{"id":6007,"date":"2016-11-14T21:19:00","date_gmt":"2016-11-14T20:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:43:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:43:13","slug":"casa-brasonada-das-catro-calles","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/14\/casa-brasonada-das-catro-calles\/","title":{"rendered":"CASA BRASONADA DAS CATRO-CALLES. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjD0YiGXSx_dOqoQrvyHnVBhyphenhyphenNpdWs5OQnpZ44fGgOQB8UatxheplgMRrJSu5_K18-nsexyQedRZ2wJIOUiFN0pw34yYtAL1GPDpLa1iNwv6Lea2qnzwBkhYZYchqzE2fMP-NI49Q\/s2048\/escudo+casa+brasonada+catro+calles.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjD0YiGXSx_dOqoQrvyHnVBhyphenhyphenNpdWs5OQnpZ44fGgOQB8UatxheplgMRrJSu5_K18-nsexyQedRZ2wJIOUiFN0pw34yYtAL1GPDpLa1iNwv6Lea2qnzwBkhYZYchqzE2fMP-NI49Q\/s2048\/escudo+casa+brasonada+catro+calles.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>No centro das Catro-Calles (nome popular co que se co\u00f1ece en Ribadeo o cruce das r\u00faas Reinante, Viejo Pancho, Vilafranca do Bierzo e Rodr\u00edguez Murias) atopamos unha casa brasonada que fai esquina coa r\u00faa Viejo Pancho e Vilafranca do Bierzo. Na s\u00faa fachada, entre os dous balc\u00f3ns do segundo andar, podemos ver un escudo espa\u00f1ol de impecable factura e conservaci\u00f3n, gravado nunha pedra marm\u00f3rea que destaca polo seu aspecto de cor branco marfile\u00f1o. Est\u00e1 timbrado cunha celada bru\u00f1ida colocada de perfil mirando a destra, en cuxa visera baixada non se distingue ben de cantas grilletas consta, que en n\u00famero de sete, usaban os Condes e os Bar\u00f3ns, e en n\u00famero de cinco os Se\u00f1ores e os Fidalgos.<\/p>\n<p>A parte inferior do casco ad\u00f3rnase cunha elegante gola de chapa con raias que simulan as varias pezas solapadas que a forman, e que serv\u00edan para cubrir e protexer o pescozo e clav\u00edculas do cabaleiro. Na parte sinistra, m\u00e1is que verse, int\u00faese un pequeno burulete, ou tocado de seda de varias voltas torcidas, suxeito \u00f3 casco, onde leva cosido un profuso penacho de plumas que lle serve de adorno.<\/p>\n<p>O escudo ad\u00f3rnase sobre un prego de pergami\u00f1o cortado a tramos sim\u00e9tricos que se enrolan, e cuxos rolos lle serven de soportes e sost\u00e9n. Este pergami\u00f1o emula, nalg\u00fans casos, as pezas de tela chamadas lambrequines, que o cabaleiro usaba sobre o casco para evitar que o ardor do sol quentara o aceiro, e como se sole dicir, lle \u201casara a cabeza\u201d ou lle fixera \u201cferver os miolos\u201d mentres estaba parado e aprestado para o combate. Outras veces en vez de lambrequines, usaba unha veleta ou volante, ou un mantelete que suxeito a celada, cubr\u00edao por enteiro inclu\u00eddas as costas. Cantos m\u00e1is cortes tiveran os lambrequines, m\u00e1is honra lle fac\u00edan o cabaleiro pois eran sinal de bravura, xa que quer\u00eda dicir que estivera metido no m\u00e1is dif\u00edcil da batalla e recibira moitos golpes de espada e de brosa. Estes s\u00edmbolos de honor sufriron t\u00f3dolos caprichos das modas, variando as formas segundo lles parec\u00eda os artistas que os debuxaron e gravaron.<\/p>\n<p>O campo do escudo est\u00e1 cuartelado en cruz ou en catro cuarteis. No primeiro cuartel: unha torre donjonada (con outra torre encima), sobre ondas de auga. Parecen armas dos Villamil, similares as do cuarto cuartel do escudo da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\">Casa dos Cuatro Hermanos<\/a>, antigo Comercio de Maseda e as do cuarto cuartel do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\">escudo do Pat\u00edn<\/a>, pero falta un elemento: a pequena torre ou igrexa adestrada a torre donjonada, polo que tam\u00e9n puidera interpretarse como un castelo sobre ondas, armas dos Castrill\u00f3n de Casielles de Luarca (un castelo de prata sobre ondas de azur e prata), ou das armas dos Couto (en campo de gules un castelo de prata sobre ondas de azur e prata) (dato facilitado por A. Taboada Roca a D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Historia de Galicia Vol.XIX) ou dos Su\u00e1rez ou dos Su\u00e1rez de Deza procedentes da comarca da Galiza do Deza e Trasdeza, cuxos apelidos son familiares en Ribadeo.<\/p>\n<p>No segundo cuartel, tres faixas horizontais sobre ondas de auga. Son armas que semellan as do cuarto cuartel do escudo da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2016\/05\/casa-brasonada-da-rua-bispo-veres.html\">Casa de Vior da r\u00faa Bispo Veres<\/a>. En campo de ouro tres faixas de azur, das armas dos Mess\u00eda, que como xa dixemos naquel escudo, posiblemente sexa unha rama familiar dos Messia de la Cerda establecidos en Ferrol, mari\u00f1os de alto rango da Armada en li\u00f1axe cos Marqueses de Acapulco. Pero as ondas do mar, colocadas nesta posici\u00f3n, baixo as faixas, poden representar al li\u00f1axes dun matrimonio entre un Mess\u00eda de la Cerda e unha Magari\u00f1os, posiblemente da comarca de Ferrol, ou dun Mess\u00eda ou dun Ribera ou Rivera, cuxas armas tam\u00e9n son tres faixas, cunha Mari\u00f1o ou Mari\u00f1a, ou cunha P\u00e1ez, apelidos de familias establecidas de moi antigo no Concello de Ribadeo.<br \/>\nNo terceiro cuartel, un crecente montante (coas puntas da l\u00faa cara o xefe ou cara arriba) entre tres e tres estrelas de seis puntas. Parecen armas dos Luaces, pero o crecente dos Luaces \u00e9 ranversado (as puntas da l\u00faa miran cara abaixo) como podemos ver no cuarto cuartel do escudo sinistro da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco.html\">Casa dos Miranda<\/a>. Neste caso, puideran ser armas dos Valledor emparentados cos Sotelo e cos Gonz\u00e1lez de Carvajal de Viveiro, onde existe un escudo con estas mesmas armas na Casa de D. Tom\u00e1s Galdo na Praza Maior de Viveiro, cunha estrela menos en punta ou abaixo.<\/p>\n<p>No cuarto cuartel, unha \u00e1rbore e dous animais empinados no tronco, poden ser armas dos Gomez Acevedo, dos Gonz\u00e1lez Acevedo ou dos Pardo Acevedo.<br \/>\nNo seu conxunto parece ser o escudo familiar dun descendente de P\u00e1ez Su\u00e1rez de Acevedo, na cal seu tataraneto D. Diego Gonz\u00e1lez de Acevedo loitou o lado do rei D. Xan II de Castela, que mira por onde, foi o rei que lle deu o t\u00edtulo de Conde de Ribadeo a D. Rodrigo de Villandrando por privilexio de 22 de Abril de 1435. \u00bfCoincidir\u00edan batallando codo con codo este fidalgo e Villandrando?. Por outra banda este cabaleiro, cuxo li\u00f1axe procede de Arnaldo de Bay\u00e1n, gasc\u00f3n, que fundou casa en Galicia no s\u00e9culo X, no lugar de Acevedo en Vilar de Frades en Orense, parece ser descendente na li\u00f1a dos Condes de Monterrey, pois a casa troncal est\u00e1 emparentada coa casa de D. Sancho S\u00e1nchez de Ulloa, se\u00f1or de Vilamaior de Ulloa, a uns 20 km de Lugo, a quen por privilexio de 10 de Maio de 1476, os reis Cat\u00f3licos o fixeron I Conde de Monterrey.<\/p>\n<p>A casa onde se atopa o escudo pertenceu a D\u00aa. Elisa Rodr\u00edguez Malvares, benfeitora na construci\u00f3n do Colexio vello das Monxas da Caridade, como rese\u00f1amos nun artigo anterior cando nos referimos o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2016\/11\/casa-brasonada-da-rua-trinidad.html\">Escudo de armas da R\u00faa Trinidad<\/a>. Non sabemos si D\u00aa Elisa era descendente deste cabaleiro a quen pertence o escudo.<\/p>\n<p>\u00c9 evidente que a afici\u00f3n de descifrar os enigmas hist\u00f3ricos escondidos durante s\u00e9culos na her\u00e1ldica non deixa de ser, neste caso, un traballo interpretativo de aproximaci\u00f3n, pois tendo en conta que interpretar un cuartel sen a documentaci\u00f3n xeneal\u00f3xica do fidalgo ao que pertenc\u00eda o escudo, \u00e9 soamente un intento de expo\u00f1er, co maior rigor que nos \u00e9 posible, outra das riquezas patrimoniais do noso pobo, pero, as veces, as pezas ou mobles dos cabaleiros non est\u00e1n completos, ou carecen de tal ou cal elemento debido a que o escultor non ti\u00f1a o esquema ou o debuxo das Armas, supervisado por un Rei de Armas, correspondentes a ese preciso cabaleiro. Por outro lado est\u00e1 o car\u00e1cter art\u00edstico \u201ccaprichoso\u201d co que se gravou, e outro elemento esencial son os esmaltes ou cores e metais cos que se pintan e esculpen os escudos, elemento que falta en t\u00f3dolos escudos exteriores expostos ata o de agora. Pero, incluso as\u00ed, non deixo de sentir esa compartida e profunda satisfacci\u00f3n de ver como \u201cfalan as pedras\u201d dos seus antigos donos&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No centro das Catro-Calles (nome popular co que se co\u00f1ece en Ribadeo o cruce das r\u00faas Reinante, Viejo Pancho, Vilafranca do Bierzo e Rodr\u00edguez Murias) atopamos unha casa brasonada que fai esquina coa r\u00faa Viejo Pancho e Vilafranca do Bierzo. Na s\u00faa fachada, entre os dous balc\u00f3ns do segundo andar, podemos ver un escudo espa\u00f1ol [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6007","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6007","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6007"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6007\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6007"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6007"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6007"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}