do mar e rematado cunha cruz. Parecen armas dos Villamil, a\u00ednda que puideran ser dos Portela ou dos Su\u00e1rez de Deza. <\/p>\n<p>Cuarto cuartel, tres barras sa\u00edntes. Son armas dos Barreira, Barrera ou de la Barrera. <\/p>\n<p>Facemos esta diversificaci\u00f3n de apelidos e distinci\u00f3ns en cada un dos cuarteis, debido a que non sabemos os esmaltes do escudo, polo que a interpretaci\u00f3n xusta s\u00f3 pode levarse a cabo polos apelidos da familia do fidalgo ou pola s\u00faa \u00e1rbore xeneal\u00f3xica.<\/p>\n<p>Recordemos un pouco da historia do edificio, para poder chegar a interpretar algunha das peculiaridades do escudo. O edificio foi propiedade do matrimonio Rego Rodr\u00edguez e Agrelo Barrera de Cedofeita. Al\u00ed estivo a sede do Circulo de Recreo, constitu\u00eddo en 1851, e co\u00f1ecido sempre como o Casino. En 1911 compart\u00eda directiva com\u00fan coa Sociedad Filantr\u00f3pico -Dram\u00e1tica, en cuxo ano era Presidente da xunta D. Pedro Osorio L\u00f3pez. Ese mesmo ano de 1911 desaparece o Casino e o local pasa a ser oficina de Tel\u00e9grafos&#8230; en 1935 o reorganizado Circulo de Recreo ti\u00f1a como Presidente a D. Manuel de la Barrera Rodr\u00edguez&#8230; (Sociedade-Ribadense (1900-1936) Jos\u00e9 M\u00aa Lombardero Rico, 1999, pax.91-92).<\/p>\n<p>En 1917, escolleuse esta fermosa e ampla casa da R\u00faa Trinidad para facer un colexio para nenas, onde a\u00ednda naquel momento, estaban as oficinas de Tel\u00e9grafos e Tel\u00e9fonos, as cales traslad\u00e1ronse para outro edificio pr\u00f3ximo da Praza da Constituci\u00f3n ou Praza de Abaixo, e onde a central de Tel\u00e9fonos estivo ata a d\u00e9cada de 1970. <\/p>\n<p>\u00d3 edificio do colexio engad\u00eduselle a capela, en cuxa fronte se labrou outro dos tantos tipos do escudo de armas de Ribadeo que hai distribu\u00eddos por todo o pobo (foto 2). Este escudo de Ribadeo ten uns soportes que asemellan ondas dun mar encrespado que, al menos o noso parecer, forman belas molduras para ser talladas nunha m\u00e9topa de madeira.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgmE_QatXW-GSVhcay8ZRdFhMOFpbjkhUFRytiOPFSDC4c34I2zylK9X1m9hsHkwXyBj6E9pC5O-moRG6yslu3s_Lq-AICzytgrFHphXe59O6T1uVxaCwuQrkFUDStO4XqhpcdJkA\/s2048\/escudo+r+Trinidad+capela.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"206\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgmE_QatXW-GSVhcay8ZRdFhMOFpbjkhUFRytiOPFSDC4c34I2zylK9X1m9hsHkwXyBj6E9pC5O-moRG6yslu3s_Lq-AICzytgrFHphXe59O6T1uVxaCwuQrkFUDStO4XqhpcdJkA\/s2048\/escudo+r+Trinidad+capela.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>Por outra banda, podemos ler nas cr\u00f3nicas dos semanarios da \u00e9poca que a x\u00e9neses do Colexio das Monxas para nenas, foi iniciativa do cura p\u00e1rroco D. Ricardo M\u00aa Amor M\u00e9ndez al\u00f3 polo ano 1917, que tivo o apoio do Sr. Bispo da diocese, D. Juan Jos\u00e9 Sol\u00eds, que o patrocinou con medios econ\u00f3micos.<br \/>\nO Colexio foi dese\u00f1ado para impartir instruci\u00f3n elemental completa na educaci\u00f3n da muller: \u201cpara que saiban desempe\u00f1ar ben e concienciudamente a dif\u00edcil misi\u00f3n a que est\u00e1n chamadas a exercer na vida. Ademais abriranse clases de corte, debuxo, pintura, m\u00fasica, franc\u00e9s e mecanograf\u00eda, procurando as\u00ed, que o Colexio responda a t\u00f3dalas necesidades e a importancia do progresivo desenrolo desta vila&#8230; as alumnas admitiranse gratu\u00edtas e de pago, e estas ser\u00e1n internas, medio pensionistas ou externas; as primeiras s\u00f3 poder\u00e1n ser externas\u201d (Las Riberas del Eo, 23 de Xu\u00f1o de 1917). <\/p>\n<p>\u201cUn insigne fillo de Ribadeo abriu a lista de subscrici\u00f3n de donativos para as obras, con mil pesetas da \u00e9poca, e a caritativa dama D\u00aa Elisa Rodr\u00edguez Malvares, doou a horta da calle Iba\u00f1ez pr\u00f3xima o Colexio\u201d que servir\u00eda de patio de recreo (ibidem, 23 xu\u00f1o 1917) <\/p>\n<p>\u201cO Colexio foi inaugurado o d\u00eda 1 de Abril de 1918&#8230; pola ma\u00f1a houbo misa coa asistencia do Bispo D. Juan Jos\u00e9 Sol\u00eds, da Corporaci\u00f3n Municipal e Autoridades Civ\u00eds, Militares e Comisi\u00f3ns da vila&#8230; cantou o coro de se\u00f1oritas dirixidas pola profesora de piano do novo Colexio, Sor Adoraci\u00f3n L\u00f3pez Fern\u00e1ndez&#8230; As catro da tarde, celebrouse unha velada na que tomaron parte as se\u00f1oritas: Mar\u00eda Parga, Gloria Mart\u00ednez, Elvira Reinante, Mar\u00eda Mart\u00ednez, Carmen Fern\u00e1ndez, Mar\u00eda Rodr\u00edguez (2), Pilar Veiga, Justa Su\u00e1rez, Mar\u00eda G. Villamil, Bernarda Reimunde, Eudosia L\u00f3pez, Rosita Rodr\u00edguez, B\u00e9rtila P\u00e9rez, Elisa Gonz\u00e1lez, Mercedes G. Villamil, Leonor Reynante, Isabel L\u00f3pez, Concha G. Villamil e Jesusa Nistal, que foron aplaudid\u00edsimas moi xustamente, pois todas bordaron materialmente os seus papeis&#8230; despois pronunciou un corto discurso o P\u00e1rroco Sr. Amor e rematou o Sr. Bispo, eloxiando ao P\u00e1rroco e \u00e1 Visitadora Xeral das Fillas da Caridade&#8230; o Concello obsequiou o Sr. Sol\u00eds cunha serenata para darlle as\u00ed, proba do seu agradecemento pola s\u00faa protecci\u00f3n&#8230;\u201d (Ribadense, 4 de Abril de 1918).<\/p>\n<p>Polo que relatan estas cr\u00f3nicas period\u00edsticas da \u00e9poca da realizaci\u00f3n do colexio, non se di nin se desprende que dito matrimonio, Rego Rodr\u00edguez e Agrelo Barrera de Cedofeita, ou os seus descendentes continuaran sendo os donos do edificio que foi adquirido polo bispado. Sen embargo os presidentes, que mencionamos do C\u00edrculo de Recreo, si te\u00f1en apelidos das familias de dito escudo, e algunhas das nenas da citada velada de inauguraci\u00f3n tam\u00e9n te\u00f1en apelidos das li\u00f1axes do escudo \u00bfte\u00f1en algo que ver uns e outros? Seguramente, si.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Empezando a baixar a r\u00faa da Trinidad, no antigo Colexio das Monxas do Sagrado Coraz\u00f3n de Xes\u00fas das Fillas da Caridade, atopamos un moi elegante escudo de armas cuadrilongo e por abaixo lixeiramente en punta (foto 1). Corresponde a un cl\u00e1sico escudo espa\u00f1ol, timbrado cun casco de fidalgo antigo mirando a destra, en cuxa rella [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6020","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6020","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6020"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6020\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6020"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6020"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6020"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}