{"id":5997,"date":"2016-11-29T21:36:00","date_gmt":"2016-11-29T20:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:50","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:50","slug":"o-sector-lacteo-un-ano-despois-das","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/29\/o-sector-lacteo-un-ano-despois-das\/","title":{"rendered":"O sector l\u00e1cteo, un ano despois das mobilizaci\u00f3ns: cousas que aprender da Breta\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p>(Entrevista aparecida en Irimia 956, pp. 8-10, subministrada polo entrevistado.)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjuemYeOdJUH2Je_J6-ee__jYFOYwxiwJfT_fgp3jRDP4Zy0QMWCjh31-XNv4K4otV6sy2m4LD41tArh_5blWxrhgpQL8QyeG58Nmh3VPXM8sB9Dy4qrcUOHzp5GIXsaHueNYZJ5A\/s2048\/leite+rota.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"384\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjuemYeOdJUH2Je_J6-ee__jYFOYwxiwJfT_fgp3jRDP4Zy0QMWCjh31-XNv4K4otV6sy2m4LD41tArh_5blWxrhgpQL8QyeG58Nmh3VPXM8sB9Dy4qrcUOHzp5GIXsaHueNYZJ5A\/s2048\/leite+rota.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>O Agro<\/p>\n<\/p>\n<p><strong>Conversa con Xos\u00e9<br \/>\nSalvatierra Rico, t\u00e9cnico agrario (1a parte)<\/strong><\/p>\n<p><strong><em>O sector l\u00e1cteo,<br \/>\nun ano despois das mobilizaci\u00f3ns: cousas que aprender da Breta\u00f1a<\/em><\/strong><\/p>\n<p><em>Pouco m\u00e1is dun<br \/>\nano despois das grandes mobilizaci\u00f3ns e tractoradas do sector l\u00e1cteo<br \/>\ngalego, reina a desinformaci\u00f3n nun asunto clave para o noso rural e<br \/>\npara o pa\u00eds galego. O l\u00e1cteo \u00e9, sen d\u00fabida, un piar estrat\u00e9xico<br \/>\nda econom\u00eda galega. Moito nos c\u00f3mpre a\u00ednda mirar que podemos<br \/>\naprender doutros sitios e dos nosos propios erros. Comentamos estas<br \/>\ncousas nesta primeira entrega dunha entrevista con Xos\u00e9 Salvatierra<br \/>\nRico, t\u00e9cnico agrario, e sempre militante dunha Galicia rural<br \/>\navanzada, ecoloxicamente sustentable e economicamente viable. E da<br \/>\ns\u00faa man po\u00f1\u00e9monos ao d\u00eda.<\/em><\/p>\n<p><em>Como est\u00e1 a<br \/>\nsituaci\u00f3n dos produtores de leite despois das mobilizaci\u00f3ns de<br \/>\nsetembro do 2015?<\/em><\/p>\n<p>A fin das cotas<br \/>\nl\u00e1cteas o 31 de marzo de 2015 parec\u00edalles aos gandeiros galegos un<br \/>\nalivio da carga que levaban soportando desde o ano 1992.<br \/>\nSemell\u00e1balles que agora ter\u00edan o cami\u00f1o despexado para producir<br \/>\nsen esa limitaci\u00f3n. A cota, para moitos deles, opinaban, era o<br \/>\nprimeiro dos males da s\u00faa explotaci\u00f3n. Agora imos defendernos<br \/>\nmellor, dic\u00edan, ao non termos un teito para medrar, en n\u00famero de<br \/>\nvacas e en produci\u00f3n. Alg\u00fans xa empezaran a tomar velocidade,<br \/>\nnestes dous par\u00e1metros, varios meses antes, para adiantar a outros<br \/>\npolo cami\u00f1o.<\/p>\n<p>Veu as\u00ed, de forma<br \/>\nrepentina, un aumento da produci\u00f3n en torno a un 3-4% en Galicia, e<br \/>\ntam\u00e9n noutras partes de Espa\u00f1a e de Europa.<\/p>\n<p>Consecuencia?<br \/>\nSaturaci\u00f3n do mercado, que ademais coincide coa diminuci\u00f3n do<br \/>\nconsumo a nivel mundial, o par\u00f3n de China na compra de leite en po e<br \/>\na pr\u00f3rroga do veto ruso aos produtos l\u00e1cteos europeos.<\/p>\n<p>De todo isto e m\u00e1is<br \/>\ncousas, nacen as mobilizaci\u00f3ns de setembro do 2015, coa ca\u00edda dos<br \/>\nprezos nos meses precedentes, que chegaron a situarse en 0,277 euros<br \/>\nde media en Galicia en agosto dese ano.<\/p>\n<p>Nesas datas,<br \/>\nest\u00e1base ultimando o famoso \u201cacordo l\u00e1cteo\u201d a nivel estatal<br \/>\nentre industria e distribuci\u00f3n, que asinan o 22 de setembro. Ao dito<br \/>\nacordo s\u00famanse as cooperativas e o sindicato Asaja. Quedan f\u00f3ra Upa<br \/>\ne Coag. Todos eles, en presenza da Ministra de Agricultura, como<br \/>\n\u00e1rbitro.<\/p>\n<p><em>Do que se dixo, que<br \/>\nquedou en papel mollado&#8230;<\/em><\/p>\n<p>Poucos meses<br \/>\ndespois, en efecto, xa se puido comprobar que era papel mollado. As<br \/>\nindustrias segu\u00edan sen establecer ning\u00fan tipo de negociaci\u00f3n para<br \/>\na sinatura de contratos. Estes ter\u00edan que ser dun ano, segundo o<br \/>\nacordo, pero coa renuncia asinada do produtor, pod\u00edase facer por<br \/>\nmenos tempo. De a\u00ed que a maior\u00eda dos contratos se ve\u00f1an facendo a<br \/>\ntres ou seis meses. A industria pres\u00e9ntalle ao produtor o contrato<br \/>\nxa cuberto, onde figura o tempo de vixencia e o prezo.<\/p>\n<p>Ou o tomas, ou<br \/>\nd\u00e9ixalo. Na maior\u00eda dos casos, non hai outra industria que lle faga<br \/>\ncompetencia nese percorrido, excepto que escasease o produto.<\/p>\n<p>Non cambiou nada,<br \/>\ntan s\u00f3 que agora o contrato \u00e9 obrigatorio para a industria, mentres<br \/>\nlle recolla o leite. Se ma\u00f1\u00e1 non lle renova o contrato, pode deixar<br \/>\nde recollerllo.<\/p>\n<p><em>Ese acordo non<br \/>\nimpediu que os prezos ao produtor seguisen \u00e1 baixa no \u00faltimo ano&#8230;<\/em><\/p>\n<p>Pois podemos contar<br \/>\nesa baixa en torno a 1-2 c\u00e9ntimos. Dous c\u00e9ntimos fora ao que se<br \/>\ncomprometera unha distribuci\u00f3n de marca branca a subirlles aos<br \/>\nconsumidores, a principios de ano, unha marca que envasa leite dunha<br \/>\nindustria francesa, para que esa cantidade fose ao produtor, a trav\u00e9s<br \/>\nda industria. Pero a\u00ednda que a distribuci\u00f3n cumpriu alg\u00fan tempo,<br \/>\nnon o fixo a industria nesa cont\u00eda, sen\u00f3n que a alg\u00fan produtor<br \/>\nmesmo lle baixou o prezo.<\/p>\n<p>Con todo isto,<br \/>\npoderiamos conclu\u00edr que a situaci\u00f3n non cambiou a mellor, ou mesmo<br \/>\nempeorou. Antes do final das cotas, hab\u00eda un tope de produci\u00f3n para<br \/>\ncada Estado e para cada explotaci\u00f3n, a recollida era obrigatoria.<br \/>\nAgora a cota m\u00e1rcalla a industria a cada granxa e pode deixarlle de<br \/>\nrecoller cando lle conve\u00f1a. Isto leva o sector a desconfiar deste<br \/>\ntipo de acordos, onde os incumprimentos non son penalizados e onde a<br \/>\nAdministraci\u00f3n non se enfronta ao poder da distribuci\u00f3n, que, por<br \/>\noutra parte, se comprometera a non utilizar o leite como produto de<br \/>\nreclamo nas grandes \u00e1reas comerciais. Onde est\u00e1n os controis das<br \/>\nComunidades Aut\u00f3nomas para ver se incumpren a lei de boas pr\u00e1cticas<br \/>\ncomerciais, con vendas a perdas?<\/p>\n<p><em>O sector segue a<br \/>\nser moi mellorable, tal e como nos tes indicado en numerosas<br \/>\nocasi\u00f3ns&#8230;<\/em><\/p>\n<p>O sector segue<br \/>\ndesestruturado. Cun sistema de produci\u00f3n moi intensivo e, polo<br \/>\ntanto, con custos moi altos, que, nas fases de prezos baixos de venda<br \/>\ndo leite, entra en perdas, perdas que para alg\u00fan que non te\u00f1a<br \/>\nliquidez poden ser a ru\u00edna. Non ter\u00e1 m\u00e1is sa\u00edda ca o peche, se o<br \/>\nprezo non se recupera r\u00e1pido e de forma sostible.<\/p>\n<p><em>Recentemente<br \/>\ntiveches ocasi\u00f3n de visitar a Breta\u00f1a, nunha visita de estudo en<br \/>\ngranxas desa bisbarra atl\u00e1ntica con tantas similitudes con Galicia.<br \/>\nQue lecci\u00f3ns deberiamos aprender?<\/em><\/p>\n<p>Da Breta\u00f1a estamos<br \/>\nmoi cerca fisicamente. En li\u00f1a reta, cuns bos prism\u00e1ticos, case nos<br \/>\npodemos saudar en d\u00edas claros. Pero no tocante ao sector produtor de<br \/>\nleite, estamos moi lonxe deles. Explicarei por que.<\/p>\n<p>A visita \u00e1 Breta\u00f1a<br \/>\nfoi na primeira semana de xullo deste ano 2016, cun grupo de 10<br \/>\nprodutores de leite de Asturias e Galicia que est\u00e1n no grupo de<br \/>\nxesti\u00f3n de explotaci\u00f3ns de leite de Xan Pouliquen. Todos os anos<br \/>\nfan una visita f\u00f3ra de Galicia. O ano pasado estivemos en Navarra.<\/p>\n<p>Lecci\u00f3ns, dis?<br \/>\nPois, por exemplo, a profesionalidade. A formaci\u00f3n, por termo medio,<br \/>\n\u00e9 moi superior. Ningu\u00e9n se incorpora \u00e1 explotaci\u00f3n sen unha<br \/>\nformaci\u00f3n equivalente a ciclo de grao superior en formaci\u00f3n<br \/>\nagrogandeira, como m\u00ednimo. Hai bastantes con titulo universitario,<br \/>\ncomo enxe\u00f1eiro agr\u00f3nomo ou veterinario, etc. Isto \u00e9 normal en<br \/>\nFrancia, en xeral.<\/p>\n<p>Ademais, todos<br \/>\ntraballaron noutras granxas antes de incorporarse \u00e1 s\u00faa.<\/p>\n<p>Incluso saen f\u00f3ra<br \/>\nde Francia, para ver o que hai por Europa. Xa lles queda pequeno o<br \/>\nseu Estado.<\/p>\n<p><em>O que si chama a<br \/>\natenci\u00f3n sempre \u00e9 o seu orgullo campesi\u00f1o<\/em><\/p>\n<p>Pois si. Est\u00e1n<br \/>\nfrancamente (nunca mellor dito) orgullosos de traballar no rural. Na<br \/>\nBreta\u00f1a, un gandeiro \u00e9 una persoa ben vista pola xente urbana e<br \/>\npola cidadan\u00eda en xeral. Produce alimentos, ocupa o territorio,<br \/>\ncoida da paisaxe. Subministra produtos \u00e1 agroindustria, que, por<br \/>\ncerto, en Francia esta moi desenvolvida, \u00e9 moi potente e crea moitos<br \/>\npostos de traballo. O ministro de agricultura franc\u00e9s, de todos os<br \/>\nque conforman o goberno, est\u00e1 entre os tres ou catro primeiros en<br \/>\nrango de poder pol\u00edtico e econ\u00f3mico, de entre os vinte e dous que<br \/>\nconforman o goberno. Para o Estado franc\u00e9s, o sector agrario \u00e9<br \/>\nclave para a ordenaci\u00f3n do territorio e a fixaci\u00f3n da poboaci\u00f3n.<br \/>\nCumpren ao p\u00e9 da letra o refr\u00e1n: \u201cNon hai paisaxe sen paisanaxe\u201d.<\/p>\n<p>O que siga o Tour de<br \/>\nFrancia un ano calquera pola TV, xa se dar\u00e1 conta do que lle estou a<br \/>\nfalar, a\u00ednda que non visitase Francia. Ver\u00e1 como est\u00e1 ocupado e<br \/>\ncoidado o territorio.<\/p>\n<p><em>E en cando \u00e1<br \/>\norganizaci\u00f3n do sector?<\/em><\/p>\n<p>Te\u00f1en un sector<br \/>\ngandeiro moi ben estruturado a trav\u00e9s de organizaci\u00f3ns agrarias<br \/>\ndesde hai moitos anos: cooperativas, grupos de asesoramento t\u00e9cnico<br \/>\ne econ\u00f3mico&#8230; e os CUMAS, que son cooperativas de uso en com\u00fan de<br \/>\nmaquinaria. As primeiras foron constitu\u00eddas nos anos 50. Hai CUMAS<br \/>\nde m\u00e1is de 200 socios, abarcan ata 4-5 concellos.<\/p>\n<p>Non te\u00f1en<br \/>\nproblemas? Claro que os te\u00f1en. Pero dispo\u00f1en de m\u00e1is recursos para<br \/>\nresolvelos. Est\u00e1n m\u00e1is formados.<\/p>\n<p>Te\u00f1en os servizos<br \/>\ndas cooperativas, t\u00e9cnicos das c\u00e1maras agrarias, onde estes<br \/>\nprofesionais son empregados da Administraci\u00f3n, non de empresas que<br \/>\nbuscan o negocio, etc. Te\u00f1en investigaci\u00f3n. Terras colaboradoras<br \/>\ncoa investigaci\u00f3n pr\u00e1ctica. E boas escolas agrarias. S\u00f3 nun<br \/>\ndepartamento (provincia) da Breta\u00f1a hai sobre 25-30 escolas<br \/>\nagrarias. En Galicia temos 4, e non est\u00e1n completas. primeira fase<br \/>\nde crecemento, transformaci\u00f3n de produtos na granxa. En titular<br \/>\ndestacado: 19 000 persoas visitaron en domingo 20 granxas abertas ao<br \/>\np\u00fablico nos \u00faltimos catro anos.<\/p>\n<p>A relaci\u00f3n<br \/>\nprodutor-consumidor. E as\u00ed m\u00e1is temas. 39 p\u00e1xinas dan para<br \/>\nbastante. E para a semana seguinte, outro tanto.<\/p>\n<p><em>Nunha entrevista<br \/>\nanterior falabas da importancia da dimensi\u00f3n da base territorial, da<br \/>\nsuperficie por vaca, para facer sustentable unha explotaci\u00f3n e de<br \/>\ncomo iso non sempre se respecta en Galicia. Cal \u00e9 o contraste coa<br \/>\nBreta\u00f1a?<\/em><\/p>\n<p>Efectivamente. Te\u00f1en<br \/>\nbases territoriais que fan sustentables as s\u00faas explotaci\u00f3ns. Andan<br \/>\ncon cargas de unha vaca por hect\u00e1rea. Aqu\u00ed en Galicia, \u00e1ndase con<br \/>\nm\u00e1is de 2 vacas, e incluso 3, por hect\u00e1rea. Eles case non compran<br \/>\nnada f\u00f3ra. Non hai terra que estea sen producir nada. Todo est\u00e1<br \/>\nocupado con algunha cousa. Cultivos de todo tipo, bosque ordenado,<br \/>\nhorta, \u00e1rbores froiteiras, etc. Tam\u00e9n chaman a atenci\u00f3n as boas<br \/>\ncomunicaci\u00f3ns no rural e a s\u00faa boa conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Non quer\u00eda deixar<br \/>\nde falar de certos feitos sintom\u00e1ticos. A calidade e a cantidade do<br \/>\nseu asociacionismo -t\u00e9cnico, cultural, veci\u00f1al, etc. Mira, hai<br \/>\ngandeiros que reciben unha ou d\u00faas revistas semanais no seu<br \/>\ndomicilio, que tratan temas de todo tipo relacionados co sector. Esta<br \/>\nque te\u00f1o na man, que me facilitaron en Breta\u00f1a, que sae cada<br \/>\nsemana, ch\u00e1mase Terras Agr\u00edcolas da Breta\u00f1a. 39 p\u00e1xinas. En cor,<br \/>\ncon papel reciclado, por subscrici\u00f3n de 1 euro por n\u00famero. Temas<br \/>\ndestacados neste n\u00famero? Crise no leite, porcino, entrevista a dous<br \/>\nprodutores que se incorporaron no 2015, enfermidades no millo<br \/>\nforraxeiro na primeira fase de crecemento, transformaci\u00f3n de<br \/>\nprodutos na granxa. En titular destacado: 19 000 persoas visitaron en<br \/>\ndomingo 20 granxas abertas ao p\u00fablico nos \u00faltimos catro anos. A<br \/>\nrelaci\u00f3n produtor-consumidor. E as\u00ed m\u00e1is temas. 39 p\u00e1xinas dan<br \/>\npara bastante. E para a semana seguinte, outro tanto.<\/p>\n<p>Canto nos falta para<br \/>\nchegar a este nivel&#8230;?<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>M\u00e1is <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Jos%C3%A9%20A.%20Salvatierra%20Rico\">artigos de Jos\u00e9 A. Salvatierra Rico<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Entrevista aparecida en Irimia 956, pp. 8-10, subministrada polo entrevistado.) O Agro Conversa con Xos\u00e9 Salvatierra Rico, t\u00e9cnico agrario (1a parte) O sector l\u00e1cteo, un ano despois das mobilizaci\u00f3ns: cousas que aprender da Breta\u00f1a Pouco m\u00e1is dun ano despois das grandes mobilizaci\u00f3ns e tractoradas do sector l\u00e1cteo galego, reina a desinformaci\u00f3n nun asunto clave para [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,24],"class_list":["post-5997","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-jose-a-salvatierra-rico"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5997","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5997"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5997\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5997"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5997"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5997"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}