{"id":5998,"date":"2016-11-29T07:28:00","date_gmt":"2016-11-29T06:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:52","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:52","slug":"escudos-de-armas-da-casa-dos-miranda","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/29\/escudos-de-armas-da-casa-dos-miranda\/","title":{"rendered":"ESCUDOS DE ARMAS DA CASA DOS MIRANDA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhK_jGqyJCOQeuu_I7jZzf2cDe75riBc8ZOecBJlso3rwpbN3VAXEHgwXL1Df6VGYPHvTt8Isl-JT4voZIDc9YXn5PC_1YsrDR841yHhfYHrktjri0Gom-YKYmt0RJBZhOlWjo_Ew\/s2048\/Escudo+casa+dos+Miranda%252C+Ribadeo+-1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhK_jGqyJCOQeuu_I7jZzf2cDe75riBc8ZOecBJlso3rwpbN3VAXEHgwXL1Df6VGYPHvTt8Isl-JT4voZIDc9YXn5PC_1YsrDR841yHhfYHrktjri0Gom-YKYmt0RJBZhOlWjo_Ew\/s2048\/Escudo+casa+dos+Miranda%252C+Ribadeo+-1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Baixando a Porcill\u00e1n pola r\u00faa Amando P\u00e9rez, case en fronte da Fonte dos Catro Ca\u00f1os, est\u00e1 a se\u00f1orial e discreta Casa dos Miranda. \u00d3 lado Sur, linda cun calex\u00f3n que ven desde a R\u00faa Trinidad e que separa a casa e horta das casas adxacentes, e cuxo nome, Traves\u00eda da Paz, recorda a R\u00faa da Paz, antiga denominaci\u00f3n da R\u00faa Amando P\u00e9rez. A casa consta de baixo e dous andares, con tres e tres balc\u00f3ns beirados ou sa\u00edntes, con varanda de fundici\u00f3n enrellada e, nos baixos, tres s\u00f3lidos portal\u00f3ns de madeira con molduras, cuxa porta central de dobre folla, montantes vidrados e cancela de forxa, \u00e9 a da entrada da casa. A s\u00faa fachada est\u00e1 toda constru\u00edda de canter\u00eda, e entremedias do balc\u00f3n central do primeiro andar, na parte alta, at\u00f3panse estes dous escudos de armas que resaltan do paramento labrados en pedra de m\u00e1rmore branco e en moi bo estado de conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhPuPl8WFa7LDWAMB9oWoGsR_vrL_HKOVimxQbjG7IX2Pz_wY4EFirqq0fJI6eUIlhMfwKjfaBa723YNr-m-4CTnxgaOJ6K-4U6POZP5vCOIie_pv6etrBVnvkkvn2O93EOnjC3-g\/s2048\/Escudo+casa+dos+Miranda%252C+Ribadeo+-2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhPuPl8WFa7LDWAMB9oWoGsR_vrL_HKOVimxQbjG7IX2Pz_wY4EFirqq0fJI6eUIlhMfwKjfaBa723YNr-m-4CTnxgaOJ6K-4U6POZP5vCOIie_pv6etrBVnvkkvn2O93EOnjC3-g\/s2048\/Escudo+casa+dos+Miranda%252C+Ribadeo+-2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>En her\u00e1ldica a s\u00faa forma tr\u00e1tase como: escudos \u201cespa\u00f1ois carlistas\u201d ou escudos de \u201cforma de casulla\u201d (El Dise\u00f1o Her\u00e1ldico, Lu\u00eds F. Messia de la Cerda y Pita 1990, p\u00e1x.29). O apelativo \u201ccarlista\u201d ref\u00edrese a Carlos I de Espa\u00f1a e V de Alema\u00f1a (1500-1558). Carecen de adorno exterior, a excepci\u00f3n dun trifolio no timbre do primeiro e do segundo, as\u00ed como, neste segundo, outras d\u00faas pequenas flores entre medias das volutas altas, e \u00e1mbolos dous, te\u00f1en un pequeno adorno no sost\u00e9n (na punta da parte baixa). A forma exterior e similar nos dous, pero difer\u00e9ncianse en que mentres o flanco dereito, segundo se mira cara a eles, \u00e9 case igual, no flanco esquerdo as volutas envolven cara a dentro e quedan por fora, e no escudo sinistro envolven cara a dentro, pero m\u00e9tense no campo do escudo.<br \/>\nO escudo esquerdo (foto 1) est\u00e1 cuartelado en catro:<\/p>\n<p>No primeiro cuartel, na parte central, aparecen d\u00faas chaves encostadas (d\u00e1ndose as costas) en pau (verticais) cos palet\u00f3s arriba e aneis cadrados baixos entretidos (enlazados). Est\u00e1n acompa\u00f1adas de tres flores de lis mal ordenadas: unha central en xefe (parte alta) e d\u00faas en punta (parte baixa), e de seis rosas colocadas tres e tres en cada flanco das chaves. Si tiveran esmaltes, as chaves e as lises ser\u00edan de azur (cor azul) en campo de prata, e as rosas de gules (cor vermella). Son armas dos Quir\u00f3s de probada nobreza, entre outras, nas Ordes de Santiago, Alc\u00e1ntara e Calatrava. D. Bernaldo de Quir\u00f3s de las Alas y Carre\u00f1o alguacil maior de Oviedo e alf\u00e9rez maior de Avil\u00e9s, foi Marqu\u00e9s de Camposagrado, t\u00edtulo nobiliario que lle concedeu o rei Felipe IV o 23-Maio-1661.<br \/>\nNo segundo cuartel, dous lobos pasantes, son armas dos Osorio. En campo de ouro dous lobos desollados en pau (un sobre o outro). O lobo \u00e9 figura do guerreiro que non da cuartel o inimigo. Unha cabeza de lobo, era insignia militar que os romanos levaban no alto dunha pica. D. Pedro Osorio, fillo do Conde de Trast\u00e1mara, xunto con D. Alonso de Lanz\u00f3s e D. Diego de Lemos en 1465, foron os que acaudillaron a Revolta dos Irmandi\u00f1os. D. Pedro Osorio pereceu nunha prisi\u00f3n dos Andrade e D. Alonso de Lanz\u00f3s pasou o resto da s\u00faa vida na c\u00e1rcere. Foron os tempos en que os nobres galegos ser\u00e1n sometidos e obrigados os intereses castel\u00e1ns, tempos da \u201cdoma e castraci\u00f3n do Reino de Galicia\u201d. Galicia conservar\u00e1 desde aquela a nomenclatura de Reino, m\u00e1is ser\u00e1 s\u00f3 testemu\u00f1al, pois perde a capacidade de decisi\u00f3n e o seu idioma deixa de empregarse nos c\u00edrculos oficiais e na escritura; pero o pobo galego manterao vivo durante 300 anos nas lareiras, no agro, no mar, nos contos, nas lendas, nas coplas&#8230; (Historia de Galicia, David P\u00e9rez L\u00f3pez, p\u00e1x-155)<\/p>\n<p>No terceiro cuartel unha banda engolada (tragada ou metida na gorxa) de dous dragantes linguados (de dous drag\u00f3ns con lingua vista). Parecen armas do Marqu\u00e9s de Santa Cruz, t\u00edtulo que Felipe II lle concedeu o 11 de Outubro de 1569 a D. \u00c1lvaro de Baz\u00e1n e Guzm\u00e1n, Capit\u00e1n Xeneral con Grandeza de Espa\u00f1a. Neste caso, parece ser un cuartel similar o escudo inversado (sim\u00e9trico respecto dun eixe vertical) do escudo esquerdo do altar maior da igrexa parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, o cal pertence a familia dos Navia (Osorio), segundo reza na l\u00e1pida adxacente, e cuxo patronazgo xa exerc\u00edan nos tempos en que era Convento de San Francisco e non a colexiata actual de Sta.Mar\u00eda do Campo. Este marquesado, ref\u00edrese m\u00e1is ben \u00f3 Marqu\u00e9s de Sta. Cruz de Marcenado, t\u00edtulo nobiliario que concedeu o rei Carlos II en 1679 a D. Sebasti\u00e1n Vigil de Qui\u00f1ones y la R\u00faa do Coto de Marcenado e cabaleiro da Orden de Calatrava. D. \u00c1lvaro Jos\u00e9 de Navia Osorio y Vigil de la R\u00faa, nace en Puerto Vega en 1684 e foi o III Marqu\u00e9s de Sta. Cruz se\u00f1or da Casa de Celles, vizconde de Puerto Vega. D. Joaqu\u00edn Navia-Osorio e Miranda, nace en Castropol en 1749, e foi o VII Marqu\u00e9s de Sta. Cruz de Marcenado.<\/p>\n<p>Cando se identifican datas dos maiorazgos na igrexa parroquial de Ribadeo, hai que ter en conta que esta \u00e9 tal a partir de 1835, pero o convento de San Francisco fundouse no ano 1214, de cuxo arte g\u00f3tico de primeiros do s\u00e9culo XIII, cons\u00e9rvase na \u00e1bsida do altar maior o gran arco oxival enviaxado (que ten os apoios un pouco oblicuos respecto da vertical), as arquivoltas da porta principal, a fiestra de trazar\u00eda da fachada con dous parteluz, bateaugas oxivais (molduras que protexen os arcos do p\u00f3rtico e da fiestra, da auga de choiva que escorre pola parede), entre outros elementos das b\u00f3vedas de cruzar\u00eda e do coro.<br \/>\nNa parte alta do actual retablo do altar maior, a ambos lados dunha imaxe central de Cristo Crucificado, at\u00f3panse estas mesmas armas dos Navia \u2013 Osorio en dous escudos con esmaltes: unha banda engolada de gules (cor vermella) sobre campo de sinople (cor verde) e \u00e1mbolos dous timbrados cunha coroa de marqu\u00e9s e cun adorno exterior, facendo un artesoado de molduras, en alto relevo, de estilo barroco do s\u00e9culo XVII ou XVIII.<\/p>\n<p>No cuarto cuartel, unha aguia mirando a destra. Son armas dos Aguiar. En campo de azur unha aguia de prata co vo ca\u00eddo ou de \u00e1s baixadas e membrada de sable (coas patas de cor negro), bras\u00f3n moi antigo, pois \u00e9 outra das insignias militares das lexi\u00f3ns romanas.<\/p>\n<p>O escudo dereito (foto 2) \u00e9 de aspecto moi similar o primeiro. O primeiro cuartel est\u00e1 semicortado e partido. Na parte alta da partici\u00f3n esquerda vese unha \u00e1rbore con d\u00faas cabras empinadas com\u00e9ndolle nas follas. Son armas dos Sotelo: en campo de prata, unha \u00e1rbore de sinople (cor verde) e d\u00faas cabras de sable (cor negro) empinadas no tronco. Na parte baixa, un castelo. Parecen armas dos Su\u00e1rez de Albergar\u00eda ou dos Su\u00e1rez de Deza. Na partici\u00f3n dereita, d\u00faas bandas con d\u00faas lises cada unha, semellan armas dos Ladr\u00f3n de Guevara, ou dos Quesada, pero m\u00e1is posible sexan dos Queipo de Llano. Este cuartel \u00e9 a labra de consanguinidade dos membros dunha familia, que a s\u00faa vez emparenta cos Miranda.<\/p>\n<p>No segundo cuartel, as cinco doncelas de Miranda. En campo de gules (cor vermella) cinco bustos de doncela cos cabelos espallados de ouro, cargados no peito cunha venera de ouro. Alude \u00f3 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/01\/escrito-de-pancho-campos-historia-da.html\">Tributo das Cen Doncelas<\/a>, armas que ga\u00f1ou Don Alvaro Fern\u00e1ndez Miranda, parece que acompa\u00f1ado dun cabaleiro dos Ponce de Le\u00f3n, uns din que polo ano 785 ou 791, e outros en tempos de Afonso II \u201cO Casto\u201d (791-842) anos despois de descubrirse a tumba do ap\u00f3stolo Santiago no ano 813. D. Alvaro liberou no lugar de Petoburdelo (entre Betanzos e A Coru\u00f1a) \u00e1s doncelas virxes e fidalgas da comitiva, que conduc\u00edan os sectarios musulm\u00e1ns, e tam\u00e9n \u00e1s que xa estaban na torre de Val-docel para ser embarcadas na r\u00eda de Betanzos, as cales, \u00edan sendo entregadas polos pobos cristi\u00e1ns de Gallaecia, para pagar un odiado tributo de vasalaxe os emires de C\u00f3rdoba, que o rei \u201cfolgaz\u00e1n\u201d Mauregato (783-789) adquirira con Abderram\u00e1n I (756-788) por haberlle axudado a espolincarse e apoltronarse no trono. Ramiro I (842-850) negouse rotundamente a pagar e batalla e vence a Abderram\u00e1n II (791-852) na batalla de Clavijo (Logro\u00f1o) (La Comarca del Eo, 29-12-2012 \u201cO Tributo das 100 Doncelas\u201d)<\/p>\n<p>No terceiro cuartel, son armas dos Villamil, dos \u00c1lvarez de Mon, de Barreira, Barrera ou de la Barrera, dos Busto, dos Aguiar ou dos Pardo que explicamos con m\u00e1is detalle cando nos referimos o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2016\/07\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco.html\">Escudo da R\u00faa Antonio Otero<\/a> (La Comarca del Eo, 16-Xullo-2016)<\/p>\n<p>No cuarto cuartel, son armas dos Luaces, un crecente ranversado (coas puntas cara abaixo) entre sete estrelas de oito puntas, tres en xefe e catro en punta. As\u00ed, tam\u00e9n figuran na Casa de Luaces na cidade de Mondo\u00f1edo, pero coas estrelas de cinco puntas. Se o cuartel tivera esmaltes ser\u00edan: en campo de azur, estrelas de ouro cun crecente ranversado de prata. A D. Juan Garc\u00eda de Luaces, da cidade de Lugo, l\u00edbralle Sancho IV \u201cO Bravo\u201d (1284-1295) privilexio de fidalgu\u00eda o 22-Maio-1293, por m\u00e9ritos contra\u00eddos na toma de Tarifa. A D. Luis de Luaces de Mondo\u00f1edo, reco\u00f1\u00e9ceselle a fidalgu\u00eda en 1554 (Historia de Galicia, D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Tomo XXI, p\u00e1x.241-242)<\/p>\n<p>Na Chanciller\u00eda de Valladolid hai moitos e diversos preitos relacionados cos apelidos destes escudos de armas, dos que destacamos: 1) Un preito de fidalgu\u00eda do ano 1540 de D. Juan de Luaces, veci\u00f1o de Mondo\u00f1edo. 2) Executoria dun preito litigado en 1565, por D. Pedro Fern\u00e1ndez Tom\u00e1s, veci\u00f1o de Mondo\u00f1edo, con D. Vasco Fern\u00e1ndez de Luaces e D. Fernando Ares de Ribadeo sobre contas e d\u00e9bedas dunha compa\u00f1\u00eda de panos. 3) Executoria dun preito litigado en 1604 por San Juan de Bengolea e D\u00aa. In\u00e9s Fern\u00e1ndez de Saavedra e fillos, herdeiros de D. Pedro de Saavedra e D\u00aa Elvira D\u00edaz de Cidr\u00f3n, veci\u00f1os de Santa Mar\u00eda de Ramil (Lugo), con D. \u00c1lvaro de Navia, marido de D\u00aa. Leonor Fern\u00e1ndez de Saavedra. 4) Preito litigado en 1655, por D. Rodrigo de Miranda Ponce (de Le\u00f3n), con D. Diego Garc\u00eda de San Pedro veci\u00f1os de Pola de Lena, por un prado da Riva. (Asturias). 5) Preito de D. Lorenzo Agust\u00edn Miranda Men\u00e9ndez, de Ribadeo, de D. Pedro Mar\u00eda Miranda Miranda, de Ribadeo, de D\u00aa. Juana Antonia Men\u00e9ndez y Prado, de Ribadeo, D. Jos\u00e9 Campoamor, de Ribadeo, sobre: anulaci\u00f3n dun foro fundado por D\u00aa. Juana Antonia Men\u00e9ndez e restituci\u00f3n dos bens a \u00e9l hipotecados por estar vinculados o maiorazgo de Miranda (1788-1808). 6) Preito de D. Pedro Ram\u00f3n de Oya y Miranda, de Ribadeo, D. Vicente Lamas de la Torre, de Santa Eulalia de Vilaosende, sobre anulaci\u00f3n da escritura do foro dunha casa e horta situadas en Ribadeo por ser bens vinculados (1804-1809)&#8230; e un largo etc. etc.<\/p>\n<p>\u00c1mbolos dous escudos dan fe das grandes li\u00f1axes do matrimonio de D. Pedro Miranda, natural de Ribadeo, casado con D\u00aa Mar\u00eda Osorio de Navia (s\u00e9culo XVI), quenes tiveron por fillo a D. Fernando de Miranda Osorio que casou con D\u00aa Mar\u00eda de Lanz\u00f3s.<\/p>\n<p>Son dous escudos por antonomasia aristocr\u00e1ticos. \u00bfQue quer isto dicir? Son escudos das  familias m\u00e1is notables de Gallaecia e por suposto do Estado, con bras\u00f3ns anteriores a fidalgu\u00eda medieval de Espa\u00f1a. Non precisan timbrar os escudos de coroas ou cascos para falar da s\u00faa nobreza, pois as armas dos seus cuarteis falan por si soas. En San Miguel de Reinante, cun adorno exterior floral moito m\u00e1is rico, hai outros dous escudos desta natureza na fachada do Pazo de Pumar\u00edn, pertencentes a familia de D. Juan Pardo de Cela Ulloa Taboada de Aguiar e Andrade (Arquivo do Reino de Galicia -Fondo da Real Audiencia de Galicia- Signatura 3339\/10 -foto 102837).<\/p>\n<p>Plat\u00f3n (427-348 a.C.) relata na s\u00faa \u201cRep\u00fablica\u201d que aspiraba a un goberno da \u201caristocracia do saber\u201d. Para Arist\u00f3teles (384-322 a.C.) a aristocracia era a mellor das formas de goberno sempre e cando, esta se interesara polo ben p\u00fablico, polo benestar social, pois en caso contrario dexenerar\u00eda nunha oligarqu\u00eda ou goberno exercido por un reducido n\u00famero de persoas que pertencen a unha mesma clase social privilexiada que utilizan o goberno en proveito propio. Herodoto (484-420 a.C.) opo\u00f1\u00eda a aristocracia \u00e1 monarqu\u00eda e \u00e1 democracia. Rousseau (1712-1778) reco\u00f1ec\u00eda d\u00faas clases de aristocracia: a natuhereditaria e a electiva. A segunda destas formas \u00e9 a m\u00e1is racional, pero sempre imperou a primeira. Na era moderna, a democracia ganoulle a batalla \u00e1 aristocracia pol\u00edtica, aquela constitu\u00edda pola \u201celite\u201d dos grupos dirixentes.<\/p>\n<p>O termo, aristocracia tam\u00e9n se aplica como sin\u00f3nimo de \u201cprivilexio ou rango\u201d; as\u00ed existe unha aristocracia social; una aristocracia da igrexa, do di\u00f1eiro, da industria, do arte, do saber ou do deporte. Polo que hoxe, cando se escoita falar da aristocracia a secas, interpr\u00e9tase como a clase social oligarca que fai e desfai o que lle ven en gana, conclusi\u00f3n que, a\u00ednda que non sempre, a maior\u00eda das veces, hoxe, \u00e9 acertada pois te\u00f1en di\u00f1eiro, poder, privilexios e influencias dabondo como para facelo. Pero nun principio a aristocracia eran as persoas m\u00e1s notables da naci\u00f3n e non precisamente eran os que exerc\u00edan o poder feudal. Plat\u00f3n, Moro, Bacon e os profetas do Antigo Testamento, seguramente eran arist\u00f3cratas do seu tempo, en cambio, foron os pais da doutrina filos\u00f3fica do Socialismo que se levantou en revoltas en contra da explotaci\u00f3n da clase traballadora&#8230; En fin, Arist\u00f3teles, fai 2300 anos anos que morreu, \u00a1e como para seguirlle agora as s\u00faas \u201cfilosof\u00edas&#8230;\u201d!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Baixando a Porcill\u00e1n pola r\u00faa Amando P\u00e9rez, case en fronte da Fonte dos Catro Ca\u00f1os, est\u00e1 a se\u00f1orial e discreta Casa dos Miranda. \u00d3 lado Sur, linda cun calex\u00f3n que ven desde a R\u00faa Trinidad e que separa a casa e horta das casas adxacentes, e cuxo nome, Traves\u00eda da Paz, recorda a R\u00faa da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5998","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5998","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5998"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5998\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5998"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5998"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5998"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}