{"id":6012,"date":"2016-11-10T20:31:00","date_gmt":"2016-11-10T19:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:43:22","modified_gmt":"2024-11-12T12:43:22","slug":"pleno-antonte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/10\/pleno-antonte\/","title":{"rendered":"&#8216;Pleno, antonte&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>&#8216;Din que hai dous d\u00edas se celebrou un pleno&#8230;&#8217; Coido que \u00e9 unha boa forma de comezar: falando de o\u00eddas. Onte, a auga pasada de xeito forzado, fixen un <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/11\/pleno-hoxe.html\">comentario no blog sobre o pleno de 20161108<\/a> do que isto ven a ser unha segunda parte anunciada. Xa saiu a anunciada (por min) <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2248&amp;lg=gal\">nota de prensa do concello<\/a> (que reproduzo \u00f3 final)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhqX0tnlN-ro25-jIcOnXQtYQZTve6gCPTZjxXBns2Rb4fjnnQotRzcC5VEDtzvb5Oa64gPHccKFi96Kp99__bpjaoDe6hr7A8nXKqDO0vMjA5gEOaA3cCtl8iIeuCx3UBr0EiFGQ\/s2048\/botella.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhqX0tnlN-ro25-jIcOnXQtYQZTve6gCPTZjxXBns2Rb4fjnnQotRzcC5VEDtzvb5Oa64gPHccKFi96Kp99__bpjaoDe6hr7A8nXKqDO0vMjA5gEOaA3cCtl8iIeuCx3UBr0EiFGQ\/s2048\/botella.jpg\" width=\"258\" \/><\/a><\/p>\n<p>e, claro, tam\u00e9n sa\u00edron as novas correspondentes nos medios. Por certo, que a orientaci\u00f3n da nota de prensa variou algo en relaci\u00f3n \u00f3 &#8216;aviso&#8217; de pleno: No medio, os dous medios con edici\u00f3n comarcal trataban o tema do botell\u00f3n (os dous \u00f3 tempo, si) e hab\u00eda que ir coa maior\u00eda.&nbsp; Polo demais, coido que a nova \u00e9 que non hai nova: o resultado do pleno de onte estaba descontado antes de celebrarse, e non s\u00f3 pola maior\u00eda absoluta do BNG, como pode verse polo t\u00edtulo da nota de prensa: &#8216;aprobados por consenso&#8217;. O resalte dun s\u00f3 tema na nota de prensa ven explicado nela: al\u00e9n Ribadeo, unha morte. Caber\u00eda dicir, non se entra no que representa o botell\u00f3n, sen\u00f3n en evitar responsabilidades. e si, trat\u00e1ronse m\u00e1is cousas, mais iso, que non era dos puntos de convocatoria,-parece ser- iso \u00e9 o empregado como resume do pleno. Pois iso.<\/p>\n<p>Por certo, na nota de prensa corrixo unha cousa: a separaci\u00f3n de decimais, neste pa\u00eds (consid\u00e9rese Espa\u00f1a ou Galicia), visual\u00edzase cunha coma.<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>OS ASUNTOS DA ORDE DO D\u00cdA FORON APROBADOS CON CONSENSO<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Botell\u00f3n<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">09\/11\/2016<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>No pleno celebrado onte no Concello ribadense<br \/>\nfalouse do botell\u00f3n e da preocupaci\u00f3n existente na sociedade pola<br \/>\npresenza de menores que inxiren alcol. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, fixo<br \/>\nunha chamada ao sistema educativo e aos pais e nais dos rapaces para<br \/>\nevitar que estas situaci\u00f3ns se produzan e indicou que a Polic\u00eda Local<br \/>\ndenunciar\u00e1 a aqueles menores que atope nesta situaci\u00f3n diante da<br \/>\nautoridade competente.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O rexedor contou que &#8220;neste pleno ordinario que celebramos onte a<br \/>\nnoite sa\u00edron todos os puntos aprobados, eu creo que na maior\u00eda dos casos<br \/>\n con unanimidade. A verdade \u00e9 que practicamente todos eles ti\u00f1an un<br \/>\naspecto econ\u00f3mico ben para amortizar pr\u00e9stamos pendentes, ben para dar<br \/>\nconta dos per\u00edodos medios de pagamento aos provedores que estamos<br \/>\naproximadamente nun mes, en 31,91 d\u00edas exactamente, tam\u00e9n para amortizar<br \/>\n un dos pr\u00e9stamos que t\u00ed\u00f1amos vivos desde hai uns anos grazas ao<br \/>\nsuper\u00e1vit na liquidaci\u00f3n do ano pasado, do exercicio econ\u00f3mico anterior,<br \/>\n as\u00ed como tam\u00e9n aprobamos as obrigas pendentes de pago sobre todo coas<br \/>\nfacturas de Sogama, da entidade p\u00fablica que nos recolle o lixo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez<br \/>\n Barcia relatou que &#8220;aprobamos tam\u00e9n esas modificaci\u00f3ns para o IBI,<br \/>\nbonificaci\u00f3ns para familias numerosas e para aquelas persoas que te\u00f1an<br \/>\npropiedades no \u00e1mbito rural que estean vinculadas \u00e1 explotaci\u00f3n agr\u00edcola<br \/>\n gandeira, coa excepci\u00f3n da vivenda habitual. Tam\u00e9n modificamos a<br \/>\nordenanza de artesan\u00eda para adaptar o mercado de r\u00faa \u00e1s necesidades dos<br \/>\nseus vendedores&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde dixo: &#8220;pero tam\u00e9n nos plenos<br \/>\nordinarios existe o cap\u00edtulo de rogos e preguntas, onde se establece un<br \/>\ndebate de suxesti\u00f3ns ou preguntas ao goberno municipal por parte de<br \/>\ntodos os grupos da Corporaci\u00f3n, e a\u00ednda que hai alg\u00fans que son m\u00e1is<br \/>\ninteresantes que outros\u2026 non considero interesante pedir que para o<br \/>\nseguinte pleno se po\u00f1a a calefacci\u00f3n un pouco antes ou tampouco<br \/>\nconsidero digno de menci\u00f3n que se volve o ex\u00e9rcito a Ribadeo non se lle<br \/>\ncobre, pois se volve o ex\u00e9rcito ou quen queira se lle cobrar\u00e1 polos<br \/>\ngastos que ocasionen e non hai m\u00e1is que falar nese aspecto&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando<br \/>\n Su\u00e1rez indicou que &#8220;houbo outra serie de debates agradables sobre<br \/>\nsituaci\u00f3ns que todos compartimos en maior ou menor medida, a veces penso<br \/>\n que a oposici\u00f3n normalmente ten que facer o seu traballo, pero o<br \/>\ngoberno debe tam\u00e9n enfocar e contrastar a realidade tal e como \u00e9.<br \/>\nEstoume referindo ao asunto do botell\u00f3n, que est\u00e1 de actualidade nestes<br \/>\ntempos, non soamente en Ribadeo sen\u00f3n a nivel galego e de todo o estado<br \/>\nsobre todo porque unha rapaci\u00f1a, desgraciadamente, faleceu hai poucos<br \/>\nd\u00edas por mor dunha inxesta indebida de alcol. Con todo este debate de<br \/>\nfondo trasladei o que falo habitualmente coa Polic\u00eda Local no \u00e1mbito das<br \/>\n nosas competencias, nosoutros non temos as competencias nin da Polic\u00eda<br \/>\nAuton\u00f3mica nin da Garda Civil, n\u00f3s temos as competencias na Polic\u00eda<br \/>\nLocal e transm\u00edteme que ela est\u00e1 tam\u00e9n preocupada e que intenta nos<br \/>\nbotell\u00f3ns desde hai anos identificar a alg\u00fan responsable deses grupos<br \/>\nque se poidan ir establecendo por a\u00ed para pedirlles, non soamente que<br \/>\nnon consuman alcohol os menores de idade, sen\u00f3n para que deixen todo<br \/>\nrecollido e non ocasionen desperfectos. \u00c1 vista est\u00e1 que alg\u00fans fan caso<br \/>\n e outros non. Tam\u00e9n \u00e9 certo que coa lei de seguridade cidad\u00e1 vixente a<br \/>\nunha persoa porque sexa menor de idade non se lle pode denunciar porque<br \/>\nestea nun corro con outros rapaces ou rapazas se non est\u00e1 bebendo, e a<br \/>\nPolic\u00eda non ten o don de estar escondida en cada esquina detr\u00e1s dun<br \/>\ngrupo de nenos ou de rapaces&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense manifestou que<br \/>\n &#8220;a\u00ednda que a Polic\u00eda ten que facer o seu traballo e se desde logo colle<br \/>\n a alg\u00fan menor de idade nun espazo p\u00fablico bebendo, que saiba ese menor<br \/>\nde idade que vai ser denunciado, non diante dos pais, sen\u00f3n diante da<br \/>\nautoridade competente, a Subdelegaci\u00f3n do Goberno, a Fiscal\u00eda ou a quen<br \/>\nproceda. Pero m\u00e1is al\u00f3 disto que pode soar un pouco forte, tam\u00e9n onte<br \/>\nfalamos entre todos e compartimos entre todos con independencia dos<br \/>\ndiferentes grupos que somos, que estas tarefas tam\u00e9n corresponden moito \u00e1<br \/>\n sociedade, especialmente \u00e1s familias, \u00e9 dicir, se hai un neno ou unha<br \/>\nnena menor de idade a unha hora intempestiva pola r\u00faa tampouco vai ser<br \/>\nculpa da Polic\u00eda Local, ser\u00e1 culpa dos seus pais por mantelo a esa hora<br \/>\nnese lugar. Tr\u00e1tase dunha cuesti\u00f3n integral de todos, da escola, da<br \/>\neducaci\u00f3n, das familias, da Polic\u00eda Local na parte que lle toque e eu o<br \/>\nque quero expresar \u00e1 cidadan\u00eda \u00e9 que na Corporaci\u00f3n estamos de acordo en<br \/>\n que \u00e9 nun tema que nos preocupa, que temos no \u00e1mbito das nosas<br \/>\ncompetencias facer todo o que estea na nosa man e est\u00e1molo facendo e<br \/>\nredobrar\u00e9molo en todo o que faga falta, pero tampouco podemos tapar cun<br \/>\ndedo a l\u00faa&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor contou que &#8220;no pleno de onte p\u00faxenlles un<br \/>\nexemplo, hai poucas semanas a Polic\u00eda Local denunciou a uns rapaces por<br \/>\nestar mexando nunha parede do Concello. Esa denuncia tramitouse \u00e1<br \/>\nSubdelegaci\u00f3n do Goberno e devolveuna entendendo que iso non cabe na<br \/>\nlexislaci\u00f3n porque non \u00e9 un deslucimento continuado, \u00e9 dicir se houbera<br \/>\nunha pintada ou unha rotura dunha papeleira poder\u00eda ser, pero como unha<br \/>\nmexada non \u00e9 un deslucimento continuado pois non ten potestade<br \/>\nsancionadora segundo a lei actual. Moitas veces tam\u00e9n se resta de<br \/>\ncompetencias ou de facultades aos axentes que inicialmente denuncian,<br \/>\npero algunhas delas non poden ir para adiante. Polo tanto \u00e9 unha<br \/>\nsituaci\u00f3n moi complicada en espazos abertos, se fora nun local pechado a<br \/>\n lexislaci\u00f3n \u00e9 moito m\u00e1is restritiva para o dono dese establecemento,<br \/>\npero en \u00e1mbitos abertos se non se colle a algu\u00e9n in fraganti bebendo<br \/>\npois dificilmente se lle pode facer nada&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez apelou<br \/>\n &#8220;ao sistema educativo e aos pais e \u00e1s nais de maneira moi importante,<br \/>\nsobre todo pensando nos menores de idade<\/em>&#8220;.<\/p>\n<p>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8216;Din que hai dous d\u00edas se celebrou un pleno&#8230;&#8217; Coido que \u00e9 unha boa forma de comezar: falando de o\u00eddas. Onte, a auga pasada de xeito forzado, fixen un comentario no blog sobre o pleno de 20161108 do que isto ven a ser unha segunda parte anunciada. Xa saiu a anunciada (por min) nota de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-6012","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6012","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6012"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6012\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6012"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6012"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6012"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}