{"id":5988,"date":"2016-12-12T08:09:00","date_gmt":"2016-12-12T07:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:37","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:37","slug":"o-fume-do-tren-veu-para-quedarse-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/12\/12\/o-fume-do-tren-veu-para-quedarse-en\/","title":{"rendered":"O fume do tren veu para quedarse en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte pechou a exposici\u00f3n de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=chocolateira\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A Chocolateira<\/a>, despois de proxectar por segunda vez o documental &#8216;A chocolateira&#8217;, esta vez no cine-teatro. A pel\u00edcula documental \u00e9 a cuarta vez que se proxecta en Ribadeo e segue causando impacto tanto pola lembranza e pola xente que sae como polo asombro que causa o impacto que tivo na comarca un proxecto con base extractiva e industrial que vertebrou toda a zona e deu posibilidades de comunicaci\u00f3n a unha poboaci\u00f3n que antes estaba maioritariamente illada, a mercede de cami\u00f1os de vacas.<\/p>\n<p>Deixo o v\u00eddeo xusto embaixo. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"270\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/OCiv0QlS82E\" width=\"480\"><\/iframe><br \/>\nMais unha cousa \u00e9 o rememorar a chocolateira (nome que fai lembrar as \u00faltimas tempadas, con m\u00e1quinas e v\u00edas que s\u00f3 eran unha sombra da perfecci\u00f3n e mantemento que tiveron nos seus bos momentos), e outra, o taller-escola que serviu para este impulso que se manifestou sobre todo na semana pasada pero que a\u00ednda non rematou.<\/p>\n<p>M\u00e1s al\u00f3 das 3000 persoas que pasaron pola exposici\u00f3n, da centea ben longa que fixeron a ruta da v\u00eda verde, das que viron a pel\u00edcula, das que participaron na longav\u00eda tecida nas &#8216;v\u00edas solidarias&#8217;, enchendo Ribadeo non s\u00f3 dun cami\u00f1o de l\u00e1, sen\u00f3n dunha participaci\u00f3n colectiva a favor da sociedade contra o cancro, etc, hai unha escea que pon en valor todo o traballo realizado, o reco\u00f1ecemento revelado e a ilusi\u00f3n compartida polo grupo. Tr\u00e1tase do momento no que \u00c1ngel Prieto Souto chama \u00f3 alcalde de Ribadeo, na s\u00faa intervenci\u00f3n na inauguraci\u00f3n, para un compromiso de recuperaci\u00f3n. P\u00f3dese ver no v\u00eddeo seguinte, cara \u00f3 final:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" class=\"YOUTUBE-iframe-video\" data-thumbnail-src=\"https:\/\/i.ytimg.com\/vi\/boZa7tatqvs\/0.jpg\" frameborder=\"0\" height=\"266\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/boZa7tatqvs?feature=player_embedded\" width=\"320\"><\/iframe><\/p>\n<p>E \u00e9 que a exposici\u00f3n, coa recolecci\u00f3n de obras xa expostas en diferentes lugares, pero nonca xuntas, maquetas, traballos acad\u00e9micos e de divulgaci\u00f3n, e obras art\u00edsticas, mesmo realizadas para esta exposici\u00f3n, foi froito dun traballo de moitas horas do grupo de &#8216;A Chocolateira&#8217;, que s\u00f3 foi posible grazas a unha uni\u00f3n favorecida pola realizaci\u00f3n dunha formaci\u00f3n que se colleu con ilusi\u00f3n. Ilusi\u00f3n dun grupo que permitiu non s\u00f3 o desenvolvemento de moitas horas de traballo, sen\u00f3n uni\u00f3n e compenetraci\u00f3n en equipo, e reco\u00f1ecemento. Reco\u00f1ecemento pola s\u00faa parte que non s\u00f3 foi do valor e historia do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz\">ferrocarril mineiro Ribadeo-Vilaoudriz<\/a>, sen\u00f3n e sobre todo, reco\u00f1ecemento do valor das persoas participantes.<\/p>\n<p>E esta historia parece que voltou para quedarse. Arredor da festividade de Santa B\u00e1rbara, patroa dos mineiros que foron a cabeza de ponde do ferrocarril, est\u00e1 previsto que o pr\u00f3ximo ano se potencie outra marcha para recorrer a v\u00eda verde, e, en Ribadeo, antes, un paseo de reco\u00f1ecemento das r\u00faas e zonas que foron orixinariamente vias de ferrocarril.<\/p>\n<p>Certo que que o primeiro t\u00fanel, o do Costal, estea cun derrumbe, non axuda, sen\u00f3n dificulta a recuperaci\u00f3n, limitando o acceso \u00e1 ponte de Rego da Vi\u00f1a, a que se ve nas fotos como estrutura m\u00e1is maxestuosa do recorrido, e acceso \u00e1 s\u00faa vez \u00f3 segundo t\u00fanel, o chamado tam\u00e9n de Rego da Vi\u00f1a, que xa sae \u00e1 beira da r\u00eda e que ten a s\u00faa continuidade nunha zona que s\u00f3 haber\u00eda que desbrozar.<\/p>\n<p>Por suposto, para completar o recorrido hai dificultades diversas, dende zonas que est\u00e1n ocupadas pola estrada a outras que son plantaci\u00f3n de eucaliptus particulares. Pero moita parte ser\u00eda recuperable dun xeito doado. E nesas estamos: na s\u00faa recuperaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Mentres, seguiremos tecendo v\u00edas solidarias.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte pechou a exposici\u00f3n de A Chocolateira, despois de proxectar por segunda vez o documental &#8216;A chocolateira&#8217;, esta vez no cine-teatro. A pel\u00edcula documental \u00e9 a cuarta vez que se proxecta en Ribadeo e segue causando impacto tanto pola lembranza e pola xente que sae como polo asombro que causa o impacto que tivo na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[91,77],"class_list":["post-5988","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ferrocarril","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5988","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5988"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5988\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5988"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5988"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5988"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}