{"id":6011,"date":"2016-11-11T08:30:00","date_gmt":"2016-11-11T07:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:43:20","modified_gmt":"2024-11-12T12:43:20","slug":"sobre-un-titular-de-antonte-levarei","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/11\/sobre-un-titular-de-antonte-levarei\/","title":{"rendered":"Sobre un titular de hai varios d\u00edas: &#8216;Levarei a Fomento ante a xustiza se pasa algo na ponte&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>O titular, collido de A Mari\u00f1a de El progreso do domingo 20161106, contin\u00faa advertindo por boca do alcalde de que &#8216;o tama\u00f1o das beirar\u00faas \u00e9 ilegal&#8217; (uns 70 cm, un pouco m\u00e1is espaciosa a da parte norte que a que mira \u00f3 interior da r\u00eda), axustando m\u00e1is adentro na nova que os motivos do titular son tanto o tama\u00f1o das beirar\u00faas como a falta de iluminaci\u00f3n da ponte, que xa dura anos e non \u00e9 a primeira vez que sae a colaci\u00f3n, despois da gresca entre concellos copart\u00edcipes e Fomento polo pago da enerx\u00eda el\u00e9ctrica. Volve sa\u00edr como nova a posibilidade de que Fomento peche as beirar\u00faas porque di que non est\u00e1 permitido telas nas autov\u00edas.<\/p>\n<p>Coido que \u00e9 para pasmarse que Fomento, con todas as competencias transferidas, non se faga cargo da iluminaci\u00f3n da ponte ou que ameace con cerrar algo que di ilegal -as beirar\u00faas na ponte- cando foi o mesmo ministerio quen o fixo. Mais aqu\u00ed o que quero \u00e9 lembrar algunha cousa sobre a autov\u00eda e a alcald\u00eda en relaci\u00f3n coa ponte.<\/p>\n<p>Anos antes de que a ponte fora habilitado como autov\u00eda, xa ten habido alg\u00fan accidente dun pe\u00f3n que levou a urxencias a algunha persoa (estoume lembrando dun caso particular dun co\u00f1ecido da Veiga). Antes, durante e despois da actuaci\u00f3n para convertilo en tramo de autov\u00eda, neste blog pregunt\u00e1bame que pasar\u00eda coas bicicletas (ver &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2009\/02\/ponte-dos-santos.html\">A ponte dos Santos<\/a>&#8216; -comentarios-, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2010\/01\/de-bicis.html\">de bicis<\/a>&#8216;, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2010\/08\/beira-da-ponte-dos-santos-e-sua-sombra.html\">\u00c1 beira da Ponte dos Santos e \u00e1 s\u00faa sombra<\/a>&#8216;), e o Tes\u00f3n tentou que o concello se mobilizara para mellorar o discurrir das bicis pola ponte, ou para que o concello tomara diversas iniciativas sobre a circulaci\u00f3n (&#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/08\/nove-meses-sen-resposta.html\">nove meses sen resposta<\/a>&#8216;, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/09\/20110919-pleno-i.html\">20110919 pleno<\/a>&#8216;, &#8230; ). E, xa coa nova disposici\u00f3n da ponte-autov\u00eda, o alcalde ten participado nunha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2012\/11\/domingo-de-concentracions.html\">manifestaci\u00f3n de ciclistas<\/a> convocada polo <a href=\"http:\/\/clubciclistaeo.blogspot.com.es\/\">Club Ciclista Eo<\/a> na mesma ponte a ra\u00edz dun accidente dun ciclista (ver &#8216;bicis reivindicativas en el Puente de los Santos&#8217;, na Voz de 19 de nov. de 2012), para reclamar melloras ou alternativas (&#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/02\/as-bicicletas-non-son-para-cruzar-ria.html\">as bicicletas non te\u00f1es \u00e1s<\/a>&#8216;). E&#8230;<\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/01\/contribucions-para-unha-historia-da.html\">histoira da ponte dos Santos<\/a> xa vai sendo longa. E a actuaci\u00f3n do concello en relaci\u00f3n ael non \u00e9 lineal. Agora fala de levar a Fomento ante a xustiza nun momento no que nunha v\u00eda cedida por Fomento a Ribadeo, fronte \u00f3 Vilar, xa se te\u00f1en sucedido varios accidentes a pesar da alerta veci\u00f1al e despois de pasar a oportunidade da protesta ciclista e levar tempo xa sen luz&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O titular, collido de A Mari\u00f1a de El progreso do domingo 20161106, contin\u00faa advertindo por boca do alcalde de que &#8216;o tama\u00f1o das beirar\u00faas \u00e9 ilegal&#8217; (uns 70 cm, un pouco m\u00e1is espaciosa a da parte norte que a que mira \u00f3 interior da r\u00eda), axustando m\u00e1is adentro na nova que os motivos do titular [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,9],"class_list":["post-6011","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6011","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6011"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6011\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6011"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6011"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6011"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}