{"id":5999,"date":"2016-11-28T07:55:00","date_gmt":"2016-11-28T06:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:54","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:54","slug":"nota-de-prensa-do-colectivo-por-nuestro-4","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/28\/nota-de-prensa-do-colectivo-por-nuestro-4\/","title":{"rendered":"NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d"},"content":{"rendered":"<p>Onte o colectivo &#8216;Por Nuestro Faro&#8217; emitiu unha nota de prensa, a ra\u00edz das novas que apareceron nos xornais a fin de semana (s\u00e1bado). \u00c1 s\u00faa vez, ditas novas ti\u00f1an orixe na nota de prensa do concello de venres \u00e1 tarde na que se daba cota dunha carta enviada polo concello \u00e1 Autoridade Portuaria de Ferro-S. Cibrao, moi posiblemente impulsada pola insistencia de &#8216;por Nuestro Faro&#8217; de que o contrato sobre a illa estipula que se hai hotel, s\u00f3 quen sexa cliente el ter\u00e1 acceso \u00e1 illa, implicando unha discriminaci\u00f3n e unha privatizaci\u00f3n encoberta. As\u00ed pois, para amosar toda a secuencia, deixo a continuaci\u00f3n a nota de por nuestro faro, a nota do concello e a carta do concello \u00e1 Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao. A historia anterior, en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Illa%20Pancha\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Illa Pancha<\/a><\/p>\n<p>1.- <\/p>\n<p><em>NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d <\/em><\/p>\n<p><em>A \u00faltima declaraci\u00f3n do Sr. Alcalde sobre a Illa Pancha non aporta nada novo  ao que xa sabemos dende hai ano e medio. O seu apoio decidido a un  hotel de duas suites  quedou perfectamente reflectido nas  declaraci\u00f3n que fixo a un diario madrile\u00f1o o d\u00eda 22 de Abril de 2015. Caseque un ano antes de que a empresa concesionaria presentase o  proxecto definitivo e sen neng\u00fan tipo de informe t\u00e9cnico nen econ\u00f3mico o Sr Alcalde xa ti\u00f1a tomada a decisi\u00f3n  de apoiar este proxecto porque tal como declarou era \u201cun premio para Ribadeo\u201d. Deix\u00e9monos de lerias, foi unha decisi\u00f3n pol\u00edtica, como o foi a de rexeitar o galp\u00f3n no porto de Figueir\u00faa e mesmo levalo a pleno sen ter neng\u00fan proxecto nen  informe t\u00e9cnico. Como ben se sab\u00eda que haber\u00eda espertar unha forte rexeita social mant\u00edvose en segredo. Despois veu a tramitaci\u00f3n das licencias, primeiro de un proxecto, despois de dous, sen explicaci\u00f3n alguna polo concello nen pola Autoridade Portuaria.  Sen informe de afecci\u00f3n \u00e1 Rede Natura 2000, sen informe econ\u00f3mico nen criterios de sostibilidade  que exixen a lei de Portos, a de Costas e a Reserva da Biosfera. Despois de que a propia Direcci\u00f3n Xeral de Medio Ambiente reco\u00f1ecese \u2013negro sobre branco- que non  recibiu o expediente, e polo tanto que so pod\u00eda informar sobre a obra interior do faro, cousa polo demais allea a suas competencias. Este \u00e9 o cenario cando nos avisan de que  non se dar\u00eda a licencia de apertura en funci\u00f3n dos informes t\u00e9cnicos senon da decisi\u00f3n persoal do se\u00f1or alcalde, ou sexa o contrario de que se ven declarando dende hai moitos meses. En realidade o que se est\u00e1 buscando son disculpas para resolver favorablemente o recurso presentado pola empresa concesionaria por aprobarle a cafeter\u00eda e darlle argumentos para un eventual contencioso.<\/em><\/p>\n<p><em>Polo demais abonda un exemplo que t\u00f3dolos d\u00edas escoitamos comentar nas ruas \u00bfPor qu\u00e9 os prantexamento que se propo\u00f1en para as catedrais non valen para a Illa Pancha?.   Se a cafeter\u00eda das Catedrais debe estar mais afastada da costa \u00bfporqu\u00e9 se tolera e se apoia un hotel no medio da Illa Pancha?.  En proporci\u00f3n o coherente ser\u00eda po\u00f1er un hotel de sete plantas nas Catedrais. Se propo\u00f1emos un aparcamento a varios centos   de metros das catedrais  \u00bfporque defendemos un  aparcamento  no medio e medio da Illa Pancha?. Falemos claro \u00bfhai un criterio ambental distinto en casa caso ou hai intereses pol\u00edticos e personais inconfesabeis?. <\/em><\/p>\n<p><em>Ribadeo, 27 de Novembro de 2016<\/em><\/p>\n<p>2.-<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg2Lkz1BfYFaueRnVTW3gM6Z_VZAy9ZbPyKbdDmnmHhBFuEWvZX9StyG0PuGrOX1fBFqB40S70GNwmOj_GpiqyPf12gnP8hSqZB5nnIglgZDS5ILbZ7Cbu-7ZPiHYzFNs4F41FMOA\/s2048\/1480089877200515_Foto_Illa_Pancha.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg2Lkz1BfYFaueRnVTW3gM6Z_VZAy9ZbPyKbdDmnmHhBFuEWvZX9StyG0PuGrOX1fBFqB40S70GNwmOj_GpiqyPf12gnP8hSqZB5nnIglgZDS5ILbZ7Cbu-7ZPiHYzFNs4F41FMOA\/s2048\/1480089877200515_Foto_Illa_Pancha.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2263&amp;lg=gal\">BARCIA DI QUE &#8220;ISTO NON \u00c9 GRECIA, ONDE SE PRIVATIZAN AS ILLAS&#8221;<\/a>&#8211;<\/em><\/p>\n<p><em>Acceso \u00e1 Illa Pancha-<\/em><\/p>\n<p><em>25\/11\/2016-<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, ven de dirixirlle unha carta \u00e1 Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao na que lle solicita que se mante\u00f1a o acceso p\u00fablico \u00e1 Illa Pancha. No escrito sin\u00e1lase que o Concello esixir\u00e1, \u00e1 hora de tramitar a licenza de actividade ao hotel que albergar\u00e1 o vello faro, que por parte do titular se mante\u00f1a o devandito acceso a ese espazo.-<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;este documento que acabamos de enviar \u00e1 Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, como titular da Illa Pancha e de todo o que al\u00ed cont\u00e9n, ten que ver con estas obras que contan coa s\u00faa preceptiva licenza para a construci\u00f3n dun hotel, e que no seu momento deberase garantir o acceso p\u00fablico a toda a Illa para que o Concello poida dar a licenza de actividade&#8221;.-<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia sinalou que &#8220;hai que ter en conta que a Autoridade Portuaria s\u00f3 concesionou unha parte da Illa, non toda. E si ben \u00e9 certo que nestes \u00faltimos decenios a Illa estivo pechada ao uso p\u00fablico xeral por tratarse dun uso de interese xeral como era un faro, e pod\u00eda ser comprensible esa actitude, agora non se entender\u00eda, agora que se privatiza a trav\u00e9s dunha concesi\u00f3n que soamente quede restrinxida para uns poucos afortunados&#8221;. O rexedor lembra que &#8220;a lei de Costas e toda a normativa que dela deriva \u00e9 moi clara ao respecto. Toda a Illa ten a catalogaci\u00f3n xur\u00eddica de dominio p\u00fablico mar\u00edtimo terrestre polo que corresponde unha utilizaci\u00f3n libre, p\u00fablica e gratu\u00edta para os usos com\u00fans, tales como pasear, estar, etc\u2026 tanto para os que sexan clientes ou para os que non o sexan&#8221;.-<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense dixo que &#8220;isto non \u00e9 Grecia, onde se privatizan as illas. Polo tanto, e a\u00ednda que cumpre con todas as autorizaci\u00f3ns a conversi\u00f3n dese edificio en hotel, desde logo deber\u00e1n ter o acceso aberto para todo o p\u00fablico por parte do Concello, sen\u00f3n o Concello non poder\u00e1 dar a licenza de actividade necesaria para poder operar&#8221;<\/em><\/p>\n<p>3.-<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEilklFBH0y8waMBxGvG1N40bF2n-Jq_pvM4-EN5sWP4V3tg5SHcEcyJeaDiSoOjAjBCrKYh5conX0_ekfvJxREMv1H45lXBZhSu2HOHEhxorGk0NSt93_ngkLfgTGp3dvcWEkm4Hw\/s2048\/20161125+concello%253EAutoridade_Portuaria.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEilklFBH0y8waMBxGvG1N40bF2n-Jq_pvM4-EN5sWP4V3tg5SHcEcyJeaDiSoOjAjBCrKYh5conX0_ekfvJxREMv1H45lXBZhSu2HOHEhxorGk0NSt93_ngkLfgTGp3dvcWEkm4Hw\/s2048\/20161125+concello%253EAutoridade_Portuaria.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhLnW2aNu8mIT1iUNA-Bn6y4cC13tBtZ2G8tORmMJuEIrZM-AATnsxwafSDANtieJ-IHR96BOsfsRINdeL9gw_3KhqWQoGev9sdrgs085PHZAI8Tpw2Br-OxcV-5s1ERxRILkrlCQ\/s2048\/20161125+concello%253EAutoridade_Portuaria+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhLnW2aNu8mIT1iUNA-Bn6y4cC13tBtZ2G8tORmMJuEIrZM-AATnsxwafSDANtieJ-IHR96BOsfsRINdeL9gw_3KhqWQoGev9sdrgs085PHZAI8Tpw2Br-OxcV-5s1ERxRILkrlCQ\/s2048\/20161125+concello%253EAutoridade_Portuaria+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Coido que agora, quen poda xulgar, ter\u00e1 alg\u00fan dato m\u00e1is que as notas aparecidas nos xornais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte o colectivo &#8216;Por Nuestro Faro&#8217; emitiu unha nota de prensa, a ra\u00edz das novas que apareceron nos xornais a fin de semana (s\u00e1bado). \u00c1 s\u00faa vez, ditas novas ti\u00f1an orixe na nota de prensa do concello de venres \u00e1 tarde na que se daba cota dunha carta enviada polo concello \u00e1 Autoridade Portuaria de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5999","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5999","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5999"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5999\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5999"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5999"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5999"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}